Río Miño,
nace no Pedregal de Irimia en Meira (Lugo) a 700
msnm. , e desemboca no Oceano Atlántico entre A Guarda e
Caminha (Portugal). Ten 307,5 km. de lonxitude, cun caudal medio
de 340 m3/s, e unha pendente media de 0,22%; a súa conca
ten 17.026 Km2. Fai fronteira con Portugal, nos últimos 75,5 kms.;
a chamada "raia húmida", onde escriben e chaman
Río Minho. (fonte ->Dicionario Xeográfico
I. de Galicia) ( A páxima
podedes entrar escribindo : paimiño.com)
Fotografía do río Miño a tres kms. do nacemento
en Meira (Lugo). Abaixo, mapa que indica que o río Miño é un río
galego que pasa polas provincias de Lugo (onde nace)
, Ourense e Pontevedra (onde
morre).
O orixe da palabra Miño ten moitas interpretacións e polo
tanto algunhas discrepancias:
Sobre a palabra
Miño leo no libro
"Nomes do Ribeiro"do meu amigo
Frutos
Fernández Glez. que hai varias interpretacións, dende a palabra
Minius,
Minio que fai referencia á coloración do río, sobre todo
a que lle daba o río Sil coas actividades mineiras das Médulas,
vermella ou alodada. Esta interpretación non lle cadra, xa que
suporía que o río Miño perdeu o seu nome antigo, simplemente por
unha explotación posterior, unha cousa ocasional...
Outros
autores cren que Miño é un topónimo prerrománico,
con opinións moi diferenciadas, e outros opinan que ten raíz indoeuropea de "mei" "camiñar,
marchar, ir" que con "mein-"
"moin-" "min-" tería o significado de "o curso, a corrente".
Sería "o curso de auga".
Para rematar, hai quen ve na palabra orixen etrusco, por paralelo cos
antropónimos Minia, Minias, Minius e co hidrónimo latino Minio.
Non cabe dúbida de que esta multiplicidade de
interpretacións non fai máis ca reflectir o
pouco que aínda se sabe sobre as linguas
prerromanas.
Ata
aquí o que opina Frutos Fdez. Glez.
Vexamos
outras interpretacións.
No libro, recentemente publicado por xerais (2014)
"O Miño, un caudal de historia"
o autor Anselmo López Carreira, ven
a dicir claramente que tanto Xustino no século IV, como
Isidoro de Sevilla no VII falan da procedencia do nome a
partires da abundancia de minio en Galicia, que lle da a cor
vermella, e polo tanto cando "nin o un nin o
outro viron xamais o río, ni nunca se presentou tal prodixio
cromático". No libro fala da raíz indoeuropea min,
aportada por Julius Pokorny (1959), indicativa dun
curso de auga, e cita a Leonard A. Curchin (2008) que a
relaciona coa radical celta mino, dando a entender
que o curso de auga é suave (o cal non sempre se cumpre dice
Anselmo L.). Estas interpretacións acomódanse mellor a
realidade lingüistica de Galicia, según o autor.
Segundo
Eladio Rodríguez,
minio era tamén o nome dun deus que se
representaría con peixes ao redor da cabeza, tal e como se atopou
nun mosaico dunha casa de Lugo.
Mosaico de Batitales.
Sala dos Mosaicos. Museo Provincial. Lugo
Detalle do mosaico. Río Miño?
A referencia máis antiga sobre o río Miño é de
Estrabón, que lle chama Baínis ou
Baenis, e dice que é o máis caudaloso de Lusitania, ademais de
navegable nos últimos 800 estadios (uns 150 kms.). F. Villar
interpreta este nome a partir tamén dunha raíz
indoeuropea traducible por claro ou brillante, o que
según Anselmo López, ven a disipar, con esa claridade das
augas, o temor de que o río Miño poidese tornar vermello..
Tamén Plinio que
fala de que no estuario do Miño ten unha anchura de 4 millas. Outra
referencia romana fala de que o antiguo convento xurídico lucense
tiña un límite fluvial, que comenzaba na desembocadura do Miño e
terminaba no punto de unión cos outros conventos asturicense e
bracarense onde se xuntan o Sil e o Lor. (Datos que aparecen no
libro "Pescadores del río Miño" de Eliseo Alonso).
Antonio Fraguas Fraguas
dice nun traballo titulado "O río Miño: realidade, lenda e
literatura" que "En Galicia as augas teñen vida e dormen pola
noite e síntense feridas si se bebe un vaso de auga con unha vela
acendida na man. Moitos ríos foron mulleres que cansas dormiron no
lugar do nacimento. o Miño foi un home: O PAI MIÑO, a quen as xentes
presumen con grandes barbas,como todos os ríos, ten o seu leito
deica chegar ó mar, e, cando chega, bota pola boca a auga recollida,
desemboca no mar. Un mosaico descuberto en Lugo ten a figura dun
home barbudo e moita xente sempre que ó ve di que é o Miño.
É lástima, realmente, que Asorey non representara o noso río como
Apolodoro de Damasco representou o Danubio na columna marmorea de
Traxano en Roma".
No libro "Toponimia da provincia de Ourense", editado pola
Deputación de Ourense no 2018, Manuel Domínguez Quiroga,
escribe tamén sobre a palabra Minius e que hai autores que
defenden que os romanos confundiron os dous ríos e chamaron
Minius o que hoxe chamamos Sil. Despois de falar de mino "suave", men "brando, suave", mer
"camiñar" ou
mein "corrente de auga" como outras posibilidades de
raíces do nome, remata decindo que o río Miño polo menos
tivo catro nomes Minius, Minia, Baetes e Baenis, aínda que o
primeiro foi o máis coñecido.
Como
resumen:
Para
rematar poño un video que resume de forma maxistral, o
asesor é Juan José Moralejo, catedrático de Lingua e
Literatura Grega na USC entre outras moitas cousas, as
hipótesis que hai da toponimia deste río;
non deixedes de ver este video.
O
río Miño recibe moitos alcumes como "Pai Miño", "Gran Pai
Fluvial Miño", "Patriarca dos ríos galegos", "Pastor de Ríos", "Río de
ríos", e tamén "Miño, río pai e
amigo".
Eu
quédome co nome Pai Miño,
pero ollo, noutro lugar explico ó que esto significa, que
non é outra cousa que o Miño deu moita vida a moita xente,
era sin dúbida o río que máis pesca tiña de toda Europa. Era
un pai...
Esta é a rede hidrográfica
galega. O río Miño é o río máis importante de Galicia.
Observar que o seu canle atravesa Galicia dende o nordeste
ata o suroeste. A única provincia que non toca, o
canle do río Miño, é
a Coruña.
Conca do río Miño en Galicia.
17.026 km2. Máis da mitade do territorio galego (29.574
km2)
Mapa da conca do Miño-Sil da C.
Hidrográfica
O río Miño non nace en Fonmiñá (A Pastoriza -Lugo),
a 458 altitude,
nace no
Pedregal de Irimia (na Serra de Meira, a carón de Fonmiñá, a seis
kms. e a 700 m. de altitude); antes de chegar a Fonmiñá recibe varios regos entre os que
están o Rego Porto da Pena e o Xirómeno. Cando chega a Fonmiñá xa
vai crecediño...
O río Miño atravesa Galicia
dende a provincia de Lugo, pasando pola provincia de
Ourense, ata a provincia de Pontevedra onde desemboca
tendo a dereita a Guarda e a esquerda Caminha (pobo Portugués). Son 307,5 Kms.
de lonxitude cun caudal medio de 340 m3/s.
