.

 

Afluentes  do río Miño:

Autor do traballo:  Secundino  Lorenzo.

A maior parte dos datos deste traballo están sacados dos libros "Os ríos galegos" de Francisco J. Río Barja e Francisco Rguez. Lestegás. Tamén do libro "Os ríos de Galiza" de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta. Outras cousas do libro "Os ríos de Lugo" editado polo diario El Progreso, en 1996. Por suposto, unha gran información do  "Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia" editado en 28 tomos por Xeogal,   e por último  dos meus datos e recorridos polos ríos de Galicia. Incorporo recentemente datos da web PEC  do río Miño/Minho que está a quedar moi ben.

Mosaico atopado en Lugo, seguramente representando ao río Miño.

Esta é a conca do río Miño que comprende o río Miño e todos os seus afluentes. A Área total é de 17.048 km2 dos que 16.239 km2 son de España e 809 km2 de Portugal. O Perímetro total é de 1.155 km. (Dibuxo sacado da páxina PEC río Miño).

O río Miño presenta 301 subconcas das que 271 son españolas, 29 portuguesas e unha compartida. A maior é a subconca do río Sil e dentro dela, como se ve no mapa, a subconca do río Bibei con 1.558 km2. O río Bibei é un afluente do río Sil, que a súa vez é afluente do río Miño.

Están contabilizadas 23.276 km. de liñas de auga na conca do río Miño. Casi nada...

 

Río Sil a esquerda e río Miño de frente. Fotografía Secundino Lorenzo.

O río Sil é o afluente máis importante do río Miño. De feito é famosa a frase "O río Miño (102 m3/s) leva a fama e o río Sil (184 m3/s)  dalle a auga".

Na fotografía vese o río Sil a esquerda desembocando no río Miñonos Peares. Por certo os Peares pertence a tres concellos distintos e dúas provincias Lugo e Ourense. A fotografía é do 2017.

O Sil é un afluente do Miño pola  marxe esquerda. Podería haber dúbidas, xa que o río Sil leva moita máis auga,  pero non hai ningunha; ver este link, desta misma web, onde se demostra que "o río Sil é afluente do río Miño".

O río Miño nace no Pedregal de Irimia, ver na fotografía ese pequeniño regato.

Fotografía Secundino Lorenzo. Ver un video da miña visita a esta marabilla.

Río Miño en Meira, a 4 km. do Pedregal de Irimia e a 2 km. de Fonmiña;  aquí o  río Miño xa vai moziño xa que recibiu pequenos regos como o Porto da Pena e o Xirómeno. Fotografía Secundino Lorenzo.

Os poucos kms. 6 km. concretamente, o río Miño incorpora as surxencias,  que nacen en Fonmiña, que ten 3500 m2. Moi pequenas surxencias, xa que o río xa leva nese lugar o doble do que recibe. Fotografía Secundino Lorenzo.

A partir de aquí falamos de afluentes xa, deixando aparte os pequenos regatos, salvo algúns que figuran xa que na súa canle presentan elementos   que hai que ver.

 

Esquema cos afluentes máis importantes do río Miño ou Minho en Portugal:

 

 

O esquema permite dúas opcións: unha primeira é escoller por pulsación por riba do afluente, e a segunda é  ir no texto río abaixo, primeiro cos afluentes da dereita e logo da esquerda, este sistema presenta mapas de ríos moi interesantes.

 

flecha.jpg (1051 bytes) Volver ao Río Miño

 

Un esquema copiado e ampliado dun gran traballo sobre o río Miño de Adela Leiro e Mon Laporta, un deles  dedicado o Río Miño con trozos de poesía de Manuel María, unha xoia, e outro xeral, onde teñen os datos máis importantes do noso Pai Miño. Aproveito para darlle as grazas no nome da natureza galega polo seu traballo de toda a vida. Os traballos están referenciados na bibliografía desta páxina web.

 

 

 

Afluentes do Miño pola marxe dereita:

 

 

Dibuxo sacado do libro "Os ríos galegos" de Fco. J. Rio Barja e Fco. Rguez Lestegais

 

 

 

Na provincia de Lugo: 

Madanela (ou Miñotelo). Tamén chamado Miñotelo (desde o nacemento ata a parroquia da Aguarda (San Martiño));  é un pequeno río que nace no monte Carracedo a 600 m. de altitude, na parroquia de Bretoña (Sta. María), concello lucense da Pastoriza; forma un pequeno val entre a Pena Doalló e o monte Cordás e desemboca no río Miño pola dereita na parroquia de Saldanxe (san Martiño),  despois dun recorrido duns 15 km..Bosque de ribeira típico e réximen global oceánico, ou sexa invernos con auga normal ou cheas e verán con secas.

 

Río Madanela. A fotografía está tomada do Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 14 páxina 314. Descoñezo o nome do autor da fotografía.

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

Rigueira (ou Úbeda). Tamén chamado Úbeda;  é outro pequeno río que baixa do Couto das Louseiras a 620 m. e bótase na chaira sen apenas afonda-la canle, logo  desemboca no río Miño pola dereita.  Ten pouco máis de 10 kms (como Úbeda). No seu curso, en realidade xuntase co río das Quintas e da lugar o río Rigueira (que son os derradeiros 4 km.); entre as parroquias de Regueira e Reigosa do concello lucense de la Pastoriza.  Cun desnivel de 40 m.

Bosque de ribeira típico e réximen global oceánico, ou sexa invernos con auga normal ou cheas e verán con secas.

 

Sei que esta fotografía é dun río da Pastoriza, pero sei tamén que alí hai moitos ríos, dez polo menos, entre eles o río Miño, e moitos regatos, ducias deles . A fotógrafa chámase Sandra e ela podería decir si é ou non o río Úbeda ou río Rigueira. A fotografía  é extraordinaria. Este é o meu email para confirmalo.

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

Pequeno. Nace no cordal de Neda a 700 m. de altitude, na parroquia de Lagoa (San Xoán), no concello lucense da Pastoriza, baña a freguesía de Regueira, onde vira o sur cara o concello de Castro de Rei polas freguesías de Pacios e Outeiro; aquí cambia e volve o concello de Cospeito. Descende encaixado ata a parroquia de Lago no concello da Pastoriza onde acada os 500 m. Ten como afluentes pola dereita os ríos  Póntiga e Fontadrao.  Vai o final en paralelo o río Miño, sobre 8 km. , no que desemboca, pola dereita,  na parroquia de Bazar despois de 19 Km. É curioso que non ten afluentes pola dereita ó que leva a teoría da existencias de bandas calizas paralelas ás de Fonmiña e que orixinan as distintas surxencias que afloran na chaira, como as de Outeiro, Bazar, etc.

Río Pequeno, en Muimenta, concello de Cospeito. Descoñezo o autor da fotografía que foi cortada polo que escribe, para retirar os políticos que inauguraron a ponte. Este é o meu email para recibir unha fotografía deste río mellor que esta. Sinto a morte de 150 troitas neste río. Un desastre máis...

 

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

Anllo. Desemboca no centro das Lamas de Xermar, no muíño de Toural, na parroquia de Triabá, Castro de Rei, Lugo,  despois dun curso de 42 km;  río  que nace na Pena Cadeira onde enlaza a Serra da Carba e as aliñacións da Serra do Xistral a 820 m. de altitude. Recibe moitos regatos que baixan do Xistral.

Pasa polos concellos de Abadín, onde recibe os nomes de Rego de Gontán e  río Abadín. Pasa tamén pola parroquia de Goás, xa no concello de Cospeito, onde recibe o nome definitivo  de río Anllo. Neste concello de Cospeito, divídese en dous ríos,  o río Guisande que vai ó río Támoga tras pasar pola Lagoa de Cospeito e o río Anllo que continua pola dereita, pasando  polas parroquia de Roás, Momán, Triabá (no concello de Castro de Rei), para volver entrar no concello de cospeito pola parroquia de Xermar.

O terreno que baña é prácticamente chan. As ribeiras alternan prados, cultivos agrícolas e as masas boscosas.

No inverno leva bastante auga pero no verán ten bastante seca. O clásico réximen pluvial oceánico.

 

Río Anllo. Fuente Ríos de Lugo. Xunta Galicia. Fot. Matias Rguez. Rguez.

 

Río Anllo, ponte moi preta de Abadín. Fotografía de C Guiral&Gronze.com

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

Támoga. Únese o río Miño pola marcen dereita a altura de Cima de Vila, despois de 25 kms. de recorrido. Está formado por tres brazos que proceden do monte Monseibán: o río Arnela, o de maior caudal e que nace a 870 m. de altitude, o Ribeira e o Laioso que confluen formando o río Santavalla. Forma un val moi fondo, entre a Pena da Auga e o Monseiván. Discurre moi preto da Lagoa de Cospeito, da que as augas drenan cara o Támoga. Os pueblos polos que pasa son Baña, Rioaveso, Feira do Monte, Sistallo, Vilapene, Pino, Xoibán, Támoga, Cima de Vila e Arcillá. Os afluentes, aparte dos xa citados son O Polaino e o Guisande pola dereita e o Mouro e Muíño pola esquerda. 

Río Támoga. Fuente Ríos de Lugo. Xunta Galicia. Fot. Matias Rguez. Rguez.

