Pontes  no  río  Miño

Neste traballo, de Secundino Lorenzo, están descritas "cincuenta lugares de paso"  do río Miño: catro deles son pontellas e o resto son pontes. Pode faltar algúnha  ponte ou pontella;  si falta algunha e vostede sabe cal, xa sabe, mande  os datos a este email. Si pode engadir algo, nomes, historias, este traballo está aberto.

 

1.- Pontes romano-medievais:

 

              2.- Pontes de Ourense-cidade.

 

3.- Pontes especiais:

 

4.- Pontes internacionais:

 

     5.- Outras pontes:

                    

6.- Pontes de Lugo-cidade

 

7.- Pontes entre o Pedregal de Irimia e Lugo cidade.

 

   Volver á río Miño                     Volver a  río Miño  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pontes na cidade de Ourense.

 

Fotógrafos:  Secundino Lorenzo e outros.

 

No mapa aparecen siñaladas  as Pontes que hai en Ourense. En Ourense falamos de que podemos pasar ó río Miño por once lugares e dende logo é certo. No mapa aparecen nove lugares, faltan soamente dúas pontes que están a catro kms. río abaixo e son,  a Pasarela de  Outariz e a entrada a autovia "Rías Baixas", a chamada Viaduto Norte  ou Ponte de Eirasvedras.

Fotografía,  dende o Seminario Maior de Ourense, das pontes mais importantes de Ourense cidade.

En primeiro lugar a Ponte Novísima, logo a Ponte do Milenio, sigue a Ponte Vella, a  Pasarela do Vao,  que desdice un pouco na miña opinión, logo a Ponte Nova ou Ponte de Ferro e a máis alta a Ponte do Viaducto do Ferrocarril.  A fotografía é do autor da web e debe ser do ano 2002.

No mapa de Google Earth vense as tres primeiras pontes de Ourense cidade: a Ponte de Velle, a Ponte do encoro de Velle e a Pasarela de Oira.

 

Comenzarei as pontes de Ourense cidade polo Ponte de Velle e irei río abaixo ata chega o Viaduto do Norte como entrada da A-52 en Ourense cidade: 

 

 Ponte de Velle.

Ponte de Velle. Fotografía de Santi M. Amil. Está claro que a ponte ten unha pequena pendente, de este a oeste, tamén se ve na fotografía seguinte.

Coordenadas da Ponte de Velle 42.360683 ,  -7.851630

Na fotografía pode verse a Ponte de Velle que se fixo para conectar a estrada que ven de Monforte, a N-120 coa estrada que vai de Ourense a Santiago a N-525 que tamén leva a Lugo  e viceversa. Supón tamén actualmente unha entrada na cidade de Ourense.

 Inaugurouse o 18 de decembro de 1996 e veu a favorecer o peche de paso de camións de gran tonelaxe  pola ponte Vella, que daquela pechouse ao tráfico e peatonizouse. A fotografía está sacada do Google Earth, dende a estrada que vai a Barra de Miño.Ou sexa o outro lado da fotografía anterior.

Nesta fotografía vese a situación da Ponte de Velle, con respeto a presa de Velle.

Esta ponte está situada a 300 m. aproximadamente da presa do encoro. Foi obra do enxeneiro  Angel Martínez Cela coa colaboración do seu axudante o enxeneiro José Ballester. Son tres vanos. É a ponte típica onde toda a carga van nos piares e toda a ponte é de formigón. O vano central ten  170 m. de luz, cunha altura entre os 35 e 40 m. Os outros dous son de 105 m. A calzada ou taboleiro é de formigón de 380 m. de lonxitude.  Ten un ancho de 12,80 m. e permite tres carrís. Dous carrís de subida e saída para Lugo ou Santiago e outro de baixada para coller a Monforte ou ben a Ourense cidade. A ponte é  polo tanto a típica apoiada en piares de 32 m. de altura, piares que están neste caso no río.

Aquí vense os dous  carrís en dirección a Santiago ou Lugo, e as beirarruas por certo ben cativas. Está ponte foi un paso importante para facer a circunvalación de Ourense cidade e dende logo axudou e axuda moito a circulación pero pouco se fixo, pasaron casi trinta anos e o proxecto está parado. Temos pola cidade unha estrada como a N-120 que ben poidera ir por fora, como era o proxecto primitivo, pero hai moitos interesas en contra... Intereses que afectan os paseos do río Miño, a antigua praia de Ourense, o Parque Miño, que debera ser eso,  e a Ponte Vella...O mellor algún día siguen as obras...