Unha pendente media de 0,22%
O mismo perfil pero poñendo os encoros:
Perfil sacado de la página
web PEC río Minho
Serras máis importantes
da Conca do río Miño:
Fonte: río Miño. Adela Leiro e Mon Laporta.
Ver bibliografía ou caixón de sastre.
A conca do Miño é de
17.026 km2, máis da metade do territorio galego. (Hai bastantes discrepancias nestos datos, pola miña parte
asumo os datos do "D.X.
Dicionario Xeográfico
Ilustrado de Galicia".
2009. Editado por Xeogal Publicacións, S.L. e que entre outros
moitos autores ten a Fco. Javier Río Barja. Toda unha garantía).
O clima
é Atlántico, máis húmido e fresco no curso alto e máis seco e
cálido nos cursos medio e baixo.
O rexime pluvial é
de augas altas en inverno e estiaxe pouco acusado no verán. Sobre caudais,
histórico de enchentas e outros datos máis concretos, podedes consultar
dentro desta ficha o tema de "Enchentas do
río Miño".
Dende
o regato de Troncoso, a carón da Presa de Frieira,
á desembocadura hai
75,5 Kms, fronteira entre España e Portugal. A "raia
mollada".
Nos últimos kms. o río Miño fai
fronteira con Portugal, son os 75,5 kms. que separa a Presa de Frieira e
a desembocadura; un tramo polo tanto internacional.
A
raia húmidaque se chama,
inda que hai quen dice "raia mollada". En
realidade é dende o regato de Troncoso (Barxa) ata a desembocadura, soio 200 m.
dende a Presa de Frieira.
Por certo esta
fronteira ten moitas curiosidades unha delas é que permanece inalterable
dende os tempos de Felipe II o que a convirte nun elemento único en Europa,
onde a maioría das fronteiras non teñen máis cun século.
En Portugal chámase
río Minho, en Español o nome
é río
Miño e tamén en
galego é río Miño.
No seu andar pasa, entre outras
cidades e vilas importantes,
por Meira, Rábade, Outeiro de Rei, Lugo, Portomarín, Peares, Ourense, Barbantes-Estación,
Castrelo de Miño, Francelos, Melgaço, Arbo,
As Neves, Monçao, Salvaterra,
Caldelas de Tui, Tui, Valença do Miño,
Goián, Vila Nova de Cerveira, A Paxase, Camposancos
e Caminha.
Encoros feitos no río Miño. Unha
desfeita auténtica do Pai dos Ríos galegos.
O río Miño pasa pola cidade de Lugo e empeza a estar
embalsado (eu diría embalsamado) dende preto de
Portomarín ata Arbo. Os encoros que ten son cinco: Belesar, 654 Hm3, Peares,
182 Hm3, e Velle, 17 Hm3. ata Ourense. A partir de Ourense o encoro de Castrelo de Miño 60 Hm3 e finalmente o encoro
de Frieira, 44 Hm3. Realmente o río
Miño, o noso pai miño, está embalsamado por non decir outra palabra.
De 307,5 que é a lonxitude do río Miño soio ten ceibes de
encoros 87 km. Ou sexa ten de encoros o 72%. Ver o
mapa-dibuxo.
A
conca hidrográfica do río Miño ten nada menos que 71 obras
hidráulicas de gran tamaño (superiores os 10 m. de altura).
A parte internacional ten 387 atrancos ou barreiras (menos de 10 m.) onde
as especies migratorias non poden remontar na maioría (en 55
imposible), 90 na parte española e 297 na parte portuguesa.
Este é un atranco ou barreira (menos de 10 m.) que non
poden pasar os peixes, coma a troita. Está na conca do río
Miño, No río Xares. afluente do Bibei, e este do río Sil.
Fot. Secundino Lorenzo.
Por certo sabe
Vd. que porcentaxe do río Miño está afectado polas presas?; pois...:
o 72% do río. Si falamos da conca do río Miño temos que elevar a
porcentaxe o 90% (o río Sil está totalmente afectado en toda a conca).
Todos os encoros,
do río Miño, son de Fenosa
(hoxe Gas Natural Fenosa, e agora mismo xa se chama
Naturgy) e todos os
encoros incumplen a lei de pesca, non deixan pasar as especies
migratorias; é máis, estos encoros remataron có sabalo, que xa non
sube, están a punto de rematar coa lamprea e a anguía. O
salmón tamén está tocado...Un auténtico roubo os galegos,
o río Miño é noso...Por
suposto Fenosa dice que non, que eles cumplen a lei; a Xunta,
dependendo quen goberne está a favor ou a medias; cousa que non entendo,
ou si...
A realidade, ¿quen ten razón?. Evidentemente o río Miño é o que fala e
dice que "non hai dereito, que o salmón, a anguía, a lamprea non
pasan de Frieira, onde está o primeiro encoro. O sábalo non sube de Tui"...Evidentemente
o río Miño ten razón. Así, non cumplen as leis xa que esas
especies tiñan que subir e reproducirse...O demais é política,
compadreo, regalos e choriceo
que hoxe está de moda.
Típico coial do río Miño. Estos
cantos rodados son o producto de moitos anos de rochas que se van desfacendo
pouco a pouco...de xistos, cuarzitas, granito...
O río Miño
presenta na sua conca fluvialespacios protexidos: Reservas da Biosfera,
Parques Nacionais,
Lics (lugares de importancia comunitaria, polo
seu potencial e contribución a
perservar os ecosistemas e a biodiversidade da fauna
e flora) eZepas (zonas especiais
de protección das aves). Este
é un resumen:
Fuente: río Miño.
Adela Leiro e Mon Laporta. Ver bibliografía e caixón de
sastre.
Datos xeolóxicos
destacados:
As rochas que
aparecen no río Miño son moi variadas, ó principio vense xistos, lousas e
cuarcitas...e logo moitos granitos.
Como datos
xeolóxicos lembrar ó principio a Lagoa de Fonmiñá, logo a partires de
Lugo os canóns de Belesar e os Peares; tamén o canón das Neves; as
surxencias termais de Lugo e Ourense, as terrazas fluvais de Ourense,
as fosas tectónicas cos castelos ou tors e
outras e finalmente o esteiro do Miño.
O
tipo de roca vai determinar a forma do río así os canóns
fórmanse onde hai rocas graníticas onde a erosión do río
vaino facer máis profundo e formar os canóns, exemplos nos
canóns citados, pero tamén lugares do río Miño como entre
Ourense e Untes, ou por baixo da presa de Castrelo ata a
desembocadura do Avia ou as Frieiras; mentras que si hai rocas metamórficas (micaxistos
de dúas micas e xistos micáceos, para entendernos máis
lousas pizarrosas, etc.) o río faixe máis ancho e a
amplitude do val é maior, por exemplo en Arrabaldo, Laias, en Razamonde,
etc.
As
terrazas tamén son típicas no río Miño, por exemplo en
Ourense cidade fálase de catro terrazas, para facerse unha
idea na segunda e na terceira está asentada as casas de
Ourense, principalmnte. As terrazas fluviais son unha forma
de acumulación orixinada pola actividade dun río, neste caso
o Miño e que se localizan nun val. No río Miño hai moitas
máis terraza por exemplo no Baixo Miño conta Butzer ata sete.
Seica toda a zona entre Ourense e Ribadavia é unha fosa
tectónica, e o río Miño acomódase as fracturas ou canais
cambiando continuamente o seu canle. Ver este mapa.
Está
claro que a comarca do Ribeiro ten moito que ver co río Miño.
