A pesca no
río Miño.
(La pesca en el río Miño)
(Apuntes sobre a pesca no río Miño, "onte e hoxe".
Secundino Lorenzo. Email.)
Nota:
moitas cousas están sacadas do
libro "Pescadores del río Miño (Tramo gallego
Portugués)" de Eliseo Alonso. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra 1989.
Tamén do libro "Ribeiras del
Baixo Miño" de Praxiteles González. San
Miguel de Tabagón 1997.
E tamén do libro "O legado dos
ribeiraos" de Xosé Manuel Vázquez. Asociación Barcas do
Miño. 2011.
Saír.
Salir
Especies pescables no Miño.
(En tempos...)
Na seguinte
tabla tendes as especies que se podían pescar, en
xeral, no río Miño. Cós tres puntos azuis as máis
importantes en cantidade, calidade e tamaño
(quitando o meixón ou angula).



Na lista
anterior están practicamente todolos peixes que
habitan no río Miño, non poño os foráneos ou
exóticos como a perca ou bass e a carpa. Cos tres
puntos azuis están os que tiñan importancia para a
pesca. A barbela, o espiñento son moi pequenos. A
boga e o escalo non teñen importancia tendo en conta
os demais.
Os peixes
históricos de pesca son por este orden:
o Sable, o salmón, a lamprea, anguías e os
meixóns.
Por suposto
que o río Miño inda da sobre todo dende Frieira:
lampreas, anguías, salmóns, reos e troitas. A súa
pesca está limitada as "Lei de pesca fluvial en
Galicia" do ano correspondente, e tamén as
leis de "Pesca en augas internacionais" do ano
O sable e a
sabela están prácticamente desaparecidos do río
Miño, salvo algúns na desembocadura.
Sobre estos
peixes tendes, nesta páxina web sobre o río Miño,
fichas amplias para distinguilos e sobre todo
coñecelos, a miña frase favorita sobre este tema é
que "o que se coñecde a
fondo ámase, e ó que se ama cuidámolo ben, pola
conta que nos ten..."
Volver.
Os útiles de pesca.
Vexamos algúns dos máis
utilizados:

Paréceme moi interesante esta selección, sacada
do libro "Os ríos de Galiza" de Manuel Núñez, Adela
Leiro e Mon Daporta. A nosa Terra. 2007. Todas elas
prohibidas hoxe salvo o boitirón para lampreas en
pescos, que estén autorizados, e por
suposto as canas, tendo licencia de pesca...
Estas eran as
ferramentas usadas para pescar no río Miño. Hoxe
cada vez menos. O boitirón é o que se pon nas pesqueiras
e nel caen sobre todo lampreas. As
nasas sempre foron
especiais para as anguías. As francadas
foron usadas fai moitos anos
como método de pesca.

Aqui vense
pescadores no Miño botando recollendo o
Alcharife. Fotografía de Eliseo Alonso
sacada do libro "Pescadores del río
Miño" (Tramo gallego-Portugués. Excma.
Diputación Provincial de Pontevedra. 1989)
A rede máis noble
do río Miño foi o Alcharife,
unha rede entre 120 m. a 160 m. e con malla de 120 mm.
Esta rede usábase para coller sábalos e as veces caía
algún salmón.

Como rede
importante está a cabeceira.
Esta é a cabeceira unha rede moi usada no río Miño
en tempos. Chamábanlle a rede do "bello lance".
Tamén a pesca da mariposa.
Fotografía de Eliseo
Alonso sacada do libro "Pescadores del río
Miño" (Tramo gallego-Portugués. Excma. Diputación
Provincial de Pontevedra. 1989).
Paréceme moi
interesante a clasificación que se fai noi libro "O
legado dos ribeiraos" de Xosé Manuel Vázquez e que
resume as artes de pesca no río Miño o longo do seu
trazado:

Simplemente aclarar algúns nomes:
TENAZ e
TESOIRAS : son pinzas de madeira
con dentes metálicos na boca, moi empregada para
coller lampreas. No miño era utilizado un
instrumento parecido para coller o concho que é o
mexilón de río. Esta texoiras eran moi utilizadas
tamén para coller anguías.
MANUXO DE VIDES
: empregado para coller anguías en
moitos ríos. Ver no meu dicionario fluvial a palabra
MOLLO.
REDOTE :
é un cilindro cuberto de arame ou tea,
funciona parecido as nasas de cestería, e a súa
colocación era contra corrente para que entre a
pesca o remontar o río, como por exemplo as anguías.
MASOURA :
é a rede CABECEIRA, chámase masoura no río
Ulla.
TRASMALLO :
é a rede de malla fixa ou a deriva,
rectangular, que leva tres panos de diferente grosor
de feito que o peixe queda enganchado.Ten entre 40 e
140 m. Cortizas na parte superior e chumbo na
inferior.
Ver este links, desta misma páxina, sobre tipos
de redes
usadas na pesca no río Miño.
Ver tamén este link do meu
dicionario fluvial
sobre estos temas.
Volver.
As pesqueiras históricas.

Na fotografía vese unha pesqueira no río Miño,
pesqueira de Arbo.
As
pesqueiras ou pescos
son e foron utilizadas para pescar
lampreas, principalmente.


Esquema dunha pesqueira ou pesco do río Miño:
No dibuxo tomado de Caamaño, 2003, 415 e que
aparece no libro "A pesca tradicional nos ríos de
Galicia" de
Lois Ladra vese unha pesqueira con 4 poios e un rabo.
Entre eles os marcado con unha b están as redes ou
vituróns.
A flecha posta por mín son as lampreas, salmóns ou
sabalos que veñen río arriba subindo e que escapan da
corrente forte e se meten o recanto que fan as
pesqueiras no río e logo entre os poios, caendo no
viturón.
Este é o esquema dos pescos ou pesqueiras.

Por baixo está a rede que se coloca entre os poios: o
viturón, tamén chamado vutrón, voteirón, nasoura entre
outros nomes...
Na figura tendes
as súas partes: embidadoiro,
bocal, carnelleiro, meal, rabicheiro e gancho.
A productividade dun pesco, decíase fai anos, que era
boa cando daba 1000 lampreas o ano. En 1908 había en 25
km. de río Miño 700 pesqueiras.
Hai pesqueiras
especiais para lanzar a cabaceira que
é unha rede, dunhos doce metros, moi pescadora.
|

Así colocan o viturón.

Pesqueira de Raña de Sela. Río Miño
Esta pesqueira que está situada a altura da Estación
de Sela, a Pesqueira chamada Raña, é unha pesqueira
incrible. É unha das máis sofisticadas.
É das chamadas de rabo cruzado e componse de
son 5 poios, cada un máis baixo que o anterior e
realmente cruza o río obligando a pesca a meterse a esta
parte e ser pescada cando sube.
Cada poio ten sobre 10 metros de largo, unha anchura
entre eles de 1 a 1,5 e unha altura de 2 metros. Van
baixando en altura de máis a menos, ata o rabo.
|
Concretamente no ano 2007 estaban
autorizadas 178 pesqueiras das 341 que había no río.
Esta pesca era un auténtico viveiro de riqueza no
río Miño e que hoxe está a desaparecer. O encoro de
Frieira é totalmente incompatible coa pesca en xeral
e moitas destas pesqueiras están xa abandonadas.
Remito a
este término do
dicionario fluvial desta misma páxina, onde
se explica con máis detalle o que é unha
pesqueira.
Volver.
Os
barcos e as barcas
A utilización
dunha ou outra embarcación veu determinado polo uso
das mismas: como medios de paso (as barcas de paso),
a pesca ( que son as que poño a continuación) e
finalmente as dedicadas o lecer ( as famosas barcas
ou lanchas que inda hai moitas hoxe...). O tramo do
río, neste caso o río Miño tamén condiciona o tipo
de barca ou barco usado, non son o mismo os
primeiros tramos do río Miño ou os últimos onde a
barca ten que ser máis forte e seguro.
Algúns dos
barcos e barcas que se usaban para pescar no río
Miño.
1.- A barca
típica. A lancha ou chalana.

Barca típica do Miño. Esta é a barca máis usada no río
Miño.