 

Vamos río abaixo:

 

Ponte  encoro de Velle

Ponte do encoro de Velle Está por riba da presa.

Coordenadas 42.357765   ,  -7.850715

Encoro de Velle na misma cidade de Ourense, unha presa pequena 17 Hm3 e de 82,94 Mw. de prod. eléctrica. É de Gas Natural Fenosa, hoxe Naturgy  e foi feita entre 1962 e 1966.

Podemos falar da Ponte do encoro de Velle, efectivamente pode cruzarse o río Miño nese lugar, soio pode pasar un automovil xa que é moi estreita, ten barandas de protección e miradoiros. A altura é de 26 m.

Nos comenzos da presa do encoro hai motivos alusivos a producción de electricidade como esta turbina, que debeu ser das primeiras que montaron.

Este é unha fotografía, sacada do Google Earth na que se ve esta Ponte do encoro de Velle, efectivamente é moi estreita e hai que esperar que pasen os automóviles que veñen da zona da piscina de Oira

A misma fotografía de arriba un pouco máis atrás.

A estrada é pouco ancha como pode verse.

Afectou moitísimo o río Miño en Ourense e inda afecta, cada día mais. Non entendo como as autoridades e o pueblo de Ourense deixou facer esta presa. Presa moi pequena debido a vía do ferrocarril que vai dende Ourense ata Monforte pola dereita do río e marcou a cota.

O río Miño non é o mismo da miña xuventude, onde se podía un  bañar, sempre con precaución, dende Oira ata a Ponte Vella. Hoxe é un río distinto. Ourense e parte das súas termas están en mans desta presa que ó turbinar anega moitas veces as termas da Chavasqueira,  as do Muíño da Veiga e as de Termas de Outariz. Tamén de cando en vez deixa secas moitas partes do río.

Nesta fotografía, que repito,  pode verse como a Presa de Velle está xusto a carón das Piscinas de Oira;  nos meus tempos a praia fluvial de Ourense. Tiña un bar no medio do río e moitos ourensán baixávamos nadando polo río dende Oira ata a praia da Antena, xunto a Ponte Vella. Era cuestión de escoller as correntes e ter cuidado no cachón dos caños, dependendo da corrente aquí pasábamos de cara ou o revés.

 

Seguimos río abaixo:

 

Pasarela de Oira

Nesta fotografía, sacada en febreiro de 2018, vese a Pasarela de Oira  que pecha o circuito de andaina do río Miño en Ourense; ó fondo a presa de Velle e a dereita o edificio onde están as máquinas que sacan a auga do río Miño para abastecer a Ourense ciudade. O dibuxo do edificio  parece que anima os pescadores de "cola de rata" a pescar nesa zona. Efectivamente en tempos había  salmóns, reos, troitas, sábalos, sábogas, anguías e outros tipos de peixes...Hoxe pode entrar algunha troita, pero hai moi poucas, os demais xa non existen, os encoros de Castrelo e Frieira impiden, de forma ilegal, subir a estes peixes...

Coordenadas da Pasarela de Oira  12.351773 , -7.853369

A Ponte colgante, chamada Pasarela de Oira,  que se ve supón completar unha andaina circular, sobre 14 km.,  o redor do río Miño en Ourense, marxe dereita e esquerda,  e que vai dende esta ponte, pasarela de Oira,  ata a Pasarela de Outariz e completar un camiño de mais de 14 km. sensacional.

Pasarela de Oira que se fixo por debaixo do encoro de Velle, para salvar ó río Miño e pechar o recorrido circular, xunto coa pasarela de Outariz, de 14 km. Ese día da foto o río baixada cheo.

A pasarela é a típica ponte de tirantes, chamada de estructura colgante, e a súa sustentación principal depende dos tirantes de aceiro que en número  de 14 sosteñen a estructura. A ponte leva, como se pode ver na fotografía anterior unha curvatura curiosa, é por suposto soio para peóns, ten 2,5 m. de ancho e o chan é de madeira de  iroko unha árbore de Africa que seica dura moito.  Entre mástiles salva o río Miño, son nada menos que 110 m. Ampliar datos técnicos ver este link.

 

A ponte fai unha doble S.

A altura da ponte seica se puso a unha cota de 1m. superior a chea máis grande, cota 107.37 que foi fai 500 anos. (Ver as cheas nesta misma páxina web do que escribe)

Aquí vese  a doble curva da ponte.

Nesta fotografía vese moito mellor a doble curva, por esta parte que é a dereita baixa pouco a pouco ata o chan ata a cota 100, esta rampa é paralela o río e tamén o paseo que hai no lugar. A ponte estuvo moi ben diseñada. É realmente cómoda para os peóns.

