Pontes entre O Pedregal de Irimia

 e Lugo cidade

 

Ponte do Pedregal de Irimia.

Pontes entre Pedregal e Meira.

Pontes e pontellas de Meira.

Pontes camiño de Fonmiñá.

Pontella de Fonmiña.

Ponte Baltar

Ponte Outeiro

Ponte Bazar

Ponte Xustás.

Ponte Vilar.

Pontes de Rábade.

Ponte de Piago

Ponte de Ombreiro e ínsua Seivane.

 

 Volver a Pontes do río Miño.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ponte Pedregal de Irimia.

Meira (Lugo)

Coordenadas 43.212778   -7.263074

Mapa onde aparece o nacemento do río Miño, o Pedregal de Irimia e marcado a Ponte do Pedregal de Irimia, sin lugar a dúbida a primeira ponte do río Miño. Non é unha pontella, a pontella é unha simple ponte por onde pasan as persoas e o gando xeralmente de madeira; non é o caso,  esta é unha ponte, ademais ben feita para que pasen automóviles ben pesados.

Ponte  do Pedregal de Irimia, xusto onde nace o río Miño. Esta ponte,  sin dudalo,  é a primeira ponte do río Miño.

Na fotografía de Secundino Lorenzo, o que escribe,  vese un pouco do Pedregal de Irimia,  a ponte que atravesa a estrada,  e ao fondo a dereita  Meira.

Nesta imaxen no Sigpac vese o Pedregal de Irimia e a pequena ponte, xusto na curva da estrada.

Está na estrada que parte de Meira ata o Pedregal, tres kms. indo polo pueblo de A Enfermería,   e continua ata o Parque Eólico da Serra de Meira, que separa as concas do río Eo e do río Miño..

A Ponte do Pedregal de Irimia dende abaixo, observar que o río Miño vai de momento pequeniño, remata de nacer. A fotografía é de Santiago R.

Este é o Pedregal de Irimia onde nace o río Miño, unha morrena glaciar en tempos, moi parecida a un río de auga, en cada pedra é posible escoitar o sonido da auga do río Miño. Fotografía de Secundino Lorenzo.

Este era o río Miño o día que estuven sacando estas fotografías.en outubro do 2012. Fotografía de Secundino Lorenzo.

Sobre o Pedregal de Irimia tendes un traballo meu nesta misma páxina web, con fotografías e un video.

 

Seguimos río abaixo

 

 

 

 

Pontes entre o Pedregal e Meira.

 

En este mapa de Meira están marcados as tres pontes que hai entre o Pedregal de Irimia e o pueblo de Meira, ata o Parque de Meira, chamado de Río Barja. Atopo por mapa tres pontes unha a Ponte dos Tolos,  a ponte de Veiga da Horta  e outra ao entrar en Meira no Parque pola que pasa a estrada N-640. e que chamo Ponte de Meira.  Antes de chegar a Meira, hai un área recreativa con dúas pontellas.

Agradecer a Yoani Jartín, técnico de turismo na oficina de Turismo de Meira que me indicase os nomes de todas as pontes dende o Pedregal ata Fonmiñá,  Mandeille un email presentándolle este traballo e pedindo que me botara unha man nos nomes. Si que o fixo, ademais permitiume incorporar algunha ponte que non sabía dela. Moitísimas gracias Yoani.

Vexamos estas pontes:

 

Ponte dos Tolos

Coordenadas 43.211790,  -7.279667

Antes de chegar a Meira hai A Ponte dos Tolos, que está no Porto da Pena entre a CP3003 e Vilar de Mouros. Concretamente é esta que se ve na fotografía. Observo o río Miño moi pequeniño e vexo tamén un cartel de que o río está vedado de pesca.A fotografía está sacada do Google Earth.

