Na fotografía dos Peares xa se
ve a nova ponte, a Ponte Feijóo que permite conectar a Nacional 120 coa
estación dos Peares e así non ter que dar a volta,
os seus habitantes, eran cinco kms. por malas estradas,
nada menos que para finalmente pasar pola presa dos Peares,
e coller a N-120.

Outra fotografía do río Miño xa
coa nova Ponte Feijóo e neste caso pasando a
Ponte de ferro dos Peares un
mercancías cargado de madeira. Esta ponte de ferro está
feita dende antes do ano 1880; penso que por maio de
1875 pudo quedar rematada, dicen que estaba proxectada
seguindo a escola do inxeneiro Eiffel, pero hai dúbidas. Estas dúas pontes son as que
están no río Miño e polo tanto no meu traballo.
A ponte ten sobre 150 m.,
104 son de ferro, e
dispón dun pequeno paso de peóns a dereita da
fotografía, un espacio dun metro máis ou menos. Pintouse
de azul fai uns anos xa que o principio pintárona de
negro. Os piares son de pedra. O vano central ten 50 m.
Atrévome a dicir
que esta Ponte de Ferro dos Peares xunto ca Ponte
internacional de Tui son as dúas pontes máis importante
que se fixeron no río Miño entre os séculos XIX, XX, e
XXI.
Está Ponte tuvo a
importancia incrible e única, xa que permitiu, vía
ferrocarril, chegar dende Galicia a Meseta no século XIX;
e a ponte internacional de Tui unir Galicia e Portugal,
tamén no século XIX por ferrocarril.

Fotografía sacada dende a nova
ponte, a Ponte de Feijóo. Enfrente o río Sil, coa ponte do Sil da que
falaba o vello do ornear do burro...,, este día un pouco apagado xa
que o encoro dos Peares no río Miño estaba turbinando a
tope. Tanto o Miño como o Sil teñen encoros a 1,6
km. aproximadamente deste lugar.
Esta fotografía
está sacada dende os Peares pero en terreno da Peroxa.

Nesta fotografía do río Miño nos
Peares hai no mismo centro a desembocadura dun
terceiro río o río Búbal (ver onde se separan as árbores,
onde tamén se ve un pouco dunha ponte (que cruza o río
Búbal) e un muíño marabilloso que hai no lugar, a
Acea do Búbal). Pois ben, a dereita da fotografía as
casas son dos Peares pero o Concello xa é Carballedo
e a Provincia é Lugo.
A foto está sacada
dende os Peares pero en Lugo, no terreno de Ferreira de
Pantón.

Fotografía do ano 2002, na que se
ven perfectamente os tres ríos, o río Búbal en primeiro
término, que vai o río Miño. Enfrente a esquerda o río
Sil. Fotografía tamén do autor da web.
Fotografía sacada
dende os Peares pero en terrenos de Lugo, no concello de
Carballedo.
Conozco moi ben ao
río Miño, dende o nacemento en Meira ata a desembocadura
entre Caminha e A Guarda, son 307,5 kms. marabillosos,
si tuvera que quedarme con tres lugares de esos kms.
diría: o nacemento no Pedregal de Irimia, Os Peares, e a
desembocadura. Disfrutai polo tanto de Os Peares e outro
día, visitades nesta misma páxina web os outros dous.

Nesta fotografía pode entenderse por
qué o río Miño se considera o río Principal, tendo en conta
o "principio de perceptoloxía" aplicada neste casos os
ángulos na confluencia dos dous ríos. Podedes ver a
explicación no apartado de Caixón de Sastre
desta misma páxina web.

Río Miño. A liña de ferrocaril une
Vigo con Ourense e Monforte de Lemos. As casas de arriba a esquerda
pertenecen a Carballedo (Lugo). As de abaixo a
esquerda a Peroxa (Ourense). As da dereita a Ferreira de
Pantón (Lugo). O tellado do centro a Nogueira de Ramuín (Ourense).

