Ínsuas do río Miño
na raia mollada.
Ínsuas, illas,
tamén Ilhas en Portugal, e morraceiras son nomes que reciben; están
formadas por sedimentacións, que fai o río, neste caso permanentes
ou consolidadas, sexan naturais, producto do
arrastre do río, ou tamén formadas por actuacións humáns.

A Ínsua Boega e detras a Dos amores, as dúas portuguesas,
son exemplos destas illas. As dúas en
Vila Nova de Cerveira.
Fot. Secundino Lorenzo
Outras
ínsuas do río Miño na raia mollada
Traballo feito por
Secundino Lorenzo
Saír
ó R. Miño.
Salir a R. Miño
Ínsuas
do río Miño
(Rio Minho en Portugal)

Desembocadura do río Miño con varias ínsuas.
Fotografía de Xurxo Lobato.
O
longo do curso do Miño que ten a fronteira mollada, 75,5 km., ou sexa
fai fronteira con Portugal, hai tamén moitas ínsuas ou illas fluviais,
ata catorce. As illas , tamén chamadas ínsuas e morraceiras,
son sedimentación dos arrastres do río, uns son permanente
como estas illas e outros desaparecen e non se consolidan.
Estas ínsuas,
actualmente, utilízanse para pastos, cultivos, outras como
lugares de caza, e outros eventos.

Nesta fotografía
sacada dende o Monte Tegra vense unhas cantas Illas.

Descoñezo ao autor das fotografías.
Dende o ano 1864 existe
o Tratado de Límites (firmado en Lisboa o 29 de setembro) onde
os últimos 75,5 km. (outros falan de 78 km.) do río Miño
actuan como fronteira húmeda, fronteira mollada, física e
administrativamente, entre España e Portugal, dende a
confluencia do río Troncoso ou Barxas ata o Atlántico. É o que
se chama Tramo Internacional do río Miño (TIRM).
Esta conca do río Miño
abarca 1.918 km2 equivalendo a un 11,3% da superficie total.
Abarca as provincias de Ourense e Pontevedra en España e o
distrito de Viana do Castelo en Portugal. En total 26 concellos
en España e 9 cámaras en Portugal.
Neste tramo
internacional hai unha illas ou ínsuas, en Portugal dinlle Ilhas,
que serán as que trato neste pequeno traballo, divídense en
Internacionais, Portuguesas e Españolas. O resto de illas que
non aparecen no Tratado citado e o seu anexo de 1866 enténdese
que se consideran internacionais ou mais ben sin nacionalidade.
Esta é a clasificación:
Illas Internacionais
Catro son consideradas internacionais:
Morraceira, Morraceira de Seixas, Morraceira de Joâo de Sá e Varandas.

A illa Morraceira está a carón da
Bohega, xusto enfrente.
Mapa 1:25000. Tomiño MTN25.
Nota: MTN quere decir Mapa Topográfico Nacional
(España)

Aquí vese a ínsua Morraceira que é internacional.
Google Earth.
Queda casi enfrente de Vilanova de
Cerveira, na marxen dereita do río Miño/Minho.

No mapa a Illa Morraceira.
Morraceira
Coordenadas:
41.931428º , -8.769103º
Trátase dunha pequena Ínsua
situada enfrente a Ínsua Bohega e Vila
Nova de Cerveira. As dimensións son mínimas 300m.
por 70 m.
A Vexetación é a tipica:
salgueiros, amieiros e mimosas.


Mapa Salcidos. 1:25000. MTN25.
Morraceira de
Seixas:
Coordenadas:
41.907000º , -8.814684º
A ínsua Morraceira de Seixas, debe
o seu nome ó pueblo portugués de Seixas, frente á que
está situada. También se chama Illa Mauricia. Formouse
sobre un areal entre as décadas de 1970 e 1980. O seu
caso seica é moi especial xa que a maior parte deste
pequeno illote está en España, pero cando a marea baixa
deixa o descuberto outro areal que se adentra nos
límites de Portugal. Hoxe considérase unha ínsua
Internacional, ou sexa unha terra de ninguén no medio do
río Miño. A día de hoxe,
os seus habitantes son as aves da foz do Miño: parrulos,
garzas, cormoráns e gaivotas...
Ten 9,30 Ha. e un perímetro de
1430 m.

Google Earth.

