Outras Pontes do río Miño

Escribe Secundino Lorenzo

 

 

 

                  

Volver a Pontes do río Miño.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

    

Ponte Nova de Portomarin

 

Mapa onde aparece a Ponte Nova de Portomarin, xa coas augas do encoro de Belesar anegando ata a cota máxima. Esta ponte ten sobre 300 metros, e sobre 25 m. de altura e salva perfectamente a chea do encoro de Belesar. Foi feita cando a presa de Belesar, que estaba prevista con 100 m de altura pasou, polas súas característica de curvatura a 129 m.

A súa situación da ponte ten as seguintes  coordenadas 42.803517 , -7. 616056.

Foi feita nos mismos anos co embalse de Belesar. En 1962 xa estaba feita a Ponte.

 

Fotografía do actual Portomarin.

Ano 2002. Foto de Secundino Lorenzo.

Na fotografía,  co encoro de Belesar moi baixo,  vese a antigua ponte do Camiño de Santiago, entre  Sarria e Portomarín, que queda a varios metros de profundidade cando o encoro está cheo. Por eso se fixo a primeira ponte que se ve e que marca a cota do encoro. O pueblo que se ve é Portomarín que precisamente estaba antiguamente nesta beira esquerda, San Pedro,  e na outra, San Xoán,  ver fotografía seguinte.

Fotografía da Ponte Nova de Portomarín onde se pode comparar  coa que había. Fotografía de Secundino Lorenzo. Ano 2002. A cola do encoro estaba máis baixa e o río Miño estaba como en tempos pasados...

Portomarín en Nadal de 1962.  Soio habían retirado a Igrexa, de San Xoan o resto quedou así. A esquerda San Pedro, que tamén tiña unha igrexa románica que se perdeu... Posteriormente desmantelaron as casas. Asolagaron ao pueblo tres meses antes de aprobar o encoro de Belesar no Concello de Ministros. Algunha xente tuvo que saír en Barca. 

Fotografía sacada do libro "Belesar o orgullo de España" de Afonso Eiré.

Fotografía antigua onde se vé Portomarín, o gran pueblo que no ano 1946 fora nombrado Conxunto Histórico. De poco lle serviu xa que no ano 1960 quedou asolagado polo encoro de Belesar. Aquí vese a parte dereita San Xoan, coa igrexa que se salvou e na parte esquerda San Pedro coa igrexa que desapareceu para sempre.

Esta é a presa do encoro de Belesar que inaugurou Franco o 10 de setembro de 1963 e que foi o motivo de facer a Ponte Nova de Portomarín, xa que a ponte pequena quedou no fondo e a ponte romano-medieval xa non existía practicamente. A fotografía de Secundino Lorenzo  é dunha gran chea que houbo no ano 2000. Portomarin está 52 km. augas arriba. A presa ten 129 m. e foi no seu día a presa máis alta de Europa. Foi construida polo inxeneiro Luciano Yordi de Carricarte, empleou o método de dobre curvatura ao facer o muro da presa. Un fito naquel momento. Ver nesta misma web, no apartado de encoros do río Miño,  ó que supón este sistema na anchura da presa con este sistema ou o sistema vertical que se usaba naquela época, as diferencias eran incribles....

 

 

 

Ponte Mourulle. (Ponte dos Tornillos)

Ponte de Ferro

Ponte Mourulle, Ponte dos Tornillos, Ponte dos parafusos, Ponte de Ferro, ten varios noves.

Coordenadas  42.693378   -7.706168

Unha curiosidade é que no tramo entre Belesar e Portomarin soio había unha ponte, que por certo foi moi reivindicada,  era coñecido como Ponte Fortes, en honor a Fortes o seu impulsor alá entre 1945-47 ,  que permitía pasar o río Miño dende Taboada a zona do Saviñao e concretamente a Currelos e logo ata Rubián;  facía moi pouco que a fixeran como unha vella reivindicación. Aparece na fotografía o lonxe entre socalvos de viñas que colleu o encoro,  que había moitos na zona, ver as ladeiras...

Fotografía sacada do libro "Belesar o orgullo de España" de Afonso Eiré.

 

Na fotografía a Ponte Fortes que quedou asolagada. O nome venlle  do propietario dunha gasolinera en Taboada que foi o que insistiu para conseguir se fixera este paso, inda sabendo que iba desaparecer si se facía o encoro de Belesar. Descoñezo ao autor da fotografía.