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

"...Lagoa de Cospeito. Situada ao pé da Feira do Monte, capital do concello de Cospeito. Está alimentada polo río Guisande e desagua no río Támoga. Foi a lagoa máis grande da Terra Chá.Ocupaba unha superficie de 57,5 ha. e foi desecada orredor de 1960 polo IRYDA e parcialmente recuperada a partir de 1981. Actualmente ten unhas cinco ha. É un punto importante de cría e de invernada de aves acuáticas (avefría, somorgullo pequeno, pita da auga, demo negro...)..." Texto copiado, así como a fotografía,  do libro Os rios de Galiza de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta.

Actualmente a  Lagoa de Cospeito ten un sendeiro que a rodea, varios observatorios e un centro de interpretación.

Actualmente, sobre 5 ha., pertence a Rede Natura 2000 e foi declarada pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia como Espacio Natural en Réximen de Protección Xeral. Aparte tamén se atopa englobada na Reserva da Biosfera Terras do Miño.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Ladra. Nace na Serra da Carba a 600 m. na Parroquia de Roupar, concello de Xermade.  Ten 50 km. de recorrido. Ata a desembocadura do río Madalena chámase río de Trimaz.  O río pasa polo Concello de Vilalba así como por  por Guitiriz e Begonte onde desemboca o río Parga. Desemboca no río Miño frente o Parque de Santa Isabel,  nun recorrido marabilloso que hai en Outeiro de Rei, con esteiros e muíños. Ten como afluentes os ríos  Madalena, Labrada, Ladroil e  Parga. A conca do río Ladra drena toda a zona occidental da Terra Chá. A maior parte pertence o Lugar de Importancia Comunitaria de Parga-Ladra-Támoga, composto por unha extensa rede fluvial, pequenas lagoas e terreos asolagados con fragas de ribeira e carballeiras. Leva bastante auga en inverno cun máximo en febreiro e un mínimo en agosto.

A subconca do río Ladra ten 887 km2 e quitando a subconca do río Sil é a maior do río Miño.

 

 

 

Río Ladra, afluente do río Miño por debaixo do Parque de Santa Isabel, en Outeiro de Rei. Na fotografía o Miño ven pola dereita e o Ladra de frente. Foto S. Lorenzo

Río Ladra en Begonte. A fotografía está tomada do Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 13 páxina 190. Descoñezo o nome do autor da fotografía.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

Narla. Recolle as augas dos montes  do Corno do Boi e do Cordal de Ousá,  a uns 700 metros de altitude, na parroquia de Xiá, concello de Friol, comarca de Lugo. Percorre 29 km. en terreos de Friol e Outeiro de Rei e desemboca no río Miño en Ombreiro.

Cruza as parroquias de Prado, Friol, Santalla de Devesa, Cotá e vilalvite, onde comenza a facer fronteira co concello de Outeiro de Rei, para despois tocar as parroquias de Vicinte, Baña e Parada, onde cambia de dirección para entrar no concello de Lugo pola parroquia de Ombreiro.

Ten como e afluentes pola esqueda o río Porto e o rego de Mourelle e pola dereita o río  Lodoso e o regueiro de Riazón. Suliñar que o tramo que abrangue desde a parroquia de Santalla de Devesa (Santalla) ata a desembocadura enmárcase no Lugar de Importancia Comunitaria de Parga-Ladra-Támoga.

Salva unha pendente de 400 metros. Na ribeira abondan os prados e as plantacións forestais. Ten un réximen pluvial oceánico como todos os ríos da comarca, caudal elevado no inverno e seca no verán.

 

 

 

Río Narla. Fotografía de Jose A. Gil Martínez.

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

Mera. Pouco antes da Ponte vella de Lugo desemboca este cativo río, despois de 15 km, onde salva un desnivel de 180 m.. Nace a 540 m. de altitude no Cordal de Chao, na parroquia de San Pedro de Mera, concello de Lugo  e desemboca no Miño por Orbazai.

Atravesa as terras de Sta. Eulalia de Bóveda, famosa polo templo prerrománico, San Pedro de Mera, Bacurín, Prógalo, Santalla de Bóveda e Vilachá de Mera,  entre San Xoán do Alto  e O Veral.

Nas beiras medra un bosque de ribeira interesante.

O réximen pluvial é o pluvial oceánico, cun período de seca no verán.

Ten unha ruta moi interesante. Ver en vikiloc.

 

 

Río Mera. Fotografía de Jadela Iglesias Barral. Vililoc

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

Dibuxo sacado do libro "Os ríos galegos" de Fco. J. Rio Barja e Fco. Rguez Lestegais

 

Ferreira. Nace en Sucastro na Serra de Careón (Augas Santas-Palas de Rei). Percorre terras dos concellos de Palas de Rei, Guntín e Portomarín. Ten máis ou menos 42 km. Ten como afluentes os ríos Irixe, Lagoa,  Lavadoiro e Samai. Desemboca no encoro de Belesar por Portomarín. Gran parte do seu curso vai encaixado. Os bosques de ribeira son os típicos de castaños e carballos, misturados con freixos e bidueiros. Hai tamén piñeiros de repoboación. O réximen tamén é o típico pluvial oceánico, con moita auga no inverno e secas no verán.

Río Ferreira no Concello de Guntín. A fotografía está tomada do Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 10 páxina 320. Descoñezo o nome do autor da fotografía.

 

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Zamoelle. Afluente do río Miño pola dereita. Nace a 610 m. de altitude nos montes da Vacaloura, na parroquia de Castro de Soengas (SanMartiño), concello de Portomarín, provincia de Lugo. Pasa polas freguesías de Narón (Santa María), Bagude (San Bartolomeu), Gonzar (Santa María), San Mamede de Belaz (San Mamede) e Portomarín (San Nicolao), no mesmo concello. Desauga no encoro de Belesar despois de recibir as augas do rego Cornada pola esquerda. É moi sinuoso e salva un desnivel de 260 m en  11 km. Atravesa zonas con bosques de ribeira típicos e o  caudal  correspóndese cos ríos da zona, normal alto no inverno e medio seco no verán.

 

Río Zamoelle no concello de  Portomarin. A fotografía está tomada do Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 28 páxina 275. Descoñezo o nome do  autor da fotografía.

 

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Enviande. Recolle as augas da Serra das Cabezas, no Concello de Chantada e nace na confluencia dos regos Lavandeira, Retorta e Mondín. Baña as parroquias de Ada, Esperante, Arcos, Pedrafita e o final desemboca no río Miño pola dereita, no encoro de Belesar. A súa parte final é unha fervenza continua, cun desnivel bastante grande. Nese lugar había viñedo antes de facer o encoro. Ver fotografías do final do río.

Fotografía da desembocadura, no encoro de Belesar, do río Enviande. A fotografía presenta a firma de Adrián Estévez.

Fotografía do río Enviande sacada por Grancalili. rutas wikiloc -fervenzas, sacada no ano 2018. Fixo a ruta dende a desembocadura a que chegou en Kayak.

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

Asma. Nace nas Penas Grandes da Serra do Faro a 860 m. de altitude, na parroquia de Sta. Cruz de Viana, concello de Chantada, provincia de Lugo; o principio recibe o nome  de Rego Bermún, corre por Chantada recibindo as aguas do seu afluente o río Comezo.  Esténdese polas parroquias de Mato, Brigos, San Xurxo de Asma e Chantada. Despois de 20,5 km. desemboca pola dereita no río Miño por debaixo do encoro de Belesar, na parroquia de Líncora. nunha canle que acada o 20% de pendente. A súa última parte é moi espectacular xa que descende 200 metros para chegar o río Miño. O réximen é o de todos, moita auga en inverno e medio seco no verán. Era un río famoso polas súas troitas...

Fotografía do río Asma. Fotografía sacada de internet. Autor Aitor García.

Parte da desembocadura do río Asma. 200 metros marabillosos e moi ben fotografiados por José  León. Teño que decir que collín de internet as duas fotografías do río Asma que para mín tiñan mellor calidade.

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Límite de Ourense con Lugo:

 

Búbal. Este río desemboca no río Miño nos Peares, casi a misma altura que o Río Sil, que o fai pola esquerda, un pouco máis abaixo. O río Bubal nace na serra Martiña, pasa por terras de Chantada, Carballedo e a Peroxa, facendo límite entre Lugo e Ourense; na parte final afonda unha impresionante canle antes de desembocar no río Miño, despois de 30 km,  nos Peares.

O río Búbal desemboca cincuenta metros arriba da ponte do tren Ourense-Monforte, na marxen dereita, nos Peares. Na fotografía, de Secundino Lorenzo, vese en primeiro lugar o río Bubal, logo o río Miño e enfrente, máis abaixo,  o río Sil.

O río Bubal nos Peares. Esta presa levaba a auga o muíño que hai na desembocadura, tamén producía luz eléctrica.

Praia fluvial, feita no mismo río, nos Peares, con diñeiro europeo, a 500 m. da desembocadura. Foto Secundino Lorenzo

O río Búbal  en Oleiros (Carballedo), nesta zona o río Búbal escava un canón entre penedos graníticos moi espectacular. Fotografía sacada do libro  Os ríos de Galiza de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta.