Esta é a parte dereita da ponte, río abaixo, por este lado, da parte de Oira ten unha entrada moi ben pensada, cunha rampa moi calculada para o paseo e outra para baixar directamente.

A pasarela de Oira de noite está ben iluminada para os peóns, pero un pouco pobre de cara ao turismo. Non costaba tanto iluminar os tirantes da ponte, por exemplo. Pero bueno, despois de ver a Ponte Vella actual, que río arriba, ou sexa vista dende a Ponte Nova, non seconcibe, esta é unha marabilla.

Río Miño preto de Oira, por debaixo do encoro de Velle. A fotografía está sacada dende a Pasarela de Oira que se fixo para pechar un circuito ó redor do río Miño, de  14 km. de lonxitude.

A esquerda un muiño de acea e outra pasarela que se fixo para salvar o río Loña que desemboca nese lugar. Nesas escalinatas, que se ven,  recóllese a auga que utiliza a cidade de Ourense.

 

Pasarela sobre o río Loña, que desemboca neste lugar pola esquerda no río Miño. Esta pasarela forma parte dun recorrido de 14 km. ó redor do río Miño. Non a conto como ponte sobre o río Miño xa que está realmente sobre o río Loña que desemboca xusto debaixo da ponte. O que se ve é o río Miño.

Esta fotografía é do ano 2014, e o río Miño iba cheo.

 

Seguimos río abaixo.

 

Ponte Viaduto Ferroviario

 

Coordenadas  42.347921 , -7.862713

Na fotografía a Ponte do Viaducto ferroviario. Foi inaugurada en 1957, xunto coa estación Ourense-Empalme. Esta ponte permitiu chegar a Ourense cidade por ferrocarril cruzando o río Miño; antes o ferrocarril viña de Vigo e seguía cara a Monforte. Rematouse o tramo Puebla de Sanabria -Ourense da liña Zamora-Vigo (xa era hora...).

O primeiro proxecto da Ponte foi redactado polo enxeñeiro José Luis Tovar Bisbal entre 1933 e 1943. A obra rematouse no ano 1948 xunto coa estación actual, e non se inaugurou ata 1957.Participou tamén o enxeñeiro Eugenio de la Sal Crespo.

Ten nada menos que tres arcos-bóvedas centrais e once laterais, seis nas Lagoas e cinco na outra ribeira. Os arcos centrais teñen unha luz de 62 m. e uns 60 m de altura. O viaducto ten 400 m. de largo.

Por certo é toda ela de formigón.

Fonte deste texto "As pontes sobre o río Miño", Historia e Enxeñería J.M. Eguileta. Faro de Vigo.

Fotografía da Ponte do Viaducto ferroviario do fotógrafo Javier Morais, un amigo. Por certo está foto ten dono, aparece en algunhas web sin referenciar.

Hoxe, en xaneiro de 2022 xa non ten as luces que tiña fai anos, nesta fotografía as luces que se ven son da ponte nova. Unha mágoa...

 

 

Seguimos río abraixo

 

Ponte Nova

 

 

 

 

Coordenadas  42.347338  , -7.863700

Na fotografía a "Ponte Nova". Foi fundamental para Ourense. Sirviu para unir a estación de Ferrocarril e o Parque de San Lázaro.

A Ponte comenzou a facerse en 1911 baixo a dirección de Martín Díaz de la Banda, se ben non se rematará ata os inicios de verán de 1918, baixo a dirección de Miguel Fdez. Garcia. Cumple polo tanto 100 anos no 2018.

Está formada por seis arcos de medio punto de sillería e un de "ferro" feito nos "Talleres de Zorroza" de Bilbao, cunha luz de 75 m.

A ponte está inspirada claramente  no seu estilo polos pontes belos de ferro de París,  sobre o río Sena. A ponte é moi importante e así ten a categoría de BIC, baixo a catalogación de Monumento Histórico de Galicia, pola resolución do día 11 de febreiro do ano 1991 (DOG. 7 de xuño de 1991).

Ten dous tramos en pedra de cantería situados sobre dous tallamares arredondados e que sosteñen o vano central metálico en ferro, do tipo Eiffel e de máis de 500  toneladas de peso. A súa luz é de 75 m. A lonxitude da ponte é de 242 m. cun ancho para automóviles de 12 m. repartidos en tres  carrís e dúas beiravías.

