No mapa-dibuxo
aparece o gran río Miño, o Pai Miño; en Portugal chámanlle río
Minho. No dibuxo está indicado o gran AquaMuseu do Minho, en
Vila Nova de Cerveira (Portugal), de momento o único que ten o noso río
traballando a tope, e tamén aparece o proxecto de facer outro
Centro de
Interpretación do Pai Miño en Ourense, concretamente no concello
de Toén, na parroquia de Puga.
Para mín unha gran idea que levo demandando a nivel da miña web,
dende fai anos. Estos días tamén comenzan as obras para facer o
Centro
de Interpretación do Alto Miño en Fonmiña, que xa estaba
presupuestado dende setembro de 2020 polo Concello de A Pastoriza
e a Confederación H. Miño-Sil.
Teño que
engadir o Centro Transfronteirizo de Información
Ambiental do río Miño, en siglas CTIA-RM, que xa
leva anos en Salvaterra de Miño.
Vamos camiño de ter cinco C.I. do Miño. Xa era hora...
Importante para entender
este artículo da web
Está tamén marcado cunha lúa
crecente o Centro de Interpretación río Miño dos Peares
"O soño", o CIRMOSOÑO do que escribo neste artigo da
web. Este centro é un "soño" meu que coido que se poderá
visializar polo ano 2050 con seguridade; eu nono verei,
tería 104 anos e non son tan optimista, pero si que o
podo "soñar" neste momento, febreiro de 2022.
Soñar é gratis.
Soñando coa excelencia do
Pai Miño
No mapa tamén poño outro
centro, concretamente o dos Peares, un centro que chamarei
Centro de Información Río Miño O Soño, en abreviaturas
CIRMosoño, teñoo perfectamente perfilado e xa avisarei
cando esté listo. Cuido que este último podería estar polo
ano 2050. Está claro que ó que escribe ten debilidade polo
Pai Río Miño e dentro deste por tres lugares: O nacemento no
Pedregal de irimia, Os Peares xa que o río Miño ten que
tributar ao río Sil, e a desembocadura, a Foz do Miño, xa
que nese lugar o río Miño perde o medo e convírtese en
Océano Atlántico. Pois ben, neses tres lugares, polo menos,
o río Miño ten que ter un centro de interpretación. Hoxe en
febreiro do 2022 soio lle falta nos Peares; considero que o
gran museu de Vilanova está na desembocadura do río Miño..
Unha das moitas fotografías que
ten esta web sobre os Peares nela vese como ven o río Miño pola
esquerda, vese un trociño, o río sil no medio de frente, e a
dereita baixa o río Miño, por certo nese lugar ten unha nova
ponte. Ver a fotografía seguinte. O lugar é impresionante e
marabilloso. Fotografía de S. Lorenzo o que escribe, 2012.
Este é o río Miño, na fotografía
vese un anaco da nova ponte, a Ponte de Feijóo a dereita. Unha
ponte recente. Fotografía S. Lorenzo, 2020
Outra fotografía máis para
situarse nos Peares:
Fotografía dos Peares Revista
Natura, antes de 1960, observar que faltan dúas pontes
Neste lugar os Peares, hai moitos
solares e casas vellas, preto da Estación de ferrocarril. onde se podería facer o
CIRMosoño, a inauguración podería ser
por ese ano 2050 e un día falaramos de que condicións debera
cumplir. O nome de "soño" non é casual
e o ano tampouco...
Neste momento podedes escoitar,
si queredes, a canción cantada por Eva Cassidy (1963-1996)
"Over the rainbow", traducida "Sobre o arco iris", e poño
esta canción da película "O mago de Oz", 1939, xa que nela
unha nena sube ata o arco iris e nese lugar soña cousas, e sabe que esas
cousas, por estar nese lugar, cumpliranse; pois ben, eu
subín un día ata o arco iris e soñei ó que vou a escribir sobre o río
Miño nos Peares. Por eso no mapa de centros de interpretación do río
Miño poño nos Peares una lúa crecente, xa que esa lúa vina no meu soño...
//
Antes de
escribir sobre este Centro de Interpretación do río Miño "O
Soño", o CIRMosoño nos Peares, temos que deixar o río limpo
e como estaba polos anos primeiros do século XX cando no había
atrancos de ningún tipo ata a desembocadura. Cando a fauna
migratoria subía toda polo río ata Fonmiña, por eso había os
esteiros onde se collían anguías a centos de miles, nos
esteiros de Lugo por exemplo, sábalos en ourense, subían os
salmóns, lembro de neno que nunha enchenta do río Miño quedou un na piscina
de Oira en Ourense; tamén lampreas, e así suma e sigue.