Dibuxo de Eliseo
Alonso sacada do libro "Pescadores
del río Miño" (Tramo gallego-Portugués.
Excma. Diputación Provincial de
Pontevedra. 1989)
Dibuxo dunha barca típica do río Miño coas súas
pezas e nomes como: as cavernas,
o canizo
dos pes,
a remadeira ou cantadoira.
a Ichama ou chulete,
a sela,
a cuaña,
o paneiro, a
tosta, o espiñazo, os bordos, etc.
Faltan os remos ,
xa que estos barcas navegaban a remos, sempre
sentados os remeiros en
sentido contrario a marcha o remo de adiante é o que
marca e o de atrás a seguir o ritmo e obedecer as
ordes: rema, levanta, calza, rema pa tras, etc.
Toda a montaxe corría a cargo
dos carpinteiros, por suposto con ferramenta
especial como a anxola e
con operacións básicas como o embreado para que non
entre a auga e que se fai con resina de pino o breu e
con alquitrán ou pixe.
Esto vai todo derretido nun pote e aplicado á barca.
Logo as veces faixe o pintado.
Esta lancha é a máis popular
de moitos ríos galegos. Foi usada para a pesca e por
suposto tamén para os famosos paseos ou traxectos
vilegos dos ríos.
Ten algunhas variantes como as
batelas, de menor tamaño, pero non usada para a
pesca sinon para o contrabando e os caíques que si
se usaban para a pesca.
-------------------------------------
2.- As gamelas.

Son embarcacións pequenas de fondo plano e
coa proa e a popa achatadas.
Úsanse na pesca de baixura e tamén como
barcas auxiliares.
A tipoloxía desta barca aparece na foz do
río Miño (Pola Guarda e Caminha). Presenta a proa e a
popa levantada.
--------------------------------------
3.-
Os Carochos.
Anguleiros ou barcos do Miño.
Unha barca das máis
típicas de pesca no río Miño.
Os Carochos.

Antiguas quebradas de pescadores
para botar as redes sobre todo o alcharife para o sábalo
e o salmón. Nesta fotografías pode verse que nela iban
homes, mulleres e nenos. sacada do libro
"Pescadores del río Miño" (Tramo gallego-Portugués.
Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 1989)

Este barco é un
carocho. Nun principio usouse moito os arpóns, as figas.
Fotografía Eliseo Alonso.

Fotografía de Eliseo Alonso sacada do libro
"Pescadores del río Miño" (Tramo
gallego-Portugués. Excma. Diputación Provincial
de Pontevedra. 1989)
Pescador
coa fisga na man.
Barco de pesca, fotografía de Eliseo
Alonso , sacada do libro "Pescadores del río Miño".
Estos son os carochos ,
barcos moi esbeltos, usados moito en Portugal pero tamén
na zona do Miño española.

Maqueta do Mestre Carrelo dun carocho un
barco que admitía vela como se pode ver na maqueta.
É un barco do Miño e de ambas partes, en España
tamén se chama
anguleiro.

Carocho.
Fotografía de Eliseo
Alonso sacada do libro "Pescadores del río
Miño" (Tramo gallego-Portugués. Excma. Diputación
Provincial de Pontevedra. 1989)
É un barco bastante grande sobre 6,5 metros.
As súas características e peculiaridades están na
construción.
Ver un estudio dela na revista citada.
---------------------------------------------
4.-
Barca das dornas, tamén moi
usada polas zonas de Chantada e Os Peares, en tempos por
suposto.

