Pai Miño
(Escribe Secundino Lorenzo)

Mapa do Río
Miño. O río de Galicia máis importante.

Nacemento do
río Miño, no Pedregal de Irimia en Meira (Lugo)

Desembocadura do río Miño, entre A Guarda e Caminha.
Aquí xa leva 75,5 kms. na raia mollada, que comparte río con Galicia
e o Norte de Portugal. Aquí é Pai Miño ou Pai Minho.
Descoñezo o autor da fotografía.

Conca do río Miño en Galicia. 17.026 km2. Máis
da mitade do territorio galego (29.574
km2)
Que o río Miño é o
río máis importante de Galicia está fora de toda dúbida; que é o Pai dos
ríos galegos, é evidente. Ademais pasa por tres provincias, Lugo Ourense
e Pontevedra, e ten unha conca de máis da mitade de Galicia, entre
outras cousas; pero o nome de Pai Miño, é
unha opinión por suposto discutible, non ven polas razóns anteriores ou
polo menos esas razóns non son únicas.
No que sigue vou dar as miñas razóns
que xustifican plenamente este gran nome.

Mosaico. Casa dos Mosaicos. Lugo. Río Miño?
Antonio Fraguas Fraguas
dice nun traballo titulado "O río Miño: realidade, lenda e
literatura" que:
... "En Galicia as augas teñen vida e dormen pola
noite e síntense feridas si se bebe un vaso de auga con unha vela
acendida na man. Moitos ríos foron mulleres que cansas dormiron no
lugar do nacimento. O río
Miño foi un home: O PAI MIÑO, a quen as xentes
presumen con grandes barbas, como todos os ríos, ten o seu leito
deica chegar ó mar, e, cando chega, bota pola boca a auga recollida,
desemboca no mar. Un mosaico descuberto en Lugo ten a figura dun
home barbudo e moita xente sempre que o ve di que é o
Pai Miño.
É lástima, realmente, que Asorey non representara o noso río como
Apolodoro de Damasco representou o Danubio na columna marmorea de
Traxano en Roma"...
Queda claro que o río Miño é home, polo tanto é
Pai, non Nai, pero
vou botar man dunhas pequenas estadísticas para
demostrar que para moitísima xente o río Miño era o Pai
Miño e segue a selo, inda que non esté hoxe nas mellores
condicións... Era unha auténtica despensa, daba de comer
a moita xente, era en definitiva un Pai.
Estadística sacada do libro de Praxíteles
González "Riberas del "Baixo Miño. Sus gentes,
usos y costumbres" , San Miguel de Tabagón 1997.
A
estadística é dos anos indicados, 1944-48, e no
"Baixo Miño" e soiamente de salmón e sábalo:

No
río Miño tamén se pescaban
aparte de sábalos e salmóns: anguías,
lampreas, meixóns (angulas), troitas, reos,
sollas, múxeles e un longo etc.
A riqueza do
"Pai Miño"

O río Miño
era "O pai Miño"
en riqueza.
Esta estadística é
únicamente do "Baixo Miño" e observar por exemplo no
ano 1944 foron pescados na parte portuguesa
5.000 kg. de salmón e na española 1.027 vamos casi
nada. Esta é bastante certa xa que o salmón era
guiado, pero haberá que ter en conta que
seguro que se colleron máis. Pensando nunha media de
8 kg por salmón saen aproximadamente 750
salmóns, repito soio no baixo Miño. Por certo dice
Praxíteles que o feito de que os portugueses
pescaran máis non é moi significativo xa que moitos
salmóns pescados por españois eran vendidos no
mercado luso, xa que pagaban máis.

Na
fotografía grupos de pescadores con cinco sábalos, entre
catro a cinco kg., ese día era un agasaio,
chamanbanlle promesas, que lle daban os patróns por
coller máis do cupo por redada. Riqueza incrible do Pai Miño.
Sobre o sábalo, o cocho do Miño,
a
estadística quédase corta xa que nela soio entraban
as pezas de 50 a 60 cms de 4 a 5 kg. non inferiores.
O sábalo era a principal riqueza do río Miño. Sábalo
que hoxe no ano 2013 xa non sube. Falar de 36.893
kg. a
unha media de 4,5 kg da un total de 8.150
exemplares. Incrible riqueza.
A todo esto habería que
sumar: as anguías que se collían centos de kg
en todo o río ata Meira; os
meixóns na parte baixa; as lampreas
ata os Peares; as sollas na parte
baixa; os reos na parte baixa;
troitas en todo o río;
o múxel e
moitos máis.
O río Miño era
"O pai Miño"
pola súa
riqueza.