Nesta fotografía de Google Earth vense os carrís actuais, xaneiro de 2022. Un carril doble, outro senciñño e dúas beirarruas

Tamén se chama "Ponte de Ferro".

Os sillares de granito de Outariz foron cuidadosamente labrados por canteiros pontevedreses de Cotobade, incluindo un friso de palmetas modernistas e unhas composición con elementos profesionais propios dos Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos; a áncora, a ponte e as ramas de palma e de carballo. As farolas eran da fundición madrileña de Talleres Iglesias.

A áncora, a ponte e as ramas de palma e de carballo propios dos Enxeneiros de Camiños, canais e Portos.

 

Seica o efecto desta ponte foi básico para a cidade xa que permitiu estirala cara o norte, contribuindo a crear o actual centro agrandado coa rúa Curros Enríquez e potenciando máis a contorna do Parque de San Lázaro.

A Ponte nova de noite, ten unha luz merecida e que resalta o que se quere ver desta ponte, a parte de ferro e unha cantería extraordinaria. Os faroles son os adecuados e que lle van a este tipo de ponte. Vendo estas luz un sinte un pouco de vergoña de ver de noita a Ponte Vella ou Ponte Maior de Ourense e tamén a Ponte do Ribeiriño, a primeira xa que se ve sin luz, morta e a segunda é tan simple que da pena, cando a Ponte do Ribeiriño podía dar máis de si, xa que é unha gran ponte..

Outra foto esta dende río arriba, o que se ve é o Centro Comercial. Ten as luces apropiadas e así luce, como debe ser...

Fonte deste texto "As pontes sobre o río Miño", Historia e Enxeñería J.M. Eguileta. Faro de Vigo. Tamén usei o libro "Pontes lugares seguros de paso" de Juan Andrés Hervella Vázquez.

No quero rematar o texto sobre a Ponte do Viaducto e a Ponte Nova sin poñer unha fotografía que non é miña, é de Martiño Pinal e sacou nada menos que o día 22 de novembro de 2021:

Na fotografía de Martiño Pinal vese a Ponte de ferro ou Ponte nova e detrás a Ponte do Viaducto do ferrocarril. Esta foto é histórica para Ourense e para Galicia, xa que polo viaducto está a pasar por primeira vez o Ave, era a súa primeira viaxe, dende Madrid,  e foi o día 22 de novembro do ano 2021, o reloxo marcaba as 11  A.M. Levoulle 2 horas e 15 minutos dende Madrid a Ourense. ¡Incrible!.

 

Seguimos río abaixo

 

Pasarela do Vao

 

Coordenadas  42.346335  ,  -7.865785

Pasarela do Vao, entre a Ponte Nova e a Ponte Romano-Medieval. Esta ponte une o Barrio da Ponte co Centro Comercial "Ponte Vella". O lugar onde se fixo a ponte é precisamente onde baixaba o antiguo camiño do Vao, un lugar para achegarse ao río e  que hoxe desapareceu. A pasarela ten  203 m. cun ancho de 6m que permite perfectamente pasar os peóns.

 

Outra vista da Pasarela onde se ve río abaixo a Ponte Romano-Medieval. É unha pasarela de peóns únicamente. O vano central ten unha luz de 83 m., sendo os laterais de  64 m. Toda a estructura está sostida por dous piares en forma de L, que se ven na fotografía, anclados na orela esquerda e no río. A estructura está composta de  perfiles tubulares de aceiro e lousas de formigón. As luces de noite e o alto das varandas son dúas características interesantes.

Esta fotografía permite ver como é e como se apoia nos piares en L a estructura metálica

Algúns datos están collidos do libro de Juan Andrés Hervella "Pontes lugares seguros de paso". Ver a bibliografía.

Para rematar unha fotografía río arriba onde se ve que esta pasarela está situada entre a Ponte Vella e a Ponte Nova. Por certo nese momento eran sobre as 12 de mediodía do 26/11/2021 e estaba a pasar un alvia polo viaducto do ferrocarril.

A Pasarela do Vao tamén ten unha boa iluminación de noite e realmente faille falta, pasa moita xente cara a Ponte e o revés. Fotografía do día 13/12/2021. Por detrás desta pasarela debera verse a Ponte Maior, pero só ten luz interior, non resalta nin se identifica na noite...Para o turista unha mágoa...

 

 

Seguimos río abaixo.

 

Ponte Vella

 

Coordenadas  42.345312,  -7.868728

Sin dudalo a xoia das pontes de Ourense. Como xoia poño aquí unhas referencias pero aparte dedícolle una ficha aparte, coa súa historia e outras cousas. Por certo en galego e castelán.