Por si non queda
claro ó dos catro concellos, no dibuxo tendes unha liña
discontinua que marca na parte de arriba Lugo e na de
abaixo Ourense. En Lugo tendes de dereita a esquerda os
concellos de Ferreira de Pantón e Carballedo. En Ourense
o de Nogueira de Ramuín e A Peroxa.

Neste fotografía,
inda non estaba feita a Ponte de Feijóo, vese a
Ponte de Ferro e a dereita o paso de peóns.

A ponte
de Feijóo veu a resolver entre outros o poder pasar
a outra parte e viceversa por ese paso tan estreito
e para moitos non moi doado. Nesta fotografía de
xaneiro de 2022 vese mellor o paso de peóns a
dereita da ponte, e tamén xa está feita a Ponte
Feijóo.

Esta Ponte foi feita
na década 1880-1890. A estación dos Peares foi inaugurada no ano 1884
e a proba de pesos da Ponte de Ferro foi feita en 1888. Casi nada.
Observar como a ponte, toda feita de ferro menos os piares,
aproiase nos estribos de pedra e no centro en dous piares de
pedra e leva como dúas patas de apoio, incrible. Foto de
xaneiro de 2022, era a mediodía e saiu a sombra da ponte.
É curioso que a proba
de pesos que se fixo o 18 de setembro de 1888 consistiu en
poñer por riba da ponte: 4 cilindros de carretera, 2 carros
cheos de pedras e 24 parellas de bois, en total 40
toneladas, e probaron que non se moverá pa baixo máis de
medio cm.

Nesta fotografía,
sacada dende a Ponte Feijóo en xaneiro de 2022, vese esos
apoios nos estribos laterais, o da dereita vese moi ben, e
tamén os apoios nos piares que por certo están no río. Toda
unha obra de inxenería, ollo no ano 1888. Como farían?. O
vano central que se ve ten 50 m. Creo que máis abaixo
podedes leer os problemas que tuveron...

Aquí vese mellor o apoio
nos piares. Incrible.

Outra vista dos Peares e
a Ponte de Ferro. Río Miño.

Río Miño. Outra bonita
vista, neste caso dende os Peares, en terreno de Ourense,
concello de Nogueira de Ramuín.

Río Sil
entrando no río Miño. A
estrada da esquerda leva a Santo Esteban de Ribas do Sil, o
Ferrocarril subindo o río Sil a Monforte de Lemos. A
fotografía está sacada dende a estrada que leva a Pombeiro.
Por certo que Pombeiro ten unha igrexa marabillosa, unha
auténtica xoia do románico, cunhas pinturas únicas...
No medio hai unha ponte, máis baixa,
da antigua estrada de Ourense a Monforte. A ponte grande é
da actual N-120.
O río Sil marca nos Peares a "Ribeira
Sacra do Sil Ourensán" ou a "Ribeira sacra do Sil lucense"
según pola beira que subamos. Calquera das dúas son
auténticas xoias paisaxística e do románico. Un canón único

Fotografía do río Miño, poucos metros
por debaixo do encoro dos Peares. A partires deste punto
está a "Ribeira Sacra do río Miño" cunha paisaxe incrible e
un románico para ver e disfrutar. O Canón do río Miño é unha
marabilla. Nesta vese a Ponte Feijóo.

Fotografía dende o pequeno mirador que
hai subindo pola estrada á Peroxa, a fotografía é distinta
as anteriores e permite ver o río Sil e ao comenzo do canón
do mismo nome de frente, e o río Miño a esquerda
e casi ver o encoro dos Peares, así como o comenzo do canón
do río Mino.
Tamén as casas correspondentes os
catro concellos.
Aquí estamos nos Peares
pero o terreno pertence A Peroxa, concello de Ourense.