 

Seguindo río abaixo

 

Pontellas antes de Meira

Antes de chegar a Meira hai varias pontellas como a que se ve na fotografía, nesta zona hai unha área recreativa. Estas pontellas polo que me dice Yoani Jartín, que é a Técnico de Turismo de Meira que me informou, via email,  non teñen nome propio.

Aproveito, unha vez máis, o texto para darlle as gracias pola súa información. Gracias a ela podo poñer nome a moitas destas pontes.

Fotografía do Google Earth.

 

Seguindo río abaixo

 

 

Ponte da Veiga da Horta.

 

Coordenadas 43.213649  -7.290127

Xa en Meira temos a Ponte da Veiga da Horta  pola que vai a estrada  Lu-P-3003. Esta ponte está entre o Pedregal de Irimia  e Meira e o río Miño vai moi cativo. A fotografía está sacada do Google Earth. É unha ponte que ten beirarruas con barandas. Son pontes de seis a  sete metros por onde poden pasar os vehículos perfectamente.

 

Seguindo río abaixo:

 

 

Ponte de Meira

 

Coordenadas 43.215960   -7.294085

Ponte de Meira, pola que pasa a  N-640 xa na entrada do parque dedicado a Río Barja  en Meira.  Na fotografía tamén se ve unha pontella a dereita, que é peonil,  que xa está no Parque ou Área Recreativa Río Barja. Fotografía de Google Earth.

A ponte penso que  é de catro vanos. A fotografía está sacada do Google Earth. Nesta ponte comenza o Parque que Meira dedicou a Francisco J. Río Barja, un home que tiña publicados varios libros básicos dedicados os ríos galegos, gran xeógrafo e escritor,  e que foi o que descubriu que o río Miño nace no Pedregal de Irimia; sempre nos contaron que nacera en Fuente Miña e non era certo. Ver este link sobre este tema nesta páxina.

 

 

Seguimos río abaixo

 

 

 

Pontellas de Meira.

 

Mapa de Meira e a Área Recreativa dedicada ao Profesor Río Barja. Tamén o IES de Meira leva o seu nome.

No comenzo do Parque Río Barja hai esta pontella que se ve na fotografía e que permite pasar ao muíño e facer a ruta do Parque pola dereita do río. Esta pontella como se ve na fotografía está casi pegada a ponte da N-640. A fotografía está sacada de Google Earth. É soio peonil.

Chámolle pontellas; unha pontella é un pontiña pequena para atravesar o río cun soio vano para pasar as persoas ou o gando e antiguamente os carros do país. No parque Río Barja hai varias pontellas, polo menos vin catro, para pasar a xente que fai esas rutas, son todas peonís.

 

Pontella no río Miño en Meira. Soio peonil.

Coordenadas 43.215625   -7.295623

A tres kms. do Pedregal de Irimia está o pueblo de Meira polo que pasa o río Miño e non podía ser menos ten dedicado todo un parque  ao Profesor Río Barja que foi realmente quen fixo o estudio do nacemento actual do río Miño no Pedregal. Hai a carón do río o IES Pedregal de Irimia que leva o nome do nacemento do río Miño. Fotografía de Secundino Lorenzo.

Outra pontella no río Miño. Fotografía sacada dun video de Masmar.

O río Miño atravase este parque e a poucos km. aparece en Fonmiña. Fotografía Secundino Lorenzo.

O parque está moi coidado e o río está limpo. O río Miño neses tres kms. que separan Neira do Pedregal recibe varios regatos polo que xa leva moita máis auga que no nacemento. Fot. Secundino Lorenzo.

Outra fotografía do río Miño no parque Río Barja de Meira. Fot. Secundino Lorenzo.

Ó rematar o parque hai outra ponte.

 

Ponte dos Pasos

Coordenadas 43.215812   -7.296592

A ponte onde rematan as instalacións do IES Pedregal de Irimia. Fotografía sacada do Google Earth. Aquí sigue unha ruta ata Fonmiñá. . Efectivamente o nome é Ponte dos Pasos. Esta zona está o grupo escolar e o IES.

