ENCHENTAS DO RÍO MIÑO DENDE 1696.

HISTORIA,  COMENTARIOS, CRÍTICA   E   FOTOGRAFÍAS

Zona de Oira en Ourense cidade. Ano 2000. Enchenta ou chea de 6000 m3/seg. A punto dunha desfeita maior. Fotografía de Vicente Santos.  Ese ano foi dunha gran chea. A auga chegou, en Ourense, a entrar na capela dos Remedios, esa noite entrou a auga nos garaxes do edificio "Solaina" de onde sacaron os bombeiros máis de unha docena de coches (7 de decembre de 2000), enfrente os Salesianos, entre outras moitas cousas...

Houbo unha noite no que estaba aberto o encoro de Belesar (que é o que regula realmente as enchentas)  que si abre o encoro de San Estebo, estaba ó 95%,  estaba previsto que a auga chegara a estatua de Concepción Arenal, na rúa do Progreso. (uns cantos metros por riba de onde chegou).

O de 6000 m3/seg. (outros 5500 m3/seg.)  non está fora de lugar, a presa de Velle ten 120 m. de coronación e 26 m. de altura, practicamente a auga iba entre 2 a 4 metros da coronación, ver fotografías máis abaixo; si facemos uns cálculos elementais saen as contas...

Ver as fotografías, historia, crítica  e comentarios. 

Si tes algunha fotografía e queres figurar neste traballo manda un email.

Saír ó Río Miño.

  Salir al  Río Miño

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Enchentas dende o ano 1900

 no río Miño.

Escribe Secundino Lorenzo. Email.

Famosas foron as enchentas do río Miño dos anos 1909, seica se falaba da "enchenta do nove" como algo incrible...;  1935 onde en Tui hai rexistrado 11,8 m. de subida do Miño;  1939 con 12,9 m. ; 1959 con 12,6 m. ; 1962 con 12 m. ;  1966 con 10,4 m;  1979 con 10,5 m. e 1987 con 9,4 m. Estos rexistros figuran feitos pola comandancia do patrullero "Cabo Fradera",  escritos con marcas na parede próxima o río nas dependencias da Marina en Tui. Son totalmente fiables. Ver datos históricos  de protección Civil.

Pola miña parte en Ourense lembro á de 1959, enchenta que vin dende o Colexio dos Salesianos, a pe de río coma quen dice;  e a posterior do ano 2000 e 2001.

Tamén hai que reseñar a enchenta de febreiro de 2016 e a de decembro de 2019.

 

Dicen que os encoros controlan as enchentas (a laminación das enchentas, ou sexa  o caudal entrante almacénase e logo baixe soltando pouco a pouco)  pero eu teño as miñas dúbidas en canto ó control total. É certo que se poden minimizar ó principio pero si a enchenta é grande,  chovendo moito ou moito tempo seguido ou por fusión de neve ó longo dos tempos,  os encoros logo enchen e despois é peor o remedio que a enfermade. Fai falta un gran control entre encoros e por suposto medidas de seguridade e de emergencia. Tamén é fundamental a limpeza dos ríos.

Saír ó R. M.           Salir a R. M.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Enchenta do ano 2000-2001

 Novembro, decembro de 2000, e xaneiro de 2001: continuas e persistentes precipitacións en toda Galicia, afectando principalmente á fachada atlántica. Durante estes tres meses, en cada un deles rexistráronse precipitacións en 28 días. Os peores días foron en decembro 6 e 7, e en xaneiro 5, con persistentes precipitacións e ventos fortes, practicamente xeneralizados en toda Galicia. As precipitacións foron semellantes ás dos anos 1978/79 e do ano 1959.
Os efectos foron de tres mortos producidos polas choivas, numerosas estradas cortadas (superior a 45), gran número de concellos afectados (superior a 50), máis de 15 ríos importantes desbordados; altos niveis de auga en case tódolos encoros (con situacións de achegas excepcionais de entrada a eles); innumerables anegamentos en baixos; importantes perdas no sector agrícola, piscícola, acuicultura así como no industrial.

O río Miño avisa. Faino de vez en cando, para lembrar os ourensáns e os galegos que o seu canle é sagrado.

Volverá a facelo...seguro...

Este día quedaron inundadas as piscinas de Oira, entre outras. A Ponte do  Milenio, en construcción, perdía un dos soportes metálicos e menos mal que non se veu abaixo...

O encoro de Velle liberou en momentos, na enchenta do ano 2000,  ata 6000 m3/seg. Outros dicen 5.500 m3/seg.

Esta presa está preparada para aliviar ata 8000 m3/seg. De momento o record é o anterior. Normalmente cando turbina libera entre 500-600 m3/seg., xa esto trae unhas subidas de caudal moi grandes. As de 6000 m3/seg supuso unha elevación do caudal do río moi superior os 8 metros que é onde está posicionado o nivel de alerta.

 

Decembro do 2000 e xaneiro de 2001 quedarán grabados para os ourensáns e para os galegos. Lloveu moito . Entre setembro e novembro, 600 litros por metro cadrado, cando a media de todo o ano é  de 800 litros metro cadrado. O encauzamento dos ríos, o control nefasto dos encoros (soio mirando ó bolsillo, Fenosa, Iberdrola, Endesa), o construir xusto á carón das orillas (caso da aberración de Ucosa, o centro Comercial  que hai a beira do río MIño que quedou cós garaxes anegados totalmente...centro que nunca se debeu construir nese lugar, según os técnicos do Concello... podémolo pagar caro. Xa ó  estamos pagando caro e poido ser peor).

A Ponte Vella. Nesta zona a auga anegou a estrada que se ve, a N-120,  e inundou as garaxes do Centro Comercial "Ponte Vella".

