Pontes de Tui  no río Miño

 

No mapa as dúas pontes que ten Tui e que son básicas para entender a nosa relación con Portugal.

A Ponte da dereita que aparece no mapa co nome de "Ponte internacional de Tui-Valença" que leva a N-551 e o ferrocarril Tui-Valença, ponte do ano 1884; tamén se chama Ponte de Valença e tamén Ponte Rodo-Ferroviária Valença-Tui.   e a esquerda a ponte que leva a A-55 ponte do ano 1993, tamén chamada Ponte Nova Tui-Valença.

Vexamos algúns detalles destas dúas pontes, que foron básicas no seu día, unha a Ponte Internacional de Tui-Valença xa que era a única que houbo ata non fai moito, era na zona o paso  fronteirizo por excelencia entre España e Portugal; a outra a Ponte Nova Tui-Valença do ano 1993, resolveu dunha vez o paso de grandes camións e autobuses, cousa moitas veces que non era posible facelo pola outra.

 

 

Ponte internacional de Tui -Valença

Primeira Ponte, ponte de tres usos: para peóns, para carros de todo tipo e para o ferrocarril. Estos usos son a súa peculiaridade, sobre todo si sabemos que se inaugurou no ano 1888.

Dibuxo da ponte. Descoñezo o autor.

 

Coordenadas da ponte  42.036333  ,  -8.646740

 

 

Ponte tamén chamada, como xa está dito, Ponte Rodo-Ferroviária Valença-Tui, Ponte de Valença e finalmente Ponte Internacional de Tui-Valença, o simplemente Ponte Internacional do Miño  que para min,  é o  máis coñecido. Este último nome hoxe non ten sentido, xa temos tres máis,  pero non fai moito sí...

 

Fotografía do bico que se deron as locomotoras o día da inauguración da ponte o 25 de marzo de 1886,   A fotografía está firmada por Gutierrez.

Maqueta que atopei no museo da Fortaleza en Valença, nunha parte dedicada a historia desta ponte. Na maqueta están postos os trens que se bicaron o dia da inauguración, dous anos despois de poñer en marcha a ponte, e moitos textos que falaban dese evento. Fotografía de Secundino Lorenzo.

 

Parte darriba da maqueta, coa fotografía da ponte o día da inauguración e un artigo periodístico despois do IIª  aniversario da Ponte Internacional.

No mural aparece a fotografía daquel día e o texto que escribiu o xornalista, en 1888 Guilherme da Silva no Xornal El Valenciano nº 815 do día 8 de febreiro na IIª aniversario da Ponte Internacional. Seica había no evento preto de 20.000 persoas, o artigo fala de 8.000 soio en Valença. Por certo o nome das locomotoras que se bicaron na ponte era de Valença a de Portugal e Alfonso XII o nome da española. Cousas...

 

A Ponte internacional de Tui-Valença, foi durante máis dun século o paso máis adecuado para o tránsito de vehículos, persoas ou peóns e trens. A súa construción no século XIX supuxo un antes e un despois nas relacións entre o norte de Portugal e o sur de Galicia. A súa construción provocou unha fonte de riqueza para ambos os países, xa que foron moitos os que cruzaban a fronteira en busca de produtos e negocios. Non é unha obra de Eiffel, pero nel veremos clara a súa influencia. O seu deseño foi elaborado polo enxeñeiro Pelayo Mancebo de Agrida e a firma belga Braine Lle Compte foi a adxudicataria das obras. Unhas obras que xa desde 1864 tiñan a súa propia comisión nomeada por unha Real Orde de Isabel II co fin de estudar as posibilidades de unión por ferrocarril entre os dous países.

O custo do proxecto ascendeu a 1.254.143 pesetas e foi custeado por ambos países. Inaugurouse o 25 de marzo de ano 1886 aínda que xa daba un servicio interrompido en varias ocasións desde o ano anterior. Durante a súa inauguración e coa ponte engalanada dous trens cruzáronse no centro ante a atenta mirada de miles de veciños  dos dous países e alí bicáronse, unindo definitivamente  as dúas marxes do río.

Vista da ponte na parte de abaixo onde fixeron unha aplicación doble, por unha parte no centro para carruaxes e os lados exteriores para peóns. A estructura e toda de pedra e aceiro. Descoñezo ao autor da fotografía.

Para a construción da ponte empregáronse 1.540.364 quilos de ferro e 700 de chumbo e a sillería traída desde a localidade lusa de Lanhela, situada a 24 km. do lugar, Zumaya achegou o cemento necesario. Todos os materiais foron transportados por lanchas de vapor polo Miño.

A estructura ten unha lonxitude de  399 m. e apóiase en catro pilares de pedra sobre o río que suxeitan cinco vans de metal con luces os dous das esquinas de 61,50 m e os tres do medio de 69m. cada un. A súa anchura é escasa, 22,70 m., entre as dúas beirarruas e a calzada,  xa que en principio estaba pensada para carruaxes e non para a rápida evolución do tráfico rodado.

