D.
Francisco Río Barja
Ó que sigue é un
pequeno extracto do traballo titulado "Biografía
del Miño" e
que D.
Francisco Río Barja, director do
Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos e da Real
Academía Galega presentou e así aparece no libro
"Conferencias sobre el río Miño" publicado
por Caixa Ourense. 1989
(D. Francisco Río Barja, nado en Lugo
1919, e falecido en
Tenerife o 5 de
xaneiro 2011. Gran xeógrafo
e escritor galego. Membro da Real
Academia Galega).
Nota
importante: O traballo está en castelán, ó que segue é unha
tradución miña á parte dun resumo do texto orixinal.
Dada a
súa importancia, fixen unha copia do traballo completo. Ver
o final o link que leva a ver este traballo.
Tres cuestións sobre o río Miño:
Río Barja
expuso na súa conferencia que
"
O río Miño é unha de esas grandes venas de auga repleto de
incógnitas. Dende o nacemento ata a súa morte inda non se
contestaron moitas preguntas..."
Na súa "Biografía do río Miño" presentou estas tres cuestións:
1.-
Según algúns escritores e estudiosos, a verdadeira fonte do Río Miño é un
lugar coñecido como Pedregal de Irimia. Baséanse
en que o caudal da Fonte Miña
únese, realmente, a 10 km de recorrido do río Miño, polo tanto augas abaixo. As augas
de Fonte Miña únense á esquerda, mais abaixo e con menos caudal, que o que leva o río
xa. Non lles falta razón.
Pedregal de Irimia
onde, en opinión de Río Barja, nace o río Miño. Fot. del
autor del artículo.
Pedregal de Irimia, onde
nace o río Miño. Serra de Meira a 3 kms. de Meira.
A a 700 m. de altitude; máis abaixo a este río únense as augas da Lagoa
de Fontemiña a 458 m. de altitude.
Está claro, as augas van para
abaixo... Fotografía Secundino Lorenzo.
O río Miño nace de forma apacible e tranquila e así se manifesta nos
primeiros 40 kms.
Así aquela historia que nos
contaron de Fontemiña, como o nacemento do río Miño, non é certa.
Este é o misterio, que hoxe non é tal. De
feito dice Barja que a misma conciencia popular, tan intuitiva, dos
ribeireños, sempre creeron e localizaron o
manantial orixen do río
Miño, no Pedregal de Irimia onde unha lenda popular de resonancias
bíblicas conta que se convertiron en pedras os homes dunha raza
maldita e pecadora, esperando un renacemento coa purificación das
augas xuvenis.
Nota miña: no
apartado de lendas do río Miño tendes esta do Pedregal de Irimia.
2.- O río de ritmo cansino no seu nacemento síguelle un río máis xuvenil
que escaba profundas gargantas. De feito pasa dos 60 metros de Lugo ós 100 metros de
Portomarín e os 200 metros dos Peares baixo a penillanura.
O misterio está según
D. Francisco Río Barja que o río Miño non aproveita os Vales de Sarria e Monforte, que constituen un nivel de base máis baixo e que é a lei fundamental que rixe a dinámica
fluvial. Curioso.
Esquema de corte, no centro
o río Miño, á dereita o Val de Sarria e Monforte.
¿Por que o río Miño no escolleu este val ?.
Sería mais normal xa que a penechaira de Chantada
era máis alta.
O río Miño parece despreciar o feito
anterior, e ponse a traballar un angustioso canle nas duras venas
cuarcíticas que atravesan os enquistos de Chantada.
Este feito non ten inda unha
explicación unánimente aceptada. Mentras uns falan que o río por
onde vai actualmente foi antes que a llanura, outros dicen que foi o
revés ou sexa polo val de Sarria e Monforte iba o río en tempos
e os plegues e cambios fixeron o que se ve hoxe. Todo un misterio.
Nos Peares úneselle o Sil que aporta 184 m3/seg frente os 102 m3/seg que
aporta o Miño, de eiquí o dito "o Sil leva a auga e o Miño a fama". Logo
entra na Provincia de Ourense.
3.-
Unha ollada ó mapa das rías baixas incita sempre a
sospeita dunha posible ría que podría haberse formado na desembocadura do Miño. Un tema
a discutir.
Desembocadura do río Miño, vista dende o
Monte Tegra. Enfrente Portugal.
Este é outro misterio,
por qué o
río Miño non forma ría ?. Pero aquí hai tamén moitas opinións, uns dicen que si houbo en tempos ría, hoxe estará no atlántico, no
bloque fundido da gran fractura que dende Baiona segue o longo da
costa. Outros dicen que o río Miño sempre levou moitos sedimentos e
foi reenchendo a posible ría e convertindoa nun estuario colmado de
aluvións e illas.
O río Miño morre no mar despois de 307,5 km. A súa conca drena a mitade da
rexíon galega, creando máis de 20 comarcas naturais e o seu canle pode alcanzar
ata 400 m3 por segundo que o situan entre as grandes
arterias peninsulares, pero si se considera o seu caudal relativo,
litros por km2 de conca, o río Miño é cos seus 20 l/km2 o máis
importante entre os grandes ríos de España.
Polo anterior
remata o seu traballo Río Barja decindo:
"Enténdese por
estas razóns, así como pola vida e riqueza que o río Miño deu os
seus ribereños, que na conciencia popular, como nas obras de
escritores e poetas, se lle chame con admiración e respeto
"O Pai Miño"
---------------------------------------
Comentario do autor da web:
Ata eiquí un
resumo dun traballo realizado por D. Francisco Río
Barja e presentado no Libro
"Conferencias sobre el río Miño" editado por Caixa Ourense
en 1989.
O río Miño, é actualmente, un río abandonado á mans das compañías
hidroeléctricas como Fenosa (logo chamada Unión
Fenosa, tamén Fenosa Generación e hoxe, en maio de
2020 chámase abreviadamente Naturgy,
Naturgy Energy
Group, S.A. (NEGSA)) , abandonado tamén a unha forte contaminación
que non se entende.
Non temos
perdón.
A UN PAI HAI QUE TRATALO MELLOR.
SOMOS
UNS MALOS FILLOS.
Este é o traballo completo.
Trátase dunha copia escaneada de todo o traballo. Merece
a pena leelo xa que aporta varios fundamentos cientícos
a todo o traballo.
Saír
ó R. Miño.