 

Ponte nova e a chea do 2000. Fotografía Lourdes Glez.

Así iba o río Miño. Fotografía para comparar.

Así foi o río ese ano 2001 en Xaneiro. Lembro que a auga chegou a estrada nacional.

Así iba o río Miño en xaneiro do 2001.  Este muro que se ve, obra maestra ? foi o que empuxou as augas ó outro lado. Que yo pregunten o Centro Comercial "Ponte Vella" o que se lle inundaron as plantas de guardería de coches. Outra construcción "ex-catedra" en terreos totalmente inundables.

A auga pode subir 2,40 m. por riba da estrada  N-120, eses eran os cálculos dos técnicos. Nese caso nos garaxes de "Ponte Vella" saen a nado...

Así iba o Miño aquela noite de decembro, dia sete de decembro  de 2000. Fotografía dende a Ponte Vella. Prácticamente xa chega a estrada N-120. Ese día tuvemos sorte que aguantara o encoro de San Estebo.

As imaxes convén que a lembren algúns  ourensáns, e que nona esquezan xa que ....volverá pasar...

Volver a enchentas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Enchenta ano 1959.  Os Peares Ourense.

Datos de Galicia-León

 Decembro 1959: grandes enchentes produciron inundacións en Asturias e principalmente en Galicia, onde varios ríos desbordaron, anegando campos, casas e industrias e producindo cuantiosas perdas.
O Sil ó seu paso por Ponferrada ía moi crecido, as súas augas comezaron a enche-lo encoro de Bárcenas, que se atopaba en construcción e a pesar de te-los seus órganos de desaugamento abertos, cortaron a vía férrea á altura de Santa Mariña; máis abaixo nas obras do encoro de Penarrubia a auga cortou a estrada a Ourense.
 No barrio antigo da vila de Páramo del Sil a auga produciu afundimentos na igrexa.
O Sil e o Miño desbordáronse na zona dos Peares, preto da súa unión.
O caudal estimado do Sil en Boca de Monte foi de 2.400 m3/seg.
O Miño inundou Salvaterra e Porto.

 

Datos en Ourense cidade,  lembrar ó seginte:

Decir como curiosidade que nesta enchenta moita xente colleu medo sobre todo as casas do barrio do Couto que estaban preto do río. Houbo unha noite que subiron o Seminario. Falábase de que podería caer o encoro dos Peares (estaba na mente de todos a caída do encoro de Ribadelago e os 144 mortos que houbo).

No tramo das pontes de Ourense o río Miño seica alcanzou 8.500 m3/s, ou sexa mais que a chea do 2001 e mais do que pode evacuar a presa de Velle.

Decir que fomos testigos de primeira man o meu grupo de colexio dos Salesianos de Ourense (a XIII promoción 1955-1963), concretamente estábamos a facer o 4ª de bachiller elemental e dende a ventana da nosa clase, que daba o río,  lémbrame Xesús García Tobío, compañeiro de clase e gran amigo,  que víamos pasar árbores, todo tipo de obxectos e ata un porco que iba patas arriba, inchado a tope, e río abaixo. Un espectáculo non exento de medo pola forza da auga e os malos presaxios que había.

De esa historia saen estas fotografías:

Crecida do río Miño o 26/12/1959. Fotografía de Pacheco,  cedida polo Archivo Municipal de Ourense, para o libro "A Ponte Mayor" de Juan Carlos Rivas, páxina 44.

Ese ano seica o río chegou a levar nesta zona por riba dos 8000 l/m3.

Esta fotografía tamén é de Pacheco. páxina 45 do libro citado. Nesta fotografía sacada mais abaixo da ponte vese a dereita onde chega o río. Estaba a facerse o Pabellón de deportes da cidade de Ourense.

Nesta fotografía do 26/12/1959, tamén de Pacheco, e tomada do libro referenciado na páxina46 realmente da medo como iba o río Miño.

Inicio das obras da parte superior da pila central que caira na enchenta de 1959. A fotografía está sacada do libro "A Ponte Maior"  de Juan Carlos Rivas na páxina 48 e cedida polo museo etnolóxico de Ribadavia.

Ata aquí as fotografías en Ourense cidade nesa enchenta do 1959

Vexamos nos Peares nesa misma enchenta:

Tamén  hai fotografías sensacionais sacadas por Ernesto Schreck. Fotógrafo afincado na cidade de Ourense en 1922, de orixen alemán. Tiña o seu estudio na rúa Cardenal Quiroga. Sensacional fotógrafo retratista, publicista e de fotografía de estudio;  por suposto el e toda a súa saga que inda continua hoxe.  Ver en internet a súa páxina www.schreck.es

Así iba o río Miño nos Peares. Incrible. Seguro que en Ourense iba peor. Despois desta ponte desemboca o río Sil. 1959. Foto E. Schreck.

Da medo. Estas fotografías son do ano 1959 e todas de E. Schreck, fotógrafo afamado hoxe en Ourense

Aquí  desemboca o río Sil. Leva  polo menos 12 metros por riba do normal.1959. Foto E. Schreck.

Fotografía para comparar. S. Lorenzo 2012. Fotografía sacada dende a estrada que vai a Pombeiro. A dereita o río Miño a esquerda o río Sil.

Espectacular foi esa crecida. Xa estaba feito o encoro dos Peares. 1947-1955. Foto E. Schreck.

Outra fotografía na que se ve pefectamente a estación dos Peares. O fondo a Ponte de tren Ourense-Monforte. 1959. Foto E. Schreck.