Repito as gracias a Yoani Jartín, Técnica de Turismo na oficina de Meira e que tuvo a amabilidade de contestar a un email que mandei preguntando por estos nomes. ¡Moitas gracias Yoani!.

 

Sigo río abaixo.

 

 

Seguindo ata Fonmiña.

 

 

 

 

 

Ponte de San Julián

 

Coordenadas  43.216846 , -7.303077

Nesa ruta e un pouco máis abaixo, 680 m  atoparemos esta ponte sobre o Miño. A  Ponte de San Julián,, xa que está a carón do muíño de San Julián.

Seguindo a ruta ata Fonmiña hai máis pontes:

Seguindo, a 670 m.  atopamos esta:

 

 

Seguindo río abaixo:

 

 

Ponte de Rapafoles

 

Coordenadas 43.215923 , -7.310383

No mapa a ponte que chamo Fonmiñá. Esta ponte xa pertence á Pastoriza e chámase Ponte de Rapafoles.

O pouco seguindo a ruta atopamos esta Ponte. A ponte está na estrada LU-P-4404 que leva a Fonmiñá. No letreiro pon Fonmiñá, efectivamente non falta moito para chegar a Lagoa de Fonmiñá. Esta ponte xa está no Concello da Pastoriza.  Hai moi poucos metros a N-640, como se pode ver no mapa.

 

Seguindo río abaixo:

 

 

 

Ponte 4

Ver a situación no mapa da Ponte 4. Está claro que nese lugar hai unha ponte ou unha pontella, decoñezo o dato. A ponte é peonil e non ten nome, en principio.

Dou as coordenadas  43.219937    -7.310814

A 560 m da ponte seguinte hai unha ponte ou pontella que non teño referencias. No mapa está indicada como Ponte 4. Esta ponte está nunha estrada que parte , según se ve no mapa, da N-640 , a ponte está a 420 m da N-640 e sae a 140 m. da ponte á estrada LU-P-4404.

 

Seguindo río abaixo:

 

 

Ponte de Fonmiñá

 

Coordenadas 43.223210, -7.314670

Esta podería ser a Ponte de San Salvador de Fonmiñá,  pero non,  o nome é simplemente a  Ponte Fonmiñá xa que desta forma se chama a igrexa parroquial que se ve na fotografía. Por certo sacada do Google Earth. Dende esta ponte a 730 m. xa estamos en Fonmiñá.

 

Fotografía desta ponte sacada de Google Maps. A autora Jovita Picos ten esta fotografía e outras moi bonitas da zona. Por suposto o río non é outro que o río Miño. A ponte xa está na Pastoriza.

 

 

Seguimos río abaixo

 

 

 

 

 

 

Pontella de Fonmiñá ou de Matías.

Mapa onde está situada a Lagoa de Fonmiña, xa no Concello da Pastoriza, e o que chamo a Pontella de Fonmiña que está na saída do Parque de Fonmiñá, un parque que hai que ver, ben coidado, bonito, onde é un espectáculo ver abrollar a auga da Lagoa de Fonmiña; onde siguen a falar do nacemento do río Miño, que non é nese lugar pero que merece a pena ver...O río Miño antes de recibir as augas da Lagoa xa leva bastante máis auga da que recibe...No mapa está indicado. O río Miño pasou antes por Meira.

Coordenadas 43.226950   -7.320129

Esta pontella está na Lagoa de Fonmiñá onde se decía que nacía o río Miño, o Paimiño. Fonmiñá, tamen Fontemiña, pertence ao concello da Pastoriza. Na fotografía de Masmar vese o Muíño de Matías. Aquí o río Miño xa vai máis crecido. Fotografía sacada dun video de Masmar.

A misma pontella vista pola parte de abaixo. Neste caso a casa de Matías está a dereita. Descoñezo ao autor da fotografía que está sacada da web "Las rutas del Agua" de la Confederación Hidrográfica Miño-Sil, referencia abaixo.