Barco das dornas.
Este barco consta de dous cascos, flotadores
construidos a partir de troncos de madeira escavados
e que se chaman dornas, sobre elles asentase unha
plataforma construida con tablas.
Houbo destos barcos dende Belesar ata
A Guarda.
Imaxen e texto sacada deste link
http://www.concellodechantada.org/spa/cultura_barcas.htm
--------------------------------------------------------
Para rematar pode ser
importante saber canta xente se dedicaba a pesca no
río Miño, hai algunhas estadísticas pero con pouca
continuidade, por exemplo:
No ano 1924:
En Caminha habia 6 quebradas
con 105 barcos.
Cerveira, 5 con 90 barcas.
Segadaes 1 con 15 barcos.
San Pedro 1 con 7 barcos
Ganfey, 1 con 9 barcos
Lapela 1 con 8 barcos.
En 1926
Había 294 alcherifes en
Portugal e 198 en Galicia.
Fálase nesta época de 2.000
pescadores.
Nota: a quebrada non está
totalmente definida en canto a número, podendo
chegar a 360 pescadores. (según datos sacados
do libro de Eliseo Alonso referidos a unha quebrada
de A Guarda.
Ver este link,
desta misma páxina
web, sobre as barcas.
Ver tamén este link sobre os
barcos do Miño,
entre outros.
Volver..
Estadísticas de pesca.
Hai xente que dúbida da riqueza inmensa que aportaba o río Miño,
concretamente da palabra "O pai Miño", para esa xente vou
dar algunha estadísticas que non deixan dúbidas a pouco que se
analicen:

O Sabel
ou Sábalo (Alosa alosa) é o peixe máis
importante do río Miño en tempos. Era unha
variedade exquisita e abundante. Exemplar de
máis de catro kg. Fotografía de Eliseo Alonso
sacada do libro "Pescadores del río Miño"
(Tramo gallego-Portugués. Excma. Diputación
Provincial de Pontevedra. 1989)
Da pesca no río Miño chegaron a vivir
Sábalo ou Sabel:
Hoxe o sabel desapareceu
practicamente do Baixo Miño. Razóns moitas, principalmente a
contaminación do río, os reximen de caudais que é un desastre co
Encoro de Frieira e a temperatura baixa da auga. entre outras
causas. Por suposto a falta de escadas é lamentable e contrario
a lei.
Era o rei do río,
e a súa pesca moi abundante.
Ver como exemplo os
datos de 1944 a 1948 soio do "Baixo Miño":
Estadística sacada do
libro de Praxíteles González "Riberas del "Baixo Miño".
Sus gentes, usos y costumbres" , San Miguel de Tabagón 1997.

Sobre o sábalo a
estadística quédase corta xa que nela soio entraban as pezas de
50 a 60 cms de 4 a 5 kg. non inferiores. O sábalo era a
principal riqueza do río Miño. Sábalo que hoxe no ano 2013 xa
non sube. Falar de 36.893 exemplares a unha media de 4,5 kg da
un total de 8.150 exemplares. Incrible riqueza.
----------------------------------

Salmóns do río Miño. Fotografía en
Monçao. Foto Dr. Carvalho Pinho.
Salmón:
As estadísticas que
siguen están claras, o río Miño é o mellor río salmoeiro de
Galicia, por suposto de España, pero o número de salmóns cada
ano son menores.
Os datos son oficiais
polo tanto son moito maiores, hai que ter en conta os salmóns
pescados na parte portuguesa que son moito maiores que estos que
figuran aquí. Moitos dos salmóns collidos por pescadores galegos
iban para Portugal xa que os pagaban mellor.