Fotografía dos Peares, sacada en 1911 por C. Gasquoine H.), e que aparece no  libro  "Spain revisited.  A summer holiday in  Galicia", escrito tamén por  C. Gasquoine Hartley, impreso en London nesa data.  Esta fotografía permite ver como foi a chea de 1959 xa que o nivel da auga casi chega a ponte do ferrocarril (fotografía anterior). O libro citado está traducido o galego por Galaxia, co título "Un verán en Galicia".

 

Outra fotografía. Desembocadura do río Bubal. Ver onde chega a auga o muíño (Acea do Búbal hoxe.).

A esquerda o río Miño e enfrente o río Sil coa ponte de ferro do ferrocarril. 1959. E. Schreck.

 

Fotografía para comparar 2012. Vista dende enfrente. Foto Secundino Lorenzo. Desembocadura do río Búbal. Ver o muíño (Hoxe Casa Rural Acea do Búbal).

 

Este ano foi un dos de maior rexistro en Tui, por parte da Comandancia da Marina, a marca chegou a 12,6 m. sobre o nivel normal do río. Unha barbaridade. Son 4 pisos máis.

Volver a enchentas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Enchenta dos anos  1978-1979.

 

 Decembro 1978: un forte temporal, que abateu sobre Galicia os días 26 e 27, causou graves inundacións ó se desbordaren varios ríos como consecuencia das choivas.
Foron numerosas as estradas que quedaron cortadas e grandes zonas quedaron illadas. Dúas persoas resultaron afogadas, ó seren arrastrados polas augas os vehículos nos que viaxaban, nas pontes dos concellos de Fornelos de Montes, sobre o río Parada, e Portas, sobre o río Chaín, ámbalas dúas de Pontevedra.
En Vigo producíronse anegamentos e cortes na circulación polo desbordamento do río Lagares.
En Lugo as augas do Miño inundaron os barrios periféricos da cidade. O mal funcionamento das drenaxes converteu nun lago o barrio de Paradai na mesma cidade.
Os ríos Sarria e Cateiro inundaron varias rúas de Sarria e as terras do contorno.
Leiro, San Cristobal e Ribadavia sufriron os danos da riada que causou graves estragos en casas e campos, interceptando estradas e destruíndo pontes, especialmente na zona próxima a Ribadavia, cidade que ademais de sufrir considerables danos en edificios e industrias, quedou illada polas augas. Os danos foron cuantiosos no Ribeiro, así como no Carballiño.
En Padrón máis de 500 hectáreas quedaron inundadas polo desbordamento dos ríos Sar e Ulla. Foron elevados os danos ocasionados. A auga acadou máis dun metro no núcleo urbano de Padrón. Cortadas varias estradas.

Sinto  ter, solamente,  unha fotografía:

 

Fotografía da enchente de 1979.

Nesa fecha en Tui deu 10,5 m.

Río normal en 1960. Para comparar.

Volver a enchentas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Datos históricos de enchentes.

 

Resulta interesante algúns datos, por exemplo os caudais absolutos do río Miño, atendendo a medias e os meses do ano:

Plan especial de Protección Civil de Galicia.

Datos sobre o río Miño:

BACÍA   DO   RÍO    MiÑO

 

                                                    
  Río: Miño

Extensión: 17.026 km2 (Miño e Sil).
Subconcas do Miño: Lacha, Narla, Parga, Fereira, Támega, Tordea, Neira, Sarria, Lor, Sil, Bibei, Camba, Navea, Arnoia, Avia, Tea,...
Grandes áreas do Miño:
· Alto curso do Miño (ata Portomarín).
· Curso medio alto do Miño (Portomarín ós Peares).
· Curso medio baixo do Miño (Os Peares ata Ribeiro).
· Baixo curso do Miño (Ribeiro ata desembocadura).

Alto curso do Miño (ata Portomarín)
Concellos que atravesa: Xermade, Vilalba, Abadín, A Pastoriza, Meira, Guitiriz, Cospeito, Castro de Rei, Pol, Castroverde, Lugo, Outeiro de Rei, Begonte, Friol, Guntín, O Corgo, Baralla, Láncara e Sarria.
Afluentes/regatos: Rego de Porto da Pena, Xirómeno, Riolouxe, Madanela, Miñotelo, Rigueira, Pequeño, Azúmara, Aullo, Támega, Rozas e Ladra.
Ladra: Madanela e Labrada.
Parga.
Narla.
Lagoa de Cospeito.
Ferreira: Lavadoira.
Neira: Sarria e Tórdea.
Curso medio alto do Miño (Portomarín a Peares)
Concellos que atravesa: Taboada, O Saviñao, Chantada, Carballeda e Pantón.
Afluentes: Asma.
Bubal.
Sardiñeira.
 Bacía do Sil (en Galicia)
Concellos que atravesa: O Barco de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras, Petín, A Rúa, Larouco, A Pobra de Brollón, Quiroga, O Bolo, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Manzaneda, Carballeda, Rubián.
Afluentes/regatos: Entoma, Mariñán, Xulián, Leira, Pincheira, Casaio, Candíns e Valado.
Bibei: Camba, Ribeira Grande e Ribeira Pequena.
Conso: Xares e Navea.
Soldón.
Quiroga.
Lor.
Cabe.
Mao.
Curso medio baixo do Miño (Os Peares-Ribeiro)
Concellos que atravesa: Ourense, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Maceda, Baños de Molgas, Allariz, Paderne de Allariz, A Bola, Celanova, Ramirás, Gomesende, Cortegada, Arnoia, Castrelo de Miño, Toén, Barbadás, A Merca, Taboadela, San Cibrao de Viñas, Coles, A Peroxa, Vilamarín, Amoeiro, Punxín, Maside, San Amaro, O Carballiño, Cea, O Irixo, Boborás, Leiro, Carballeda de Avia, Cenlle, Beade, Melón e Ribadumia.
Subbacías: Arnoia.
Barbantiño.
Avia.
Arnoia: Niñodaguía, Tioira, Ambia, Vilaboa, Toubes e Soia.
Barbantiño: Formigueiro.
Avia: Cartelle, Doado, Viñao e Arenteiro.
Outros: Armental-Barra, Loña, Barbaña, Porto, Val, Puga, Xestosa, Fragosa...
Baixo curso do Miño (Ribeiro a desembocadura)
Concellos que atravesa: Quintela de Leirado, Padrenda, Pontedeva, Crecente, A Cañiza, Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, As Neves, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, O Porriño, Mos, Gondomar, Tomiño, Tui, Oia e O Rosal.
Afluentes: Deva, Termes, Tea, Louro e Tamuxe.
Cea, Crillana e Lavoeira/Caselas.
Estacións do aforo: 13 (Galicia)
 