Simplemente engadín os nomes dos ríos onde están as
fracturas. Ver como o río Miño se axusta perfectamente a
elas. O Ribeiro é según os autores do libro citado un
dos lugares onde o axuste é incrible. Esta fracturación
da lugar tamén as "diaclasas" que nas rocas granitoides
fan formas espectaculares e dan lugar os famosos "tors",
pedregais con formas raras, que en Galicia se chaman "castelos".
Son famosos os de Arrabaldo e os de Canedo. Prometo
fotografía.
Lembrar como curiosidade a formación das
rañas,
que son rápidos desniveis que fan o río escalonado en moitos
lugares, e os secos ou ariños, que son
baixos de area que hai no Miño, moi a flor da tona da auga,
os longo do seu curso.
O longo do curso hai tamén moitas
ínsuas ou illas fluviais, ata catorce na parte do río que fai fronteira, catro son consideradas internacionais:
Morraceira, Morraceira de Seixas, Morraceira de Joâo de Sá, e Varandas;
cinco son ínsuas galegas: Canosa, Morraceira do Grilo, Morraceira das
Varandas, Vacariza e Fillaboa; e por último son ínsuas de
Portugal: Boega, Dos Amores, Lenta, San Pedro e Canguedo. (No
caixón de sastre desta web hai
máis datos).
Para ampliar
conceptos, por exemplo raña, seco,
terrazas fluviales, coiñal, etc. podedes
utilizar oDicionario Fluvial ilustrado que está
nesta misma páxina
e do que son
autor.
Pedregal de Irimia. Nacemento do río Miño.
Google Earth.
Na fotografía
de E. Schrech vese o canón do Miño nos Peares antes de
facer o encoro. 1947.
O río Miño ten
surxencias termais en moitos lugares: Lugo, Ourense
entre outros. Na fotografía de Mani Moretón vense as
termas de Outariz en Ourense.
Na fotografía vese
a ínsua Boega e a súa esquerda a Dos Amores. (Sacada dende
Vilanova de Cerveira por Secundino Lorenzo).
Na fotografía vense
as ínsuas Canosa, Grilo e Barandas. (Fotografía dende o Monte Tegra.
Secundino Lorenzo.)
Esteiro do río Miño. Desembocadura.
Aquí hai moitos secos ou ariños.
O río
Sil é o afluente máis importante do río Miño.
De feito é famosa a frase
"O
río Miño(102 m3/s)
leva a fama e o río Sil
(184 m3/s) dalle a auga".
Na fotografía,
de Álvaro García, vese o río Sil
a esquerda da fotografía desembocando no río Miño,
nos Peares.
Por certo os Peares pertence a tres concellos distintos e dúas
provincias Lugo e Ourense. A fotografía é do 2013.
O Sil é un afluente do Miño pola
marxe esquerda. Podería haber dúbidas, xa que o río Sil leva moita
máis auga, pero non hai ningunha; ver este link, desta misma ficha, onde se demostra que
"o río Sil é
afluente do río Miño".
Nesta fotografía, do
que escribe, moi similar a anterior de Álvaro, hai un dato básico, a
data é de setembro de 2016. Na fotografía aparece a esquerda un elemento que
cambia a paisaxe: Unha ponte feita no río Miño recentemente.
Este regatiño que se ve é
o nacemento do gran río Miño, no pedregal de Irimia, preto de
Meira. Un pedregal de 700 m. que é toda unha
fonte. Fotografía Secundino Lorenzo.
setembro 2013.
Fonmiñá (A Pastoriza-Lugo) onde se decía, falsamente, que nacía o río Miño.
Fot. Secundino L.
Pedregal de Irimia (na Serra de Meira), onde nace realmente o
río Miño. A 6 kms. de Fonmiña. Fot S.L.
Aquí nace o río Miño,
nese pedregal a casi 700 m.
de altitude, na Serra de Meira, a 3 kms. de
Meira. Logo vai recibindo regatiños ata chegar a Fonmiña,
situado a 458 m. de altitude, 242 m de altitude
menos, onde recibe as augas da Lagoa de Fonmiñá; a
6 kms. do Pedregal de Irimia e onde
xa vai o
río Miño feito un mozo...Foto Secundino Lorenzo.
Río Miño por baixo de Fonmiñá
e dentro da Reserva da Biosfera. Fotografía de setembro de 2013.
Foto Secundino Lorenzo.
Río Miño dende o Pedregal de
Irimia ata a cidade de Lugo. Fonte o libro "Os ríos
galegos" de Fco. J. Río Barja e Fco. Rguez. Lestegás.
Aquí vese perfectamente como é o
seu perfil nestos 70 km.Fonte o libro "Os ríos galegos"
de Fco. J. Río Barja e Fco. Rguez. Lestegás.
Decir que a Conca alta do río Miño, que son
26 concellos, foi declarada pola UNESCO Reserva da Biosfera o 7 de
novembro de 2002.
A Reserva da Biosfera Terras do Miño foi
declarada pola UNESCO o 7 de
novembro de 2002, e incluida na Rede Mundial de Reservas da Biosfera.
Dende
entón, este territorio, de 363.669 hectáreas e integrado
por 26
concellos situados na conca alta do río
Miño, pasou a ostentar a máxima
catalogación
medioambiental. Este galardón supón o recoñecemento
pleno á
convivencia sostible, a unha forma de vida que,
durante séculos, soupo
compatibilizar o desenrolo de
actividades productivas coa protección do
ecosistema.
Esta especial interacción entre o hombre
e a natureza permite que "Terras do
Miño" se convirtise
na primeira Reserva da Biosfera de Galicia e unha das
máis extensas de España. O seu ámbito xeográfico, que
abarca o 39% da
provincia de Lugo, inclue os concellos de Ourol, O Valadouro, Muras, Alfoz,
Mondoñedo, Abadín, Xermade, Vilalba, A Pastoriza,
Riotorto, Guitiriz,
Cospeito, Meira, Begonte, Rábade,
Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo,
Friol,
Castroverde, Guntín, O Corgo, Baralla, O Páramo e
Láncara.
Por certo a Unesco renova
esta declaración de Reserva da Biosfera a Terras
do Miño,
esta renovación é de xullo de 2014. Lugo é a única
provincia de
España na que o 55% do seu territorio está
declarado Reserva da Biosfera
pola Unesco repartido en
tres espacios: Terras do Miño, Os Ancares e río Eo-
Oscos-Terras
de Burón.
Por certo esta
zona do río Miño está a promocionarse fortemente
con todo tipo
de actividades entre elas o
senderismo,
ver este link, que entre outras cousas
trae
unha ruta en Outeiro de Rei coas Insuas do Miño
alto: San Roque,
Trabanca e Santa Mariña (ou
Insua de Baixo).
Ver tamén este
video
de "Galicia para o mundo" que mostra o por que
deste
nombramiento.
Para ver datos da Reserva da Biosfera pulsar
este link:
Terra do Miño.
Na conca alta o río Miño recolle as
augas da Terra Cha e das serras que a circundan, son 73 km. de río
con moitos meandros, formando illas e lagoas. O caudal é moderado, alto
no inverno e estiaxe no verán.
Fotografías
sacadas do libro "Os ríos de Galiza" de Manuel Nuñez, Adela Leiro e Mon
Dapora.
Aquí lembro o
gran poeta Manuel María:
"O Miño é vello e é tristeiro, sempre vai mudo. E vai senlleiro. No inverno semella que murmura un segredo con forte voz escura. Un escoita, atento e esperanzado, e o vello Miño sempre vai calado".
Dende estas liñas reivindico un río
Miño san, un
río a marxen, si fora posible da "agricultura salvaxe" (uso
indiscriminado de puríns sin tratar) que se está a
aplicar en Galicia dende fai moito. Moitos puríns, que se notan no
río xa no nacemento en Meira. Ollo con esto.