 

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Dibuxo sacado do libro "Os ríos galegos" de Fco. J. Rio Barja e Fco. Rguez Lestegais

 

 

Na provincia de Ourense:    

 

Barra este río nace aproximadamente a 500 m. de altitude na parroquia de Gueral (San Martiño), no Concello da Peroxa (Ourense). Atravesa as parroquias de Toubes (Santiago) e Vilarrubín (San Martiño), no Concello da Peroxa, e de Barra (Sta. María), no Concello de Coles. Fai de fronteira natural o seu paso pola parroquia de San Xes da Peroxa (San Xes) e desemboca na de Graíces (San Vicente). En 8 kms. de recorrido salva un desnivel duns 400 m., ou sexa vai moi encaixado e rodeado de bosques.  Deste río decir que na desembocadura moi preto de Barra de Miño pasei eu algúns anos na casa da miña madriña Lolita que tiña un muíño nesa zona. Decir, que eran os anos cincuenta, do século pasado, que subían as anguías a centos. Logo co encoro de Velle desapareceron. O río Barra hoxe desemboca nese encoro. Tamén ten unha minicentral.

 

Río Barra, polo concello de Coles. Fotografía copiada do Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia. Tamén o texto.

Río Barra, pola Peroxa. Descoñezo o autor da fotografía.

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

Porto afluente pola dereita do río Miño . Nace na parroquia de Beiro (Sta. Baia) e baña as de Vilar das Trés (Purísima Concepción), O Castro de Beiro (Sto. André) e Canedo (San Miguel) na que desauga, no concello, comarca e provincia  de Ourense. Ten soio 6,7 km. e segue unha dirección nordeste-suroeste. Parte dunha altitude de 430 m e desemboca a uns 90-100 m.  Seica unha gran masa arbórea rodea o percorrido, agás no derradeiro tramo, no que atravesa os lugares de Capela, Eirasvedras e Porto entre outros.

O réximen é pluvial oceánico , cunha profunda seca estival. Curiosamente nos últimos kms. había ata cinco muíños: Os Carides, O Xena, O Muxito e O Traila. Esto demostra que en tempos había moita xente que se dedicaba a molienda, polo tanto debía ser o caudal do río suficiente. O dos Carides é o único que se conserva.

Vicente Risco chamoulle a este río o río de Canedo ou da Fraga, decía que "baixaba dos montes de Beiro e desembocaba no Miño tres cuartas de legua máis abaixo de Ourense". Algúns paisanos chámanlle tamén río Fírbeda.

 

Muíño dos Carides, A Pallota, Canedo.  Río Porto. Fotografía de Jose A. López sacada del libro "Alrededores de Ourense" de Xosé Domínguez y José A. López.

Río Porto preto da desembocadura. Fot. Secundino Lorenzo

Río Porto preto da desembocadura. Fot. Secundino Lorenzo.

Desembocadura do río Porto no río Miño por debaixo do muíño da Veiga e as súas termas. Fot Secundino Lorenzo.

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

Barbantiño É un afluente do río Miño pola dereita, nace a 600 m. de altitude ó pé da Maxariza. Na súa primeira parte corre polas terras de  Vilamarín e Amoeiro. Recibe pola esquerda o río Formigueiro. Ten polo medio a Fervenza do Barbantiño, que se ve nas fotografías seguintes, un lugar digno de visitar e moi afectado por unha minicentral que xusto está por riba. Logo os poucos kms., en Sta. Cruz de Arrabaldo desemboca no río Miño, xa no encoro de Castrelo de Miño. En total son 24 km. que en tempos eran do mellor da provincia, xa que as troitas subían a desovar ata a fervenza citada, visto polo que escribe. Hoxe xa non suben e o río deixa moito que desexar. O bosque de ribeira que tiña nos kms. finais era único en Galicia, hoxe unha mágoa...

Río Barbantiño. Fotografía Secundino Lorenzo

 

 

Río Barbantiño. Fervenza do río Barbantiño. Espectacular.

Xaneiro de 1998.

Fotografía Secundino Lorenzo

Río Barbantiño.  1980.

Ruta fluvial de Punxín.

Fotografía Secundino Lorenzo

 

 

Río Barbantiño, muíños de Ponte Mandrás, ruta fluvial.

Zona de Amoeiro.

 Fotografía Secundino Lorenzo

 

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Fareixa É un regato moi cativo que ten o río Miño pola dereita. O río Fareixa desemboca en Xubín, Concello de Cenlle (Ourense)  no río Miño, concretamente no encoro de Castrelo de Miño. No verán queda practicamente sen auga. O regato é marabilloso pero está impresentable. Na fervenza do mismo nome ten uns muíños que están descuidados e a fervenza tamén se ve afectada por unha canteira que hai no lugar. Unha mágoa. O río ten moi poucos kms.

Unha pena de lugar, en tempos estaba cheo de muíños, hoxe é unha burla si nos imaxinamos como era cincuenta anos atrás.

 

Río Fareixa, fervenza a poucos metros da desembocadura no río Miño. Fot. Secundino Lorenzo

Río Fareixa coas primeiras augas que caen en outubro  de 2022. Da gusto velo...Fot. Miguel Menacho

 

Muíño no río Fareixa a poucos metros da desembocadura no río Miño. Fot. Miguel Menacho

Río Fareixa. Fotografía de José A. López Martinez. Libro "Ourense Natural" 1994.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

Avia O río Avia nace na serra do Suído, preto de Avión, concretamente en Fonte Avia, parroquia de Abelenda, provincia de Ourense. Desemboca no río Miño pola dereita preto de Ribadavia, no Couto do Frade.

Ten unha lonxitude de 37 km. e unha diferencia de cotas de 1000 m, e unha pendente de casi o 5%. Famoso xa que na parte baixa está chea de grandes viñedos da Denominación de Orixe do Ribeiro.

A conca do río Avia é, quitando o río Sil, a cuarta maior subconca do río Miño.

Os principais afluentes son pola dereita os regatos de Valdeiras, Doade, Ferreiro, Eirexe e Maquíans. E pola esquerda o Couso, Cardelle, Viñao (afluentes o río Lobeiros e Lovagueira) , Arenteiro (afluentes Pedriña, Mirela e Marañao)  e Varón.

A Porcentaxe de Concellos que compoñen a conca son : Avión 20%, Beariz 10% , Irixo 20%, Boborás 20% , Carballeda 10%, Leiro 10%, Carballiño 10%. e Ribadavia ? %. ( Esta é a ocupación da conca que comprende os Ríos Arenteiro, Avia e Viñao).

O Avia ten na súa cabeceira un encoro o de Albarellos que recolle as augas da cabeceira do río Avia e Cardelle entre outros.

O río Avia é un dos afluentes máis importantes do río Miño, despois do río Sil.

Dende Leiro ata Ribadavia predomina o cultivo de viñedos.

Non poño o gran estudio de caudais que aparece no traballo (As concas fluviais de Galicia  de Fco. Díaz e outros)  xa que hoxe o caudal ben marcado única e exclusivamente por Unión Fenosa Generación S.A. (hoxe Naturgy)  que é a dona do encoro e fai o que lle da a gana. Os interesados podédelo ver no libro citado, onde en febreiro era o mes de máximo caudal e en setembro o do mínimo, algo así como réximen pluvial  oceánico.     Evidentemente estos datos cambiaron algo nos últimos anos. O río Avia tiña un curso tortuoso, nos primeiros kms., ese curso foi ó que favoreceu a construción do encoro de Albarellos; que cambiou o río completamente. Unha loucura de caudais: lembro estar pescando en San Cristobal, preto de Ribadavia, un lugar marabilloso para a pesca da troita, e subir en poucos minutos o caudal casi 2 metros. Prometín  non volver xa que saín da Presa de San Cristobal a nado. Paseino mal...

 

Río Avia por debaixo da saída do encoro de Albarellos, en Pazos de Arenteiro, despois de recibir o río Viñao. Fotografía Secundino Lorenzo.

Xusto por riba desta ponte medieval, a Ponte da Cruz,  hoxe medio desfeita,  desemboca o río Arenteiro no Avia. Foto de  Secundino Lorenzo. maio de 2012. A auga que leva dalla os ríos  Arenteiro e o Viñao, ese día o río Avia tiñao durmindo Fenosa-Gas Natural. Unha vergoña.

 

 

Río Avia. Ponte de San Clodio, debaixo de Leiro. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

Río Avia por Biete. Fotografía Secundino Lorenzo

Río Avia na Veronza, xa en Ribadavia. Fotografía Secundino Lorenzo

 

 

Neste dibuxo vese o río Avia e o encoro de Albarellos, tamén o nacemente do río Avia

 

 

No libro Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia, no tomo II na páxina 275 dase unha marabillosa explicación sobre o río Avia, sobre as súas características  e sobre o clima da zona que leva a unha pluviosidade especial, co efecto Föhn, provocado polo abrigo exercido polas Serras da Dorsal Galega con respecto aos ventos húmidos do oeste.

Na zona hai moitas rutas que merece a pena facer como esta de  wikiloc ruta Rodeiro-Fonte Avia - Chozas do Suído. Tamén a ruta do Pozo dos fumes en Pazos de Arenteiro; ou a ruta  río Avia Ribadavia Leiro de wikiloc, entre outras.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Outeiro (Brull ou Barcia). Pequeno regato que nace nos montes do Pedroso e desemboca no río Miño por Francelos non moi lonxe de onde desemboca o río Cerves. Trátase dun regato con grandes desniveis nos últimos kms. Sobre todo dende o pueblo de Barcia.

