Este centro está
ubicado na illa ou ínsua Fillaboa II que pertence ao concello de
Salvaterra de Miño.
Poño co icono , que
indica que se
pode visitar dende fai anos, efectivamente; pero hai que decir
que para facer a visita hai que ver horarios da barca para
pasar a illa Fillaboa II, vou poñer o teléfono, 699090991.
Chamar a este tfno. e informarse, teño entendido que o centro
non está en funcionamento (finais de febreiro de 2022).
Tamén o icono
, xa que
o CTIA-RM está un pouco verde e espero se potencie este
ano. Houbo 1,1 millóns de euros para potenciar o tema da
navegación do río Miño e como a illa Fillaboa era a saida,
potenciar entre outras cousas o Centro tranfronteiro en todos os
aspectos. Había un plan a facer entre 2019 e 2021, teño
entendido que soi o funciona o barco, de mmomento. Ver o plan
neste artigo da Voz de Galicia de febreiro de 2019.
Dente esta páxina web dedicada ao
río Miño, o Pai Miño, pido moi serio que se lle bote unha man
ao concello de Salvaterra de Miño e se faga a pasarela de paso,
ou se instale o que se falou unha barcaza, como había
antiguamente para pasar a illa que
permita pasar a Illa, os seus sendeiros e o Centro Transfronteiro de
Interpretación Ambiental. ¡Qué menos!.
Situación no Google Earth. Illa
Fillaboa I e II. Vese que está por debaixo
de Salvatierra de Miño e MonÇao, na parte de Galicia.
Outra vista (O revés).
A zona de Salvaterra de Miño é espectacular e ten moitas
posibilidades, fálanme de rutas de máis de 30 km. entre o
río Miño e o río Tea. O Parque de Canuda, un trociño vese
tamén na fotografía, outra marabilla...
Coordenadas: 42.0790º , -8.5194º
Mapa coas Illas de Fillaboa.
As coordenadas son da ílla Fillaboa II onde está o CTIA-RM.
Fotografia da Fillaboa II
a cal se chega de momento con barca ou barco. Está prevista
unha pasarela xa que dentro está o Centro
Tranfronteirizo
de Interpretación Ambiental-río Miño, o chamado
abreviadamente CTIA-RM. De momento no 2022 soio vexo en
internet un video, unhas fotografías, e
a promesa de facer a pasarela, pero nada máis. Enterareime
do que pasa...
Sensacional fotografía que
aparece na
web de turismo de Salvaterra de Miño, descoñezo ao
autor. Nela vese ao río Miño,
ao fondo a esquerda Salvaterra de
Miño, e o seu sensacional parque de Canuda; máis
ao fondo a dereita Monçao; pola
esquerda tamén desemboca o río Tea. Vense perfectamente as
dúas illas Fillaboa I a esquerda,
e Fillaboa II que é a do centro da
fotografía.
En realidade son dúas Illas, chamadas Fillaboa I
de 8,31 Ha e 1.689 m. de perímetro e a Fillaboa II de 9,54 Ha. e
1.675 m de perímetro. As dúas son españolas.
Unha delas a Fillaboa II era privada, cousa rara no río Miño.
A Ínsua Fillaboa II ten 110.000 metros quadrados (a
primeira illa son 95.400 metros cuadrados), segundo o anúncio
público feito polo concello de Salvaterra de Miño, que a adquiriu a
privados, e que abriu ao público como centro de interpretación ambiental. Seica costou 300 mil euros,
xustificada a compra polo concello no 2010 polo obxectivo
de a “converter nun ben de carácter público”;
a illa, próxima do município português de Monção, era a única de propiedade
privada.
Este centro chámase Centro
Transfronteirizo de Información Ambiental río Miño, en
siglas, CTIA-RM , está nesta illa Fillaboa II.
Este é o CTIA-RM. da illa
Fillaboa II. Descoñezo ao fotógrafo. Fotografía sacada
da web de turismo do Concello de Salvaterra de Miño.
Outra imaxen da casa onde
está instalada a CTIA-RM da Illa Fillaboa II.
Outra fotografía onde se
ve o delta que forma o río Tea e parte das dúasillas de
Fillaboa, en particular a que ten o CTIA-EM. Tamén o ca
miño que chega dende o Parque da Canuda de Salvaterra.
Con pouca auga pásase perfectamente a illa. Tanto esta
fotografía como a anterior están sacadas dun video de
Vimeo sobre estas illas.
Hoxe este centro está
esperando para poder poñer unha pasarela de paso a illa Fillaboa II,
ao parecer a cousa non é doada polo tema económico, fálase dun
presupuesto que pasará dos 500.000 € e o concello non dispón deses
cartos. Tamén se fala de poñer a barcaza que tiñan
os donos da illa e que permitía pasar a misma en base a un cable
guía. Pode ser unha solución dende logo ben máis barata.
