O MIÑO : CHEO DE
VIDA
(En tempos)
Escribe Secundino Lorenzo
Venme á memoria un feito histórico
relacionado có río Miño e outros ríos galegos. Cando se construiu a liña férrea
Madrid-Galicia, traballábase en lugares incribles, algúns moi preto dos ríos. É
curioso que nunha ocasión, houbo unha protesta dos trabajadores dado que estaban
cansados de xantar salmón. Incrible pero certo.
Tamén teño presente os datos dun libro publicado en 1930, reeditado en
1943 pola Dirección Xeral de Turismo "El salmón y su pesca en España" e
onde se falaba de que o río Miño tiña unha capacidade anual de 90.000
salmóns", ou sexa, era o río máis importante de pesca do salmón de
Europa.
..." 'Según
cálculos científicos, el Miño es un río con una capacidad anual
de noventa mil salmones. Los salmones de este río suelen ser de
un peso muy grande, habiéndose cogido muchos, después de
desovar, de cerca de las 30 libras. Como truchero, es magnífico
río, pudiendo decirse que en sus pozos se guardan las truchas
más grandes del mundo, habiéndose sacado ejemplares de más de 10
kilos. Los pescadores ribereños, de pluma y devón, no llaman
grande a una trucha de un kilo, por clavar, con bastante
frecuencia, y en una sola jornada, ejemplares de 1 a 5 Kg'"
Texto sacado dun artigo de Xesteira publicado no diario La
Región de Ourense. Ver (1)
O evidente é que o Salmón subía ata no fai
moito pola conca de varios ríos entre eles o Miño. Lémbrome cando era neno, na cidade
de Ourense que houbo una crecida moi grande. Aínda non estaba construido o encoro de
Frieira nin o de Castrelo, pois ben, cando baixaron as augas na piscina do Complexo
deportivo de Oira, en plena cidade de Ourense, quedou retido un salmón.
Salmóns de mais de 15 kg. pescados no río Miño a
esquerda, e o pescador da fotografía da dereita ten 3 sábalos.
Tamén na zona de Oira
collíanse sábalos a cestos. Hoxe xa non suben polo río Miño, non
lles gustan as augas frías do encoro de Frieira e tamén a contaminación
que cambiou o PH do río. Houbo anos que no baixo Miño se pescaron mais
de 123.000 pezas de sábalo (entre a parte española e a portuguesa) soio
nun ano, entre 3 e 4 kg. peza;
concretamente no ano 1946, según unha estadística oficial...Unha
riqueza que na parte española e con datos da Mariña superou as 400.000
pts. daqueles tempos, incrible dato... Con este diñeiro según o
I. N .Estadística poderían vivir durante un ano 20 familias (de catro
membros cada una. por suposto en 1946)...
Río Miño en Ourense, na zona do Bao con
fondo a Ponte Vella, neste lugar cando baixaba o río collíanse
anguías cun tenedor... Tamén había mexilón de río. A fotografía
é de Ruth Matilde Andersen e foi sacada en 1925.
O anterior amosa a riqueza que tiña o Miño,
ata non fai moito.
Lémbrome a ver na Praza de Abastos de Ourense,
vender anguías, troitas, lampreas e moitísimo escalo. Por certo era famosa a empanada de anguías.
Certifico,
eu era un rapaz que andaba polos dez anos, que a empanada de anguías,
mais ben pequenas, era un bocado
único e marabilloso polos anos 1950-1960 en Ourense. As anguías do río
Miño da zona de Alongos e a empanada feita no forno do "Páxaro".
...D. José Cornide en
su “Ensayo
de una historia de los peces”(1788)
que “Se
sirven las anguilas frescas, fritas, guisadas y empanadas;
pero cuando son de proporcionado tamaño se asan sobre las
parrillas, rebozadas en hojas de laurel ó parra, y
aderezadas con un poco de limón y pimienta…”
Resulta curioso o que afirma
Afonso Eiré no
seu fabuloso libro sobre o encoro de Belesar "Belesar o orgullo de España",
2013 Hercules de Ediciones,
falando das consecuencias directas da construción do encoro de Belesar
na fauna do río Miño na zona:
..."E co encoro desapareceron tamén
moitos animais. ¿ Quen viu hoxe ameixas ou os mexillóns de
río?. ¿Onde están as lampreas?. A presa inda non lle fixeron
a escada para que suban.
As anguías só para proba, cando era
o prato preferido en San Froilán e mais comido que o hoxe
famoso polbo... E os cangrexos que, decían, saían da auga
até para comer leitugas e verzas..."
O texto de Afonso é moi curioso, o de San Froilán en Lugo é totalmente certo,
a xente olvida pronto; e o dos cangrexos de río había a miles pola
zona da desembocadura do río Neira e o Miño. Hoxe desapareceron totalmente.
Pesqueiras do río Minho no
tramo internacional, concretamente son as pesqueiras de Sela. Descoñezo o autor da fotografía.
É curioso,
ver este link, ó que se conta sobre a pesca no río Miño nos anos
1921 e 1922 nun libro de título "Diccionario de las artes de
pesca en España y sus posesiones", escrito polo Conservador do
Museo de pesca da Marina, D. Benigno Rguez. Santamarina. No libro
pon o tramo internacional do río Miño nun pedestal ou paraiso da
pesca e non me estrana nada en absoluto...foi máis que eso...
Sin lugar a dúbidas o Miño era unha despensa chea de
vida. Hoxe en dia apenas ten anguías, dado que non poden subir polos encoros, xa que non
ten escalas de ningún tipo; en Frieira xa non pasan, inda que algunhas fan
marabillas e suben por unha gota de auga... As troitas cada día van a menos, hai moitos peixes e tamén
os famosos Blac-black e as carpas, seica un entendido de Medio Ambiente fixo unha repoboación
con estas especies no encoro de Castrelo, Peares e Belesar hoxe son abundantisimas e remata coas troitas.
(1) Sobre este
libro "El salmón y su pesca en España" hai un artigo de
Xesteira publicado no diario La Región no ano 2012,
concretamente o 30/05/2012 e que podedes ver
neste link.
Merece a pena velo.
Saír á río Miño
Salir al río Miño |