Río Barcia,  por riba do  pueblo do mismo nome. Fotografía Secundino Lorenzo. Neste pozo aprendeo o que escribe a pescar troitas ó "tralleo"  da man do mestre Manuel Portela Oliveira. ¡Tempos aqueles!. Ano 1968.

 

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

Cerves. Nace no Faro e percorre terras de Melón salvando grandes desniveis. Un río cheo de fervenzas, as de Tourón, Melón e todas as de Penavaqueira. Desemboca pola dereita no río Miño enfrente a Arnoia xa no encoro de Frieira.

Nas fotografías as fervenzas de Melón e as de Penavaqueira.

Ten unha minicentral antes de entrar nas fervenzas de Penavaqueira, que estropeu moito o río.

Na parte baixa, en Prexigueiro ten unhas termas, Balneario de Prexigueiro, ou Baños de Cerves,  que están nun lugar marabilloso do bosque, a un km. da desembocadura no río Miño. Merece a pena facer unha visita ao complexo termal que hai no lugar. Dende ese lugar o río baixa con moita pendente a desembocar no río Miño. Sobre este balneario hai información nesta misma web sobre o río Miño, no apartado de Miño Termal.

 

 

Río Cerves. Fervenza de  Tourón.

Espectacular. Foto S. Lorenzo.

 

Río Cerves. Fervenzas de Melón. Foto Secundino Lorenzo

Fervenzas de Penavaqueira no río Cerves. Fotografía de Enrique Padrón.

Río Cerves onde o Balneario do Cerves ou Prexigueiro antigo, un km. antes da desembocadura. Fotografía de Secundino Lorenzo

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Dibuxo sacado do libro "Os ríos galegos" de Fco. J. Rio Barja e Fco. Rguez Lestegais

 

 

Na provincia de Pontevedra:   

 

Ribadil. Regato que nace no alto do Carqueixal, na Serra do Chan de Moreiras, na parroquia de Sta. María de Oroso, concello da Cañiza en Pontevedra,  a 560 m. . Discurre polas  freguesías do Couto, e polas da Ameixeira, Vilar e Crecente, Albeos e Ribeira. Despois de 14 km. desemboca no río Miño por Sta. María de Ribeira entre Frieira e Arbo.  Salva un desnivel grande, 550 m. Nos primeiros tramos vai entre montañas e presenta fortes pendentes. É de reximen pluvial típico, polo verán baixa moito, ademais utilízase moito para regar ó que fai que o caudal inda sexa máis pequeno.

Río Ribadil. Afluente do río Miño pola dereita. A fotografía está tomada do Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 22 páxina 101. Descoñezo o nome do autor da fotografía.

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

 

Deva. Nace no Teso do Deva, no Monte Faro,  a 800 m. de altitude. Vai de norte a sur, pasando pola Cañiza (Pontevedra) e logo salvando desniveis de 500 metros. Desemboca preto de Arbo no río Miño pola dereita.

Ten unha minicentral por debaixo da Ponte da autovia Rías Baixas. O río ten 21 km. Trátase dun río espectacular en canto ó bosque de Ribeira e cunha política bastante boa de conservación xa que a última parte está vedada e fai de auténtico viveiro de troitas. O río desemboca nunha parte do Miño que no ten encoros, e nótase ben...

 

Río Deva, preto de Arbo. Fotografía Secundino Lorenzo.

Río Deva, afluente do río Miño pola dereita; por debaixo da famosa ponte de Mourentán. Dende este lugar hai pouco máis de 1 km. á  desembocadura e o río está vedado para pescar troitas e outros peixes. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

Río Deva, afluente do río Miño pola dereita; por riba da afamada ponte de Mourentán.  Fotografía Secundino Lorenzo.

Outra fotografía do río Deva, xusto por debaixo da anterior. Fotografía Secundino Lorenzo, abril 2019.

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Termes. O río Termes nace no Chan de Rei a 860 m.  nos montes Paradanta , na parroquia de Cerdeira, concello das Neves, comarca do Condado, provincia de Pontevedra. Baixa o principio con unha pendente moi forte e desemboca no río Miño despois de 10 km.  Pasa polas freguesías de San Xosé de Ribarteme, Santiago de Ribarteme e San Cibrán de Ribarteme.  Ten como afluentes os regatos do Corvillón, do Porto e de Pielas, así como o regueiro de Porteliña. Dende a freguesía de San Xosé de Ribarteme ata a desembocadura forma parte do Lugar de Importancia comunitaria do Baixo Miño. A vexetación estaba formada por amieiros, salgueiros e freixos. O reximen é o típico, auga en inverno seca no verán.

No incendio das Neves do ano 2017, o río Termes quedou desfeito. Hoxe está a  recuperarse.

 

 

Río Termes. A fotografía está tomada do Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 25 páxina 221. Descoñezo o nome do autor da fotografía.

Hoxe o ríoTermes sufriu un incendio incrible. Esperemos que se recupere no futuro.

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Tea. O río Tea é o mais importante do Baixo Miño, pola cunca e polo caudal. Nace en dúas ramas unha na Serra do Faro de Avión a 940 m de altitude e outra no sur da Serra do Suído. Parte da parroquia de Graña, no concello de Covelo e rega as parroquias de Graña, Campo, Godóns, Maceira, Barcia de Mera e Casteláns. Logo penetra no concello de Mondariz no que baña Sabaxáns, Lougares, Mondariz, Riofrío e Vilar. Logo entra en Ponteareas. Aquí baña as aldeas  Fozara, Pias e Padróns. Aqui torce o sur e pasa por Ribadetea, Prado, Bugarín, Ponteareas, Angoares, Moreira e Negreira. Sigue por Salvaterra de Miño.

 Despois de 50 km desemboca no río Miño pola dereita en Salvatierra de Miño. Os seus afluentes mais importantes son os ríos  Uma, Chabriña, pola esquerda;   Borbén, Xinzo, Aboal, Alén e Caraño pola dereita. Tamén moitísimos regatos.

Destacar o fondal do Val de Mondariz coas surxencias de augas minero-medicinais de Gándara, Troncoso e Fonte do Val. Pasa por Ponteareas.

A pendente do Tea é considerable xa que salva altitudes de 830 m. Por suposto é moito máis pronuncida no curso alto. O réximen é pluvial oceánico, con períodos de seca estival en agosto e bastante auga no inverno.

A maior parte do curso pertence ao lugar de Importancia Comunitaria do río Tea.

No Tea consérvanse importantes formacións de  ribeira.

No Tea estase actualmente 2018-19  probando a  recuperar o salmón atlántico con soltas importantes.

 

Río Tea por riba de Ponteareas. Descoñezo o autor da fotografía.

Río Tea en Mondariz, xunto as augas termais de Troncoso. Fotografía tomada do libro Os ríos de Galicia de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta.

Río Tea. A fotografía está tomada do Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 25 páxina 180. Descoñezo o nome do autor da fotografía.

 

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Caselas. Afluente do río Miño pola dereita. Orixínase a case 300 m. de altitude na parroquia da Picoña (San Martiño), no concello de Salceda de Caselas, comarca de Vigo, provincia de Pontevedra. Pasa pola freguesías de San Xurxo de Salceda (San Xurso), Sta. María de Salceda (Sta. María) e Entenza (Santos Xusto e Pastor) no concello de Salceda de Caselas. Desemboca no río Miño actuando en forma de fronteira entre as parroquias de Arentei (San Pedro) e Cabreira (San Miguel).

 Xusto antes da desembocadura tamén actua de fronteira entre as parroquias de Arantei, no concello  de Salvatierra de Miño e Caldelas de Tui no concello de Tui. Ten  sobre 12 km. e salva un desnivel de 200 m.

Atravesa zonas densamente pobladas e nos bosques de ribeira predominan o piñeiro e o  eucalipto inda que tamén  sobreviven especies de ribera típicas.

En verán vai moi baixo como todos los ríos da zona. O afluente principal é o regato de Bacón que desagua no curso alto.

Na zona fixeron unha ruta moi interesante, son un pouco máis de tres km. nos que podemos ver muíños restaurados, un palomar interesante e máis cousas, todas a carón do río Caselas. Sensacional idea..

 

Río Caselas. Fotografía MCMoledo, sacada da ruta de Wikiloc "ruta fluvial do río Caselas".

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

Louro. Nace na Serra de Galleiro, na parroquia de Cepeda, concello de Pazos de Borbén, comarca de Vigo, Pontevedra; e xúntase con río Miño en Tui.

Cruza as freguesias de  Nespereira,  Saxamonde, Louredo, Mos,  Petelos, Sanguiñeda, e Pereiras do municipio de Mos; O Porriño, Atios, e  San Salvador de Budillo do concello de Porriño; Ribalouro, Rebordáns, e Guillarei en Tui, onde desemboca.

Percorre uns 30 kms., é o río menos sinuoso de Galicia. Ten como afluentes  os ríos San Simón, Centeáns, Perral e o regato das Laxes pola dereita, e o río Casavella e os regatos de Fraga e Figueiras pola esquerda.