O río, pese o comentario anterior, é unha
auténtica marabilla o seu paso por Outeiro de Rei, por Lugo, ata
chegar a cola do encoro de Belesar; nesta cola,
cando o encoro está na cota máis alta, está
precisamente o río Neira. A partires deste lugar o río
está polo tanto embalsado, ou sexa embalsamado,
e nunca mellor dito, ata Frieira.
Logo quedan 75,5 km. de río Miño libre ata o mar.
O río
Miño en Outeiro de Rei. Caneiro de Santa Isabel.
Fotografía Secundino Lorenzo
O
río Miño, por debaixo de Outeiro de Rei ten uns lugares
marabillosos e xa leva bastante caudal, como xa está
dito no verán coa estiaxe baixa bastante. Lembrar
simplemente lugares como Rábade, coas súas pontes:
Aquí nesta
fotografía, da que descoñezo ao autor, vense
dúas delas, a primeira a Ponte medieval de Rábade e
a segunda a do ferrocarril.
Máis
abaixo está a zona, tamén marabillosa de Piago, cunha
fervenza incrible e moitos lugares que ver:
Fervenza de Piago, unha presa de moita profundidade
que leva a auga a unha central hidroeléctrica. Máis
abaixo hai unha ínsua a de Seivane tamén con moito
que ver. A fotografía é de Masmar.
Río Miño dende Lugo ata os Peares.
Fonte o libro "Os ríos galegos" de Fco. J. Río Barja e Fco.
Rguez. Lestegás.
Río Miño dende Lugo ata os Peares.
Fonte o libro "Os ríos galegos" de Fco. J. Río Barja e Fco.
Rguez. Lestegás.
Aquí vese perfectamente como é o seu
perfil nestos 80 km. Fonte o libro "Os ríos galegos" de Fco.
J. Río Barja e Fco. Rguez. Lestegás. Aqui hai un dos
misterios que ten o río Miño. Ver máis adiante.
Por eso forma canóns que van dende
os 400 m. en Portomarín a
200 m. nos Peares. Ou sexa en
tempos o río neste tramo estaba rexuvenecido. Non é o caso
hoxe que está "embalsamado".
Nesta fotografía do autor da
web vese, nunha baixada espectacular que tuvo o encoro de Belesar por mor dunhas
ampliacións no 2002, o lugar onde antiguamente estuvo Portomarín. Un río marabilloso convertido no que todos sabemos hoxe.
O primeiro proxecto non facía desaparecer Portomarín, lugar
Histórico-Artístico uns anos antes, de pouco lle valeu...Logo
cambiouse e elevouse a presa e desapareceu...Foto Secundino Lorenzo.
Portomarín nos anos
cincuenta (1950), antes de facer o encoro de Belesar que o deixou asolagado... A fotografía está
tomada río abaixo, o revés da fotografía anterior. Sirve para facerse unha idea de como era o pobo e o que supuxo para os seus
habitantes ter que abandonalo. Sobre
Portomarín e o encoro ver esta web, tamén da miña propiedade.A fotografía é de Juan José Vega
e pertence ó A.H.P. de Lugo.
Encoro de Belesar un encoro
grandisímo que en 1963 encheuse con nocturnidade e alevosía... Máis abaixo o río Miño
atopará o encoro dos Peares e xa se adentra na Provincia de Ourense.
A fotografía é do ano 2000 que houbo unha gran enchenta... Foto
Secundino Lorenzo.
Encoro dos Peares,
xunto con o encoro das Conchas dos primeiros que se
fixeron en Galicia. Fotografía do ano 2000 cunha enchenta boa. Este encoro entrou en funcionamento nos anos
cincuenta. Foto Secundino Lorenzo.
No encoro dos Peares
destacar únicamente a marabilla de rincóns como "O cabo do mundo", chama moita a atención o cultivo de viño nas ribeiras, en socalcos,
como se fixo sempre, así como as igrexas románicas que hai na zona
como San Estebo de Ribas do Miño, unha auténtica xoia, ou San Pelaio
de Diamondi entre outras.
O "Cabo do mundo" é un
meandro especial que ten o río Miño por riba do encoro dos Peares.
Observar os socalcos de cepas que hai na zona onde recollen o viño
bodegas moi importantes da Ribeira Sacra. Fotografía Secundino
Lorenzo.
Río Miño dende Os peares, onde recibe o río
Sil ata o encoro de Frieira. O río Miño realmente en Ourense está
embalsado, como dice un amigo meu "está embalsamado". Para mín unha
auténtica vergoña. O río Miño sóbranlle varios encoros, como o de
Velle, o de Castrelo e Frieira de moi baixa producción eléctrica e
de moito dano o río... Agora no 2012 están a ampliar estos encoros
con minicentrais no mismo azud, que producen moitísimo máis. Non
deberan estar autorizadas ... Estos encoros, aparte de ser ilegais,
xa que non cumplen nin cumpliron as normas legais nunca, fan e
fixeron moito dano na nosa fauna... Máis de cincuenta anos
incumplindo as leis e ríndose de nós...
Fotografía 1960.
A fotografía mostra o río Miño preto de Barra,
cando non había o encoro de Velle. Lembro nas festas do Corpus a
ir ata os Peares e logo facer en tren o traxecto ata
Ourense vendo a competición de piraguas...
Fotografía 1928.
A Batundeira unha zona do río Miño a altura de Velle
onde había moi bons lugares para bañarse. O encoro de
Velle fixo desaparecer esta zona. A fotografía é de Luis
Ksado.
Fotografía 1960. Río Miño en
Ourense. Por baixo da Ponte Maior. hoxe está moi cambiado...Descoñezo o
autor da fotografía.
Esta paisaxe
pintada é de Antonio
Cendón, vese a Ponte Maior de Ourense en 1850. Observar moitas
curiosidades, entre elas a inclinación da ponte que é correcta, logo foi
cambiada xa que había accidentes pola inclinación e por unha peligrosa
curva que tiña pola parte dos Salesianos; a parte de atrás a esquerda
onde desemboca o río Barbaña, a linea descendente de Santa Ladaiña, o
socalco de Reza, o coiñal e as rochas, etc. Hoxe cambiou moito esta
paisaxe...
Ponte Maior entre a neboa. Fotografía
feita por Ruth Matilde Andersen en 1925.
Ponte Vella, fotografía de Mani Moretón sacada do libro
"Ourense de
oro" II. Sobre esta imaxen di, no libro citado, o meu
amigo José Platero "A Ponte Vella bajo la ensoñación de
las nieblas matinales, que se desprenden como gasas de
plata". 2011
Ponte Vella, fotografía de Secundino Lorenzo, febreiro
de 2020. Atardecer.
Ponte Vella, fotografía de Pablo Salas Labrador.
Fotografía do río Miño, sacada dende a Ponte Vella, en
novembro de 2019, e coa ponte do Milenio ó fondo.
Fotografía S.L.
A
misma fotografía polos anos cincuenta, 1950-1960, hoxe
a acea desapareceu e o coiñal pasou a historia...
Fotografía 2005. Xa co Centro
Comercial feito, tuvo moita contestación xa que está en
terreno inundable, a dereita da fotografía, así como unha pasarela que desdice totalmente...Unha horterada,
a carón de grandes e marabillosos pontes...
Vista río
arriba dende a Ponte Vella.
A esquerda un muro que na
miña opinión inutilizou esa
parte do río, polo menos a
ribeira. A dereita o Centro
Comercial, en terreno
totalmente inundable. O muro,
nas enchentas, leva a auga
para outra beira...
Fotografía Secundino L.