Outra fotografía da
situación da ponte e que combina coa anterior. Enfrente o
río Sil, e a esquerda ven o río Miño. Fotografía de xaneiro
de 2022.
Poño algúns datos sobre
a súa construcción:

..."Dibujo del puente sobre el Miño.
La vista es mirando aguas abajo. Aparece sobre él el
castillete, y junto a la pila izquierda, un caballete.
Este y otros dibujos del viaducto y sus piezas y
mecanismos para el lanzado están en la Revista de Obras
Públicas nº 3 de 1875"...
Sobre a súa
construcción
fala este artigo que atopei en internet e que firma Julio
Reboredo. Seica tuveron moitos problemas para
colocar a parte metálica central, por eso no dibuxo aparecen
os andamios.
Poño a copia do texto
no que fala na Ponte de Ferro dos Peares, estamos falando de
decembro de 1874:
... "Así era. Y todo ello lo encontramos en la
Revista de Obras Públicas nº 3 de 1875, entre sus páginas 29
y 34, en la que he podido leer y copiar sus imágenes gracias
al buen hacer de mi amigo –y funcionario de ADIF– Fernando
Rodríguez Rodríguez. El artículo que se publica en la
revista tiene fecha de 25 de noviembre de 1874, va firmado
por Joaquín López de Letona y tiene por título “El puente
sobre el Miño en el ferro-carril de Galicia”. El ingeniero
describe con todo lujo de detalles los pormenores técnicos
de la operación, cuyos preparativos terminaron el día 9 de
octubre. A la mañana siguiente comenzó a lanzarse el puente
o, lo que es lo mismo, a correrse sobre rodillos desde la
margen derecha del río (izquierda de la foto, derecha del
dibujo). Se inició el lanzamiento de dos tramos del puente
previamente unidos (de 42 y 22 m), a los que se cosería al
día siguiente el tercero (de 38 m); así, sumando la parte
visible del viaducto a los trozos empotrados, resultaban 104
metros de estructura de hierro, con un peso de 2 toneladas
por metro lineal, es decir, unas 200 Tm o, lo que es lo
mismo, 200.000 Kg. ¿Y cómo se empujaba tamaña mole? Pues con
la fuerza de 16 hombres aplicada en cuatro tornos que,
unidos a polipastos, constituyeron las máquinas que echaron
a andar aquella montaña de hierro. Una vez el corrimiento
alcanzó al día siguiente la primera pila, se detuvo la
operación entre tanto cosían el tercer tramo a los dos que
ya estaban unidos y se construía un caballete pegado a la
pila izquierda (siempre según la marcha del río y el dibujo;
en la foto es al contrario), en evitación de que la
estructura, al estar lanzada y colgada en la mayor extensión
del gran vano central, pudiera apoyarse en el caballete
antes de alcanzar la pila para que no flectase demasiado. El
cálculo fue que la cabeza del puente, antes de apoyarse en
la segunda pila, tuviese una flecha máxima de 21 cm. El
tiempo vino a estropear la buena marcha de las operaciones,
porque se echó la lluvia y los operarios ni siquiera iban a
trabajar, llegándose al 2 de noviembre sin que se hubiese
avanzado en el lanzamiento; a partir de ahí, y salvo
pequeños percances sin mayor trascendencia, continuaron
corriendo el puente. Pero el día 3, cuando la cabeza estaba
a 5 metros de la segunda pila, un rodillo lateral se rompió
y, al poco tiempo, lo hizo el del otro lado. Es por este
accidente, al que ya hemos visto que se alude en la prensa y
que realmente lo hubo, por lo que decidieron afirmar la
cabeza del puente con un castillete en evitación de
oscilaciones; pero las obras no pudieron continuarse hasta
que el tal castillete estuvo concluido, y eso acaeció en la
tarde del día 14 de noviembre. En vista del fallo de los
rodillos, se procedió a la sustitución de muchas otras
piezas, de manera que el día 15, tras media jornada de
faena, el puente estaba en su posición definitiva para
bajarlo de los rodillos y apearlo en los estribos,
operaciones estas que se hicieron sin problemas y en muy
corto período de tiempo. La prórroga dada hasta el 30 de
junio de 1874 a la Compañía iba sobrepasada en cinco meses,
pero la opción de Manuel Vázquez de Parga, IV conde de
Pallares, ya no era en ese momento la de deshacerse de la
empresa, sino la de apremiarla para que acabase, por lo poco
que quedaba para llegar a Lugo (aunque mucho para alcanzar
Brañuelas, a donde no se llegaría en tren hasta 1883). De
forma pesimista y dramática se expresaba en su página 2 El
Ejemplo del 22 de diciembre de aquel año setenta y cuatro
que ya acababa: «Obras como la del puente sobre el Miño que
parecían una realidad, se han inutilizado». En efecto, el
puente se había corrido, pero por aquellas fechas todavía no
estaba rematado. Ya el 4 de marzo de 1875, en la página 2,
el pesimista periódico coruñés recogía en su “Servicio
telegráfico particular” que «Se anuncian disposiciones de la
dirección de Obras públicas para abrir dentro de dos meses á
la explotación la vía-férrea de Coruña a Lugo». Por eso al
día siguiente, en igual página, decía que no iba a ser
posible, a pesar de lo fácil que pudiera parecer: «falta
balasto en la estension apróximada de 80 kilómetros,
igualmente railes para 20 ó 30 y el puente sobre el Miño
esta todavía sin asegurar». ..."
Os datos da ponte
figuran na Revista de Inxenería de obras Públicas, dos
Inxeneiros de Camiños, nº 3 de 1875. Tratarei de
conseguila. De momento no 2022 está migrando contidos.
A Ponte Feijóo