Fotografía na "Ponte Vella" ou en castelán "Puente Viejo", tamén chamada "Ponte Maior", ou mal chamada Ponte Romana; en realidade é Ponte Romana-Medieval. Fotografía do autor da web anterior ó ano 2000. Hoxe xa non ten este alumbrado e ten outro aspecto; de noite esta ponte desdice totalmente do entorno no ano 2021.

No ano 2016, quitaron as farolas que había, na miña opinión con moita prestancia e que se vían perfectamente e  puxeron unhas luces internas todo o longo da varanda de pedra da ponte, luces que fan que a ponte vista dende as outras esté practicamente sin luces. Eso si meteron unhas luces externas que encenden de cando en vez e que son de cores:  blancas, verdes, azuis, bermellas...Por certo estas blancas molestan bastante...O resto das obras quedou francamente ben.

Podedes ver este link onde tendes a ponte coas luces que falo e outros comentarios sobre estas obras do ano 2016.

Nesta fotografía de Mani Moretón,  anterior a 2016,  pode verse a Ponte Vella coas farolas que tiña no seu día por certo que facian xogo coas farolas da Ponte Nova.

Esta é a ponte coas luces actuais, a ponte no ten luces que se vexan cara o exterior, as luces que se ven son as do centro Comercial que está detrás e pouco máis. Realmente moi pobre.

Ponte Vella ou Ponte Maior. Monumento Histórico dende 1961. Fotografía máis antiga, inda coas farolas, que non entendo como as quitaron.

Esta ponte empezou sendo romana no século I, con 10 arcos. Rematou sendo romana-medieval de 208,3 m., entre estribos,  de lonxitude e sete arcos. A súa historia téndela neste link que dedico as Pontes Romanas do río Miño.

Decir simplemente que por aquí pasaba a estrada Nacional de Villacastín a Vigo, a  N-625. Deixaron de pasar automóviles dende  o ano 1989, no que pasou a ser peatonal.

Fotografía de 2014

Fotografía da Ponte Vella sacada en xaneiro de 2018. Observar que xa non ten, foi retirado,  o conducto que levaba as augas fecais da Ponte a depuradora de Ourense, e tamén foi cambiado o alumbrado, xa non aparecen as farolas.

Fotografía actual da Ponte Maior de Ourense, xa coa remodelación feita no 2016, que foi de limpeza e de cambio de alumbrado. O nome de "Ponte Vella"  venlle dende 1918 que se inaugurou a "Ponte Nova".

O arco central ten unha luz de 38,20 m., según Juan Carlos Rivas (Juan Andrés Hervella fala de 43,7 m). A altura do arco é de 39 m. No link xa citado hai mais fotografías desta ponte,  orgullo dos ourensáns. A pila da dereita, do arco central,  a pila que se ve na fotografía,  sempre foi o problema desta ponte, xa que nunca estuvo ben asentada. Estas e outras cousas están, repito, no link citado.

 

Un pouco máis abaixo

 

Ponte do Milenio

Coordenadas 42.315693, -7.874250

Fotografía da "Ponte do Milenio". Esta ponte foi inaugurada no ano 2001. A fotografía é do 2002. Buscaba unha conexión entre o Campo dos Remedios e a Circunvalación Oeste. O arquitecto foi Álvaro Varela e toda a súa historia, con fotografías e comentarios esta recollida nesta web, do que escribe. A web figura dentro do  Caixon de Sastre dedicado ó río Miño.

Outra fotografía da Ponte do Milenio vista río arriba. Ó fondo a Ponte Vella. Esta ponte ten unha luz do vano central 110 m. sobre unha lonxitude da ponte de 270 m. A ponte do Milwnio está a 450 m. da Ponte Vella.

Fotografía sacada polo autor da web nas Festas do Corpus do ano 2002.

Sensacional fotografía nunha Festa do Corpus, non sei o ano nin o autor. O meu email xa ó sabedes, por si queredes poñer o nome do fotógrafo.

 

Outra fotografía do río Miño coa Ponte do Milenio. Está sacada na chea do 2014 que quedou simplemente nesto. O espectáculo dende esta ponte, sobretodo dende a pasarela,  é incrible, da a sensación de que casi toca ó río.

De noite chama tamén a atención, as luces son as apropiadas, non así actualmente o noso buque principal a Ponte Vella que quedou pola noite sin luces fixas, unha mágoa. Esta fotografía está sacada en decembro de 2021.