 No seu curso baixo atravesa o Val da Louriña de moito interés xeolóxico xa que está asentado en bandas de xistos e granodioritas de ton rosado, que se explotan a nivel industrial.  Tamén se formaron, nas marxes asolagadas as gándaras de Budiño, unha zona húmida de gran interés ecolóxico.

A instalación de importantes infraestructuras contaminaron o río moitísimo.

O reximen é o pluvial oceánico, ou sexa vai con auga no inverno e ten secas no verán.

Fai pouco, ver nesta misma páxina web o tema  "Las tierras raras y el río Miño" detectáronse no río  Miño restos destas tierras raras, que se pensa foron arrastradas polo río Louro;  un tema que pode ser moi interesante no  futuro dada a importancia a nivel mundial destas tierras raras.

 

 

Río Louro, no concello pontevedrés de Mos. A fotografía está tomada do Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 14 páxina 220. Descoñezo o nome do autor da fotografía.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Furnia. Pequeno río que nace  a uns 300 m. de altitude ao sur da Serra do Galiñeiro, na parroquia de Malvas, no  concello pontevedrés de Tui.

Pasa polas parroquias de  Pexegueiro, Currás, e Amorín do concello de Tomiño onde desemboca no río Miño, despois de recorrer 11 km.

Ten un bosque de ribeira máis ou menos abundante según o tramo e o seu réximen pluvial é o típico pluvial oceánico, cunha seca no verán.

 

Río Furnia. Fotografía sacada "Das rutas da auga". Descoñezo o autor da misma.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Cereixo da Briña. Nace no Cerro de Pinzás  a 440 m. e despois de 11 km. desemboca no río Miño por Forcadela.

Este río transcurre integramente por Tomiño. Ten un sendeiro circular que merece a pena facelo.

O réximen é o típico, no verán leva moi pouca auga. O bosque de ribeira componse principalmente de amieiros,  sauces e laureis.

 

 

Río Cereixo da Briña. Fotografía de Teresa A Loba. Fotografías dunha ruta río arriba do Cereixo. Senda fluvial habilitada en Sta. Marúa de Tebra (Tomiño).

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

 

Pego. Tributario do río Miño pola dereita. Nace a uns 350 m. de altitude na parroqia de Barrantes (San Vicente), concello de Tomiño, comarca do Baixo Miño, provincia de Pontevedra. En 8,5 km. salva un desnivel de 350 m. Logo discurre en prados e bosque de ribeira. No verán casi non leva auga. A desembocadura forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria do Baixo Miño.

 

Río Pego. Fotografía Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia

 

 

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Tamuxe (ou Carballo) . Tamén coñecido con Río Carballo, nace aproximadamente a 320 metros de altitude na Serra de Argallo na parroquia de San Pedro de Burgueira (Oia) e pasa pola de Loureza, tamén do concello de Oia, comarca do Baixo Miño, provincia de Pontevedra. Despois de recorrer 15 km. en terras de Oia e O Rosal desemboca en Tabagón.

Recibe pequenos regatos procedentes da Serra de Groba.

Nun dos regos afluentes do Tamuxe están os muiños de Folón. impresionantes e que hai que ver.

O río  Tamuxe rega o rico Val do Rosal, cun microclima especial para o cultivo do viño. Ten aguas termais que abrollan na desembocadura.

A zona da desembocadura forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria do Baixo Miño. Neste lugar medran os carrizo e xuncos asi como os amieiros e freixos.

Na súa fauna destacan as troitas e as lampreas. É tamén un lugar para observar as aves acuáticas.

O réximen do río é o pluvial oceánico, con veráns de seca. Persoalmente chámae moito a atención a claridade das súas augas e o seu leito. Nas zonas centrais no me gusta a repoboación do bosque de ribeira con coníferas e eucaliptos.

O río ten lugares marabillosos para visitar e dende logo é moi concurrido, en moitas das súas pozas no verán; un lugar moi bonito para darse un chapuzón...

Contan que os romanos transportaban polo Tamuxe o ouro que extraían  de Lousado e das minas de As Bornas.

 

Río Tamuxe na parte alta  por Burgueira. A fotografía está tomada do libro Os ríod de Galiza de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta.

Muíños de Folón, nun dos regatos que van ó río Tamuxe. Un conxunto impresionante de muíños que hai que visitar. Fotografía Secundino Lorenzo. Ver nesta web miña a marabilla dos muíños de Folón e Picón.

 

Río Tamuxe. 2018. Fotografía Secundino Lorenzo.

Río Tamuxe na súa desembocadura no río Miño, en Tabagón  e frente a Illa  A Canosa. A fotografía está tomada do Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 25 páxina 162. Descoñezo o nome do autor da fotografía.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Afluentes do Miño pola esquerda:

 

 

Na provincia de Lugo: 

 

 

 

 

Azúmara  Nace na Serra do  Mirador, parroquia de Montecubeiro nas  proximidades de Castro (Pol) e desemboca no  río  Miño, pola esquerda,  na parroquia de Orexe (Bazar) no concello de Castro de Rei. Ten unha lonxitude de 25 km.  Pasa polas parroquias de Luaces, Mosteiro, Silva, no concello de Pol, e Raimil, A Azúmara, Castro de Rei, Sta. Locaia, Coea e Bazar xa en Castro de Rei.

Como afluentes ten os  ríos Pol, Serna e Torneiros.

O réximen  é  pluvial oceánico con tendencia a levar moi pouca auga no verán.

 

Río Azúmara, o seu paso por Azúmera (Outeiro de Rei). Fotografía de Banjo para a Wikipedia.

 

Río Azúmara, o seu paso por Castro de Rei. Fotografía sacada do libro Os rios de Galiza de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta.

 

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Lea. É un afluente do río Miño pola esquerda. Nace a 630 m. no lugar de Curro, na parroquia de Lea, concello de Pol, comarca de Neira, Lugo. Atravesa as freguesías de  Fraialde,, en Pol, , Mondriz, Loentia, Duarría, Ribeiras de Lea e Triabá no concello de Castro de Rei. A súa desembocadura está no límite das parroquias de San Xiao de Mos, do Concello de Castro de Rei, e Vilar do municipio de Cospeito.

Ten 23 km. e salva un desnivel de 230 m. Nas súas ribeiras abondan os amieiros, salgueiros e freixos.

O réximen é o típico de auga nos invernos e secas no verán, o que se chama pluvial oceánico.

 

Río Lea, no concello lucense de Castro de Rei. A fotografía está tomada do Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 14 páxina 56. Descoñezo o nome do autor da fotografía.

Desembocadura do río Lea no río Miño en Ponte Vilar. Fotografía de Masmar.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

 

 

 

 

Robra. Afluente pola esquerda do río Miño. Este río desemboca no concello de Outeiro de Rei, no río Miño. Recibe varios nomes como río Róbeda, río Robra,  río Pequeno, e tamén río Sta. Marta. Pasa polo pobo de Robra no Concello de Outeiro de Rei, comarca de Lugo.

Sobre este río cativo, ten poucos kms.,  escribiu Manuel María un conto marabilloso titulado "A tribo ten catro ríos", conto que podedes leer na miña páxina dos "rios galegos"

 

Desembocadura río Robra ou róbera no río Miño pola esquerda. Descoñezo o  autor da  fotografía.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Rato ou Fervedoira. Afluente pola esquerda do río Miño. Este río desemboca no concello de Lugo, no río Miño. Nace no aliviadeiro de San Lourenzo (nas pozas das Gándaras). Tras recibir o río Fervedoira  pola súa marxe esquerda pasa a denominarse tamén como río da Chanca. Pouco despois pola súa marxe esquerda recibe as augas do  Rego de Samai en forma de fervenza. Desemboca no río Miño pola marxe esquerda, no caneiro da Tolda, ó pé da cidade de Lugo.  Ten unha lonxitude de 6950 m. No último tramo pola cidade Universitaria de Lugo ten un paseo a súa beira moi cuidado, como se pode ver na fotografía.

Río Rato preto da desembocadura no río Miño. Descoñezo o  autor da  fotografía.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Chamoso Nace nas Serras do Mirador e Monciro, e resulta das confluencias dos regatos Outeiro, Romeán e Carballido. Rega entre outras as Parroquias de Pedrafita (O Corgo) e as de San Bartolomeu de Chamoso e Laxosa.  En algúns tramos atravesa o concello de Lugo pola parroquia de St. Coma.  Sigue polo concello do Corgo e descende a parroquia de Paradela onde vai directamente a desembocar no río Miño pola esquerda  no lugar de Chamoso.

Ten como afluentes ata 14 regos; os nomes podedes velos nun traballo de internet, na wikipedia. En realidade os afluentes serían 11 regatos xa que tres forman o río Chamoso.

En sete km. de recorrido salva un desnivel de 100 m. Ten moitísima vexetación, tanto de árbores como de herbas.

O réximen é o típico pluvial oceánico, con moita auga no inverno e seca non moi grnde no verán.

 

 

Río Chamoso na Ponte da Foz. A fotografía é de Iago Casabiell González, foi sacada no 2015. A Ponte esta preto da desembocadura no río Miño.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Neira Nace a uns 940 m. de altitude entre as Serras de Pozo e de Madorra,  nas proximidades da parroquia de  Fontaneira, no concello lucense de Baleira.  Ten un percorrido de 54,4 km. e desemboca no río Miño facendo de límite natural entre os concellos do Corgo e Láncara. A dos kms. queda a cola do encoro de Belesar cando está a tope.