Este é o parque da Lagoa de Fonmiñá, onde nacen as augas subterráneas, de orixen kárstico,   que se recollen das distintas fontes na Serra de Meira. Antiguamente sempre se dixo que ó río Miño nacía en Fuentemiña, hoxe en galego Fonmiñá. A lagoa ten sobre 350 m2. Fot. Secundino Lorenzo.

Estatua do Deus Breogán no Parque de Fonmiñá. Por certo que leva collida unha gran anguía, que seguro había no río Miño naquela época e ata 1940. Hoxe non hai xa que non suben cós encoros.  A estatua foi feita en 1969 por Magín Picallo e Manuel Mallo. Fot. Secundino Lorenzo.

O río Miño chega o Parque de Fonmiñá pola dereita, vese na fotografía e xa vai con moita auga. Aquí recibe a auga que nace na lagoa que é moita menos, son tres regos como este que se ve na fotografía. Fot. Secundino Lorenzo.

A partir da Lagoa de Fonmiña parte un sendeiro de 12 km. que se chama "Augas de Fonmiñá", e que vai paralelo ao río Miño. O sendeiro remata na área recreativa  de Baltar, na Pastoriza. Permite ver aparte a Igrexa de San Salvador de Crecente, o Castro de Sa e a Ponte Vella de Miñota. Non é un sendeiro circular xa que hai que volver polo mismo lugar. Fotografía do sendeiro.  Fot. Secundino Lorenzo.

Si queredes ter máis datos sobre este sendeiro tendes este link.

O sendeiro ten pontellas. Dende unha delas saquei esta fotografía, onde se ve unha boa troita en postura. O río moi limpo e inda por riba con troitas. Unha marabilla. O sendeiro permite ver moita natureza, en moi bon estado, así como un río Miño cheo de vida de todo tipo. Merece a pena facelo.

Con esta fotografía, vendo esta troita e este río sempre me lembro do pasodoble que José Zaldo García  lle dedicou a troita precisamente:

 //

O pasodoble está composto por José Zaldo García é grabado no DVD "Bandas de Música e gaitas da Provincia de Ourense" editado por "La Voz de Galicia" xa fai anos. A música é da banda Municipal de Celanova, unha gozada que podes escoitar, si queres,  pulsando simplemente.

Dentro da composición hai un trociño onde a banda interpreta aquelo que dí:

Polo río abaixo vai

unha troita de pé

corre que te corre

quen a poidera coller

quen a poidera coller

quen a poidera pillar

polo río abaixo vai

unha troita pro mar.

Iso é  o  que di a canción popular.

Ata aquí a información de nomes de  Yoani Jartín. Insisto ¡moitas gracias!.

 

 

 

Seguimos río abaixo

 

 

 

 

 

Ponte Baltar

Coordenadas 43.2494   -7.3572

Ponte Baltar preto do pueblo de Baltar como se pode ver no mapa. 12 kms. a Fonmiña. A Ponte Baltar está antes no río MIño da ponte de Outeiro.

Ten unha área recreativa que aparece no mapa

Esta é a ponte Baltar  dende a estrada que vai ao pueblo. Dende Fonmiña coller a Lu-120 e a pocos kms. un desvio a dereita que pon a Pastoriza. Inmediatmente aparece Baltar, a praia fluvial e a ponte.

Un poco antes da ponte, 600 m. hai un desvio que leva a praia fluvial de Baltar, como indica a señalización.

Esta é a praia fluvial de Baltar. Un pouco máis abaixo da ponte, a 400 m.

A fotografía é de Jovita Picos Osorio.

Outra vista da praia e da Área Recreativa de Baltar. Descoñezo ao autor da fotografía que está sacada da web "Las rutas del Agua" de la Confederación Hidrográfica Miño-Sil, referenciada máis arriba.