De noite a ponte ten unhas luces que impresionan...sobre todo dende este lugar...Dicen que de noite, nos voos que pasan por Ourense, esta ponte é a que marca a cidade, que se distingue perfectamente, e vexo que é certo; poño a seguinte fotografía que atopo en internet e demostrar que se distingue perfectamente.

A ponte do Milenio dende o ceo, fotografía sacada da web de Caldaria, para a revista HDOSO Magazine, descoñezo o autor. En calquera caso, o autor pode porse en contacto con este email e incorporaría os datos da fotografía. Efectivamente de noite é doado de recoñecela.

Fotografía de noite dende a primeira rotonda pasando o río Miño.

Neste link podedes ver unha ficha técnica da Ponte.

Nesta web, do que escribe, tendes a súa historia dende a construcción ata a inauguración con moitas fotografías e comentarios.

 

Seguimos baixando o río en Ourense...

 

Ponte do Ribeiriño

Coordenadas 42.345884 , -7.875514

Fotografía da "Ponte do Ribeiriño" ou "Ponte Novísima" , "Ponte das Caldas" , rematada en 1966 entrou en funcionamento en 1971. Está ponte veu a resolver unha das entradas a cidade de Ourense, xa que está conectada polos Accesos de Galicia; é unha conexión oeste da Nacional N-525 Vigo-Madrid. Tamén conecta cunha entrada por Eiravedras coa autovía Rías Baixas.

Ten 240 m. de lonxitude,  e dous arcos-bóvedas de formigón paralelos de 60 m. de Luz. Nos laterais conta con oito vans, seis na zona do Couto e dous na Chavasqueira.

Fonte deste texto "As pontes sobre o río Miño", Historia e Enxeñería J.M. Eguileta. Faro de Vigo.

No seu día estaba xustificado o nome de Ponte Novísima. A primeira ponte sobre o río Miño foi a Romana - Medieval,  logo a Ponte Nova ( a de "Ferro"), logo o Viaducto  e despois esta. 

A Ponte do Ribeiriño,  río abaixo desde a marxe esquerda do río e enfrente á Chabasqueira. O inxeñeiro que redactou o proxecto foi José Antonio Puyal Lezcano, sin dúbida foi "...una importante achega aportada á cidade polos Accesos de Galicia, no ano 1969, cando o goberno central de Madrid,  ante a urxente necesidade  dunha mellor comunicación ca meseta,  acometeu o planeamento  e realización dunha nova comunicación viaria máis acorde os tempos", dice Juan Andrés Hervella no seu libro "Pontes, lugares seguros".

Este é unha fotografía na Ponte do Ribeiriño de noite. A verdade é que o alumbrado é moi sinxelo e destaca pouco, pero algo é algo... A fotografía é do día 16 de decembro do 2021; o río Miño iba cheo e turbinando a tope.

 

Seguimos baixando, esta vez catro kms.

Outras pontes:

 

Pasarela de Outariz

Mapa da zona de Outariz e Eirasvedras, onde está a Pasarela de Outariz e o Viaducto Norte ou conexión norte de Ourense coa autovia Rías Baixas A-52.

 

Esta fotografía mostra en primeiro término a Poza e a Acea da Veiga, e o fondo a Pasarela de Outariz e xusto detrás vese a Ponte que cruza o río Miño e vai a autovia "Rías Baixas", o Viaduto Norte.. Esta pasarela, duns 200 m.  forma parte do recorrido sensacional que hai en Ourense o redor do río Miño. 14 km. fantásticos onde por certo hai as famosas termas do Miño, dende a pasarela óllanse as termas, ou Burgas de Outariz  e tamén o balneario termal. Estas termas teñen un apartado especial neste recorrido polo noso pai Miño e dentro desta páxina web. A pasarela acometeuse nos anos 2003 e 2004 potenciando un sendeiro único e marabilloso. Fai tamén posible unir a zona termal coa  estrada autonómica OU-402.

Coordenadas  42.346788  , -7.917412

 

Outra vista da Pasarela de Outariz e o Pozo Maimón, famoso pola súa historia, a chamada lenda do Pozo Maimón, un pozo que fala...Ver o link nesta misma páxina web.

Pasarela de Outariz dende a Ponte de saída de Ourense a estrada A-52 por Eirasvedras.

Fotografía sacada de Google Earth.

A pasarela e totalmente peonil,   a estructura sostense  mediante unha sólida base central, que está deseñada en forma de Y en pleno río, como pode verse na fotografía,  pero moi preto da orela,  da base central parten os atirantados, duns 90 m. de luz  que sosteñan  todo o entramado, A ponte ten unha lonxitude de 200 m. e está moi protexida  con varandas metálicas enreixadas dun 1,10 m. de altura  As vistas dende a pasarela son impresionantes como podedes ver nas fotografías, Pola noite tamén ten moi boa luz. Un día destos porei unha fotografía.