Exemplar de salmón, pescado
con trasmallo, en Forcadela. Pesou 16,800 kg.
Fotografía de Eliseo Alonso. Sacada
do libro "Pescadores del río Miño" (Tramo
gallego-Portugués. Excma. Diputación Provincial de
Pontevedra. 1989)
Conta Eliseo Alonso no
seu sensacional libro "Pescadores del río Miño"
(Tramo gallego-Portugués. Excma.
Diputación Provincial de Pontevedra. 1989), que en 1919 e 1920
en Choqueiro nun lance colléronse dous exemplares de 19 kg. En
Segades en 1944 chegaronse a capturar na temporada 100 salmóns,
cando valía o kg. a 25 escudos. En Caldelas de Tui, Francisco O
Cazador, de 85 anos, conta a Eliseo Alonso que en 1923 coleu 121
salmóns, pesando o maior 23 kg. En Valdráns, pescaron 200 en
1937. En Arnau unha vez tuveron un lance con tantos salmóns, que
non poideron arrastrar a rede, e reventou e escaparon todos...
Ver a estadística dos últimos anos en Galicia:
Datos de Salmóns guiados:
Río |
75 |
76 |
77 |
78 |
79 |
80 |
81 |
82 |
83 |
84 |
85 |
EO |
610 |
612 |
308 |
750 |
502 |
1215 |
180 |
187 |
489 |
343 |
286 |
MASMA |
122 |
127 |
44 |
44 |
54 |
70 |
27 |
19 |
12 |
35 |
41 |
ORO |
5 |
5 |
14 |
16 |
7 |
20 |
9 |
9 |
3 |
4 |
1 |
LANDRO |
6 |
5 |
14 |
12 |
10 |
32 |
7 |
2 |
10 |
15 |
12 |
SOR |
0 |
6 |
3 |
3 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
6 |
2 |
MANDEO |
0 |
2 |
0 |
0 |
0 |
1 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
TAMBRE |
2 |
0 |
1 |
0 |
1 |
2 |
10 |
0 |
0 |
0 |
0 |
ULLA |
105 |
263 |
88 |
296 |
24 |
543 |
256 |
104 |
104 |
180 |
175 |
UMIA |
1 |
1 |
0 |
1 |
0 |
1 |
1 |
0 |
0 |
0 |
3 |
LEREZ |
78 |
81 |
23 |
52 |
3 |
39 |
16 |
3 |
0 |
11 |
3 |
VERDUGO |
5 |
5 |
0 |
0 |
0 |
2 |
0 |
0 |
0 |
3 |
0 |
MIÑO |
301 |
296 |
74 |
329 |
30 |
142 |
113 |
43 |
36 |
106 |
57 |
OTROS |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
TOTALES |
1235 |
1403 |
569 |
1503 |
638 |
2067 |
619 |
367 |
654 |
703 |
580 |
Continuación:
Río |
86 |
87 |
88 |
89 |
90 |
91 |
92 |
93 |
94 |
95 |
96 |
97 |
98 |
EO |
702 |
300 |
183 |
24 |
8 |
94 |
40 |
27 |
16 |
20 |
26 |
16 |
12 |
MASMA |
105 |
48 |
40 |
28 |
25 |
84 |
32 |
24 |
22 |
5 |
14 |
3 |
2 |
ORO |
8 |
14 |
1 |
0 |
0 |
0 |
3 |
0 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
LANDRO |
18 |
22 |
1 |
0 |
0 |
0 |
3 |
12 |
7 |
0 |
1 |
0 |
2 |
SOR |
0 |
1 |
1 |
0 |
1 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
MANDEO |
33 |
14 |
15 |
0 |
15 |
11 |
9 |
2 |
12 |
0 |
3 |
3 |
4. |
TAMBRE |
11 |
5 |
4 |
0 |
1 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
ULLA |
256 |
56 |
62 |
13 |
13 |
33 |
21 |
1 |
4 |
1 |
2 |
1 |
0 |
UMIA |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
LEREZ |
6 |
2 |
6 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
VERDUGO |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
MIÑO |
105 |
22 |
62 |
20 |
57 |
29 |
38 |
3 |
17 |
12 |
19 |
8 |
0 |
OTROS |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
3 |
1 |
4 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
TOTALES |
1246 |
485 |
375 |
87 |
121 |
254 |
147 |
73 |
80 |
38 |
65 |
31 |
20 |
Salmóns guiados:
Años |
nº Salmóns |
Río Miño |
1998 |
20 |
0 |
1999 |
61 |
1 |
2000 |
58 |
1 |
2001 |
161 |
1 |
2002 |
77 |
0 |
2003 |
164 |
2 |
2004 |
171 |
5 |
2005 |
302 |
3 |
2006 |
343 |
17 |
2007 |
283 |
15 |
Datos oficiais de Salmóns dende 1949:


Dato curioso de 1944.
Estadística sacada do
libro de Praxíteles González "Riberas del "Baixo Miño".
Sus gentes, usos y costumbres" , San Miguel de Tabagón 1997.