Vista do muro
dende a Ponte de Ferro ou
Ponte Nova. A beira do río
quedou intransitable e
peligrosa. Que pouco se mira
o río Miño en Ourense.
Fotografía Secundino
Lorenzo. 2020.
Na fotografía o río
Miño, como eu o coñecín polos anos
1950-1963, coa Peña de Francia á
dereita e cunhas orelas sensacionais á esquerda. Hoxe,
febreiro do 2006, cambiou moito, moitísimo, pero na
miña opinión, esta zona para mal. Na marxen esquerda, por
riba do coial, unha estrada nacional e toda a zona de
baños xa non existe, como tal, (queda a chamada Praia
da Antena que son 10 metros de río no antiguo lugar do Bao, hoxe cun centro comercial. Realmente para chorar).
Ver a seguinte fotografía.
Na
fotografía vese a praia de Ourense, ano 1947. Hoxe esta zona
está irreconocible. Unha magoa.
A proba
de que había praia, e moi animada e concurrida,
está nesta marabillosa acuarela de Conde Corbal que
fixo en 1960 e que chamou
"Bañistas en el Miño"
Revisando este texto
a finais de 2013 o río Miño non está saneado en Ourense,
cada día está peor. Está moito feito pero falta a base, non
hai depuradora en Ourense-cidade; precisamente hoxe
19/11/2013 comenzaron as obras...Levan vinte anos de
retraso...No 2017, en xaneiro, inda
non funciona a depuradora de Ourense. Según os meus datos a
Edar de Ourense foi inaugurada en plan probas o 26 de xullo
de 2017. Ver as súas
características neste pdf.
Edar de
Ourense, a dereita a antigua
Edar, en Reza, que hai
que desmantelar,
aproveitouse a
infraestructura para facer a
nova. A á esquerda a nova.
Esperemos a ver os
resultados.
A
misma fotografía vista dende abaixo, Ponte de Outariz, a
dereita no último árbore a Edar de Ourense. O río neste
tramo é extraordinario en canto a pesca.
Hoxe,
ano 2020, o río Miño non está saneado.
Sanear un río non é facer paseos e poñer barandillas e
céspede (o cal está moi ben e queda bonito...), é non
botar os ríos augas fecais, nin contaminadas, é conservar e
coidar o bosque de galería do río, perservar a fauna do río,
os invertebrados que viven debaixo dos coios, é un longo
etc. que hoxe, decembro de 2020 non
está feito
na súa totalidade.
No
2020 siguen as probas. De tódolos xeitos o río Miño dende
Velle por riba do encoro ata o Pozo de Maimón da fotografías
ten moitos vertidos inda hoxe, unha materia pendente en
Ourense...
Hai
que decir que os paseosdas orelas do río Miño en Ourense
cidade están marabillosos; agora compre sanear o río.
Río Barbaña na súa desembocadura no río Miño,
en Ourense cidade. A modernidade da nova ponte unido ó "terceiro-mundismo" dunha contaminación asquerosa e impresentable.
Nota: parecía
que coa inauguración da Ponte
do Milenio o río Barbaña recobraría as augas limpas;
tristemente non foi así...
En
decembro
do 2020 xa vexo que foi unha
ilusión óptica...Un engano dos nosos políticos...día sí e día tamén aparece contaminado cunha espuma blanca
impresentable...
Sinto vergonza
dos nosos políticos, a maioría, que só miran os seus petos.
Decía
en
abril do ano 2001,
que
o río Miño en
Ourense era unha auténtica cloaca.
Lamentable. Pedía optimismo e
decía"esperemos que en poucos anos o río
Miño en Ourense sexa realmente o río que todos queremos".
Seguimos igual no ano 2020.
Este ano leva dúas
contaminacións graves.
A
proba do que estou a
escribir ven da man do
Concello de Ourense e da
CHMS neste texto que
aparece no Faro de Vigo
o día 8 de decembro de
2019:
Tres
millóns de euros máis
para sanear o río Miño ó
seu paso por Ourense e
van...¿Non estaba
saneado?. Pois parece
que non...
Ademais dende Velle;
pero si a douscentos
metros, río abaixo,
sacan a auga para beber
na ciudade deOurense,
non me digan que inda
hai que sanear a zona?.
Estamos vendidos...
En setembro do
2001 inaugurouse a Ponte do
Milenio, realmente sensacional.
Por certo nesta web, a
única que existe desta Ponte tendes a historia da misma, así como
fotografías.
A web é da miña propiedade.
Río Miño en Ourense. Fotografía sensacional de Javier
Morais Gallego.
Fotografía sensacional do río Miño en Ourense. Descoñezo
o autor. Pulsar para ver en grande.
A pesar do anterior, e a nivel
termal, Ourense é un auténtico "paraiso termal". Ver si non este dibuxo-oferta
onde se mostra perfectamente ó dito. Unha cousa non quita a outra.
Dende logo esta zona estaría moito mellor si o río
Miño estuvese saneado, pero as augas termais e o entorno é incrible e
sorprendente. ¡Ven a velo!...
Pozas de
Outariz (Ourense). O Ourense-Termal é unha auténtica
marabilla, hai que vir a Ourense e vivilo... O río
Miño ten moito que ver con estas pozas. A fotografía
de Mani Moretón, que aparece no libro " Ourense de
ouro", é unha pasada...
Ver
este link sobre
as termas de Ourense,
nesta misma web
sobre o río Miño.
Estado de conservación
do río Miño en Ourense:
Tramo Peares-Velle:
Fotografía incrible
dos Peares nunha enchenta no ano 1950. ¡Temible!. A
fotografía é de Schreck (o gran fotógrafo, que logo se
quedou enOurense como profesional retratista).
O tramo dos Peares, coa desembocadura do
río Sil, que realmente cumpre o refrán "O Sil leva a
auga (184/m3/s) e o Miño (102m3/s) a fama", e o río Bubal no río Miño e logo a zona de Barra de Miño ata
Ourense era un dos tramos máis bonitos do río Miño na provincia de
Ourense. Hoxe co encoro de Velle as cousas cambiaron moito.
Perigroso nas beiras debido o encoro
de Velle e o trazado da estrada que une Ourense e Ponferrada. Ten pouca vida no
que a troitas e anguías se refere. Unhas poucas no tramo dos Peares, apenas
dous kms.
Seica van a potenciar o turismo desa zona. A
verdade é que o río Miño dende os Peares ata Velle, 20 km.,
quedou defenestrado
por Fenosa co encoro de Velle. Lamentable. ¿ Que se pode facer hoxe, en
agosto do 2.000 ? . Moi pouco. Esperemos acontecementos...
Non se fixo nada. Estamos no
2020...
O río Miño nos Peares,
a misma fotografía que a de arriba pero río abaixo e sin
enchenta. A fotografía aparece no libro "Os ríos galegos" de
Otero Pedrayo. A fotografía é de Sta. María
del Villar.
O final non se fixo nada, o río neste
tramo está abandonado.
Lastimoso. A presa de
Castrelos é unha auténtica cloaca. Pode comprobarse. A UE ( Voz de Galicia do
24-05-98) dice que non se deben bañar as persoas. Incrible.
As gaivotas
abundan, buscando a porquería da cidade.
Xa foron máis, dende que pecharon o vertedeiro de Eiroas, algo moi positivo,
notouse moito.
As troitas están desaparecendo a mans das
carpas e Black-Blas. Tramo moi castigado por todo tipo de vertidos da capital e dos matadeiros que
hai as beiras. Hoxe xa non se ven plumas de polo, pero seguro que acolchan o leito do
encoro.