Miño (4)          
Lacha (1) Extensión: 889 km2 Aforo (Begonte): 840 km2
Parga (1)   331 km2   3010 km2  
Sarria (1)   309 km2   (Sarria) 129 km2
Avia (1)   670 km2   (Pazos de Arenteiro) 348 km2
Tea (1)   411 km2   (Ponteareas) 286 km2
Sil (3)   7.983 km2   (Sequeiros) 6.243 km2
        (San Estevo) 7.216 km2
        (San Pedro) 7.982 km2
Bibei (2)   1.569 km2   (Montefurado) 1.569 km2
        (As Ermitas) 794 km2
Xares (1)   329 km2   (A Portela) 306 km2
Navea (1)   255 km2   (Pechazas) 216 km2
Lor (1)   370 km2   (A Ponte) 337 km2
Cabe (1)   734 km2   (Monforte-Ribas Altas) 353 km2
           
Máximo caudal: xaneiro, febreiro e marzo, aínda que nalgúns casos tamén en abril e maio.

Rábade (40,57 m3/seg.), Lugo (98,75 m3/seg.), Os Peares (155,35 m3/seg.), Ourense (428 m3/seg.), río Ladra en Begonte (50,36 m3/seg.), río Parga en Begonte (15,79 m3/seg.), Sarria (8,19 m3/seg.), Pazos de Arenteiro (45,2 m3/seg.), Ponteareas (30,49 m3/seg.), Tui (8,85 m3/seg.), Quilos (*) (16,32 m3/seg.), Toral de los Vados (*) (26,18 m3/seg.), Ponte de Domínguez Flórez (*) (17,59 m3/seg.), Sequeiros (229,9 m3/seg.), Santo Estevo (314,88 m3/seg.), San Pedro (324,48 m3/seg.), Montefurado (78,05 m3/seg.), As Ermitas (43,85 m3/seg.), A Portela (11,87 m3/seg.), Pedrazas (15,18 m3/seg.), A Ponte (33,60 m3/seg.) e Ribas Altas (13,40 m3/seg.).

(*) Pertencen ó Sil na provincia de León preto de Galicia.

 

Datos históricos das inundacións.

(Relativas o río Miño)

Nota: suprimín do listado o que non afectou ó río Miño.

Os datos están sacados dun link de Protección civil de Galicia.

 
   
 

· 1656: o Miño rompeu o seu curso e inundou a veiga de Ventosela (Ourense), deixándoa convertida nun areal á súa retirada. Ventosela e Castrelo foron as poboacións máis afectadas, sendo os danos materiais cuantiosos.


· Decembro 1909: un forte temporal, con choivas e ventos furacanados azoutou, a partir de Portugal, case toda Europa. As abondosas choivas provocaron o desbordamento de moitos ríos.
A bacía norte foi en Galicia a zona máis castigada: o Miño e o Sil saíron do seu leito en varios tramos.
O caudal estimado do Sil en Sobradelo foi de 2.720 m3/seg.
En Lugo as augas do Miño inundaron unha zona duns 60 km derrubando 30 casas na cidade e cortando a vía férrea Vigo-Monforte.
Na provincia de Pontevedra as veigas de Tui quedaron totalmente inundadas, chegando a auga ós segundos andares das casas.
Na provincia de Ourense o Sil desbordou na zona de Sobradelo inundando as súas augas as casas e campos próximos.
 


· Decembro 1914: unha gran borrasca penetrou polo norte de Galicia, varréndoa de norte a sur e provocando, ó seu paso, abundantes choivas que se fixeron sentir en toda a rexión.
Na provincia de Pontevedra o río Tea desbordouse inundando unha extensa zona, principalmente Ponteareas, onde os danos foron cuantiosos; ademais, as súas embravecidas augas arrastraron unha ponte, perecendo no accidente dous anciáns.
En moitos outros puntos de Galicia sufriuse o rigor do temporal; houbo desprendementos de terras e afundimentos de edificacións; o máis grave ocorreu en Feba onde ó derrubarse unha corte pereceron esmagadas tres persoas.
 

 

· Febreiro 1935: unha grande enchente do Sil produciu unha inundación na zona de Sobradelo que causou danos nas casas e campos adxacentes.


· Xaneiro 1939: fortes temporais, de choiva e vento, provocaron inundacións en moitos puntos de Galicia.
O Miño desbordouse en Tui inundando por completo a zona e formando "o que pareceu máis ben unha baía".
 


· Febreiro 1947: durante os días 20 e 21 un temporal de choivas abateuse sobre Galicia causando inundacións en varias zonas.
O volume total de auga caído foi da orde de 135 Hm3. En Ourense caeron 52 l/m2 en 24 horas.
O Miño desbordouse en varios lugares sendo Castadón a zona máis afectada.
O Sil inundou a bisbarra de Sobradelo causando graves danos en casas e campos.
En Santiago de Compostela a cidade inundouse debido á choiva sendo os danos cuantiosos.
 