No mapa a Morraceira Joâo de Sá.
Morraceira de
João de Sá
Coordenadas
: 41.907452º , -8.798343º ???
Seica está a altura da freguesía de Lanhelas
no Concello de Caminha. Penso que pode ser a que
marco xusto na beira, en Portugal e que pon Morraceira de João de Sa. Unha illa pequena de
738 m x 211 m. Dende
logo en Internet ó poñer a búsqueda desta illa
aparece xusto unha urbanización a poucos metros
desta illa, na parroquia de Lanhelas.
A súa vexetación é similar as
anteriores.

No mapa a Illa de Varandas, tamén chamada Illa de Pozas.
Varandas
Coordenadas
41.914286º , -8.801663 ???
Entendo que a Illa de Varandas
debe ser a que ten tamén o nome de Illa de Pozas
e que está a carón da Morraceira de Varandas. Unha
illa pequena 790 m x 240 m. Por suposto que teño as
miñas dúbidas sobre esta Illa ou ínsua.

En primeiro plano a Illa Canosa.
Sobre as Illas internacionais hai
unha lexislación que prohibe determinadas cousas:
por exemplo non se pode acampar de noite, facer
lume, etc. .
Persíguese manteñelas en bon estado. O uso das illas
tamén está regulado, sendo a súa vixilancia competencia da
Capitania do Porto de Caminha (Autoridade marítima Nacional)
e da Comandancia Naval del Miño ( Armada Española).
Este é o link.
Illas de España
Cinco son ínsuas galegas:
Canosa, Morraceira do Grilo,
Morraceira das Varandas, Vacariza e Fillaboa.

En primeiro plano a esquerda a Illa Canosa
Canosa:
Coordenadas:
41.904543º , -8.836502º
É a máis grande, a Illa
Canosa (en
Google Maps se la cita como
Xunqueira), que
orixinalmente tamén recibe o nome de Illa de Torreiro.
A súa denominación, precisamente, deu lugar a disputas
entre os dous países. O cambio de nome debeuse, ,
seguramente, a un error dos cartógrafos que fixeron os
traballos previos para a delimitación da fronteira hispanoportuguesa fixada polo
Tratado de Lisboa e 1864. Que se citara en
singular, como “Isla Canosa”, en vez de “Islas Canosa”,
deu a entender que as otras tres illas eran terra de
ninguén. Os cambios de nome do resto das illas
tampouco axudaron a mellorar as cousas. Os límites
aclararonse por fin en 1897, señalando a españolidade das catro
illas.
Ten 85,56 Ha. e un perímetro de
4.946 m.
Esta illa é española e hai
constancia dela dende 1691.

No mapa a Morraceira do Grilo, ou Illa de
Vimbres.
Morraceira do
Grilo:
Coordenadas:
41.909336º , -8.824824º
Por riba da Illa Canosa vemos a
Illa de Vimbres, tamén coñecida
como Illa do Grilo o
Morraceira do Grilo (morraceiras é o
nome que se da nesta zona a estas illas
formadas por sedimentos que se foron acumulando no
Estuario del Miño). Esta illa tamén deu lugar a
certas disputas, pois o seu extremo máis próximo a Portugal
era cortado pola líña imaxinaria que delimita a
fronteira. A delimitación de 1897 deixou fora de toda
dúbida que era unha illa completamente española.

Neste mapa sacado de Google Earth vese a
Morraceira de Varandas.

Tamén nesta plano queda clara a súa situación.
Morraceira de varandas
Coordenadas:
41.913752º , -8.810504º
Enfrente a San Miguel de Tabagón,
ver no mapa, trátase dunha illa de 1,5 km. de longo
por una media de 300 m. de ancha. Ten 52,88 Ha. e un
perímetro de 4.946 m.
Encima de Vimbres, xunto á
parroquia de San Miguel de Tabagón (El Rosal), vemos a
Illa de Varandas (en algúns
lugares chámase Barandas), tamén coñecida
como Morraceira de Varandas e como
Illa dos Burros e
Canosa de arriba.
Utilízase para pastos.

Mapa de Tomiño en Pontevedra. Nesa curva está a
Illa Vaqueriza.
Escala 1:25000. MTN25

Neste mapa vese a súa posición por riba de Vila
Nova de Cerveira.
Vacariza:
Coordenadas:
41.962318º , -8.750764º
Illa Vacariza ou Vaqueriza está a
altura de Figueiró (Tomiño-Pontevedra) en España , e
un pouco máis arriba de Vila Nova de Cerveira en
Portugal.
É unha ínsua pequena ten 1 km. de
longo por 100 metros de ancha. Ten 10,19 Ha. e un
perímetro de 2.336 m.

Situación no Google Earth. Illas
Fillaboa I e II.

Mapa coas Illas de Fillaboa.