Recentemente ( xaneiro do 2000) a Voz de Galicia
fixo un estudio en tres puntos do río Miño no tramo de Ourense: na
praia da Antena, en Reza e en Eirasvedras, nos tres lugares a
situación pode catalogarse de desastrosa, incluso no tramo de Eirasvedras a
parte de Coliformes, Enterococus , Estaphylococus, atopouse a Salmonella, a
verdade é vergonzoso. Este estudio, repito,
publicado recientemente polo diario La Voz de Galicia levantou moita
polvareda, de tal xeito que o PSOE pide explicacións a Carlos del Álamo
por esta contaminación, e tamén piden explicacións o Concello de Ourense,
tanto o PSOE como o BNG. O feito é que o Concello de Ourense nunca, nunca,
mirou o río e xa vai xendo hora de que se faga algo, que non sexan
barbaridades...
Neste tramo, o parecer, hai vinte
municipios que se unen nun proxecto común para potenciar o turismo das
beiras do río Miño ( 9-08-2000).
Quedou en augas de fregar, como casi
todo...
Personalmente, non creo nos encoros como
potencia turística.., na
miña modestísima opinión o río Miño en Ourense pasa:
Sanear
ó río, non permitir vertidos de ningún tipo: hoxe vai feito
unha cloaca. Demostrable, en Abril do 2001. No 2020 cando lle voto un vistazo a este texto, observo que Ourense-cidade inda non ten
depuradora que funcione en condicións...
Esto leva consigo
sanear os ríos Loña, Barbaña e os regatos de Vistahermosa e Eirasvedras.
En
agosto de 2020
o único positivo é que a Edar de Ourense está en probas,
o resto
todo sigue igual ou peor...
O río Barbaña sigue vertendo
augas fecais...Este ano 2020 xa leva duas
agresións unha con morte de decenas de peixes o día 24
de xullo e otra o 12 de agosto. Un desastre auténtico... E
todo vai o río Miño...
Río Miño 18 de abril do 2002.
Desembocadura do río Barbaña. Asqueroso e cheira mal. Penoso.
Esta situación sigue
últimamente, houbo varios vertidos nos anos 2012,
2013 e 2014 e o problema
sigue sin resolverse no 2020.
O río Miño de seguir nesta situación non
tardará moito en convertirse nunha cloaca auténtica.
Imaxen de satélite do encoro de Castrelo de
Miño. É increible. O Miño sufre unha eutrofización galopante nesta
zona. Esperemos que coas enchentas do 2001 non vexamos o río deste
xeito.
O río Miño por Sta Cruz de Arrabaldo, fotografía feita cun dron dende o Castro de San Cibrán de Lás.
Autor Andrés Fdez. Castro.
O
río Miño por Barbantes-Estación e Laias, fotografía
feita cun dron, dende o Castro de San Cibrán de
Lás. Autor Andrés Fdez.Castro.
Río Miño preto da zona de Castrelos,
concretamente en Xubín. Aquí a auga
está embalsada. Un
río a cuidar. Fotografía Secundino Lorenzo.
Como están as cousas en
decembro de 2020?: pois moitas cousas melloradas, pero non
ó
básico. Toda a porquería de Ourense vai tal cual o río Miño, a
depuradora de Reza está en probas, e
as augas fecais tanto do barrio da Ponte como de todo Ourense
están a espera desta depuradora, para que
traballe o 100%. Mentras tanto todo vai o río Miño e
por suposto ó encoro de Castrelo de Miño.
Están
en probas no 2020. Pero dende por riba do encoro de Velle
ata o Pozo de Maimón ten cantidade de vertidos sin
controlar. Nese tramo o río Loña e o Barbaña son
cloacas...de momento.
A presa de
Castrelo de Castrelo de Miño
foi
unha auténtica aberración histórica.
Unha presa que hoxe, no ano 2002, seguramente non se faría, un robo
auténtico a un río sensacional. Comenzou a funcionar, 122 MW, en 1969 e foi
moi contestada. Eu penso que hoxe non se hubera feito. Moita desfeita
para un encoro de pouca producción.
Nesta montaxe do meu amigo Enrique
Rguez. Padrón vese arriba como era o valle de Castrelo, dos máis
ricos do Ribeiro e como é hoxe. A primeira fotografía é de Chao
e a segunda de Enrique.
Unha
fotografía marabillosa da zona no amencer:
Amencer.
Río Miño en Valdepereira. Fotografía de Julio Puentes
Agregán.
Por debaixo da
presa de Castrelo o río ten este tramo en que vai
encaixado, xa o fondo en Francelos está a cola do encoro
de Frieira. A fotografía é de José A. López, libro "Ourense
Natural"
Río Miño dende Frieira ata a
desembocadura. Fonte o libro "Os ríos galegos" de Fco.
J. Río Barja e Fco. Rguez. Lestegás.
O río Miño
chámase Minho en Portugal. Estes son os seus
afluentes máis importantes do Minho en Portugal.
Este mapa
representa soio a parte internacional do río Miño, Minho en
Portugal:
Mapa da Conca
internacional do río Miño (CHIRM) que en total son 1.918 km2
dos que 1.100 son de España e 809 de Portugal. Mapa sacado
da páxina web Interreg España-Portugal.
Nesta fotografía anterior a 1960 vese a desembocadura do río
Troncoso ou río Barxa e que
marca a fronteira entre España,
á marxe dereita, é Portugal a marxen esquerda.
Dende a
desembocadura do río Barxas ou Troncoso ata a
desembocadura do río Miño, este fai de fronteira. Son
75,5 kms. de río.
Hoxe a
fotografía é bastante distinta. No centro na outra beira
vese a desembocadura do río Troncoso ou Barxa e por riba aparece o
encoro de Frieira e unha ponte. Fotografía abril 2019. Fotografía de Secundino
Lorenzo.
Neste dibuxo
vese o comenzo da raia húmida (algúns dín raia
mollada) que separa a Portugal e España, dende este
lugar ata a desembocadura son 75,5 km.
No
dibuxo vese onde comenza a fronteira de España con Portugal,
marcada pola desembocadura do río Troncoso. Asi 75,5 km ata
a desembocadura do río Miño no Atlántico. Hoxe merece a pena
ver esta zona, sobre todo Cevide o primeiro pueblo de
Portugal onde esta o marco nº 1 da fronteira Seca, e o
comenzo da fronteira húmida ou fronteira mollada.
Ver esta reseña deste feito.
Aquí vese perfectamente como é o seu
perfil nestos 75,5 km. Fonte o libro "Os ríos galegos" de Fco.
J. Río Barja e Fco. Rguez. Lestegás.
Fernando Ferreira.
Presidente
da Cooperativa de Pescadores do río Miño.
"El futuro del Miño
es muy negro"
Voz de Galicia 9-12-99
"La contaminación, los
desniveles de las aguas por las presas, un ciclo de mala
pesca, están acabando con el río; su futuro es muy negro como no
se tomen medidas en serio"
"Las presas están constantemente
provocando cambios en el caudal del río al cerrar las compuertas
durante cierto tiempo y, llegado el momento, al abrirlas para
evacuar agua cuando están demasiado llenas. En la presa de
Frieira, cuando dejan las compuertas cerradas y se utiliza agua
para generar electricidad a través de las turbinas, en la parte
alta del cauce hay zonas muy grandes que quedan completamente
secas. Y ahí mueren ejemplares adultos, pero lo más grave
es que muere la recría. Por el contrario, cuando sueltan el agua
de la presa se produce una avalancha tremenda del caudal, con
zonas en las que el nivel sube hasta metro y medio. De este modo,
nunca se sabe qué va a pasar y se ha hecho una costumbre que esto
sea un desastre para la fauna del río Miño"
Creo que ó anterior resume de forma
profesional o que pasa actualmente có río Miño na súa parte
baixa.