Sei, de moi boa tinta a
información, falei con Ernesto Groba por tfno. que pertence a
Corporación do Concello de Salvaterra de Miño, é o primeiro
tenente de alcalde, que na illa estos anos
atrás fixeron unha auténtica revolución sacando árboles como os
eucaliptos e metendo árbores autóctonos,
freixas, salgueiros. amieiros etc. Tamén
facendo sendeiros. Gastáronse muitos cartos. Dende esta
páxina web pido unha axuda para este
concello e para potenciar o río Miño como se debe.
Tamén me dixo que se podrá
acceder en barco a illa e visitar en breve o CTIA-RM.
Doulle as
gracias pola información a Ernesto Groba.
De momento soio podo poñer este video de 5:26 por
certo moi ben feito e onde se ven as posibilidades deste
proxecto.
O video presenta algunhas das posibilidades que
ten esta zona do río Miño, con grandes áreas protexidas, o tramo
internacional do río Miño, que son esos 75,5 km. que hai dende
Frieira, regato Troncoso, ata a desembocadura, ten unha botánica
espectacular de máis de 400 especies, unha fauna piscícola con
48 especies, unhas pesqueiras no río impresionantes e
con historia e moitas curiosidades como que nesta zona estén
catalogadas 37 tipos de libeliñas das 62 que están xa
catalogadas en Galicia. Unha marabilla. Precisamente o Centro
Tranfronteirizo de Información Ambiental do Río Miño, CTIA-RM, da illa Fillaboa
II é o que trata de resaltar. Sin
olvidarse do viño desta gran zona, os famosos albariños, entre
outros... Por certo moitas
destas cousas están nesta misma página web, tanto a fauna
piscícola como a parte botánica, como podedes ver no menú
principal...
Por certo tamén gústame o video
"Miño destino navegable".
No video vexe un barco que fai un recorrido dende
Salvaterra-Monçao ata Valença-Tui e seica está xa en
funcionamento (febreiro 2022). Chámase "Miño destino
navegable". Información no tfno. 699090991. Esta
parte do plan xa está en funcionamento.
Por certo estos barcos xa
están en funcionamente,
neste link desta misma web tendes unha explicación e onde
podedes sacar os billetes que son gratis.
Este é o barco.
Outra imaxen.
--o--
Para rematar vou engadir o meu mapa de Centros de
Interpretación do río Miño este de Salvaterra de Miño, que en
realidade xa leva casi dez anos creado.
No mapa-dibuxo
aparece o gran río Miño, o Pai Miño; en Portugal chámanlle río
Minho. No dibuxo está indicado o gran AquaMuseu do Minho, en
Vila Nova de Cerveira (Portugal), de momento o único museo que ten o noso río
traballando a tope, e tamén aparece o proxecto de facer outro
Centro de
Interpretación do Pai Miño en Ourense, concretamente no concello
de Toén, na parroquia de Puga.
Para mín unha gran idea que levo demandando a nivel da miña web,
dende fai anos. Estos días tamén comenzan as obras para facer o
Centro
de Interpretación do Alto Miño en Fonmiña, que xa estaba
presupuestado dende setembro de 2020 polo Concello de A Pastoriza
e a Confederación H. Miño-Sil. Tamén se fala no paquete de
Fonmiña de facer outro no Pedregal de Irimia, o Centro
de I. A. Pedregal, neste caso en Meira
Teño que
engadir o Centro Transfronteirizo de Información
Ambiental do río Miño, en siglas CTIA-RM, que xa
leva anos en Salvaterra de Miño e do que fala esta ficha.
Vamos camiño de ter cinco
C.I. do Miño. Xa era hora...
O que aparece no mapa-dibuxo
nos Peares e que chamo CIRMsoño sería outro
Centro de Interpretación do río Miño, o sexto, que ó
chamo "O soño" xa que sería eso...un soño que algún día se
fixera; chámolle así, xa que de momento é un centro soñado
polo que escribe, de feito situo que se faga polo ano 2050
cando, repito é un soño, xa que parto de que o río Miño esté ceibe ata os Peares,
dende a desembocadura...
¡Soñar nunca costou cartos!.
Poño este icono do arco iris xa que dicen que o que se soña
dende este arco cúmplese, e dende logo eu soñei, estaba na
misma cima, cun río Miño ceibe de todo ata os Peares,
sin encoros nin sorpresas, sendo realmente Pai Miño como era
a principios do século XX. Ese foi o meu soño, por eso falo
de que se cumplirá polo ano 2050. Xa sei...eu no estarei,
terei 105 anos...pero estará xente que se lembre deste soño...e
entón eu inda estarei vivo...