Aquí están os datos de España e Portugal. Pero
datos oficiais.
Esta estadística é
únicamente do "Baixo Miño" e observar por exemplo no ano 1944
foron pescados na parte portuguesa 5.000 kg. de salmón e na
española 1.027 vamos casi nada. Esta é bastante certa xa que o
salmón era guiado, pero haberá que ter en conta que seguro
que se colleron máis. Pensando nunha media de 8 kg por salmón
saen aproximadamente 750 salmóns, repito soio no baixo
Miño. Por certo dice Praxíteles que o feito de que os
portugueses pescaran máis non é moi significativo xa que moitos
salmóns pescados por españois eran vendidos no mercado luso, xa
que pagaban máis.
---------------------------------------------------------

Meixóns ou angulas, son as crías das
anguías. Un manxar de deuses pero en extinción total...
ANGUÍAS E MEIXONS
Descoñezo os datos de
recollida de anguía no río Miño en moitos anos, pero podo
asegurar a priori e vista a cantidade de anguía que se collía
nos anos sesenta en calquera río afluente do Miño que se podería
falar de millóns de exemplares. (No anguieiro collíanse
unha pequena porcentaxe de anguía nunhas horas do día, en 1995
foron 696.301 exemplares, falar de millóns de anguías que morren
na presa de Frieira parece trivial e correcto en cada
temporada...
Hoxe dende Frieira cero.
Cóllense anguías no Baixo Miño.
No río Miño a anguía e
os meixóns van en picado cada ano que pasa. Non hai máis que ver
a anguía que se collía fai anos en Frieira e a que se colle
hoxe.
Por exemplo no ano 1995
estos son os datos do Anguieiro, levado a cabo pola Asociación
Coto do Frade.
En 1995 cólleronse 791 kg de
anguías sobre 696.301 exemplares.
1 kg aproximadamente 880
anguías.
Estuvo presente o Alcalde de
Ribadavia en 1995.
--------------------
En 1996 xa foron 209 kg de anguías sobre 183.920
.
--------------------
En 1997 foron 531 kg. 467.280 exemplares.
O declive da anguía está clarísimo. Cada ano que
pasa hai menos.
O gráfico que aparece a continuación reflexa este
dato.
-----------------------
Nos seguintes anos colléronso cantidades moi
baixas.

Estadística sacada deste link.
As causas son moitas e
variadas, pero a principal son as grandes presas que non deixan
subir as anguías. Esto comprobado. Dende 1970 a anguía no Miño
está a caer en picado. Por riba de Frieira son xa unha anécdota.
Algunha que outra votanna das que se collen en Frieira na misma
presa. Por suposto a contaminación dos ríos é outra causa
importante.
A desfeita e total.
O meixón vai en proporción
o dito. Cada día hai menos.
En noite de chuvia parece
que é cando máis se collían. Fai anos o meixóns regalabano, hoxe
vai a precio de ouro e cada días máis. É normal pagar por unha
tarteiriña de meixóns 80-100 €. En tempos conta Eliseo Alonso no
seu libro que chegaban a pagarse 17.000 pts. por kg. de meixóns
nas navidades. Anos 1980-85.
------------------------------------------------