· Xullo 1952: un temporal de choivas, que afectou a zona norte da península, causou inundacións en puntos de Guipúscoa e Galicia.
En Ourense o Sil e o seu afluente o Casaio desbordáronse inundando as parroquias de Casaio, Sobradelo, Riodolas e Lardeiras causando danos de consideración en vivendas e agricultura.

 


· Decembro 1959: grandes enchentes produciron inundacións en Asturias e principalmente en Galicia, onde varios ríos desbordaron, anegando campos, casas e industrias e producindo cuantiosas perdas.
O Sil ó seu paso por Ponferrada ía moi crecido, as súas augas comezaron a enche-lo encoro de Bárcenas, que se atopaba en construcción e a pesar de te-los seus órganos de desaugamento abertos, cortaron a vía férrea á altura de Santa Mariña; máis abaixo nas obras do encoro de Penarrubia a auga cortou a estrada a Ourense.
 No barrio antigo da vila de Páramo del Sil a auga produciu afundimentos na igrexa.
O Sil e o Miño desbordáronse na zona dos Peares, preto da súa unión.
O caudal estimado do Sil en Boca de Monte foi de 2.400 m3/seg.
O Miño inundou Salvaterra e Porto.
 


· Marzo 1962: o río Sil, que presentou unha grande avenida, desbordouse ó seu paso por Sobradelo, inundando as súas augas os baixos das casas ribeirás.
A crecida, que persistiu toda a noite do 30 e case todo o día 31, inundou amplas zonas próximas ó leito do río, causando graves danos materiais aínda que non desgracias persoais.
O caudal estimado do Sil en Sobradelo foi de 2.400 m3/seg.
Ademais de Sobradelo, tamén sufriron os efectos da inundación Casaio e Lardeiras.

 


· Novembro 1966: unha grande enchente do Casaio fixo que as súas augas e as do Sil, na zona posterior á súa confluencia, desbordaran o leito anegando as zonas próximas.
Sobradelo, Casaio e Lardeiras foron as zonas que máis sufriron as consecuencias da inundación que causou danos en casas e campos.

 


· Setembro 1969: un temporal de choivas que afectou a zona noroccidental da Península os días 11 a 15 produciu importantes inundacións que se viron agravadas por unha marea de extraordinaria carreira.
O Miño desbordou na zona próxima á súa desembocadura inundando amplas zonas próximas ó seu leito.
 

 

· Xaneiro 1970: un temporal de choivas descargou o día 13 unha gran cantidade de auga sobre Galicia facendo que os seus ríos presentasen grandes enchentes.
O Tea en Ponteareas acadou 4 m sobre o nivel normal.
O Miño sufriu tamén unha importante enchente.
 

 


· Febreiro 1972: un forte temporal de ventos furacanados e choiva desatouse o día 5 sobre Galicia causando graves danos.
O río Louro, afluente do Miño, desbordou á altura de Porriño inundando as veigas ribeirás e causando considerables danos materiais.

 



· Decembro 1978: un forte temporal, que abateu sobre Galicia os días 26 e 27, causou graves inundacións ó se desbordaren varios ríos como consecuencia das choivas.
Foron numerosas as estradas que quedaron cortadas e grandes zonas quedaron illadas. Dúas persoas resultaron afogadas, ó seren arrastrados polas augas os vehículos nos que viaxaban, nas pontes dos concellos de Fornelos de Montes, sobre o río Parada, e Portas, sobre o río Chaín, ámbalas dúas de Pontevedra.
En Vigo producíronse anegamentos e cortes na circulación polo desbordamento do río Lagares.
En Lugo as augas do Miño inundaron os barrios periféricos da cidade. O mal funcionamento das drenaxes converteu nun lago o barrio de Paradai na mesma cidade.
Os ríos Sarria e Cateiro inundaron varias rúas de Sarria e as terras do contorno.
Leiro, San Cristobal e Ribadavia sufriron os danos da riada que causou graves estragos en casas e campos, interceptando estradas e destruíndo pontes, especialmente na zona próxima a Ribadavia, cidade que ademais de sufrir considerables danos en edificios e industrias, quedou illada polas augas. Os danos foron cuantiosos no Ribeiro, así como no Carballiño.
En Padrón máis de 500 hectáreas quedaron inundadas polo desbordamento dos ríos Sar e Ulla. Foron elevados os danos ocasionados. A auga acadou máis dun metro no núcleo urbano de Padrón. Cortadas varias estradas.

 


· Decembro de 1989: fortes choivas e ventos que afectaron principalmente ás provincias da Coruña, Pontevedra e zona norte da de Lugo. As inundacións máis importantes rexistráronse en Padrón e en Caldas de Reis, quedando tamén afectados outros concellos como Noia, varios da Costa da Morte, Betanzos, Cambre, Vigo e os da Mariña Lucense. Suspendéronse as actividades escolares.
As precipitacións acadaron en Santiago os 200 litros por metro cadrado. Foron numerosos os ríos que desbordaron.



· Decembro do 1995: Producíronse inundacións en diversas zonas de Galicia, sendo as máis afectadas: Terra Chá en Lugo; comarca do Barbanza, comarca de Santiago de Compostela. Na provincia de Ourense experimentaron fortes crecidas os ríos Miño, Támega e Arnoia. Na provincia de Pontevedra os ríos desbordáronse en varias zonas destacando os da bisbarra do Deza e de Tabeiros-Terra de Montes, así como o Miño o seu paso por Tui e o Umia en Caldas de Reis.