Aquí remata o sendeiro que comenza en Fonmiña e que ten aproximadamente 12 km.. Non é circular.

Seguimos río abaixo

 

 

 

Ponte Outeiro

Ponte Outeiro está na estrada que vai dende Fonmiñá a Villalba. A estrada Lu-120.

É unha ponte pequena como corresponde o río Miño moi preto do seu nacemento.

Ponte outeiro pola estrada Lu-120.

Coordenadas 43.247107   -7.413460

 

 

Seguimos río abaixo

 

 

Ponte Bazar

Mapa de Ponte Bazar.

 

As coordenadas son 43.235034  -7.443144

Pertence a Castro de Rei. É unha ponte pequena situada na estrada que comunica Castro de Rei coa confluencia coa LU-113 entre Dumpin e Abadin dentro da Terra Chá de Lugo..

 

Seguimos río abaixo

 

 

 

 

Ponte de Xustás.

Coordenadas 43.181599   -7.477089

 

Ponte Xustás en Castro de Rei, que está a 10 km. por estrada. Neste lugar hai unha Área Recreativa.

Fotografía dende a ponte. Google Earth.

 

Fotografía sacada dun video de Masmar. Aquí está a Área recreativa de Xustás. Castro de Rei.

Pola ponte pasa a estrada LU-113 que vai dende Dumpin a Abadin cruzando a Terra Chá.

A ponte é a primeira do río Miño que pasa dos 10 metros de lonxitude.

 

 

Seguimos río abaixo

 

 

 

 

 

 

Ponte Vilar

Coordenadas  43.168215  -7.547611

Mapa de onde está a Ponte Vilar, río arriba a poucos kms. de Rábade  San Xiao de Mos (Concello de Castro de Rei) e Vilar (Concello de Cospeito).

Pola ponte pasa a estrada CP-16-11.

Ten sobre 70 m.

Ponte Vilar. Sacada do Google Earth.

Aquí desemboca o río Lea.

 

Seguimos río abaixo ata Rábade

 

 

 

 

 

Pontes de Rábade

 

Rábade ten catro pontes, si vamos río abaixo a primeira que atopamos e a Ponte da autovia A-6,  logo a Ponte do Ferrocarril,  o chamado Camiño de Ferro , a continuación a Ponte Medieval, e finalmente a Ponte de Rábade ou Ponte da N-VI.  Entre a primeira e a última hai 980 m.

Vexamos as súas características:

 

Ponte da A-6

Esta ponte está a  980 m. da última, ou sexa da Ponte de Rábade:

 

As coordenadas son 43.120655, -7.611319

Non atopei fotografía da ponte da A-6, que ven de Benavente ata A Coruña e  que cruza ó río Miño en Rábade. Por eso poño esta fotografía da autovia ao pasar a ponte,  camiño da Coruña. A fotografía está sacada de Google Earth.

A ponte ten 272 m.

Aquí vense os dous carrís da autovia. Da a sensación de que son pontes xemelos, pero nono sei, tratarei de investigar. A fotografía é de Google Earth.

Penso que esta fotografía indica que as pontes non son xemelas ou sexa o  tableiro é o mismo.  De tódolos xeitos gustaríame poder afirmalo con toda seguridade. ´Gustaríame ter fotografías pola parte de abaixo. Xa sabedes mandainas o meu email e serán publicadas. Email.

O tableiro ten dúas calzadas con 271 m de lonxitude e 13 m. de ancho cada un. Os vanos teñen unha luz de 32 m. A ponte foi feita en 1999. O tipo de construcción pódese ver neste link.

 

 

 

 

 

Ponte do Ferrocarril. Ponte de Ferro

 

Coordenadas 43.116078 ,  -7.613358

Ponte Rábade Camiño de Ferro, a 530 m. da Ponte da A-56 e a 280 m da Ponte medieval,

Fotografía de Xermán Cruces Rajean

Fotografía de Luis Cernadas Iglesias.