 

Na parte de arriba está feita para `pasar o ferrocarril como pode verse. Descoñezo o autor da fotografía.

A ponte substituíu ás barcazas que unían poboacións de Valença do Minho e Tui. Durante máis de 100 anos soportou o paso de vehículos, trens e persoas ata que no ano 1993 inaugurouse a nova e moderna ponte internacional uns metros río abaixo. Ata a entrada na Unión Europea ambos os países controlaban o paso e o tránsito de viaxeiros polo que era moi habitual as longas colas en interminables colas en ambos os sentidos.

Fotografía da ponte dende o Monte Faro en Valença. Foto de Secundino

 Lorenzo.

 

Fotografía da ponte dende a Fortaleza en Valença de Miño. Por detrás vese Tui. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

Fotografía actual, pasando un tren. Descoñezo o autor da fotografía.

Esta ponte foi ata 1993 a única entrada que había no tramo Internacional do río Miño para pasar de España a Portugal, de feito non se fixo outra ata o ano 1993. Por esta ponte pasa a carretera Nacional N-551 e había o posto fronteirizo máis importante do norte de Portugal. A famosa Fronteira de Tui.

Gústame moito esta fotografía, que recortei un pouco,  de  Noel Pérez Alvárez , que atopei en internet.

Notas: parte do texto  está sacado da páxina web Galicia Máxica, link que recomendo;  trae o texto en español e moitas fotografías desta sensacional e importantísima ponte. É curioso por exemplos os ocos que deixaron nas pilastras da parte de España, hai que subir unha escaleira, por si había que dinamitar a ponte en caso de guerra...

Si queredes saber a súa historia, que proxectos se baraxaron e como rematou a súa construcción tendes un blog que se chama  "Cazando pontes" , que é un bon  traballo sobre este tema.

Por certo, esta ponte está dentro do Camiño Portugués a Santiago de Compostela para cumplir co Xacobeo.

Efectivamente esta ponte está no camiño portugués de Portugal para facer o xacobeo, descoñezo ao autor da fotografía.

Efectivamente o itinerario do camiño portugués a Santiago viña por Lisboa, Santarem, Coimbra, Porto, Barcelos, Ponte de Lima e Valença de Miño, onde cruzaba a Tui,  ata que se fixo a ponte en barca,  e dende finais do século XIX pola ponte internacional do Miño.

Deixamos esta ponte de Tui, unha marabilla,  e vamos, río Miño abaixo,  a seguinte. Outra ponte que está moi preto desta, ver na fotografía. Por certo descoñezo ao autor da fotografía.

 

 

 

 

Ponte Nova Tui-Valença

Segunda  Ponte: a ponte de automóviles e que leva a A-55 e a E1.

Ponte de 1993:

 

Coordenadas 42.033953 , -8,653886

Na fotografía vese o mapa que trae a segunda ponte, lugar por onde se pasa a Portugal seguindo a A-55 que une polo tanto Tui e Valença de Miño. No medio da ponte empalma coa E1 de Portugal. Unha ponte básica actualmente para entrar en Portugal e coller as autovias para visitar a este gran País veciño. A ponte é só de automóbiles.

 

Na fotografía de BCP inxeneiros vese esta Ponte de Tui que une Galicia e o norte de Portugal e permite ir ata O Porto directamente por autovía e autopista. Tamén ir a dereita ata Vila Nova de Cerveira , Caminha e Viana do Castelo. Por certo ao pasar Vila Nova de Cerveira tamén se pode coller unha autovía que nos leva directamente a Viana do Castelo  e logo a  O Porto.

Ten 380 m. e dúas calzadas, en realidade son dúas pontes, pontes xemelos de voladizos sucesivos. Tanto a A-55 cmo a E1 son autovías. Observar na fotografía que a ponte ten oito piares en grupos de catro según os voladizos. Ten unha luz na parte central  de 170 m. record de España.   Ou sexa son tres luces de 105-170 e 105 m.

Nesta fotografía de BCP vese o doble ponte. O que se chama xemelos voladizos.

Aquí outra vista da ponte precisamente o día que se fixeron as probas de carga, observar a ponte chea de camións. Esta fotografía da unha idea clara da ponte que ten unha luz increible, nada menos que 170 m. Moi pouco menos que leva o río Miño nesa zona. A fotografía tamén é de BCP Inxeneiros.

 

Na fotografía de Secundino Lorenzo, sacada dende o monte Faro en Valença,  vense as dúas pontes de Tui. A da dereita a  Ponte Internacional de Tui, de ferro  e pedra,  primitiva e do século XIX e a esquerda a ponte que leva a A-55 e a E1. feita en 1993,  cemento armado, ponte xa do século XX.

Ver o proxecto de BCP Inxeneiros neste link.

   Volver á río Miño                     Volver a  río Miño  

 

Volver a Pontes sobre o río Miño