Fotografia da Fillaboa
iI, descoñezo ao autor da fotografía, a cal se
chega de momento con barca ou barco. Está prevista unha
pasarela xa que dentro está o Centro Transfronteirizo de
Interpretación Ambiental-río Miño, o chamado
abreviadamente CTIA-RM. De momento no 2022 soio vexo en
internet un video e a promesa de facer a pasarela,
Enterareime do que pasa...

Sensacional fotografía
que aparece na
web de turismo de Salvaterra de Miño, descoñezo ao
autor. Nela vese o río Miño o fondo a esquerda
Salvatierra de Mino, e o seu sensacional parque da
Canuda; máis o fondo a dereita Monçao; pola
esquerda tamén desemboca o río Tea. Vense perfectamente
as dúas illas Fillaboa I a esquerda, e Fillaboa II
que é a do centro da fotografía. Está previsto facer a
pasarela que permita unir o parque coa illa. De momento
soio se pode acceder en barco.

A zona é espectacular
e ten moitas posibilidades no aspecto turístico. En
marzo de 2022 xa funciona a barca turísitca que vai
dende Salvaterra a tui e Valença. Por certo gratis. Ver
en Caixón de satre nesta páxina web os datos.
Fillaboa:
Coordenadas:
42.078509º , -8.518925º
En realidade son dúas Illas,
chamadas Fillaboa I de 8,31 Ha e 1.689 m. de perímetro e a Fillaboa
II de 9,54 Ha. e 1.675 m de perímetro.
A Ínsua Fillaboa II ten 110.000
metros quadrados (a primeira illa son 95.400 metros
cuadrados), segundo o anúncio público feito
polo en Salvaterra de Miño, que a adquiriu a
privados, e que pretende abrir o público como
centro de interpretación ambiental. Seica costou
300 mil euros, xustificada pela autarquia galega en
2010 polo obxectivo de a “converter nun ben de
carácter público”, a illa, próxima do município
português de Monção, era a única de propiedade
privada.
Hoxe este centro está
esperando para poder poñer unha pasarela de paso a illa Fillaboa II,
ao parecer a cousa non é doada polo tema económico, fálase dun
presupuesto que pasará dos 500.000 € e o concello non dispón deses
cartos. Hai outra posibilidade que é poñer unha barcaza, que xa
tiñan os donos da illa, que pode ser práctica e máis barata-
Sei, de moi boa tinta, falei
con Ernesto Groba por tfno. que pertence a Corporación do Concello
de Salvaterra de Miño, é o primeiro tenente de alcalde,
que na illa estos anos atrás fixeron unha auténtica revolución
sacando árboles como o eucalipto e metendo árbores autóctonos,
freixas, salgueiras. amieiros etc. Tamén facendo sendeiros.
Gastáronse muitos cartos. Dende esta páxina web pido unha
axuda para este concello e para potenciar o río Miño como se debe.
¡É o momento!.

O CTIA-RM dentra da illa Fillaboa II
Tamén me dixo que se podrá acceder
en barco a illa e visitar en breve o CTIA-RM.
Engado que Salvaterra de Miño é
unha zona que ten moito que ver e merece a pena, actualmente ten
sobre 30 km. de sendeiros e rutas moi interesante, aparte do pueblo
que é moi bonito e está moi situado.
Illas de Portugal
E por último
son ínsuas de Portugal: Boega, Dos Amores, Lenta, San Pedro
e Canguedo.

No mapa as Ínsuas de A Bohega e dos Amores (I. Coteixos).
Mapa 1:25000. MTN25. Tomiño.

En primeiro plano a Illa Boega. Fot. Secundino Lorenzo

No mapa a Illa Boega, un pouco abaixo de Vila Nova de Cerveira.
Boega:
Coordenadas: 41.928284º , -8.762632º
A Illa da Boega
é portuguesa e sitúase entre as
parroquias de Loivo e Gondarem no
concello de Vila Nova de Cerveira,
distrito de Viana do Castelo. Ten 1400
m. de largo por 400 de ancho, e como
todas é resultante da acumulación dos
sedimentos do arrastrados polo río Miño
que posteriormente collen cobertura
herbácea. A Illa está bordeada de
árbores como amieiros, salgueiros e
acacias. O seu interior, nas partes de
herbas utilízase para o pastoreo. Nesta
illa en tempos fixéronse ceas medievais.
Tamén se intentou poñer un campo de
Golf.