¡Imprescindibleler este texto para entender ó meu SOÑO!
Contamos, que
o río non ten atrancos ningúns dende os Peares ata Camposancos
ou caminha onde desemboca.
Contamos que a
súa fauna pode subir ata os Peares sin problemas. As augas
estarán coa súa temperatura axeitada, non frías e xélidas como
nos embalses e por exemplo o sábalo ou sable volverá a subir e
remontar o río Miño. Hoxe no 2022 non o fai non pasa de poucos
kms. na desembocadura...
Repito será
sobre o ano 2050.
Habera seguro
unha casa o suficientemente grande e con miras ao río Miño onde
se poda alberguar o Centro de Interpretación do río Miño
"O soño" dos Peares.
CIRM "O SOÑO"
Seguro
que terá varias salas dedicadas a presentar a riqueza incrible
deste río, ó que sigue son ideas que poden axudar, pero non
agota as cousas que se poden poñer no Centro de Interpretación:
1.- As
peculiaridades do pueblo dos Peares, dúas provincias, tres
concellos. Historia. A importancia do tren nos Peares. Historia.
2.- Sala
dedicada a presentar a historia deste río. A súa etimoloxia, os
seus atrancos e a súa solución ata chegar a como está nese
momento. Aquí pode entrar a historia da construcción dos encoros,
etc.
Encoro do Peares o
primeiro que se fixo no Miño. Historia.
3.- Sala
dedicada a señalar os datos físicos do río Miño e a súa conca e
do seu principal afluente o río Sil que curiosamente os terán
diante.
Esta erá a vista
seguramente. Co río Miño a esquerda e o Sil defrente.
4.- Sala
dedicada á fauna do río Miño. O nome de Pai Miño e o seu
significado.
Peixes,
mamíferos, aves, reptiles, anfibios, insectos, e moitos máis...
O Sabel a riqueza
desaparecida do río Miño e que podería voltar.
5.- Sala
dedicada a flora do río Miño.
Árboles,
plantas, musgos e liques.
Salgueiriños nos Peares.
6.- Sala
dedicada a pesca en xeral. O concepto de Pai Miño.
Aparellos de pesca do
río Miño
7.- Sala
dedicada os barcos e barcos do Miño, coa súa historia e
fotografías. O Coitelo onde estaban as barcas dos Peares.
Barcas no Coitelo nos
Peares. Descoñezo ao autor da fotografía.
8.- Sala
dedicada á relación do río Miño e o viño. Historia do viño nos
Peares.
Viñedo nos Peares.
9.- Sala
dedicada as enchentas famosas nos Peares. Fotografías. Historia.
Enchenta de 1959. Foto
de E. Schreck.
10.- Na
sala anterior poden estar as pontes dos Peares. Historia.
Algunhas das seis pontes
que hai nos Peares. Por certo algunhas con moita historia
11.- Outra
sala para os deportes fluviais. A baixada competitiva en canoa
dende os Peares nas festas do Corpus en Ourense. O tren que
seguía a baixada. Historia e fotografías.
A proba Peares-Ourense
de canoas foi un plato forte das festas de Ourense, o
río Miño prestábase a esa competición, xa que tiña
rápidos dabondo. Descoñezo ao autor da fotografía.
Unha imaxen da
baixada pero moi posterior, ano 2018. Descoñezo ao autor
da fotografía. Eu falaba de principios dos anos sesenta,
cando non había presa de Velle e o río Miño era un río
ceibe...
12.-Na sala
anterior tamén poden estar as curiosidades e outras cousas dos
Peares. Por suposto tamén unha sala de lectura e traballos, así
como conferencias. Prever tamén polo menos un par de ordenadores
onde ver fotografías e videos, así como poder proxectalos.
Visita de C. Gasquoine e
o seu marido os Peares no 1911. Historia e curiosidades.
13.- Os
Peares e o seu entorno turístico. Comenzo da Ribeira Sacra tanto
do río Sil como do río Miño. O muíño do Bubal. O románico
da zona. Rutas da zona.
Muíño do
Bubal.
Preto dos Peares, está San Vicente de Pombeiro. Mismo no
comenzo do Canón do Sil