Nas fotografías
o río Miño augas abaixo do encoro de Frieira. A de
arriba en Arbo, onde desemboca o río Deva,
no medio a Ponte que atravesa o río Miño e une Arbo con Melgaço,
e debaixo por Selas. O río Miño volve ser mozo, pero un
mozo dominado polo encoro de Frieira que fai de todo,
menos cumplir coa lei de especies migratorias...
Non quero rematar esta
reseña do río Miño sin rendir unha homenaxe os membros da Asociación
Coto do Frade de Ribadavia (Ourense) que moitos anos se xogaron a
vida en Frieira, baixando as comportas e recollendo, nese fío que se
ve, as anguías que querían remontar. O chamado
Anguieiro, que é a subida da anguía, todos os anos,
a desovar río arriba.
Un xesto que os donos de Frieira
nunca entenderon e tampoco as Consellerías de Medio Ambente da Xunta
de Galicia que non foron capaces, ningunha delas ata hoxe xaneiro de
2014, de loitar por un
cumplimento da lei...
Collendo as
anguías que suben por ese fío de auga. Fotografía
Secundino Lorenzo. ano 2000
Sobre o
anguiero
en Frieira tendes este link,
elaborado por mín , onde podedes ver en que
consiste parte da súa labor e como se xogan a vida estos amigos
da Asoc. Ecol. "Couto do Frade",
os que admiro e os que lle dou as gracias
no nome de todos os galegos que amamos os nosos ríos.
Nota curiosa de xuño de 1999: O programa Life
ó
parecer fará que se recupere o salmón no Miño ? . Ó parecer este programa promovido
por Fenosa, a Xunta e algúns Concellos "senta cátedra e non ten precedente no
mundo", trátase de habilitar un ascensor en Frieira para posibilitar a súbida dos
salmóns, evidentemente a frase non é miña. O anterior soa un pouca a
coña. Fenosa leva 40 anos sin facer nada polo salmón e de repente,
cando xa o salmón non sube polo río Miño, senta cátedra... os galegos debemos ser tontos.
Fotografía da entrada no ascensor de
Frieira. Un timo máis...e van...Foto SecundinoLorenzo.
O ascensor fíxose, por certo cós
nosos cartos a maioría...Pero...Foi todo unha farsa. O ascensor foi un roubo os galegos, como outros moitos. Non funciono nunca, era
inviable e soio sirviu á empresa para deixar pasar o tempo, e usar outras
estratexias... Ver estas
fotografías dan gran obra?...
Sinto vergoña...
Síntome enganado por unha empresa
explotadora dos nosos recursos e sin dar nada a cambio, ou moi pouco...Cada
ano pagamos máis polos servicios eléctricos, cada ano é máis cara a luz
eléctrica...
Esto soio se pode levar a cabo co
beneplácito da xente que goberna na nosa terra... por eso sinto máis vergoña
cada día...
Moita xente que non sabe de
onde ven a palabra "O pai Miño",
para esa xente vou dar unha pequena estadística, que
demostra a riqueza que aportaba o río Miño:
Estadística sacada do libro
de Praxíteles González "Riberas del "Baixo Miño". Sus gentes, usos y
costumbres" , San Miguel de Tabagón 1997.
A estadística é dos anos
indicados, 1944-48, e no "Baixo Miño" e soiamente de salmón e sábalo:
No río Miño
tamén se pescaban aparte de sábalos
e salmóns: anguías, lampreas, meixóns
(angulas), troitas, reos, sollas, múxeles e un longo
etc.
A riqueza do
"Pai Miño"
O río Miño era "O pai Miño" en
riqueza.
Esta estadística é únicamente do
"Baixo Miño" e observar por exemplo no ano 1944 foron
pescados na parte portuguesa 5.000 kg. de salmón e na
española 1.027 vamos casi nada. Esta é bastante certa xa que
o salmón era guiado, pero haberá que ter en conta que
seguro que se colleron máis. Pensando nunha media de 8 kg
por salmón saen aproximadamente 750 salmóns, repito
soio no baixo Miño. Por certo dice Praxíteles que o feito de
que os portugueses pescaran máis non é moi significativo xa
que moitos salmóns pescados por españois eran vendidos no
mercado luso, xa que pagaban máis.
Sobre o sábalo a estadística
quédase corta xa que nela soio entraban as pezas de 50 a 60
cms de 4 a 5 kg. non inferiores. O sábalo era a principal
riqueza do río Miño. Sábalo que hoxe no ano 2013 xa non
sube. Falar de 36.893 a unha media de 4,5 kg da un total de
8.150 exemplares. Incrible riqueza.
A todo esto habería que
sumar: as anguías que se collían centos de kg, os meixóns,
as lampreas, as sollas, os reos, troitas,
muxel e máis.
O río Miño era "O pai Miño" en
riqueza.
Lembro a ver salmóns no río
Maquians (en Ribadavia-Ourense), afluente do Avia no ano 1968. Tamén lembro que nos
anos corenta e cincuenta se pescaban sábalos en Oira en
Ourense, dito por xente como o meu pai e amigos...Por
suposto as anguías subian ata as cabeceiras dos
ríos...Menuda riqueza.
Culpables: está
claro, a contaminación, pero sobre todo os encoros
(sin escadas, incumplindo as leis, cambiando os cursos dos
ríos, cambiando os caudais, subindo agora e baixando a
continuación de caudal, enfriando as augas e un longo etc.).
Finalmente o río Miño, pai de
tódolos ríos galegos vai morrer no Atlántico pola A Guarda (Galicia) e Caminha(norte de Portugal).
Nos últimos 30 kms. é navegable, concretamente dende Tui.
Tui e o río Miño dende a Fortaleza
en Valença (Portugal). Fot. Secundino Lorenzo.
Por certo chama moito a atención o
caracter señorial dos pobos da raia, as súas defensas, castelos, etc.
Precisamente dende
Tui ata a desembocadura recibe o nome de Baixo Miño
(Tui,
Tomiño, Oia, O Rosal e a Guarda).
En total ten unha conca que abarca o
40% do territorio galego e un recorrido de 307,5 Km. É o segundo río da
península despois do Ebro.
No sensacional libro
"Os ríos
galegos" de Fco. J. Río Barja e Fco. Rodríguez Lestegás
publicado pola colección de patrimonio ecolóxico no ano 1995, rematan
cun pequeno resumen deste río que é o seguinte:
Resumen final do libro citado sobre o río
Miño, destacar nos datos que o caudal absoluto é a cantidade de auga
expresada en m3/seg, evacuada por un río, normalmente nun mes.
O coeficiente de desague é a porcentaxe de auga que unha cunca
fluvial evacúa durante un período de tempo, normalmente un ano.
Observar que neste dato é o nº un de España, así como o terceiro en
caudal absoluto en Hm3. Por suposto o nº un en precipitacións.
Tamén se xustifica o nome de "o Pai Miño"
pola súa vida e riqueza. Esto era en tempos...
De feito
Praxiteles Glez. Martinez
no libro "Riberas del "Baixo Miño" sus gentes, usos y
costumbres" no capítulo XII fala de cambiarlle o sexo o río
Miño, xa que no estuario a incivilizada man do home, a química e a
técnica están a cambialo, pasando entón o xénero feminino co nome
que se atreve a decir Ría morta.
Importante: en Vila Nova da
Cerveira hai un museo únicamente dedicado ó río Miño, unha auténtica
marabilla que hai que ver.