Sobre esta ponte buscarei información, de momento soio teño este link que fala desta liña de ferrocarril e remonta ao ano 1875. Efectivamente a ponte que ten máis de cen metros ten bastante historia e o pdf anterior hai que leelo, é unha peza única, merece a pena. Resumindo moitísimo podemos afirmar que pola ponte de ferro e cemento,  moi da época,  pasou a primeira locomotora por el o 14 de maio de 1875, que podemos considerar a data da inauguración do ferrocarril Lugo-Coruña. As festas en Lugo cidade foron incribles, a xente estaba moi leda, e non é de estranar...

A ponte é marabillosa sin lugar a dúbidas.

Bonita postal, descoñezo ao autor. Os tallamares son impresionantes.

 

 

Ponte Medieval de Rábade.

 

Coordenadas 43.114711   -7.616046

Esta é a ponte Medieval. A fotografía é de Sergio López Maseda. O río evidentemente vai para a dereita da fotografía, ver os tallamares.

Ponte medieval de Rábade en primeiro plano. Detrás a Ponte do Camiño de Ferro. Descoñezo ao autor da fotografía. O río ven de frente. Fotografía sacada, cun teleobjetivo dende a Ponte de Rábade ou Ponte da N-VI. Entre as dúas hai apenas 280 m.

A ponte de Rábade é de orixen romano pero como moitos rectificado na época medieval entre os séculos XIII e XIV. Está feita no límite entre os concellos de Rábade e Outeiro de Rei.

Fotografía de Manuel Arean

Presenta nada menos que nove arcos oxivales e pola outra parte da fotografía, por aquí non tería xeito ningún, ten tallamares, ver a primeira fotografía.

Nesta fotografía de Google Earth vese a ponte e como está construida totalmente en pedra, de feito o chan son adoquíns. Decir que por algúns artigos que teño leído a ponte non está moi ben tratada xa que pòr ela están a pasar camións de alto tonelaxe, confió en que este tema esté resolto. Ver este link de  04/01/2021 de El Progreso.

Seica foi reconstruído por Isabel II (a mediados do século XIX)  tanto a mampostería como a sillería de granito. Por certo na Dictadura do Xeral Primo de Rivera (na década de 1920) fixeron unhas beirarrúas sobre a súa estructura voladizas. Logo os dez anos tiráronas e reconstruise o muro en pedra do país tal como estaba anteriormente.

Para atravesalo nesa época había que pagar.

A súa importancia histórica queda demostrada xa que esta ponte figura no escudo de Rábade, trivial...

Na guerra de Independencia seica foi dinamitado, polas tropas inglesas de Sir Johon Moore, que levaba detrás as tropas de Napoleón e ivan de cara A Coruña,  pero seica non caeu, esta e outras historias poden leerse no link que poño a continuación.

De tódolos xeitos si queres ampliar a historia tes este link.

Hai tamén un link de fotografías de Rábade, coas súas pontes, o paseo fluvial, a Fonte da Pinguela (por certo moi famosa), o Centro de Interpretación das ínsuas do río Miño, e outras cousas que merece a pena ver. Este é o link.

Fonte da Pinguela. Rábade. Descoñezo o autor da fotografía.

 

 

Ponte de Rábade ou Ponte da N-VI

 

Nun espacio que non chega a un km. hai nada menos que catro pontes como se pode ver no mapa. Entre a N-VI e a A-6 hai 980 m. de río Miño. Esta está a soio 170 m. da Ponte Medieval, que na fotografía, de Google Earth está a esquerda..

Coordenadas 43.113824,  -7.617713

Ponte Rábade N-VI a poucos metros da Ponte medieval, 170 m.

A ponte dende os prados daparte de abaixo. É a típica de columnas onde se  apoia a  estructura de formigón armado.cemento armado. A parte central ten un vano cunha lonxitude considerable, os apoios están fora do canle do río. Fotografía de Google Earth.