Pois ben esta ponte que aparece na fotografia  quedaba asolagada polo encoro de Belesar e polo tanto houbo que facer outra. Sobre a ponte Fortes hai un video de Roger Subirana que merece a pena ver, este é o link.

A ponte que se fixo foi a Ponte Mourelle, que une as parroquias de San Xián de Ínsua e de San Vicente , ponte que fixo o enxeneiro de caminos Antonio Torroja no ano 1969 . Ao final fíxose e chamáronlle, a xente da zona,  a Ponte dos Tornillos ou Ponte dos Parafusos... É curioso que Antonio Torroja era o pai da cantante do Grupo Musical Mecano.

 

 

Esta é a fotografía da Ponte Mourulle ou Ponte dos Tornillos que veu a resolver que a Ponte Fortes  quedará asolagada e polo tanto inservible. Fotografía sacada do libro "Belesar o orgullo de España" de Afonso Eiré.

Esta é a Ponte dos tornillos, ou Ponte Mourulle . Fotografía de Martinidexian.

A ponte ten 269,4 m. en tres vanos. A luz do central é de 156 metros e ten un ancho de 8,26 m. que permite pasar vehículos e polas esquinas ten beirarruas para os peóns. Os dous piares están anclados case na beira.

Fotografía da Ponte Mourulle, sacada da web Galicia Máxica. Descoñezo o autor da fotografía. Aquí vense as beirarruas. Pola ponte pasa a estrada LU-611.

No mapa de Google vese a Ponte Mourulle, así como o club náutico e unha pequena zona fluvial e o mirador.

A zona seica e moi bonita, teñen unha área recreativa, con un albergue e un club náutico, e tamén fixeron un mirador. Os comentarios é que a zona merece a pena pero que tanto o club como albergue sempre están pechados.

Este é o mirador. Descoñezo ao autor da fotografía.

A necesidade desta ponte é evidente, para pasar dun a outro lugar había que coller a barcaza ou ben ir a presa de Belesar. Así pódese dende Escairón chegar a Taboada, por exemplo, pasando esta ponte.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ponte  de Chantada

Estrada Lu-533

 

Mapa da Ponte Nova que se fixo por debaixo do encoro de Belesar e para poder cruzar sobre o río Miño e salvar un pequeno canón que hai no lugar. A Ponte está na estrada LU-533 que vai dende Monforte de Lemos a Lalin pasando por Chantada.

Esa estrada xa existía fai moitos anos pero cruzaba o río máis abaixo, na zona que pon o mapa Ribeira Sacra.

Esta é a Ponte Nova da estrada LU-533 que cruza o pequeno canón que está debaixo do encoro de Belesar.

A Ponte de coordenadas lat. 42.615924  long -7.712471 ten 394 m. de lonxitude e unha altura de 92 m.

Na zona está situada unha das igrexas máis bonitas da Ribeira Sacra, zona do Miño, a de Santo Estevo de Ribas de Miño. Unha auténtica marabilla.

Neste mapa de Google Earth vese a Ponte e por riba está situada a igresa de Santo Estevan de Ribas de Miño. Tamén se ve a situación da ponte, ver a esquerda o encoro de Belesar e a estrada que leva a Monforte.

Outra fotografía da Ponte de Chantada no río Miño. A fotografía é de Tono Arias.

 

 

Ponte de San Fiz.

Puente de San Fiz. Mapa.

Coordenadas 42º 36' 19.0" N - 7º 43' 08.9" W

 

 

Antigua ponte da estrada Chantada Monforte LU-533 que pasaba o río Miño. Chámase Ponte de San Fiz, foi construido en 1931.  Na fotografía de Secundino Lorenzo vese ao fondo a Ponte de San Fiz. Por certo ao pasar a Ponte a estrada da dereita vai a Belesar e a da esquerda empalma coa nova que vai a Monforte.

Nestas curvas faixe a famosa "Subida de Chantada",  un "rally"  que parte desta ponte e fai tódalas curvas que hai no lugar e podedes ver nas fotografías.

 

Ponte de San Fiz. Descoñezo ao autor da fotografía. A estrada que vai a dereita vai por Belesar ata o famoso meandro do Miño, o Cabo do Mundo.