O texto está sacado en forma resumida, como outros de este traballo,  do libro sensacional de  Juan Andrés Hervella, "Pontes, lugares seguros de Paso" , editado pola Deputación de Ourense no 2015. Moitas grcias polo teu traballo.

Esta fotografía da Pasarela de Outariz no lusco fusco é a que máis me gusta de todas as que vín. É de Millán Dasairas e foi sacada o día 04/08/2012 e demostra que esta pasarela ten unha boa luz de noite,

Eu saquei esta pero non é tan boa, nin se ve tan ben a pasarela, pero repito ten unha boa luz que é de agradecer. Fotografía do 13/12/2021. Promesa cumplida.

 

Seguimos baixando polo río.

 

Viaduto  Norte.

 

O Viaduto norte está  situado a 220 m. da Pasarela de Outariz. Un lugar marabilloso do río Miño en Ourense cidade. Esta fotografía está tomada do Google Earth e vese que está tomada dende a Pasarela de Outariz. A fotografía permite ver unha das pozas de Outariz, un lugar marabilloso na marxen dereita do río Miño, eso sí maltratado polas subidas e baixadas do río Miño...Eso na miña opinión ten arreglo perfectamente...

 

Viaduto Norte , tamén teño escoitado o nome de  Ponte de Eirasvedras, é a entrada norte a Ourense, vindo pola autovía Rías Baixas ou  A-52 en direción Vigo-Madrid. Por suposto por esta ponte tamén se sae nas dúas direccións a A-52.

 

Coordenadas 42.346248  , -7.920220

Viaduto Norte ou Ponte  de Eirasvedras.  A fotografía sacada do Google Earth. mostra que son pontes xemelas.

Ourense ten así tres entradas a cidade, a entrada norte que é esta, unha entrada sur, e unha entrada centro, todas elas como salida a A-52.

A ponte Viaducto Norte son dúas pontes xemelas como xa está dito e por certo de distinta dimensión, por exemplo a entrada a Ourense ten 215,5 m. , con tres vanos o máis grande  de 97.5 m. e 13,20 m de calzada,  mentras que a saída de Ourense ten  214.40 , o vano principal ten unha luz de  94, 5 m. A sustentación é de piletas de formigón, cimentados en profundidade como se pode ver na fotografía. A ponte alcanza unha gran altura para salvar o río MIño e os niveis de ambas beiras.

 

Aqui remato as pontes de Ourense

 

 

Baixamos 15 km. máis ata Sta. Cruz de Arrabaldo

 

Outras pontes moi preto de Ourense

Ponte 1:

En Sta Cruz de Arrabaldo

 

Viaduto río Miño na AG-53

Coordenadas 42.343423  long -7.996357

Mapa da zona de Sta Cruz de Arrabaldo onde hai dúas pontes sobre o río Miño, a Ponte 1 "Viaducto río MIño en AG-53" que leva a autopista AG-53, e a Ponte 2 que leva a autovia "Rías Baixas" a Ponte de Barbantes.

O viaducto río Miño na AG-53.

Ponte de 440 m. e 30.8 de altura, ancho 25 m. Foi construida polo grupo SanJosé, inxenería GSJ Solutions,   para salvar o río Miño cando se fixo a AG-53 entre Sta Cruz de Arrabaldo e Santiago. A ponte está feita entre os Concellos de Sta Cruz de Arrabaldo e Toén. Máis datos neste link.

De momento a autopista é gratis ata Lalin e de pago o resto ata Santiago.

Fotografía do grupo San José que fixo a ponte.

 

Outra fotografía do río Miño. Ponte da autopista que conecta a Autovia "Rías Baixas" e a autopista a Santiago de Compostela. A esquerda Santa Cruz de Arrabaldo. A fotografía está sacada dende  o pueblo  de Ourantes. Esta ponte xa está fora da cidade de Ourense, río Abaixo, concretamente en Santa Cruz de Arrabaldo a 15 km. de Ourense. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

 

 

Viaduto da autovia "rías baixas"

A-52 Barbantes - Estación

 para salvar o río Miño

Ponte 2

Coordenadas  42.343594   -8006424

Neste caso é a ponte 2 pola que vai a autovia entre Benavente e Vigo, para salvar ao río Miño nese lugar que pertence a Barbantes-Estación.