 


· Novembro, decembro de 2000, e xaneiro de 2001: continuas e persistentes precipitacións en toda Galicia, afectando principalmente á fachada atlántica. Durante estes tres meses, en cada un deles rexistráronse precipitacións en 28 días. Os peores días foron en decembro 6 e 7, e en xaneiro 5, con persistentes precipitacións e ventos fortes, practicamente xeneralizados en toda Galicia. As precipitacións foron semellantes ás dos anos 1978/79 e do ano 1959.
Os efectos foron de tres mortos producidos polas choivas, numerosas estradas cortadas (superior a 45), gran número de concellos afectados (superior a 50), máis de 15 ríos importantes desbordados; altos niveis de auga en case tódolos encoros (con situacións de achegas excepcionais de entrada a eles); innumerables anegamentos en baixos; importantes perdas no sector agrícola, piscícola, acuicultura así como no industrial.

Volver a enchentas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENCHENTA 1844 EN OURENSE

 

    Sei que está enchenta asustou moito en Ourense xa que este evento quedou grabado na Ponte Vella para sempre. Concretamente  xunto o único arco romano da Ponte o que está mirando, hoxe,  para o Pabellón de Deportes, o primeiro arco, abaixo hai unha inscripción na pedra que máis ou menos dice ""Altura de la avenida del Miño  de FB de 1844""

Ese día o río chegou moi alto moito máis que no ano 2000 cando levaba 6000 m3/seg ou subio por riba dos 12  metros.

Soio podo poñer  as pedras rotuladas e onde está esta marca.

A dereita deste arco e no segundo sillar de pedras aparece a marca da chea de aquel ano.

A dereita deste arco e no segundo sillar de pedras aparece a marca da chea de aquel ano.

 

"Altura de la avenida del Miño  de FB de 1844"

Para poder entender esta enchenta en Ourense-cidade poño duas fotografías que o explican:

A marca vermella coincide coa marca que actualmente está nesa zona. Esto da unha idea da crecida dese ano.

Volver a enchentas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Datos da  Comandancia  da  Marina de Tui.

 

Estuven no lugar o xoves día 13 de febreiro de 2014, co ánimo simplemente de poñer unha fotografía das marcas que a Comandancia da Marina parece ten,  no edificio que está a beira do río Miño en Tui, onte está a o patrullero "Cabo Fradera".

 

 

Sabía por Eliseo Alonso no seu libro  "Pescadores del río Miño" (Tramo gallego Portugués) onde na páxina 29 pon estos datos de cheas do río Miño:

No libro pon exactamente:

..."La comandancia del Patrullero "Cabo Fradera" tuvo la gentileza, que agradedezco, de facilitarme las crecidas registradas en los últimos años y marcadas en la pared próxima al río, en las dependencia de la Marina, en Tuy. Las alturas máximas alcanzadas fueron:

"1935 onde en Tui hai rexistrado 11,8 m. de subida do Miño;  1939 con 12,9 m. ; 1959 con 12,6 m. ; 1962 con 12 m. ;  1966 con 10,4 m;  1979 con 10,5 m. e 1987 con 9,4 m."...

 

Realmente eu non tuven a misma sorte que Eliseo Alonso, saquei unhas fotografías por fora do recinto militar, pedín logo permiso para sacar a fotografía das marcas, pero foime denegado, sin dar ningunha xustificación...

Neste caso teño que decir simplemente que o comandante non tuvo a xentileza de recibirme, as súas razóns tendría,  que non as discuto. En realidade nin puden falar con el...

Estas son as miñas fotografías do lugar:

 

Como vedes o río Miño iba bastante subido ese día 13/02/2014. Na fotografía o "Patrullero Fradera"

A zona está claro que é militar. Ver o cartel...

Esta é a comandancia da Marina de Tui onde pedín permiso, na rúa do embarcadero, "Embarcadero Bajada" , ó garda de turno para sacar unha fotografía das marcas, para poñer nesta páxina web. Esta casa está retirada do río Miño por unha rampa. Suponse que ata ela chegou o río Miño en algunhas ocasións... Rampa que podedes ver neste link.

Esta foi a única fotografía que poiden sacar; este gato estaba dentro do recinto militar tomando o sol...

Foi ó máis amable do lugar...

Non houbo sorte...

Nota: todas as fotografías son propiedade do que escribe Secundino Lorenzo Fdez. autor da web.

 

Posteriormente engado esta nota onde todo queda resolto coa Comandancia Naval del Miño:

 

Teño que decir que ó anterior queda totalmente resolto gracias a amabilidade do actual Comandante Naval del Miño D. Enrique García González que me escribe, por medio de email,  en Abril de 2016.

Entre outras cousas escribe:

 

..."En aras de reconducir esta anómala situación, quedo a su disposición para que comunique conmigo por medio de cualquiera de los medios indicados en mi firma y atenderle como corresponde, de acuerdo con el espíritu de servicio que desde siempre ha caracterizado a la Armada.

 Atentamente, reciba un cordial saludo.

 

-----------------------------------------------------------------------

 

Efectivamente, posteriormente recibo a famosa fotografía que podedes disfrutar dende hoxe nesta páxina web sobre "O pai Miño":

Por certo a mais alta é de 1939 (foi unha subida de 12,9 m.  como catro pisos dunha casa...), seguida de 1959 (12,6 m), máis abaixo 1962 (12 m.) e 1935 (11,8 m). Máis abaixo o 2000 e outras tres máis.

Fotografía da Comandancia Naval del Miño. 2016.