Baña as parroquias de Córneas, concello de Baleira; Pedrafita de Camporredondo, Peñarrubia, San Martín de Neira de Rei, San Miguel de Neira de Rei, Baralla, San Estevo, Piñeira, Aranza, Riba de Neira, Laxes, Covas, todos do concello de Baralla; Lancara, Carracedo, Vilaleo, Bande, Muro, Neira de Cabaleiros, A Pobra de San Xiao no concello de Láncara e Escoureda no concello  de Corgo. Desemboca facendo límite entre os municipios de corgo e Láncara.

A subconca do río Neira é a segunda maior do río Miño, quitando o río Sil. Ten 830 km2 e está xusto despois da subconca do río Ladra con 887 km2.

Este río achega o río Miño bastante caudal, xa que ten un sistema hidrográfico bastante extenso.  Ten como afluentes importantes os ríos  Sarria  pola esquerda  e o río Tórdea pola dereita. Esto fai que o río Neira sexa dos afluentes  importantes do río Miño. Concretamente ten un caudal medio de 17,5 m3/s.

No curso alto ten dous vales amplos o Val de Neira de Rei e o Val de Neira de  Xusá. Entre ambos unha área de encaixamento flanqueados polos sistemas montañosos de o Portelo, Vilamane, Calamouco, Puñago, Pena do Pico e a Serra de Illoa. Despois do Val de Xusá  o Neira xa vai mais manso  e suave, salvando un desnivel de 600 m.

A maior parte do seu recorrido vai entre prados e terras de cultivo salvo as zonas do principio.

O réximen é o pluvial oceánico cun caudal grande no inverno e baixando moito a finais no verán.

Un río marabilloso en tempos, troitas boísimas, con grandes exemplares  e moito caranguexo autóctono de río , Austrapotamobius pallipes. e anguías que subían a miles do río Miño, denantes de facer o encoro dos Peares. Logo todo desapareceu, os caranguesos non quedou nin o primeiro e as troitas hai que buscalas con lupa.

 

 

Río Neira. Fuente Ríos de Lugo. Xunta Galicia. Fot. Matias Rguez. Rguez.

Río Neira en Láncara. Fotografía sacada do traballo "Río Miño" de Monadela.

Río Neira polo concello de Baralla. A fotografía está tomada do Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 17 páxina 41. Descoñezo o nome do autor da fotografía.

 

 

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Loio Nace na serra do Páramo, a 570 m. de altitude na parroquia de Vilamaior, concello de Sarria, provincia de Lugo e xúntase co río Miño no encoro de Belesar, en Paradela.  O río cruza as parroquias de San Andrés deParadela e a Pinza, logo pasa por Barán , Vilaragunte, Ferreiros, Francos, Paradela, Suar, A Laxe e San Martiño de Castro, concello de Paradela para logo desembocar no encoro de Belesar como xa está dito, a altura da parroquia de Loio. Percorre sobre 20 km. e salva un desnivel de 220 m. Os seus afluentes son o regueiro das Lamas e os regos de Goille, de Marzán e o de Miralles. O réximen é pluvial oceánico, ou sexa auga en inverno e media seca no verán.

 Este río ten unha ruta, a Ruta do río Loio, de 7 km. que merece moito a pena, ver en internet as fotografías desta ruta onde hai muíños, fervenzas, pontes, capelas e moitas máis cousas. Merece a pena.

 

 

Río Loio. Muíño da Rexidoira. Fotografía sacada do blog, "Un plan infinito", onde fala sobre a  "Ruta do río Loio", chámase Rocio pero non sei nada máis. Doulle as grazas.

Río Loio. Fervenza. Fotografía sacada do blog, "Un plan infinito", onde fala sobre a  "Ruta do río Loio", chámase Rocio pero non sei nada máis. Doulle as grazas.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Pez. Afluente do río Miño pola esquerda. Nace a 725 m. na Parroquia de Castro de Rei de Lemos, concello de Paradela, comarca de Sarria. Pasa polas parroquias de Vilacaiz e Reiriz, no Saviñao, na Provincia de Lugo. Finalmente desemboca no Miño, no encoro de Belesar pola Chave. Percorre dez kms. e salva un desnivel de 375 m. Vexetación de bidueiros e amieiros, con réximen pluvial oceánico.

 

Río Pez. Fotografía e texto do Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

Sardiñeira Este río nace na parroquia de Remesar, concello de Bóveda, comarca de Lemos, Lugo. Cruza as parroquias da Broza, Eirexafeita, Xuvencos, Vilaesteva e Vilelos do  municipio de O Saviñao, ten unha lonxitude de mais de 20 km. e desemboca no río Miño pola esquerda, entre as parroquias de Rebordaos e San Vitorio de Ribas do Miño.

O inicio ten unha altitude de 665 m e salva un desnivel de 320m. En xeral predomina a vexetación de ribeira típica, inda que está moi descuidado e o réximen pluvial que ten é oceánico, ou sexa moita auga no inverno e a seca no verán.

 Ten un couto de pesca moi descuidado como tamén o río. O afluente principal e o río  Portiño.

 

 

Río Sardiñeira. A fotografía está tomada do Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 24 páxina 126. Descoñezo o nome do autor da fotografía.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

Aguianza. Este regato, o regato de Aguianza, nace en Trasouteiro, entre os pueblos de Pereiro e de Nadal,  a 570 msnm. no Concello de Ferreira de Pantón (Lugo). Ten mais ou menos sobre 8 km de longo. Desemboca, despois de recibir dous regatiños máis o Cernadas e o Calve,  facendo unha fervenza espectacular, no encoro dos Peares, cerca do pueblo de  Marcé (parroquia de Vilar de Ortelle), enfrente, no outro lado do río Miño,  do pueblo de Paradela (Municipio de Carballedo-Lugo), por riba dos Peares sete km.. A Fervenza é moi espectacular e chámase de "Augas Caídas" e ten aproximadamente 40 m de altura. A fervenza chégase doado, dende o alto da Guítara, na estrada de Ourense a Monforte no mismo alto xa está indicada, Está a 4 km. pola estrada a Marcé.  Convén ir con calma xa que é moi empinado o camiño na parte final, pero son dende a estrada 1,5 km a fervenza.  A ruta ten moito valor xa que está rodeada de carballos, espiños, érbedos, cerdeiras,  entre moitos socalcos e algunha que outra cepa vella que demostra que na zona cosechábase viño. Fantástica e cuidada ruta...Ollo que non medren algunhas mimosas que se van en algún tramo.

Fotografía da Fervenza de Augas Caídas. Na fotografía aparece Julio  o amigo que fixo o camiño conmigo. Foto Secundino Lorenzo.

Fervenza de Augas Caídas. Foto Secundino Lorenzo.

 

Esta é a mellor foto que atopei en internet desta fervenza. Aparece firmada por Luisa o 30/04/2020. Si me escribe poño o nome completo. Este é o meu email.

O regato Aguianza,  ten antes de entrar no encoro dos Peares como 200 metros.

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

 

 

Na provincia de Ourense:

 

  

 

Sil.  Nace na Cordillera Cantábrica, ao pé de Peña Orniz, a 1850 m. de altitude, na Comarca de Laciana (León), no municipio de  Villablino,  e desemboca no río Miño nos Peares, facendo linde entre as provincias de Lugo e Ourense. É o principal afluente do Miño, o máis longo (228 km.) e o máis caudaloso. É tamén o afluente do río Miño máis importante e realmente leva  bastante máis auga que o río Miño. De feito é  famosa a frase " O río   Miño leva a fama e o río  Sil leva a auga". Efectivamente o caudal medio do río Miño está en 102 m3/s mentras que o do río Sil é de 184 m3/s.

Na provincia de León recibe  as augas dos ríos  Boeza, Cúa, Burbia, Tremor e Cabrera.

Despois de atravesar a comarca do Bierzo, entra en Galicia pola provincia de Ourense polo encoro de Peñarrubia no concello de Rubiá. Fai límite entre Ourense e Lugo. Logo pasa polos concellos de Carballeda de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras, A rúa, Petín, Larouco, Quiroga, Ribas de Sil, A Proba do Brollón, Monforte de Lemos, Castro Caldelas, Sober, A Teixeira, Parada do Sil, Nogueira de Ramuín e Pantón.

Os seus afluentes en Ourense son :  os ríos Navea, río Bibei (co seu afluente o río Camba ( que a súa vez ten estos afluentes o río Ríbeira Pequena, e o río Ribeira Grande, que son os ríos do Parque do Invernadeiro), río Conso (afluente o río Cenza), río Xares (e afluentes Corzos,  Canda,  Mao e Requeixo), río Balado, río Candís e río Casoio,  río Leira e río Entoma.

Afluentes na provincia de Lugo. afluentes pola esquerda:  o río Lor (e o seu afluente Louzara), río Quiroga, río Soldón e río Cabe .

A bacía abarca unha extensión de 8.020 km2, dos que 4000 km2 están en territorio galego.

As maiores subconcas do río Sil son as dos ríos Bibei, Cúa e Boeza por este orden.

