As augas termais do río Miño
"A cura que nace da terra"
Dous mil anos de cultura bañista ó redor do río Miño, esos son os datos que presenta hoxe o noso río Miño. No que sigue paso revista os Balnearios, Estacións Termais, Rutas Termais e Pozas actuais de interés, ano 2016, e que están a beira do río Miño; poño a Ruta Termal de Ourense que é única e marabillosa. Tamén unha nota sobre as augas termais, que me parece básica para entender os tipos de augas e outras características. O río Miño sorprende unha vez máis e así se demostra neste traballo. Sigo sin entender, nun momento no que todo "Ó Termal" vai en alza, como non se mira máis por este río marabilloso, o río Miño ou Minho, que está a "berrar" por un saneamento integral, un control das presas e unha recuperación integral das súas especies...
|