 

Volvo a poñer o texto que realmente pretendía:

Sabía por Eliseo Alonso no seu libro  "Pescadores del río Miño" (Tramo gallego Portugués) onde na páxina 29 pon estos datos de cheas do río Miño:

No libro pon exactamente:

..."La comandancia del Patrullero "Cabo Fradera" tuvo la gentileza, que agradedezco, de facilitarme las crecidas registradas en los últimos años y marcadas en la pared próxima al río, en las dependencia de la Marina, en Tuy. Las alturas máximas alcanzadas fueron:

"1935 onde en Tui hai rexistrado 11,8 m. de subida do Miño;  1939 con 12,9 m. ; 1959 con 12,6 m. ; 1962 con 12 m. ;  1966 con 10,4 m;  1979 con 10,5 m. e 1987 con 9,4 m."...

 

Pois ben, como Eliseo Alonso eu tamén podo decir que a Comandancia naval del Miño tuvo a xentileza de mandarme a fotografía onde recollen as enchentas de algunhos anos.

 

Moitas gracias a D. Enrique García González pola súa amabilidade.

 

Volver a enchentas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENCHENTA DO ANO 1696

No libro de Olga Gallego Domínguez "As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no antigo réxime", fala dunha enchenta terrible no río Miño, seica ocurriu  o 8 de decembro do ano 1696.

Foi o párroco de Santa Eufemia, Antonio de Nóvoa y Sotomayor, o que escribiu no libro de finados da súa parroquia o testimonio dunha enchenta ou chea; ver un extracto:

Na páxina 41 do citado libro aparece a referencia a esta enchenta:

Está claro que ese día a auga chegou por detrás da iglesia dos Remedios.

Ver a fotografía:

Na fotografía que é de 1920 pero na que o lector pode simplemente quitar a Eléctrica do Conde Valvís que lóxicamente non existía nos anos 1696 o resto si,  e a marca vermella indica a onde chegou a auga.

Dous datos de ese día:

1.- A auga que había por detrás da iglesia dos Remedios que se ve na fotografía era maior que a auga no estiaxe do río Miño. A auga estuvo a punto de entrar na igresa. Faltaron dous pes (60,96 cm.). Ou sexa un pouco máis de medio metro.

2.- Seica na Ponte Vella a auga faltoulle unha vara castellana para cubrir o cortamar da ponte.

Na fotografía da enchenta do ano 2000, fago os cálculos aproximados (a ollo). Seica quedaba 1 m. aproximadamente da tona da corrente do Miño a cima da cortamar.

 

Nesta fotografía do ano 2000 tendes a cortamar da Ponte Vella, esa que vedes no centro da fotografía.

Pois ben,  o día da enchenta que estamos a tratar non quedaba nin una vara castellana para cubrila.

1 vara = 0, 8359.

Polo tanto temos que pensar que estaba aproximadamente a medio metro de cubrila. Ou sexa  metro e medio máis da fotografía.

Según os meus cálculos ese día o río levaba sobre 12.5 metros sobre o nivel normal, ou sexa 4 pisos, para facernos unha idea.

 

Volver a enchentas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CRÍTICAS Ó TEMA DAS ENCHENTAS EN GALICIA.

 

Unha enchenta deste estilo debera ser totalmente previsible. Ano 2000 en Ourense cidade. Esto supón unha subida de 5 metros sobre o nivel normal do río

As enchentas e os encoros en Galicia, calquera día, poden traer   a desgracia a poblacións que están nas súas ribeiras.

Fai anos, cando chovía, as avenidas eran previsibles, o río comenzaba a subir pouco a poco, hoxe en minutos ven a avalancha, non hai dereito a estas falcatrudas.

Algunhas aperturas de encoros son de "xuzgado de Garda" e totalmente armas de matar, e os donos dos encoros sábeno dende fai tempo... Lembro xa fai anos no río Avia que unha enchenta deixou o que escribe aislado nunha illa. Estaba a pescar un cachón en San Cristobo e o encoro de Albarellos abriu as comportas. Resultado:  salín a nado...e si non sei nadar e me poño nervioso?... O encoro de Albarellos, de Fenosa, leva dado moitos xustos e estragado moitas fincas, así, sin avisar...

Fai tempo que os donos dos encoros non fan o que deben, no avisan da morte...non avisan de nada, fan o que queren...

Dicen que os encoros controlan as enchentas pero eu teño as miñas dúbidas en canto ó control total. É certo que se poden minimizar,  ó principio,  pero si a enchenta é grande chovendo moito o longo dos tempos,  os encoros logo enchen e despois é peor o remedio que a enfermade. Ver si non as enchentas do ano 2000-2001 no que peligrou unha parte de Ourense e ver o que pode pasar este ano 2014. De momento xa estamos en alerta e a cousa está empezando. Decía hoxe, 09/02/2014 ó responsable de augas da Xunta de Galicia que ó abrir o encoro sae a misma auga que entra. Este home fainos tontos os galegos. Esta é unha falsedade trivial de recoñecer... Ó abrir calquera encoro cheo,  a auga que sae no primeiro momento non ten nada que ver coa auga que entra,  é moitísimo maior, dependendo do encoro son miles de m3 a maiores,  logo cando se estabiliza si que é así. Calquera día, con estos axiomas falsos,  o abrir os encoros teremos unha desgracia nos primeiros momentos. Desexo equivocarme.

 

Esta subida de 1959 seguro que non foi unha subida de minutos, nese ano non había encoros. Hoxe pode ocurrir e pode provocar desgracias.

 

Curiosamente o marxen do comentario anterior, hoxe 20 de marzo de 2014 hai unha noticia na prensa que ten que ver co anterior. Concretamente La Región fala de que "Gas Natural-Fenosa" vai instalar alarmas. Farei un seguimento.

De tódolos xeitos é incrible que os máximos responsables das aperturas de encoros de calquera xeito e mirando sempre o bolsillo sexan despois de cincuenta anos os que falan destas alarmas e ademais inda por riba vamos a pagar e terlle pleitesía polo ben que o están a facer. E digo pagar xa que vai colaborar "todo Dios" ademais de Fenosa...