Esta bacía ten de todo: vales estreitos, canóns e pequenas chairas de orixen tectónica. Os tramos encaixados do río Sil están ocupados por encoros para a producción de enerxía eléctrica: Penarrubia, Pumares, Casoio, Santiago, San Martiño, Montefurado, Sequeiros, Santo Estevo e San Pedro. En afluentes, como o río Bibei, que é o máis importante,  tamén hai grandes encoros como o do Bao e o das Portas, este último recolle as augas do Invernadeiro e trátase do segundo encoro de Galicia.

Na vacia anterior na parte do Barco de Valdeorras predominan as lousas, por certo nesta parte cultívase o grandes viños da Denominación de Orixen de Valdeorras: os mencias e godellos. Logo onde o leito se encaixa, na chamada Ribeira Sacra, temos canóns espectaculares onde o leito do río está 500 metros máis abaixo da penachaira con pendentes de máis do 70%;  neste caso o leito do río  ten base rochosa formada por xistos, cuarcitas e granistos. Algo grandioso. Esta zona ten hoxe un gran interés dende todos os puntos de vista: xeolóxico, paisaxístico, ecolóxico, histórico e etnográfico. A súa importancia dende o punto de vista económico, co cultivo en bancais e de gran calidade do viño, así como o turismo están a poñer en valor toda a vacía. Diferentes tramos do río Sil están hoxe protexidos como Lugares de Importancia Comunitaria: Enciña da Lastra, Ancares-Courel e Canóns do Sil.

O réximen pluvial do río Sil ten os máximos de caudal dende xaneiro ata abril e os  mínimos entre xullo e setembro.

O río Sil está moi explotado: enerxía eléctrica, presión turística, pesca furtiva, cortas ilegais de árbores, verteduras incontroladas, son hoxe graves ameazas para o medio fluvial.

 

 

 

Río Sil o afluente máis importante do río Miño. Fotografía S. Lorenzo

Fotografía aérea dos Peares, onde o río Miño recibe ó río Sil. Revista Natura nº 25. A  fotografía é anterior ó ano 1960,  xa estaba construido o encoro dos  Peares á esquerda do río Miño, vese un anaquiño da presa,  e o encoro de  San Pedro no río Sil, ó fondo á dereita. Moi interesante a fotografía xa que vemos no centro ó río Miño que ven da esquerda, o  río Sil que ven de frente, onde está a ponte da estrada vella  Ourense-Monforte de Lemos e si nos fixamos vemos o río Búbal, afluente do río Miño pola dereita, metros arriba do viaducto que cruza o río Miño, que tamén se ve. Espectacular fotografía, da que non teño o nome do autor, pero si de onde a atopei. Unha xoia...Hoxe o lugar cambiou moito pero sigue a ser espectacular.

 

Fotografía do río Sil no ano 1955 pola zona onde hoxe está o encoro de San Estebo. Esta fotografía da que descoñezo o autor presenta o "Canón do Sil" como era naqueles tempos, alturas de ata 500 metros, con desniveis de un 70% e o río abaixo moi encaixonado. Hoxe o encoro quita altura, sobre 100 metros,  e o río non é o mismo. A esquerda da fotografía é a provincia de Lugo e a dereita a provincia de Ourense.

Repito: O río Sil é o afluente máis importante do río Miño. De feito é famosa a frase "O río Miño (102 m3/s) leva a fama e o río Sil (184 m3/s)  dalle a auga".

Dende logo o río Sil ten máis caudal 184 m3/s contra 102 m3/s.

 

Río Sil na Ribeira Sacra, cerca de Parada do Sil.  Grandes canóns de 500 m. de altura e pendentes de mais do 70%. Fotografía de Secundino Lorenzo.

Río Sil na Cubela, Meandro espectacular. Nunha baixada espectacular do encoro de San Estebo. A fotografía de Secundino Lorenzo, permite compoñer outra fotografía de como era este río antes dos encoros.

 

 

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Loña. Nace os 800 m. no monte da Moura, Loña do Monte, concello de Nogueira de Ramuin. É represado en Cachamuiña nun encoro que era o abastacemento de auga de Ourense cidade; hoxe a auga tómase do río Miño, xa que este encoro ten tendencia a eutrofizarse debido os vertidos da zona, lamentables... Mais abaixo ten tamén o encoro de Castadón, no Ceboliño. Dende este lugar baixa con un desnivel importante, resultando unha zona espectacular, sobre todo nas enchentas do río; ten ademais unhas marmitas incribles, debido a erosión de este desnivel...  O río salva un desnivel de 680 m. Desemboca no río Miño, pasando por Mende, e  por debaixo da Presa de Velle na misma cidade. En total son 23 km.

O seu  principal afluente pola esquerda é o  río Grañal que nace na zona de Esgos.

 

 

Río Loña en Mende, xa na cidade de Ourense. Fotografía Secundino Lorenzo.

Aquí xa pasaron os das talas de árbores...Uns fenómenos talando...

Río Loña. Ponte de

 Mende. Fotografía Secundino Lorenzo.

Un río marabilloso, defenestrado por malas políticas: talas indiscriminadas e outras falcatruadas...

Río marabilloso e descuidado. Inda non pasaron os das talas. Ver primeira foto.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Barbaña. Nace nos montes de Maceda, moi preto do Pazo, no concello de Paderne; en realidade é o resultado de tres regatos que descenden polas parroquias de San Xulián de Figueiroá (dende o alto do Neboeiro), Santa Baia de Golpellás e Cantoña. Logo o río Barbaña rega o val da Rabeda. Recibe o nome do regato que pasa pola aldea de Barbaña (Golpellás). Pasa, por desgracia,  polo Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas  e logo polo Polígono Barreiros, destos Polígonos sae envelenado con todo tipo de productos;  as depuradoras funcionan moi mal xa que están absoletas,  e chega a Ourense contaminado cada quince días...Non se soluciona o seu problema. Ninguén é o responsable, si tal o goberno do Estado, hai que ter cara... Non fai moito morreron 17.000 peixes (2009), nunha destas contaminacións... Un río que non fai moito tiña unha riqueza incrible: troitas, peixes e anguías. O Barbaña recibe pola esquerda, na misma cidade de Ourense,  o río Muíños, que hoxe chaman, mal chamado río Barbañica. Ten sobre 25 km..

Sabemos que polos anos cincuenta e sesenta do século pasado os nenos iban o río Barbaña a bañarse e a pescar troitas, anguías e peixes. Tamén sabemos que había ducias de muíños no río xa que se cultivaba o centeo, trigo  e millo que daba logo alimento para todos.

Hoxe o río Barbaña é un río defenestrado. Ourense nunca mirou para o río e así lle vai. Os ríos en Ourense pásalle a casi todos...miramos pouco para eles e non sabemos que son o ouro do futuro...

 

 

Río Barbaña, no Polvorín, que pasa pola ciudade de Ourense. É un afluente pola esquerda. Dos poucos muíños que quedan, por certo mal rehabilitado. Fotografía Secundino Lorenzo.

Río Barbaña, o seu paso por Ourense cidade. Fot. Secundino Lorenzo.

Río Barbaña, un río de misterio, cada pouco aparece deste xeito. Non resolven o misterio nin de bromas...

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

Puga. O regato de Puga é un afluente do río Miño pola esquerda. Nace no Concello de Toén (Ourense) e leva moitos anos vedado, calculo para que actuase de viveiro de troitas do río Miño. Hoxe está moi mal tratado polas canteiras que hai na zona. Ten moi poucos kms. O río no nacente está penoso. Ver a fotografía.

 

 

Río Puga, arriba nas canteiras, impresentable. Fotografía Secundino Lorenzo.

Río Puga, arriba nas canteiras, impresentable. Fotografía Secundino Lorenzo.

Outra imaxen do abandono. Inda por riba o río está vedado...

 

A parte da desembocadura é moi aproveitable e bonito. Un río que debera estar máis cuidado.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Arnoia o río Arnoia é para mín un dos afluentes máis importantes que ten o río Miño despois do río Sil. Nace na Serra de San Mamede sobre dos 1300 m. de altitude, na parroquia de Rebordechao no concello de Vilar de Barrio, provincia de Ourense. En total ten unha lonxitude de 84,5 km., todos na provincia de Ourense . Os seus principais afluentes son os ríos  Maceda, Tioira, As Ellas, pola dereita; e os ríos Ambia, Ourille e Tuño pola esquerda.

A subconca do río Arnoia é a terceira maior do río Miño, quitando o río Sil. De feito ten 742 Km2, vai despois da subconca do río Ladra 887 km2 e do Neira 830 km2. É a maior na provincia de Ourense.

Percorre os concellos de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca, e exerce de  fronteira natural entre os concellos de Cartelle e Celanova, Ramirás e Gomesende. No tramo baixo separa a Cortegada e Arnoia e penetra no río Miño pola esquerda no pueblo de Arnoia, xa no encoro de Frieira, cerca do lugar de Quintairos.

Un río cunha tectónica moi especial e variada, entre as elevacións no Concello de Vilar de Barrio ata o encaixonamente dende a parroquia de Sande, dende logo moi espectacular e único.

O réximen do río é o típico pluvial oceánico o que leva a unha disminución de caudal no verán. O río en tempos sempre foi moi aproveitado e contaba con moitísimos muíños, algún de máis de oito moas, pola zona de Outomuro, así como minicentrais eléctricas como as de Allariz e a zona de Cartelle como la Peneda o Pigarzo (A Bomba); por certo minicentrais que non estropeaban o río para nada...logo chegaron outras que si o estropearon, sobre todo na zona baixa do río...