Coordenadas da Ponte Feijóo 42.451571
, -7.733435

Dende o mismo mirador vese o río Miño e
a nova ponte: "Ponte Feijóo".
Leva o nome de
Ponte Feijóo, así lle dice a xente dos Peares, xa que a súa
construción debeuse ao Presidente da Xunta de Galicia,
Alberto Núñez Feijóo, que era quen gobernaba cando
se deu a orden de facela, no 2016, outro motivo foi a súa vital
necesidade, pero ademais a súa familia é dos Peares, e fora unha promesa...Foi
de vital necesidade para Os Peares,
xa que para ir o barrio da Estación dos Peares ou o outro
barrio como o do río Búbal, facía falta dar a
volta a Presa dos Peares. E viceversa para pasar
destos barrios e ir o outro lado que tamén é Os Peares, ou
si se quere ir a Ourense ou Lugo pola N-120
había que andar cinco kms. por malas e peligrosas
estradas, sobre todo no inverno, e dando unha volta
que non tiña sentido. Inda por riba queda un quinto
argumento, aquí comenza a Ribeira Sacra do Miño e do Sil; eu
comenzo sempre as excursións, da Ribeira Sacra do río Sil nun muíño sensacional,
o Míño da Acea, que hai
na desembocadura do río Búbal, pois ben, esta ponte é básica
si se quere facer así.

Nesta foto que poño
repetida vese a Ponte Feijóo a 150 m. da Ponte de Ferro.
Na fotografía, ao
fondo, vese
a Ponte Feijóo. Pola
marxen dereita do río Miño, baixe ata a desembocadura do
río Búbal a 50 m. da Ponte de Ferro, río arriba.

Muíño
da Acea do Búbal. Xa no río Búbal na misma
desembocadura no Miño. Aquí comenzo eu a
miñas visitas con amigos a Ribeira Sacra.

Presa que
torna a auga para o muíño e para crear
electricidade en tempos... Está a 100 m. río
arriba do muíño.
Nese lugar hai un
muíño, que foi en tempos o que daba a luz eléctrica a
zona. Merece a pena velo. Ver as fotografías anteriores
sacadas en xaneiro de 2022. Por certo estaba o muíño
aberto xa que actualmente é restaurante.

Fotografía da ponte
sacada do Google Earth.
A ponte ten 193.60
m
de larga e 5.05 m. de ancha, ten cinco vanos todos asentados en
piares de cemento armado.
Esta ponte foi posta
en servicio o 20 de setembro do ano 2016, e foi unha
promesa que fixo o Presidente da Xunta, Alberto Núñez
Feijóo, naquel momento, os seus paisanos
nada menos que no ano 2005. Enhoraboa: promesa cumplida...