Ver a noticia Concellos, Xunta, Confederación e Fenosa van a coordinar e por suposto pagar este plan de emerxencias.

 

 

Bueno algo é algo...polo menos o recoñecemento de que están a pasar auténticas "cheas" e non só debidas as enchentas?.

De tódolos xeitos veremos como remata esto.

No ano 2015 inda non se fixo nada... Ver o texto da Región.

Este ano 2016 puxéronse alarmas en Castrelo e Frieira, seica alcanzan 1 km. (Ver este link)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Calculando a subida do Miño

en Ourense; na Ponte Vella.

 

Enchenta 1979, moi similar á de 2001.

En Tui o Miño subiu ata 10.5 m.

Enchenta 2001. En Ourense máis de 7m.

Nota previa: é evidente que si queremos saber exactamente cantos metros leva a maiores o río Miño en Ourense basta consultar este link, que da os niveis exactos.

O que sigue é unha curiosidade, por suposto non exacta, que pode permitir ter unha idea a simple vista...

A todos os ourensáns gústanos ver, dende a Ponte Vella,  como vai o río Miño, sobre todo cando hai enchentas. Dar unha volta pola ponte e veredes como se para a xente e como mira e seguramente calcula ou compara con outras cheas.

Vaixando xustamente a segunda fotografía, onde está o paseo á beira do río Miño, e precisamente nesta pila da ponte están unhas reglas medidoras do caudal. Ata 5 m. de altura se pode medir, sempre sobre a posición normal do río. O problema é que cando o río Miño se desborda non se pode baixar e ver estas reglas..

Fotografía dos medidores de nivel. Día 26/02/2016a auga estaba sobre 2 m.

Ese mismo día eran 24 pedras que equivalía a 2 metros sobre o nivel normal.

Visión de conxunto. O mismo día 26/02/2016

 

Como se pode medir, nese caso,  dende a Ponte Vella, utilizando o método empírico do "ollo", cantos metros de máis leva o río.?. Simplemente desta forma curiosa:

 

Bastaría situarse onde pon "Mirar dende aquí", terraziña que está na parte esquerda do arco central, dirixir a vista a cortamar do arco central da dereita do río, estou falando tal como está a fotografía, e contar as pedras de cantería de arriba abaixo, que por certo na fotografía anterior dan o máximo 26 pedras dun espesor aproximado de 0,44 m. ata un total de 11,50 m. Estou falando de contar pedras de cantería, por certo moi ben feitas e xusto na proa dese pequeno barco que se chama "cortamar". Por certo podedes facer de capitán de barco dende a terraziña da cortamar; ¡ollo os mareos!, a sensación é ¡total!...

 

Esta é a vista da cortamar:

Bastaría contar de arriba abaixo, ou sexa ata a corrente da auga, cantas pedras hai.

Eu fago as seguintes apreciacións, simplemente observando e contando todo "a ollo":

Nº máximo de pedras, dende a base, 26. Total metros 11,50 m.

 

Nº de pedras Metros de subida Signos externos a comprobar.

24

2 m.

Auga a 2 metros por debaixo do paseo fluvial.

15

5 m.

Auga pola barandilla do paseo

<10

>7 m.

Auga pola Nacional 120.

Xa sabedes que < é menor, e > é maior.

Nesta fotografía vexe mellor.

Ver este exemplo.

O sistema pode mellorarse, xa que algún pode estar pensando que as pedras teñen a misma dimensión e bastaría saber cantas hai en total e simplemente restar as que se conten; logo multiplicar. Bueno... deixamolo para outro  día...

16 pedras casi 5 metros, auga chegando a cima das pedras do paseo (hoxe non hai pedras, hai barandilla). Fotografía de Secundino Lorenzo. Decembro 2000.

8 ou 9 pedras. A auga pasou a N-120. Decembro Ano  2000. Fotografía de noite.

A auga non chega ó paseo e moito menos a N-120.  Sobre 24 pedras.

Nesta fotografía de José Paz vedes a enchenta de febreiro de 2016 e como cubría xusto ata a barandilla do paseo.

Pois ben,  no Cortamar serían 15 pedras a contar. Esto representa 5 m. por riba do normal,  nesta caso indan quedan casi 3 metros para chegar a N-120. Pero esos 3 m. son 2m a altura do "Centro Comercial".

Un consello para Protección Civil de Ourense e os donos do Centro Comercial, non entendo como eses días non pecharon os garaxes dese centro. Si a auga chega a N-120, inunda todas as plantas dos garaxes dos centro comercial...Xa pasou no 2000.

Pode ser unha desgracia total e lamentable. ¿Quenes serán os responsables?...Eu teño claro...

Si non ó digo non quedo a gusto.

¡Pasará!. Este centro está construido en terreno inundable. Así se fan algunhas cousas neste país... Mirando máis o bolsillo que a xente...

Ano 2000. As pedras non chegaban a 10. A auga chegou a N-120.

Nivel de alerta total.

Fotografía de Secundino Lorenzo.

Fotografía de decembro de 2000 que foi cando a enchenta pasou 60 cms. máis da N-120, inundando os garaxes do centro comercial (Teño fotografías).

Os técnicos de Medio Ambiente ou de Augas falaban de que o río Miño podería subir 4,5 m. máis desta estrada. De feito aquela noite estaba previsto que a auga podería chegar os pes da estatua de Concepción Arenal. Houbo sorte xa que soio abriron o encoro de Belesar e o encoro San Estebo aguantárono, casi a tope, creo estaba o 95%; si abriran San Estebo chegaría ó  dito. Esto que estou a escribir teño probas de que foi certo  e considero que é moi serio.

A fotografía é de Secundino Lorenzo.

 

Volver a enchentas