Unha
homenaxe o Pai Miño. ¡Enhoraboa amigos de Portugal! ¡Qué envexa!.
Para vós vai
este pequeno detalle que se pode ver, nun mosaico, en Monçao,
na Cámara , e que son uns versos
de João Verde, pseudónimo do poeta José Rgues. Vale (1867-1934), e que teñen moito que ver co Minho:
Vendo-os asim tão pertinho,
A
Galiza mais o Minho
São como dois namorados
Que o río traz separados
Quasi desde o nascimento.
Deixa-os, pois, namorar,
Já que os pais para casar
Lhes não dão consentimento.
--------------
Esto é o que pon o mosaico
de arriba, que está na Cámaro de Monçao dende
1934.
----------------------
Deixar caer que o río Miño e efectivamente unha
ponte de amor, lembrar neste punto un texto de Ramón Cabanillas, que no seu libro "A
saudade nos poetas galegos", 1920, escribe:
Minten ó que queiran os ollos
encantadores
o corazón dinos ós galegos
que o Miño
non é un río que separa sinón
unha ponte de amor
que abraza e que axunta.
-----------------------
Dende o mirador
de Vila Nova de Cerveira vese a desembocadura do río
Miño o fondo, tamén esa ínsua que é a Boega. Fotografía
de Secundino Lorenzo.
Desembocadura do
río Miño con Portugal a esquerda e España a dereita.
Nesta fotografía vense a dereita as ínsuas (Torreiro,
Vimbres, do Burro) que eran unha auténtica riqueza,
ademais do entorno. Cando o río baixaba había uns pasos
para ir a estas illas. O río Miño nesta
zona xa é un pequeno mar.
Desembocadura do río Miño. A Guarda a dereita
e Caminha a esquerda.
Estou vendo os romanos chegando a Galicia (nunha
das expedicións concretamente a primeira, a do xeral
Décimo Junio Bruto ano 136 a. C.) e tratando de pasar
este gran río, o río Miño, que para eles estaba
embruxado, creían que tras el, o día estaba con moita
neboa, estaba o final da terra (finis terrae) un enorme
acantilado que os mandaría o vacio...
De feito a expedición de Décimo Junio de 136 a.C.,
expedición de castigo os Lusitanos de Viriato, pasou o
río Lethes e logo foi, seguindo o río Miño, ata o
estuario sin atravesalo en ningún momento, non
fora o demo..., volvendo logo para Extremadura.
Fotografía aérea da desembocadura do
río Miño. A dereita Caminha, Seixas e Lanhelas. A esquerda O Rosal e
Camposancos. (Descoñezo o autor da fotografía).
Fotografía aérea da desembocadura do
río Miño. A dereita Caminha, Seixas e Lanhelas. A esquerda O Rosal e
Camposancos. (Descoñezo o autor da fotografía).
O
esteiro do río Miño ten sobre 8 km. de longo e entre 0,5 e 1,8
km. de ancho. É pouco profundo. As mareas chegan a Tui 30 km.
arriba. Sobre este esteiro hai unha ppt de Adela Leiro
marabillosa.
Este é o link.
Outra fotografía de conxunto. Descoñezo o autor.
Está sacada dende o Tegra.
Estuario do río Miño, un estuario de 22 km2 e 40
km. de longo. Por certo navegable nos últimos 33 km.
Outra fotografía,
neste caso de Secundino Lorenzo. Agosto 2014. No mismo
estuario da parte de Portugal (tratado de lindes de 1864)
está a Insua do Forte, que se ve na fotografía.
Decía
Otero Pedrayo sobre
esta paisaxe que era "...un dos máis
solemnes e saudosos paisaxes da Europa Atlántica".
Fotografía aérea do
estuario do río Miño que proba o dito de Otero Pedrayo. En primeiro plano, casi
no centro o Forte da Insua. Descoñezo ao autor
Fotografía aérea do
Forte da Insua. Aquí baixe facer un aproveitamento
lúdico no 2020. Esta insua pertence a Portugal. Descoñezo o autor
da fotografía.
Desembocadura do río Miño sacada do Google Earth.
2013. A liña amarela divide a España de Portugal. Resulta curioso como
cambian os bancos de area (secos ou ariños) neste estuario do río Miño.
Nesta fotografía aérea e de
detalle vese o conxunto da desembocadura do río Miño, o estuario ou
esteiro do río Miño, a esquerda a
Guarda, o monte Santa Tegra co Castro Celta (máis ben
Castro Galaico) e a dereita o rio Miño con
Portugal e Caminha. A zona é espectacular. A beira do mar hai todo un
sendeiro que permite recorrer dende Camposancos, un lugar marabilloso
con boa praia ata A Guarda, catro kms. para disfrutar. Dicen, este é outro misterio do río Miño, que fai moitos anos un ramal do río Miño
desembocaba entre o monte Torroso e Santa Tegra, deixando esta como illa...
Tamén se dice
que dende o estuario do río Miño vese América...Non me cabe a menor
dúbida de que é certo, pero sempre que se mire cos ollos do
corazón.
Fotografía sacada do libro
"Aeroguía del Litoral Galicia". Geoplaneta 3ª edicción. 1999.
-------------------------------
No nome de moitos galegos, pídolle perdón a este
gran río...
Tamén, mismo onde desemboca
o río Miño, hai un cartel explicativo moi ben realizado e que
trae outro anaco de poesía de Celso Emilio adicado o río Miño en
xeral. Ver tamén o menú principal.
Explicando o río Miño.
Dende
o mismo lugar, posta de sol onde o río Miño bica ó mar.
Fotografía Secundino Lorenzo.
Neste
video titulado "O Estuario do río Miño/Minho",
decembro 2020, tendes demostrada a beleza do
lugar. Autor o que escribe.
Neste
video titulado "Misterios do estuario do río
Miño/Minho" explico basándome na ciencia e no
sentido común dúas cousas moi curiosas sobre este
estuario. O video ten este link.
O
río Miño a piques de converterse en "Océano
Atlántico". Fotografía sacada da desembocadura do río Miño en Camposancos (entre A Guarda e Caminha).
Vendo así a
desembocadura do río Miño, non me estraña
"...o medo do río a meterse no océano; que o
río Miño treme é normal..."
Envíame a miña filla María Lorenzo Aira un texto de
Khalil Gibran (poeta, pintor, novelista,
filósofo, naturista e ensaísta libanés 1883-1931), que é
xustamente ó que sente o río Miño ao desembocar no mar,
acompáñoo destas fotografías xusto do lugar, para que
podamos facernos unha idea.
"Din que antes de entrar no mar, o
río treme de medo. Mira para atrás todo o camiño
percorrido, os cumes, as montañas, o longo e sinuoso
camiño aberto a través de vales, canóns e poboados,
e ve fronte de si un océano tan grande que entrar
nel só pode significar desaparecer para sempre. Pero
non hai outra maneira, o río non pode volver.
Ninguén pode volver. Volver atrás é imposible na
existencia. O río necesita aceptar a súa natureza e
entrar no océano. Soamente entrando no océano
diluirase o medo, porque só entón saberá o río que
non se trata de desaparecer no océano, senón de
converterse en océano".
Khalil Gibran.
O río Miño convertido en "Océano
Atlántico". Fotografía sacada na desembocadura
do río Miño en Camposancos (entre a Guarda e
Caminha). Por certo ese veleiro é o que fai unha
ruta turística pola desembocadura do río Miño
ata chegar A Guarda. Unha marabilla de lugar.
Vendo así a desembocadura do río
Miño, e xa co río mergullado no océano non me estraña "...que o río Miño estea
contento
de convertirse en océano..."