Cevide en Portugal. Marco nº 1
fronteira.
Lugar máis setentrional de Portugal.

O
río Miño a partir de Frieira fai fronteira dende a
mitade do río entre España a dereita e Portugal a
esquerda río Abaixo. Son ata a desembocadura 75,5
km.
Neste punto, como se
ve no mapa remata a "raia húmida" e comenza a
"raia seca", de feito o río Troncoso ou río Barxas
fai fronteira seca entre España e Portugal como marco no
Tratado de Lisboa do ano 1864, no seu artigo 2
onde dice.
...Art. 2º Desde la confluencia del ´río Miño con
el Barjas o Troncoso , la linea internacional subirá por
el curso de este último río hasta Porto de los
Cabaleiros, y continuará desde aquí por la Sierra de
Leboreiro, pasando sucesivamente por los altos de Gundín
y de Laboreiro y por el marco de las Rozadas y Portela
del Palo...."
Texto sacado del libro "Miño: ¡Existiu unha
fronteira" de Luis Manuel García Mañá,
Galaxia 1993.

Marco nº 1 da fronteira seca España-Portugal, neste caso
o marco situado en España.

Marco nº 1 da fronteira seca
España-Portugal, neste caso o marco situado en Portugal,
concretamente na ruta que hai no pueblo de Cevide en
Portugal.
Este lugar é o máis setentrional de
Portugal.
Na zona
fixeron unha ruta que nos leva a este último marco e
polo río Troncoso, merece a pena facela.
Ver a ruta en wikiloc.
Ver este video de youtube coa ruta.

A zona foi en tempos moi visitada
polo que escribe xa que era o meu lugar de pesca a
principio de temporada, en Portugal abrian antes a
veda, neste río que tiña moita
troita. O río Barxa ou Troncoso. O Barxa soio ten
13,5 km. e desemboca no río Miño pola esquerda por
debaixo do encoro de Frieira. Curiosamente marca o
inicio da "raia húmida", como se pode ver no
dibuxo que poño a continuación.

Nesta fotografía
dibuxei o principio desa "raia húmida" ,
xusto onde desemboca o río Barxa ou Troncoso..