Ampliar sobre Rábade.

 

 

E seguimos río abaixo

 

 

 

 

Ponte de Piago.

A ponte está entre Rábade e Ombreiro. Dende ela é posible seguir unha ruta, chamada Ruta do Miño que nos leva río abaixo ata a ínsua Seivane e logo a  Ombreiro.

Río arriba, soio 300 m.,  temos un lugar tamén espectacular como a Fervenza de Piago; piago en galego é un pozo profundo. Efectivamente hai unha presa duns catro metros que leva a auga cara unha minicentral. Ver no mapa onde pon Minicentral de Piago.

A 250 m. río abaixo temos a ínsua de Seivane, unha pasarela e moitas cousas que ver. Un lugar que merece a pena.

Coordenadas  43.079605 , -7.633126

Ponte de Piago. Esta ponte vai a Parroquia de Martul, como se pode ver no mapa de situación.  Fotografía de Google Earth.

A ponte ten sobre 60 metros de longa. A estrada está asfaltada e une  Martul con Robra.

A poucos metros río arriba está a Presa de Piago, estamos en Outeiro de Rei,  que desvía a auga a Central Hidroeléctrica de Piago, que hoxe está en funcionamento e en tempos deu luz eléctrica á cidade de Lugo. A fotografía, sensacional, a mellor que atopei en internet,   é de Masmar. Na parte esquerda ten un canal de remonte de troitas.

Aquí o río Miño é un mozo máis grande,  xa que recibiu a dous km. río arriba ao río Ladra que é un dos catro grandes afluentes do río Miño; o primeiro si non contamos ao río Sil..

Esta fervenza de Piago, e a máis ancha de Galicia, son 50 metros de lonxitude, e ten unha altura de 4 m. realmente impresionante.

Outra fotografía da fervenza de Piago, neste caso de Lucia L.G. Foto moi bonita. A fervenza é única pola súa anchura,  e forma unha poza (tamén se chama piago en galego) que encoroa bastante auga que suministra pola parte esquerda a un canal que vai a unha minicentral, ver mapa de situación e ver a fotografía seguinte. A zona é unha auténtica ledicia para visitar e pasear.

A fotografía do desvio na parte esquerda da presa cara a minicentral que funciona hoxe. Ver tamén o mapa. Esta presa cumple todas as normas para deixar subir as troitas xa que na parte dereita ten unha escala perfectamente construida. Así da gusto. A fotografía está sacada da páxina web de Galicia Máxica e descoñezo ao fotógrafo o que dou as gracias.

Outra imaxen da Central de Piago, sacada dun video con imaxes de Oscar Cela. O fondo vese a Ponte de Piago.

A central eléctrica de Piago, 10 m3,  xa está reconstruída hoxe no 2021.  En tempos, polo ano 1888 era a que daba luz a varias parroquias da zona. Polos anos trinta do século XX suministraba luz a Lugo, pola empresa Eléctrica Lucense,  daquelas tiña dúas turbinas tipo Kaplan de 120 kw e 283 Kw.(esta cambiouse en 1929)  que son as que ten hoxe, pero a primeira non funciona,  toda a central foi reparada e posta en marcha recientemente 2018. A minicentral é da empresa Begasa.  Ver a historia neste link.

Imaxen do interior da central. Fotografía sacada do video que está referenciado máis abaixo. As imaxes son de Oscar Cela.

Outra imaxen sacada do video que está referenciado máis abaixo. As imaxes son de Oscar Cela. Nela vese o piago ou pozo, a fervenza de Piago, a esquerda a central, e a dereita a escada para subir as troitas.

Ver como se puso en marcha últimamente esta central.