A ponte permite perfectamente pasar a xente e os automóviles.
Son 5.05 m. de ancha, que
permite pasar os peóns, ciclistas e tráfico en xeral.
Fotografía de xaneiro de 2022.

Nesta fotografía
sacada do Proxecto da ponte que fixo a empresa Temha
S.L., a empresa que fixo a ponte foi Atlántica, vese o vano central,
que seica ten 64
m., e que está asentado sobre piares de
cemento armado, logo ten por riba a estructura metálica
que se ve, en forma de V.

Fotografía da ponte
dende a parte de arriba, foto sacada en xaneiro de 2022,
nun día de xiada que daba medo.
Ver todos os detalles do
proxecto da ponte. Temha.S.L.
Moi interesante os
detalles, xa que se demostra o que supuso facer así en V
o vano principal con pezas de pouco máis de 30 m. e o
mismo tempo que quedara ben a ponte no entorno
marabilloso dos Peares. Conseguírono...

Outra fotografía
sacada do Proxecto de Temha S.L., vese a ponte xa rematada
no luscofusco.
Por certo
descoñecía que esta ponte se fixo onde estaban
antiguamente as barcas do Coitelo, que eran as que
permitían pasar dun lado a outro nos Peares.
.jpg)
Nesta zona estaban as
barcas dos Peares. No Coitelo. Fotografía que
puxen no meu traballo sobre o libro "Un verán en
Galicia" que escribiu a inglesa Catherine Gasquoine
en 1911 cando pasou uns días pescando neste lugar co seu
marido.
Ver
o meu texto neste link. Descoñezo ao autor desta
sensacional fotografía.
Por certo a fotografía
que puso C. Gasquoine no seu libro era esta:

Fotografía de Catherine Gasquoine. 1911. Os Peares. A zona do Coitelo onde se
fixo a ponte no 2016. Fotografía sacada do libro
"Un verán en Galicia", editado en galego por
Galaxia, unha xoia...Ver a bibliografía desta páxina
web. Observar que xa estaba feita a ponte do
ferrocarril e tamén a ponte para cruzar por estrada o
río Sil, este -ultimo é do século XIX e por el pasaba a
antigua estrada de Ourense a Monforte C-546..

A carón da
ponte tamén se fixo unha senda peatonal de 300 m. que une a
Ponte e os barrios da vila pola marxen esquerda do río. A
senda vese na fotografía, e neste punto pode seguirse
pola parte esquerda ata a ponte ou baixar seguindo o
río, quizás sería interesante seguir a senda río abaixo
uns metros, o río nesa parte ten un coiñal marabilloso.

Este é o coiñal, sería
prolongar pola parte esquerda a senda que fixeron e
rematar cunha pequena área recreativa, é unha idea. A
zona é única.

Dende a Ponte Feijóo
vese esta vista río arriba, a dereita desemboca o río Sil. O
lugar é espectacular e inda por riba aquí comenza a Ribeira
Sacra do Sil e indo río arriba a 1,5 km. a ribeira Sacra do
Miño, por eso eu falo de que nos Peares empeza a Ribeira
Sacra, da que estamos pedindo en decembro de 2021 que sexa
Patrimonio da humanidade.
Que menos...
A Ponte da Presa dos
Peares.

Aquí pode verse a Ponte da
Presa dos Peares.
Coordenadas 42.465233 , -7 723776

Ponte da Presa dos
Peares, ata fai moi pouco era a única para pasar en
automovil dun barrio a outro do pueblo dos Peares. Unha
volta bastante grande. Fotografía de Google Earth.

Presa do Peares na enchenta
do 2000.
A alternativa que
tiñan nos barrios da estación e o barrio do río Bubal nos Peares
era achegarse ata presa dos Peares que se ve na
fotografía anterior e logo unha vez pasada facer inda
uns kms. para chegar a N-120, kms. que estaban de pena
xa que a estrada está moi abandonada. Total cinco kms.
que aforraron.
A presa pode ser
considerada como unha ponte máis do río Miño.
Digamos a
Ponte da Presa dos Peares.
Volver
á río Miño
Volver
a río Miño
Volver a pontes do río Miño