Un pouco a dereita da Ponte desemboca o río que pasa por Chantada, o río Asma, por certo cun final moi espectacular, tanto como os socalvos de "bon viño" que se ven na fotografía.

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ponte de Belesar.

Puente Belesar. Coordenadas 42.591132 , -7.725056

A ponte pódese chegar dende Chantada collendo a estrada a Monforte e logo baixando a ponte de San Fiz, xusto nas famosas curvas de Chantada, baixando a desembocadura do río Asma. A estrada a coller é a . Lug-P-1804

A Ponte construida no ano 1830, sobre unha base medieval que foi destruída por unha crecida do ano 1780.

Deste lugar sae un catamarán que recorre a ribeira sacra do río Miño ata Os Peares e viceversa.

A fotografía é de Secundino Lorenzo.

 

Outra fotografía da misma Ponte. Descoñezo o autor.

Seguindo esa estrada acaba un no Cabo do Mundo, un meandro do río Miño moi famoso.

 

 

 

Ponte de Portotide

Mapa da zona onde está a Ponte de Portotide, moi preto do meandro Cabo do Mundo, un lugar espectacular e marabilloso.

Coordenadas lat. 42.573996º long -7.728861

 

Nesta zona tamén está a ponte de Portotide que cruza o río Miño ao Pincelo. A fotografía é de Secundino Lorenzo.

Esta ponte está no límite do concello do Saviñao na marxe dereita do río e o concello de Chantada na marxe esquerda.

Fotografía do río Miño dende Soutariz, coa Ponte que cruza a Pincelo. Ó fondo o meandro do Cabo do Mundo e o Monte Navallo,  onde dicen que Cristo perdeu a navalla e non a atopou...

Outra imaxen da ponte coas viñas en socalcos na parte esquerda. A estrada é a que leva ao meandro "Cabo do mundo" Lu-P-5819. Fotografía Secundino Lorenzo.

Vexamos un pouco de historia desta ponte:

Esta é unha fotografía de principio do seculo XX. Leva a autoría de photo Bucket ?. Esta fotografía está exposta no Ecomuseo Pazo de Arxeriz e data o parecer de 1926.  Por certo merece a pena visitalo.

Evidentemente esta antigua ponte quedou no fondo do encoro dos Peares. O río Miño tiña que ser unha marabilla nese lugar, eso si unha marabilla pero peligroso lugar en canto a que iba nun canón profundo. Hai un feito que demostra esta peligrosidade:

Da páxina web  "A máxia do Saviñao e Galicia" copio este pequeno texto que deixa esta afirmación demostrada:

..."Un vecino de Nogueira nos explicó que hace unos 150 años, a orillas del río Miño, en el tramo comprendido entre Portotide y la parroquia de Nogueira ocurrió un naufragio donde fallecieron aproximadamente 30 personas procedentes de la comarca de Rodeiro (Pontevedra), que iban a Portotide a trabajar a la vendimia. Se decía que cruzaron el río por la noche.

Fueron enterradas en un campo de propiedad privada (Prado do Cerdeiro da Veiga), situado al lado de Nogueira"...

Deste mismo traballo copio esta fotografía:


A fotografía leva a autoria clara de  photoBucket

"Outono na ponte de Portotide" fotografía  firmada por Turismo de Chantada.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ponte da Barca

OU- 305 Ribadavia-Arnoia.

Mapa de situación da Ponte da Barca que une Ribadavia con Arnoia.  Tamén coa OU-402, que vai dende Ourense ata Cortegada, pasa polo tanto por  Castrelo de Miño e por Arnoia entre outros pueblos.

Coordenadas lat. 42.280390  long -8.139230

A ponte está na OU-0305 que vai de Ribadavia a Arnoia.

Os traballos comenzaron o 20 de junio de 1971. Inaugurouse o 20 de xulio de 1973 as 19 horas. De tódolos xeitos os acesos a esta ponte, que chamaron, Ponte da Barca, 2 km e 313 m tardaron casi dous anos en estar en condicións óptimas para a circulación. Realmente quedou lamentable según consta en escritos que pasa a Corporación de Ribadavia ao gobernador civil da provincia: "...lamentable, ni el firme, ni las cunetas quedaron en condiciones de servicio. Se cubrió de tierra para el día de la inauguración..."