No mapa a Illa Dos amores, un pouco abaixo de
Vila Nova de Cerveira.
Dos Amores:
Coordenadas: 41.921605º , -8.770976º
A Illa dos
Amores, tamén chamada Illa
de Coteixos, tamén
illa do Castelo é tamén portuguesa e
atópase no lugar de Requeijo, na
parroquia de Gondarem, no concello de
Vilanova de Cerveira, distrito de Viana
do Castello.
Ten 400
m. de longo e 100 m. de ancho e presenta
o mismo que a Boega. Arboleda a base de
salgueiros, amieiros e acacias.

Google Earth.

Mapa Tui 1:25000. MTN25.

Illa de San Pedro III, xa preto de
Valença.
San Pedro
III
Coordenadas?? : 42.002007º , -8.660595º
Moi perto de Valença.
Pequena Ínsua de 950m x 100 m. Concello de Valença.

Neste mapa aparecen outras illas que son
actualmente de Portugal, que son as
illas do Verdoejo. Están
por riba de Valença.
Estas illas de Verdoejo, entre elas
a Ilha do Canguedo están no Concello de Valença. No mapa
de abaixo pon Insua Grande e Terrao.

Mapa 1:25000. MTN25


A Ínsua do Canguedo é a que marco no mapa de Google Earth.
Máis claramente neste
mapa:

Illa de Canguedo.
Portuguesa.
Canguedo
Coordenadas?? : 42.054828º , -8.595791º
Illas de Verdoejo. Concello de Valença.
Ten 9,84 Ha. e un perímetro 2.786 m. Está no río Miño
por debaixo de Caldelas de Tuy e no Verdoejo de
Portugal.
Na zona había varias illas, ver dibuxo de
mais arriba, como Raña Gallega e Illa grande. Hoxe
a Raña Gallega está unida a Canguedo e a Illa Grande
desapareceu xa que está unida a terra.

Zona de Lenta onde Vila Nova de Cerveira ten unha
sensacional praia.

No mapa a Illa da Lenta,
enfrente da Illa Vacariza.
Lenta
Coordenadas ??: 41.965050º , -8.742177º
Concello de Vilanova de
Cerveira.
Esta zona ten unha boa praia.

Sensacional fotografía da desembocadura do
río Miño. Descoñezo o autor da fotografía aérea.
Nela poden verse unha chea de ínsuas que
máis ou menos están identificadas neste pequeno
traballo. En primeiro término a de San Pedro,
baixando temos a Lenta e a Morraceira; baixando máis a
Boega e Amores e no borde o grupo da Canosa, Vimbres,
Varanda e outras...
Mismo na desembocadura do río Miño/Minho
temos unha illa que é portuguesa.

Fotografía do Forte de Insua dende o
Monte Tegra.
Ó fondo Moledo.

Google Earth, fotografía que
utilicei para calcular as novas lindes actuais,
2020, da raia mollada. Traballo que podedes ver
nesta páxina web.

O final cheguei a esta
conclusión sobre a raia mollada na misma
desembocadura do río Miño/Minho. Portugal por
debaixo da amarela e das marcadas en bermello.
Hacia arriba España. Ver o traballo nesta web.
Apartado Xeografía e historia do Caixón de
sastre.

O Forte de Insua. Pequena illa
portuguesa.
A
Ínsua.
Coordenadas?? : 41.859341º , -8.874904º
Chámase Ilha de San Isidro, conocida polo nome de Ïnsua. Pequena illa de 1.5 km. de perímetro. Ten
aproximadamente 750 m. no centro e-W por 500 m. N-S É
unha illa granítica que non ten nada que vercoas
anteriores. Nela está o Forte da Ïsua ou Forte de Nossa
Senhora da Ínsua, fortificación do século XVI
clasificado como Monumento Nacional en Portugal.
Está situada na misma desembocadura do
río Miño a 460 m. da praia de Moledo onde con marea
baixa case se pasa a pé.

Fotografía aérea do
Forte da Insua. Aquí baixe facer un aproveitamento
lúdico no 2020. Esta ínsua pertence a Portugal.
Descoñezo o autor da fotografía.
------o------
Para rematar gústame moito este
video de Vimeo feito polos alumnos do CPI Manuel Suárez
Marquier de O Rosal. no curso 2018-19
O
título é "O borboriñar das insuas".
Non sabía ó que era borboriñar pero vendo e
escoitando esta películo xa se sabe.
O borboriño é un son armonioso e suave, un
murmurio.
Borboriñar equivale a murmurar, escoitar
borboriños
Enhoraboa por este video marabilloso.
O borboriñar das insuas, CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), Cinema
feito no curso 2018-2019. Video de Vimeo.