Viaducto rías Baixas.

As obras da autovia "Rías Baixas" comenzaron en 1994 e remataron, foixe abrindo por tramos, no 2000.

No caso da ponte comenzouse no 1997 e estaba feita en 1998.

Pertence o concello de Cenlle e está feita no lugar de Barbantes-Estación.

Ten 359 m. de longa, un ancho de 25.20 e unha altura de 39 m. Foi feita pola empresa FCC Fomento de Construc. e Contratas.

A fotografía é de José Camba.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As Pontes de Castrelo de Miño

 

 

Nota: En Castrelo de Miño hai dúas pontes sobre o río Miño, unha especial pola súa historia entre 1936-39  e outra pola necesidade de facer unha nova para que pasaran vehículos pesados sin problemas. Para distinguir vou engadir  o nome de "Ponte de Ferro de Castrelo", para a ponte especial, pero non faría falta xa que si falamos da Ponte de Castrelo todos debéramos saber  de que estamos falando.

 

 

A Ponte de ferro de  Castrelo .

 

A Ponte nova  de  Castrelo .

 

 

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A ponte Amizade.

 

Mapa da zona, a esquerda Galicia (España) a dereita Portugal, Vila Nova de Cerveira. Atravesando o río Miño a Ponte da Amizade.

Vista da Ponte da Amizade dende Portugal. Fotografía de Vitor Oliveira.

Ponte da Amizade,  que une ao concello galego de Tomiño co portugués de Vila Nova de Cerveira. A fotografía é de Secundino Lorenzo. Esta Ponte conecta na parte galega a PO-552 e a CG-42, nunha rotonda situada en Goián.

O nome "da amizade" indica ben claramente o que é esta ponte e o sentimiento de xenera en España e Portugal. Descoñezo o autor da fotografía.

Esta ponte foi moi demandada no seu tempo, ano 2002 e foi financiada pola Xunta de Galicia e o goberno portugués. Foi inaugurada no ano 2004. Permite pasar dun lado a outro sin ter que coller transbordadores, que defeito había entre Goián e Vila Nova de Cerveira. Permite a toda a xente do Baixo Miño pasar en automovil dunha a outra parte sin ter que ir a Tui.

Fotografía da zona marabillosa onde está a Ponte da Amizade, ver esa ponte a dereita da foto. Por certo esta fotografía é do que escribe Secundino Lorenzo e nela vese o estuario do río Miño, a ínsua que se ve é a Boega. Fotografía do ano 2020, dende o Mirador do Cervo en Vila Nova de Cerveira.

A ponte ten 433 m. cun ancho de 15,5 m.

 

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ponte entre Salvaterra e Monçao

No mapa a Ponte que une Salvaterra de Miño con Monçao. A Ponte internacional foi bautizada co nome dos poetas raianos  "Joâo Verde e Amador Saavedra". Na zona hai unha placa co nome.

Detalle dos materiais da Ponte. Cemento armado e diseño....

A fotografía é de  Andrea Ferreira

Fotografía da Ponte Joâo Verde e Amador Saavedra.

Fotografía de Secundino Lorenzo

Outra vista da Ponte de "Joâo Verde e Amador Saavedra" . Descoñezo o autor da fotografía.

 

A ponte é de 1995, a súa inauguración foi 29 de marzo de 1995, . A Ponte que uniu de corazón a dous pueblos, como dixo un mandatario portugués "...a ponte potencia o relacionamento cultural, social , deportivo e o intercambio entre as dúas localidades vizinhas..."..

Fixeron precisamente un monumento que ten dúas poesias, as de Joâo Verde e a de Amador Saavedra que foi a contestación. A ponte leva os dous nomes.

Esta foto de Yamil Doval, deixa ver ao monumento que hai dedicado a ponte. As poesías son de Joâo Verde e de Amador Saavedra

São da sua lavra estes versos:

 

“Vendo-os assim tão pertinho,

A Galiza mail'o o Minho

São como dois namorados

Que o rio traz separados

Quasi desde o nascimento.

Deixalos, pois, namorar

Já que os pais para casar

Lhes não dão consentimento.”

 

Na outra margem do rio Minho – da vizinha e irmã Galiza – replicou o poeta galego Amador Saavedra que respondeu nos seguintes termos:

 “Se Dios os fixo de cote

Um p’ra outro e teñem dote

Em terras emparexadas,

Pol'a mesma auga regadas

Com ou sem consentimento

D'os pais o tempo a chegar

Em que teñam que pensar

Em facer o casamento.”

Volver.