Soio
catro testimonios máis, o de
José Manuel
Vázquez, que nun capítulo do libro
"O río Minho
galego-portugués", "O aproveitamento do peixe de
río entre o consumo local e a exportaçao que chegou o
Brasil", pon entre outras moitas cousas:
..."Nos
finais do século XIX, descreve
Pinho Leal, em
Portugal antigo e moderno
, a pesca de salmões , sáveis e
lampreas en Seixas. Esportam frescos para
Viana, Braga, Guimarães e outras localidades do
interior, e para o Porto. Lisboa e Brasil, en calda
ou conserva. Oferece un dato de importância,
en 21 de março de 1875, saíram para Viana dez carros
de sáveis.
"Até ha poucos meses,
exportava-se o peixe en canastros, em
bêstas e en carradas; agora vaia a maior
parte, pelo caminho de ferro", anota Pinho Leal.
De interese é a informaçao sobre uma
sociedade, concebida en Monçao, en março de 1875
para a exportaçao da pesca do río Minho para o
Brasil. Acrescenta que "a primeira remesa
(sêcco e de calda) foi de 1000 caixas,
quasi todo savel e lamreia" "...
Nota:
o texto completo figura copiado neste link. O texto permite ver como se
aproveitaba a pesca do río Miño en tódolos pueblos
ribeireños; unha proba máis da riqueza do Pai Miño, que
é do que estamos a falar.
O testimonios de
Xesteira, que nun artigo de
La Región puña:
..."En
1943, o Servicio de Publicaciós da Direución Xeral
de Turismo reeditaba unha edición do libro 'El
salmón y su pesca en España', editado en 1930 polo
consello superior de caza e pesca. Pra non
estendernos e mais decatarnos de onde estabamos
daquela e onde estamos hoxendía, nomearemos unhos
pequenos apuntes do citado libro: 'Según cálculos
científicos, el Miño es un río con una capacidad
anual de noventa mil salmones. Los salmones de este
río suelen ser de un peso muy grande, habiéndose
cogido muchos, después de desovar, de cerca de las
30 libras. Como truchero, es magnífico río, pudiendo
decirse que en sus pozos se guardan las truchas más
grandes del mundo, habiéndose sacado ejemplares de
más de 10 kilos. Los pescadores ribereños, de pluma
y devón, no llaman grande a una trucha de un kilo,
por clavar, con bastante frecuencia, y en una sola
jornada, ejemplares de 1 a 5 Kg'"...
Este é o link

O Pai Miño
por Cortegada.
O
de Juan José Moralejo, o autor do libro
"As troitas
miñas señoras", Galaxia 2005, 2º Edición e articulista
de temas de pesca e ríos; conocedor do río Miño dende
neno, xa que naceo a carón do río Deva, xusto na
desembocadura e xogou e pescou no muíño da súa aboa no
río Miño. No
capítulo adicado o Miño fala "do sacratísimo Miño",
"o Pai Miño", artigo que podedes ler
nesta misma páxina.
Agora xa sei
ben de quén é o Miño, pero o sabelo non importa pra
que eu siga encirrado en que o Miño é meu: pódovos
contar tódalas pedras que quedaron debaixo do encoro
dendes Castrelo a Frieira, podo decirvo-los sitios
onde mellor non se meter pra non pasar dúas horas
nun foxo de toxos e silvas ou pra non ir de cabeza o
río. Velahí tendes unha boa pescata: dende a
estación de Pousa-Crecente ide río arriba astra
Frieira, son seis kilómetros bos prá troita e que se
poden facer no tempo de tren a tren,...
Estaredes xa a
decir que abonda coa leria do Miño e que onde está a
pesca: pois no río, meus queridiños, no río. Os 340
quilómetos son unha enchente, unha orxía de pesca
dende o peixe máis badoco ao salmón máis señorito
tendes millóns de anguías, milleiros de lampreas,
carros e carros de troitas, millenta de sábalos e
zamborcas...O único que eu quería ao falar tanto no
que ó Miño é para min e para todos era poñer ben
claro que o Miño non é unha auga que ten peixes, nin
un río, senón o sacratísimo río , pai e
señor de todos nós, e cheo de pesca ata estoupar...
O
meu testimonio, Secundino Lorenzo, o
webmaster da páxina:
Lembro a ver salmóns no río
Maquians (en Ribadavia-Ourense), afluente do Avia no
ano 1968. Tamén lembro que nos anos
cincuenta pescábanxe sábalos en Oira en Ourense,
dito por xente como o meu pai e amigos.
Por esas datas, sendo eu rapaz, quedou un salmón na
piscina de Oira nunha das enchentas...Por suposto
as anguías subian ata as cabeceiras dos
ríos...Collíamos anguías no Bao (Ourense),
cun tenedor...Menuda riqueza.
Para ampliar ver este artigo, nesta misma ficha,
sobre
"A pesca no río Miño"
Tamén este link, nesta ficha, un texto meu
falando da río Miño cheo de
vida en Ourense.
Tamén o xa citado artículo
"O aproveitamento do peixe de río no Minho".
Textos que profundizan na miña tesis:
O
Pai Miño recibe este nome da gran riqueza que deu a
Galicia e por suposto ó norte de Portugal.
Fai pouco
atopei un artigo no libro "Ondas do Mar de Caminha" onde
Jose María Gavinho Pinto escribe un artigo que titula "Pai
Miño" e fala desta riqueza do río. Por certo José María Gavinho
é portugués de Caminha e teno claro: "Pai Miño";
calquera deduce que non é o nome derivado de que sexa un río
caudaloso e o mais longo, dito por un portugués e evidente que
fai unicamente referencia a tesis deste artigo é o "Pai
Miño" pola súa riqueza.
Ver o artigo completo, merece a pena.
Por
eso en Portugal tamen se fala de
Pai
Minho
Hoxe o Pai miño está moi
descuidado, en mans das Empresas Hidroeléctricas, neste
caso Fenosa Gas Natural, hoxe no 2018 chamada Naturgy,
veremos si con este nome, realmente, mira un pouco pola
Natureza. Un Pai non debe
nunca ser tratado tan mal...:
está claro, a contaminación en
xeral, pero sobre todo
os encoros (sin escadas, incumplindo as leis,
cambiando os cursos dos ríos, cambiando os caudais,
subindo agora e baixando a continuación de caudal,
enfriando as augas, motivo polo que
desapareceu o sábalo e a sabela, e un longo etc.),
son as causas de que este pai esté descuidado...
Saír
ó R. Miño.
|