ENCOROS do RÍO MIÑO
 |

Belesar. 654 Hm3 |

Peares. 182 Hm3 |

Velle. 17 Hm3. |

Castrelo. 60 Hm3. |

Frieira. 44 Hm3 |
Pulsando nas fotos vaise as
características.

Fenosa
(onte chamábase Gas Natural Fenosa,
hoxe Naturgy Groop S.A.), hoxe é
Naturgy ten en exclusiva a
explotación do río Miño dende os anos corenta do século
pasado, século XX, concretamente dende o 23/08/1943.
Cinco son os encoros feitos por Fenosa (Naturgy):
esta é a relación seguindo o canle do río dende o Pedregal
de Irimia en Meira ata a desembocadura en Camposancos A
Guarda en Pontevedra.

hoxe
 |
|
A estadística de Galicia, neste momento, pode
verse aquí.
Por suposto estos encoros
teñen data de caducidade, data que
están ampliando actualmente en base a facer minicentrais nas mismas
presas; tamén estacións de bombeo, calquera cousa para seguir
chupando dos nosos ríos, sin dar nada a cambio. Ningún deles permite subir as especies migratorias como
as troitas, salmóns, anguías, sábalos, sabelas
e lampreas para que cumplan o seu ciclo de vida. Polo tanto non cumplen
as leis que sempre existiron. Calquer encoro debe permitir
pasar as especies migratorias. Estos encoros afectan a un 72% do canle do río Miño.
Todos teñen entre 75 e 99 anos de concesión. 75 é o estipulado
(dende que se fixo) 99 é a trampa, por suposto ilegal e
chapuzeira, para pertuarse, caso dos Peares e Belesar.
Hoxe a estos encoros chámanlle "rías interiores"; a
verdade que os que dicen eso demostran ben pouco coñecemento
do que é unha ría galega, cunha vida total, e un encoro cunha vida
super-limitada ou nula para esas especies...Os encoros son bons para os donos das
centrais eléctricas, nada máis...Os encoros foron e siguen sendo o
negocio do siglo XX e do XXI si os deixan...
Pulsando nos nomes ou nas fotografías pódese acceder as características básica de
cada un dos encoros.