 

Esta é a Ponte da Barca que atravesa o río Miño a 2.43 km. por debaixo de o encoro de Castrelo de Miño. Ten aproximadamente 110 m. de largo e 5 m. de anchura. A obra era, dende logo, moi esperada, xa nos plans da diputación do ano 1955 estaba incluida a construción da ponte. Vendíase o tema de que esta ponte era nacional e internacional;  eu penso que nacional dende logo, internacional costa creelo...

Descoñezo ao autor da fotografía.

Ponte da Barca. Desembocadura do río Avia no río Miño. Fotografía de Julio Puentes Agregán. Por certo Julio, moitas grazas polos datos que me mandaches e pola fotografía por suposto.

 

Gústame tamén esta fotografía de José Antonio López Martínez onde se ve o fondo a Ponte da Barca, a esquerda o monte de a Carixa (Castrelo) e a dereita o monte de Santa Marta (Ribadavia). Mais ao lonxe Francelos e os montes de Melón.

 

O nome seguramente lle ven de que neste lugar había barcas para pasar dende a desembocadura do río Avía a zona de Arnoia. Ver algunas fotografías destes pasos:

Na fotografía a famosa Barca de Ribadavia. Fotografía de M.A.P.O. Os que están na barca son Rubén García e Xesús Mª Ferro.

A misma barca cruzando o río Miño ateigada de xente. Debía chover xa que se ven paraugas. Descoñezo ao autor da fotografía.

Conxunto de barcas para cruzar esta zona antes de facer a ponte; como as paradas de taxi actuais. Descoñezo ao autor da fotografía.

 

Nesta fotografía, da que descoñezo ao autor, vese a chamada "Barca de Porto a Corbeira", ao parecer a barca máis grande que cruzaba o río Miño e pertencía ao Mosteiro de Melón e unía o couto de Francelos co de Reza.  A fotografía está clara que é na desembocadura do río Avia, que o río Miño ven de frente e por suposto non existía a Ponte da Barca. As pontes remataron cos barqueiros,  sin dúbida.

Para rematar outra fotografía do Ponte da Barca, neste caso o fotógrafo é Miguel Menacho e a fotografía parece que invita a sentarse no lugar e lembrar a historia que ten, cantas voltiñas nas barcas que había na zona,  e non fai moito, que llo pregunten á Rogelio Martínez,  que viña dende Arnoia e que pasou o río Miño neste lugar unhas cantas veces. Decir que tanto Julio, como Menacho e Rogelio foron alumnos do que escribe no Item de Ribadavia e actualmente amigos e compañeiros na A. Cultural Exaprin Ribadavia.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ponte Nova de Filgueira

Coordenadas     42.214306   -8.189091

Mapa de situación da Ponte Nova de Filgueira que une a estrada PO-400 dende Filgueira a Cortegada a OU-801 variante da OU-133 (antigua C-531), no seu treito Cortegada-Filgueira, ver o mapa actual.

O trazado da estrada cruza o río Miño unindo as provincias de Ourense (Concello de Cortegada) e a de Pontevedra (Concello de Crecente).

Aquí o encoro de Frieira, noseu nivel normal, ten uns 140 m.. Ademais a uns 20 m. da marxen dereita pasa a vía de tren Ourense-Vigo. Inda por riba o lugar ten fortes pendentes o que levaba a construir unha ponte de lonxitude máxima de 260 m.

No vou entrar nas cuestións técnicas desta pontes xa que sería moi longo e non doado de entender, si remito a un pdf que explica con todo detalle os problemas que tiveron, que no foron poucos e que resolveron con moito éxito.

A calzada  ten 11.3 m. e ten unha altura de 27 m. sobre o río Miño que neste caso é o encoro de Frieira. A lonxitude total da ponte vai os 250m.

Citar os constructores Arias Hermanos e os inxeneiros Juan M. Calvo Rguez. e Joaquín Arroyo Márques

 

Nova Ponte de Filgueira. Feita en 2008 evidentemente xa que a ponte que había, metálica no centro,  era pequena e estreita.

A súa montaxe foi de película xa que a peza central da ponte veo río abaixo dende a desembocadura do Arnoia, partiu do Balneario de Arnoia, 5 km. difíciles... Una peza que era de 84 m.,  nada menos de lonxitude,  e 5 m. de ancho.  Pesaba 230 Mp.

