|
|
Esta páxina naceu no ano 1997 e estamos no 2019. Fai vintedous anos.
Nestes anos puden comprobar que en xeral a situación dos grandes ríos ourensáns, que son os
citados ó marxen, é penosa e lamentable e vai
a peor... Pasamos de
ser nos últimos corenta anos , a provincia cos mellores ríos probablemente de España,
a ter unhos ríos francamente contaminados e cada vez con menos
vida, como dice Xosé Santos, gardaforestal de toda a vida, "os ríos
de Ourense
están con cancro e metástase".. Por si fora pouco encheron os ríos de minicentrais tercermundistas,
que deixan os ríos mal, moi mal.. Algunhas asociacións pronostican que en cinco anos non haberá troita
autóctona na maioría dos ríos de Ourense e non lles falta razón, si non tomamos
medidas. Por supostos os puríns e os lumes están esnafrando os nosos
ríos cada día máis...A todo o anterior temos que sumar o desastre
que producen nos ríos do Oriente de Ourense, fai anos as estradas e
pontes, hoxe o AVE, todos os desmontes e máis van os ríos.... Os
ríos Támega e afluentes, asi como a cabeceira do Arnoia están
defenestrados.
O
río Miño en
Ourense está convertido nunha pocilga, aguantamos todo o que nos ven
de media Galicia e inda por riba engadimos as cloacas dos ríos Lonia e Barbaña,
aparte de Ourense, que por depurar pouco depuramos, inda no 2019 non temos
depuradora que funcione...
O
río Barbaña, que pasa por Ourense, non é un río é unha cloaca. A gran
asignatura pendente. Algo se está facendo pero inda queda moito
por facer.
No ano 2010 levou cinco contaminacións, nunha delas morreu toda a
fauna, unha desfeita auténtica. O pasado foron varias. Por certo a Xunta non está disposta a
dar un can para resolver o tema, non lle interesa... Os concellos de
Ourense e de San Cibrao non fan máis que pagar multas, no se saben quen
son os responsables... cada pouco o río vai desfeito...
O
mismo se pode decir do río Lonia, outro dos ríos de Ourense
ciudade. Outra cloaca...
Por contra ¿ que fixeron
as Consellerías de Medio Ambiente ata fai pouco en Galicia?: as súas
actuacións de cara os ríos limítouse a facer catro sendeiros, algunha
aula da natureza, cortar árbores sin ningún coñecemento científico, empedrar algunhos ríos, encauzar con muros a outros e pouco
máis. Nada de nada do que se entende hoxe por depurar e
conservar un río e unhas augas. O exemplo claro é Ourense. Uns paseos
marabillosos, aulas da natureza e un longo etc. pero un río que é lastimoso
e unha depuradora que tal como entra a merda sae ou pouco menos...Para
chorar.
|
Fai falta XA (esto xa o
escribía en 1997) unha
acción integral nos ríos galegos: de vixilancia, de vedas, de limpezas, de
conservación, de depuración das augas residuais e desagües de granxas, de
mentalización, de establecimiento de piscifactorías naturais nas cabeceiras dos ríos ,
de eliminación de obstáculos para o desove, etc. O que é máis grave fai
falta por parte da agricultura galega o abandono da chamada "agricultura
salvaxe", que consiste en veña puríns, dalle puríns e máis puríns en
calquera época e sin tratar...
A verdade que estamos a anos luz doutras comunidades. Por si fora pouco,
actualmente en decembro do 2010 volvemos a época Fraga en cuestión dos
ríos. Vamos... que nada de nada, e ollo que volven as minicentrais das que
era tan afecionado. Unha mágoa auténtica... |
As razóns da contaminación son moitas e
variadas...
Resulta
incomprensible e paradóxico que se trate de potenciar o
turismo, sobre todo o termal, e non se empeze por limpiar os ríos a base do que podría se-la riqueza
real desta provincia. Depúrase pouco na provincia. Prácticamente no hai
depuradoras e as que se montaron ou non funcionan ou son deficitarias. Un desastre.
Non entendo como os nosos Concellos gastan alegremente o diñeiro que hai, eu
penso que non saben,
e tamén o que ven de Europa, pero nunca en saneamento dos ríos...salvo
honrosas excepcións...E que decir dos incendios, como este do 2017, que está
a encher os ríos de cinza, que mata todo. Un auténtico desastre total e
a Xunta ni se inmuta...cando se lle foron das mans por incompetencia...
Para rematar: o tema do salmón atlántico, o deixalo morrer en
Galicia, o feito de que xa non exista en Ourense, non ten perdón.
Nota: Incorporo este video
"Adiós Ríos" onde se conta todo o anterior. Imprescindible velo
Galicia: Adiós Ríos, informe en V Televisión   |