Un río que se debera recuperar, sobre todo a súa parte su etnografía así como a súa riqueza de fauna e flora, hoxe no 2019 moi castigada.

Sobre o río Arnoia, o seu  río,  ten escrito meu amigo José Benito Reza un libro que se titula "Arnoia. Biografía de un río y una ribera"; un estudio a fondo e marabilloso deste río,  que é xunto o río Sil un dos  afluentes máis importante do río Miño. De feito os afluentes máis importantes son por este orden o río Sil, o río Ladra, o Neira, o Arnoia e o Avia.

 

Río Arnoia no Rexo (Allariz). Fotografía Secundino Lorenzo

Río Arnoia en Allariz. Fotografía de Secundino Lorenzo. Dos poucos lugares de Ourense onde si se mira o río e se cuida...

Río Arnoia. Fotografía de Secundino Lorenzo. Estas presas son as que manteñen un pouco o río. En tempos o mellor río de Ourense. Hoxe moi castigado.

Río Arnoia en Allariz. Fotografía Secundino Lorenzo.

Río Arnoia no Caneirón en Arnoia, casi na desembocadura. Fotografía de Secundino Lorenzo

 

Desembocadura do río Arnoia no río Miño (encoro de Frieira). A dereita o pueblo de Arnoia, enfrente o pueblo Francelos e  a desembocadura do río Outeiro ou Barcia. Tamén se ve o Balneario de Arnoia. A fotografía está tomada do Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 2 páxina 182. Descoñezo o nome do autor da fotografía.

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

 

Deva nace na Serra de Leboreiro, pasa por Quintela de Leirado e Pontedeva para desembocar no río Miño, pola esquerda,  entre Cortegada e Pontedeva.  Ten como afluente o río Crespos. É un río con moita inclinación que foi aproveitado en tempos con moitísimos muíños, posteriormente por unha minicentral que na miña opinión desfixo o río totalmente. O seu curso ten 20 kms. Digo que era o río de Moralejo, Juan José Moralejo Álvarez, como así conta no seu libro "As Troitas, miñas señoras".

 

Río Deva por riba de Pontedeva. Un río extraordinario en tempos. O río do meu amigo  Juan José Moralejo. Fotografía Secundino Lorenzo

Río Deva por riba da minicentral que puseron no 1990. A minicentral, como todas, afectou moitísimo ao  río.

Así quedou por debaixo da minicentral,  sin auga. Á  esquerda escada para subir as troitas "voadoras"...

 

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

 

 

Dibuxo afluentes do río Miño en Portugal.

 

 

En  Portugal: 

 

Troncoso (ou Barxa). Nace na serra de Laboreiro e durante case todo o seu percorrido fai fronteira entre Ourense (Padrenda) e Portugal (Monçao) ata desembocar no río Miño pola esquerda a 500 metros da presa de Frieira; curiosamente a fronteira ou raia mollada comenza na desembocadura deste río, 75,5 km. en que o río Miño fai fronteira de España e Portugal . En total o río Troncoso ten 13,5 km. O tramo portugués forma parte da Reserva da Biosfera transfronteriza Gêrez-Xurés.

 

Río Troncoso ou Barxa

Río Troncoso na desembocadura no río Miño. Foto Secundino Lorenzo. 2019

Xusto no centro da fotografía desemboca o río Barxa ou Troncoso, por debaixo do encoro de Frieira. Dende este lugar o río Miño fai fronteira de España con Portugal. Fotografía S. Lorenzo abril de 2019.

 

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Mouro. Nace na serra da Peneda, unha auténtica marabilla natural,  nace como resultado da unión de tres regatos, e desemboca no río Miño pola esquerda en Ponte de Mouro na freguesía de Barbeita, onde hai unha praia fluvial. Mide 30 km. de lonxitude. Todos eles no  distrito de Viana do Castelo.

Pasa polas freguesías de  Lamas de Mouro, no concello de Melgaço,  Parada do Monte, Gave, Riba de Mouro, no concello de Melgaço ; e Tangil, Segude y Ceivães, no concello de Monçao.

Na desembocadura atópase a ponte medieval de Barbeita.

Persoalmente coñezo o río dende a presa da primeira fotografía ata a desembocadura en Pontedemouro e o río é marabilloso.

Decir que no 2017 Medio Ambiente de Galicia soltou 5000 alevíns de salmón no río Mouro dentro da estratexia Proxecto Transfronteirizao Migramiño.

 

 

Río Mouro, a poucos kms. da desembocadura no río Miño. Fotografía Secundino Lorenzo

Río Mouro. Fotografía Secundino Lorenzo.

Río Mouro. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

Gadanha. Nace na freguesía de Anhôes, do concello de Monçao,  e desemboca no río Miño en Troporiz (Monçao). Un pequeno río de Portugal nunha zona marabillosa, as freguesía de  Anhôes e a de Pinheiros (Monçao) teñen moito que ver, entre outras cousas as ribeiras do río Gadanha..

Na zona, freguesía de Anhoes, por exemplo pode facerse a "Ruta do Señor do Bonfin", ver a ruta en Wikiloc. Esta ruta da acceso ó río Gadanha. Deste río fálanse marabillas, dende o punto de vista de bosque de ribeira, como das excelentes troitas da zona. Non digamos do cabrito...

En Pinheiros hai unha praia fluvial. Na zona, a poucos kms.,  está tamén o Palacio de Brejoeira, unha visita obligada única. Moi interesantes os muíños de Pinheiros.

O río Gadanha doulle un cálculo sobre 17 km. dende o seu nacemento en Anhoes ata a súa desembocadura en Troporiz no río Miño. En liña recta 11 km. Según Estolom (matemático que chegou a unha fórmula que traballa bastante ben, ver as súas ideas nesta web sobre o río Miño) saen sobre 17 km.  O que teña os datos concretos, así como os afluentes que me escriba a este email..

 

 

Fotografía do río Gadanha. Descoñezo o autor da fotografía

Río Gadanha. A fotografía está firmada por Harpagamis e podedes vela en grande neste link.

Río Gadanha. Fotografía sacada da "ruta do Señor do Bonfin" de Wikiloc . Autor Sudandobotas.

 

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

Manco. Pequeno regato do Norte de Portugal. Desemboca por riba de Valença, en Friestras a unha altura de 18msnm. Xusto frente a estación española de Caldelas. A súa foz forma parte do recorrido que hai en Portugal da "Ecopista do Minho", onde Friestras ten un Parque de Merendas, e preto da Ponte do Manco. Unha foz que está indicada na ecopista citada.

Ecopista do Minho, vai dende Caminha a Monçao, indicación para ver a Foz do río Manco.

Detalle da indicación.

Río Manco.

 

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

Coura. Nace na serra da Boalhosa, na Lagoa de Châ de Lamas, no concello de  Paredes de Coura, a 890 m., na parroquia de Bico,  e baña os concellos de Paredes de Coura, Vilanova de Cerveira e Caminha, pasando polas freguesías de  Insalde, Formariz, Paredes de Coura, Rubiaes, San Martiño de Coura,  Covas, Vilar de Mouros, Venade, Vilarelho, Seixas e Caminha; despois dun percorrido de 50 km. ,   desemboca en Caminha no río Minho pola esquerda.

Os seus afluentes son o regato de S. Gonçalo, o rio dos Cavaleiros Bico, o ribeiro (arroio en galego) de Brunheiros Insalde e Padornelo, o ribeiro de Lagido Insalde, o regato do Bouço Ferreira, o regato de Quintão Ferreira, o ribeiro da Valsa Insalde, o ribeiro de Rieiro Cunha e Rubiães, etc.  (copia literal da wikipedia).

En duas das súas praias fluviais celébranse dous dos maiores festivais de verán en Portugal:  o Festival de Paredes de Coura e o Festival de Vilar de Mouros. Son festivais de música que levan dende 1993 o primeiro e dende 1982 o segundo celebrándose todos os anos.

As augas do Coura están aproveitadas por tres encoros (barragens en portugués): o encoro de Covas. o de Paus e o de Pagade.

O estuario, ver fotografía máis abaixo, é Zona de Protección Especial para a Avifauna (ZPE)

Neste link , Ruta do río Coura, tendes unha ruta descrita marabillosamente por Susi Suarez no seu blog "D c D Descubre cada día"  e que merece a pena facela. Queda pendente...

 

Río Coura.   Fotografía de Julio Taboada Pájaro.

 

Río Coura.   Descoñezo o autor da fotografía.

Río Coura. Vilar de Mouros,  pequena Barragem que impide a subida das especies migratorias. No plan Interreg Portugal -Espanha, está previsto unha actuación sobre ela que vai mellorar esta subida.

Río Coura en Vilar de Mouros. Fotografia sacada da wikipedia e firmada por Orium no 2003.

Unha das fotografías de Susi Suarez que aparecen no seu blog explicando a ruta do río Coura.

Desembocadura do río Coura no río Miño. A esquerda Caminha. Fotografía aérea da que descoñezo o autor.

Volver afluentes Volver afluentes

 

 

 

flecha.jpg (1051 bytes) Río Miño <índice>.