Vexamos unha pequena secuencia de como levaron e encaixaron esa peza metálica no medio da ponte:

Así estaba a ponte esperando a peza central.

Esta era a peza que foi os 5 km. río abaixo. Axudaron dous pequenos remolcadores tipo "zodiac" que se ven na fotografía así como un sistema especial para sosteñelas e que non afundiran. Levoulles cinco horas. A velocidade de 1 nudo.

Unha vez na ponte veo o izado, o acoplamento e o xiro especial.

Así quedou posta con trozo de ponte que faltaba.

 

Outra fotografía da ponte. Xa a peza posta.

 

E o resultado final.

 

A Ponte Vella, metálica, de Filgueira. Inda pasei unhas cantas veces por ela, xa que esa revolta do río Miño que se ve despois, antes de facer o encoro de Frieira era un lugar de pesca da troita incrible. Tempos aqueles 1968.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Ponte de Frieira

Mapa de lugar da Presa,

coordenadas lat. 42.154692º  long. -8.196582º

150 m. de largo e una altura aproximada de 25 m. ao río.

Esta ponte data de finais da década  1970-80

Ponte Frieira está situada a poucos metras da Presa de Frieira, que se ve no mapa. Veu a sustituir unha ponte Colgante que había na misma zona. Esta Ponte une os pueblos de Frieira (en Crecente - Pontevedra)  e Acivido (en Padrenda- Ourense)  xusto na fronteira de España e Portugal. Observar no mapa o trazo amarelo que delimita os dous paises. A partir da desembocadura do río Troncoso a parte esquerda do río é portuguesa e a parte dereita é España.

A Ponte une as estradas PO400 que dende Ribadavia leva A Filgueira e Arbo coa OR-412 que ven dende Cortegada ata Acivido.

 

O río Miño e a Ponte de Frieira. Fotografía de Secundino Lorenzo.

Esta fotografía onde se ve parte da presa de Frieira ten unha peculiaridade: no medio, xusto enfrente,  desemboca o río Barxas ou río Troncoso e marca a fronteira, a chamada "raia mollada" dende este lugar e a desembocadura do río Miño. En total 75,5 km. de río Miño que compartimos Galicia e Portugal. Parte dereita Galicia, parte esquerda Portugal.

A fotografía está sacada dende a Estación de tren de  Frieira.

Xusto no medio da fotografía vese a saída dun regato que é xustamente o río Troncoso. Río arriba é España, río abaixo dese lugar unha parte é de España e outra de Portugal. A fotografía é de Secundino Lorenzo.

Fotografía curiosa, anterior a 1960, onde se ve a pasarela que había na zona e que permitía pasar de Frieira a Acivido. Observar que inda non empezaran a facer a presa.

A fotografía, da que descoñezo ao autor,  é así  de pequena e non ten moita calidade. Hoxe na zona soio quedan os anclases desta ponte. Lembro esta pasarela perfectamente, xa que inda existía en 1968,  cando eu visitei a zona, xa que a pesca da troita abría antes en Portugal e un poco máis abaixo  está o río Troncoso que era internacional. Marxen esquerda Portugal, marxe dereita España.

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ponte da estrada Lu-P-1611

No mapa vese o río Miño, por certo por debaixo da cidade de Lugo. A ponte cruza ó río Miño,a 300 metros da desembocadura do río Neira. Por baixo desta ponte está en períodos de chea a cola do encoro de Belesar.A ponte está na estrada Lu-P-1611 que vai dende o corredor CG-2.2 Nadela-Monforte, preto do pueblo de Maceda e conecta coa estrada que leva dende Ourense a Lugo, a N-540,  practicamente en Guntín e si sigue coa A54 (Lugo-Santiago).

 

Parte dereita da Ponte coa desembocadura do río Neira.

 

Parte de abaixo da ponte no sentido que vai o río Miño.

 

Esta é a ponte e a estrada Lu-P--1611. A 300 m. a dereita da fotografía desemboca o río Neira. Un río extraordinario en tempos, con moita troita e moito caranguesos autóctonos que desapareceron despois duns anos afectados pola sobrepesca e  polo encoro, no soio desapareceron os caranguesos senón tamén as anguías,  entre outros.

Volver