A lamprea é
un manxar exquisito e moi valorado actualmente. Na
fotografía de Eliseo Alonso sacada do libro
"Pescadores del río Miño" (Tramo gallego-Portugués.
Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 1989)
vese unha lamprea recén pescada.
LAMPREAS
A lamprea tamén vai a
menos pola misma causa que a anguía o sábalo e o salmón o río
MIño vai bastante contaminado e inda por riba non deixa
subir a ninguén na presa de Frieira.
No baixo Miño a pesares
de que a cousa vai a menos inda se siguen a coller cantidades
extraordinarias, así no ano 2012, según os pescadores un mal
ano, non baixaron de 600.000 lampreas entre a parte de
España e de Portugal. Un maná, que nos permite extrapolar o que
podería ocurrir si as cousas foron como fai anos sin presas que
non deixan subir a fauna, sin río contaminado, etc.
Ver este link
para comprobar o dito.
No río Miño tamén
se pescaban: anguías, lampreas,
meixóns (angulas), troitas,
reos, sollas, múxeles e un longo
etc.
A riqueza do
"Pai Miño"
O río Miño era
"O pai Miño" en riqueza.
Hoxe non é nada
de nada.
Lembro a ver
salmóns no río Maquians (en
Ribadavia-Ourense), afluente do Avia no
ano 1968. Tamén lembro que nos anos
corenta e cincuenta se pescaban sábalos
en Oira en Ourense, dito por xente como
o meu pai e amigos...Por suposto as
anguías subian ata as cabeceiras dos
ríos...Menuda riqueza.
Culpables: está claro, a
contaminación, pero sobre todo os
encoros (sin escadas, incumplindo as
leis, cambiando os cursos dos ríos,
cambiando os caudais, subindo agora e
baixando a continuación de caudal,
enfriando as augas e un longo etc.).
Para rematar vou
poñer unha documentación estadística sacada
do libro "Ribeiras del "Baixo
Miño" de Praxíteles Glez. Martínez.
Nesta estadística
queda clara a evolución da pesca no río
Miño. Observar os anos 1934-1941. Logo 1951.
e finalmente 1994-95.
Os datos son
únicamente do "Baixo Miño", polo tanto dende
Tui a desembocadura.



Decir que a xuicio dos
pescadores estos datos son os oficiais e polo tanto moi
por baixo dos reais. Decir tamén que os sábalos
vendíasen por peza e non por kg. cousa importante
Volver.
Os problemas da pesca
no río Miño. 2014.
Fernando Ferreira.
Presidente da Cooperativa de Pescadores
do río Miño.
"El futuro del Miño
es muy negro"
Voz de Galicia 09-12-1999
"La contaminación, los desniveles de las aguas por las
presas, un ciclo de mala pesca, están acabando con
el río; su futuro es muy negro como no se tomen medidas
en serio"
"Las presas
están constantemente provocando cambios en el caudal del
río al cerrar las compuertas durante cierto tiempo y,
llegado el momento, al abrirlas para evacuar agua cuando
están demasiado llenas. En la presa de Frieira, cuando
dejan las compuertas cerradas y se utiliza agua para
generar electricidad a través de las turbinas, en la
parte alta del cauce hay zonas muy grandes que quedan
completamente secas. Y ahí mueren ejemplares adultos,
pero lo más grave es que muere la recría. Por el
contrario, cuando sueltan el agua de la presa se produce
una avalancha tremenda del caudal, con zonas en las que
el nivel sube hasta metro y medio. De este modo, nunca
se sabe qué va a pasar y se ha hecho una costumbre que
esto sea un desastre para la fauna del río Miño"
Creo que ó anterior
resume de forma profesional ó que pasa
actualmente có río Miño na súa parte baixa
(76 km.).
Pola
miña banda esta é a miña opinión:

Secundino Lorenzo. Pescador, non profesional, do río Miño
dende 1968.
O río Miño dende a metade do século XX está a
verse afectado gravemente
en gran maneira polos encoros feitos: Belesar,
Peares, Velle, Castrelo e Frieira, todos eles ilegais
dende o punto de vista de que
non permiten subir as especies
migratorias
como o salmón, anguía, lamprea, sábel, sáboga, reo e
outras, que viven no mar e no río, son anádromos,
e polo tanto a súa desaparición en moitos tramos do
mismo é real. Por suposto tamén ten moitísima
importancia a contaminación (por
augas residuais, por residuos industriais. e residuos
agrícolas, os velenosos puríns sin tratar),
galopante nos trinta
últimos anos, así como e a extración de áridos. Tamén hai que engadir, como
outra mágoa máis o que se botaran o río
especies foráneas que
contribuen de forma incuestionable a desaparición da
fauna autóctona, estou a falar de: carpas, black-bass,
gambusia, e outros. Unha auténtica aberración, fruto do
descoñecemento, tamén de intereses sospeitosos, e
osadía de xente que están ocupando cargos, e tomando
decisións, para os que non están preparados.
-------------------------
Non deixedes
de ler o artigo
"O río Miño: vivo máis non moito"
de
Helena Correia
onde se pon de manifesto de forma científica e estudiada
os problemas do río Miño.
Volver.
Saír.
|