Sensacional fotografía sacada da páxina web de Wikiloc e firmada por Julk. Na fotografía vese a fervenza de Piago, por detrás o piago,  e a esquerda  a escada de subida de troitas e demais especies migratorias, que aquí non chegan como o salmón, as anguías, etc. que pasaron a historia. Pero si suben as troitas a desovar. Quero aproveitar esta fotografía para felicitar a web Wikiloc polo seu traballo dende fai moitos anos. Unha marabilla que todos aproveitamos dunha ou outra forma. A seguir...

A parte de arriba da Presa de Piago pertence o couto troiteiro de Ombreiro, con lugares tan marabillosos como se ve na fotografía.

 

Seguimos río abaixo

 

 

 

Ponte de Ombreiro e

ínsua Seivane.

 

A Pasarela de Seivane

 

Coordenadas Pasarela I. Seivane:  43.074788     -7.697241

Nese lugar hai unha pasarela e tamén un refuxio de pescadores e un caneiro. Outro lugar marabilloso. Fotografía de Ricardo Purriños.

Ponte colgante da ínsua Seivane e refuxio de pescadores do couto troiteiro de Ombreiro no río Miño. Descoñezo ao autor da fotografía.

Outra fotografía da Pasarela de Parada ou Ponte  Colgante de I. Seivane. Descoñezo ao autor da fotografía.

A pasarela, que tamén se chama Pasarela de Parada, xa que está na Parroquia de Parada,  mide sobre 30 m. e está no Concello de Outeiro de Rei, e da paso a ínsua Seivane que ten nada menos que 12 Ha.

Por certo a Ínsua está dentro do LIC Parga-Ladra-Támoga, espacio da biosfera "Terras do MIño". Sobre as ínsuas do río Miño na Terra Chá tendes neste link  información. A web é da Confederación Hidrográfica Miñó-Sil.

 

Ponte Ombreiro

No mapa  de Ponte Ombreiro con distancias a Lugo e tamén a Ponte da Depuradora que é unha das pontes da cidade de Lugo. A zona é espectacular, couto de pesca da troita, na parte de arriba está a 3,3 km. a famosa ínsua Seivane.

 

Coordenadas de P. Ombreiro:  43.045636     -7.622631

Ponte Ombreiro. Fotografía sacada dun video en protesta polo mal estado dalgúns piares da ponte.

Ponte Ombreiro. Fotografía sacada dun video en protesta polo mal estado dalgúns piares da ponte.

Neste link está unha protesta polo mal estado da ponte. Sei que xa está resolta pero é de xusticia que poña o link xa que do video que ten saquei as fotografías. Link do video e a información.  Efectivamente quedou resolto o problema o 20/05/2019.

 

Fotografía antigua da Ponte de Ombreiro de Juan Cancela.

A ponte Ombreiro é famosa na zona, nela o río Miño ten uns kms. espectaculares, un couto de pesca da troita moi bon e moi cerca da cidade de Lugo soio 5 km.

A Ponte ten 130 m de lonxitude e 12 vanos, non sei en que ano de fixo, xa me enterarei. O que si sei é que a ponte é fundamental e moi importante para as comunicacións da zona. Ten a N-VI soio a 2.5 km e a 5 a autovia da Coruña A6.

Pola ponte de Ombreiro vai a estrada LU-234, repito básica para a comunicación da zona.

O feito de estar moi preto da cidade de Lugo faino un lugar tamén marabilloso e moi visitado. A xente iba de paseo e o mismo tempo a degustar as troitas e as anguías da zona. Hoxe eso xa é historia. As anguías non existen como non sexa de criadeiro e as troitas serán de piscifactoría, as do río non se poden comercializar. Pero o lugar sigue a ser marabilloso.

A zona cambiou moito seica, por poñer unha das moitas curiosidades o Marqués de San Martín de Ombreiro foi unha personaxe de releve no pueblo, xa que tiña un castelo, hoxe moi desfeito...

 

 

 

  Volver menú.

 Volver a Pontes do río Miño.