Decir que a Conca alta do río
Miño, que son 26 concellos, foi declarada pola
UNESCO Reserva da Biosfera o 7 de novembro de 2002.
O seu ámbito xeográfico, que abarca
o 39% da provincia de Lugo, nada menos que 363.669 Ha., inclue Concellos,
dende a serra de Xistral ata Láncara, así: O Ourol, O Valadouro,
Muras, Alfoz, Mondoñedo, Abadín, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Riotorto,
Guitiriz, Cospeito, Meira, Begonte, Rábade, Castro de Rei, Outeiro de
Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín, O Corgo, Baralla, O Páramo e
Láncara.
"Terras do Miño" é un paraiso en
vexetación, tanto dentro do río Miño como fora, ten unha flora e
unha fauna moi representativa, tamén é un paraiso da ornitoloxia, un
paraiso paisaxistico, e ten
un grandísimo patrimonio humán, natural, etnográfico e histórico.
No mapa aparecen: observatorios
ornitolóxicos, centros de interpretación, miradores, museos, areas
montañosas e lugares naturais de interés.
O río Miño é a alma de
todas estas terras, por eso é imprescindible que apareza na miña ficha
sobre o Pai Miño.
A Unesco renova esta declaración
en xullo de 2014.
Ver os links propostos, para
profundizar e conocer máis a fondo as "Terras do Miño":