..

Ponte  Maior de Ourense

Ponte Romano nos seus inicios (Sec. I d.C.)

Hoxe Ponte Romano-Medieval de Ourense

Escribe Secundino Lorenzo. Email.

Mapa da Ponte Romano-Medieval de Ourense. Ponte Maior ou PonteVella.

 (En grados decimais) --->      42.345416 N ,   7.868720 W

Postal da Ponte Maior de Ourense atopada en Internet. Vense perfectamente os sete arcos, por certo, arco romano soio é o primeiro da esquerda. Ponte romano-medieval que no século I foi romana.

Ponte Maior de Ourense. Romano-Medieval. Sete arcos. 370 m. (208,3 m entre estribos).  Fotografía Secundino Lorenzo. 2014.

 

Placa explicativa da Ponte Maior de Ourense.

 

O fundamental que hai que coñecer  da Ponte Maior:

 

O cartel explicativo desta Ponte dice o seguinte:

PONTE  MAIOR

Monumento histórico-artístico nacional.

A construcción primitiva romana data do século I d. C. quizais dos tempos do Emperador Augusto. Os fundamentos e gran parte da sillería baixa e media dos piares pertencen a esa época. O arco central foi o máis amplo de tódalas pontes de pedra do Imperio Romano.

A primeira reconstrucción medieval mandouna facer o Obispo D. Lourenzo na primeira mitade do século XIII. Outros arranxos son do  XIV,  XVII e XIX. Desta ponte servíanse entre outras vías romanas, as que  comunicaban Aquae Flaviae (Chaves) e Bracara Augusta (Braga) con Lvcus (Lugo) e  Iria Flavia.

Características principais da ponte

Lonxitude entre estribos ......208,30 m.

Altura Max(Clave)- leito río.. 33,26 m.

Nª de arcos: 7 (Sábese que tivo ata 10)

 

Luz dos arcos:

Nª 1 ..  8,50 m.;  Nº 2 ....18 m. ...   Nª 3...25,30 m.

Nº 4 .. 38,20 m.; Nº 5 ...27,10 m...Nª 6 ...18,80 m.

Nº 7 .. 12,60 m.

 

           

Río Miño en Ourense. Año 1960. Foto Pacheco. ¡¡ Así me gustaría que fuese el río Miño hoy !!.

Ponte Maior de Ourense. Fotografía Pacheco 1960.

 

Vista aérea da Ponte Maior de Ourense, onde se ven perfectamente os sete arcos actuais. Descoñezo o autor da fotografía.

 

Ata aquí a explicación que está á entrada da Ponte, xunto ó Colexio dos Salesianos en Ourense.

 

 

O arco central  ten unha altura de 33,26 m. é unha luz de  38,20 m. A fotografía é de Mani Moretón. Este arco foi todo un problema ó longo dos séculos. Nesta fotografía o arco da esquerda está asentado en coios, penas e granitos descompostos sin compactar...Inda por riba a dereita hai máis de 10 m de profundidade...

Arco central da Ponte. No medio hai sobre 10 m de profundidade.  A luz deste arco é de 38,20 m. e de piar a piar hai máis de 43 m.  Moita xente opina, historiadores incluidos, que é o arco maior que existe no mundo,  dentro das pontes medievais, cousa que comparto inda que me deixo levar polo meu amor a cidade onde nacín, o cal non é unha proba convincente... Fotografía Secundino Lorenzo.

 

Ponte Maior actual. Ano 2014. Nesta fotografía vense malamente os sete arcos. Precisamente ó que peor se ve é o da dereita de todo,  que é o único romano. Fotografía S. Lorenzo.

Hoxe é unha ponte claramente romana-medieval. ¿Estaba nese lugar a ponte romana?. Pois parece que si, hai pilas de auténtica fábrica dos romanos... pero ¿como era aquela ponte?. Ninguén ó sabe...Hipótesis, moitas?

 

Ponte Maior de Ourense,  coa luz da tardiña e sacada dende a Ponte do Milenio (observar nos bidueiros da dereita a sombra da Ponte do Milenio, curioso...). Fotografía cedida por Ana de Lorenzo Aira. 20/04/2014.

 

Nesta fotografía de principios do século XX, vese o único arco romano que ten a ponte. Tamén se ve a igrexa dos Remedios fundada en 1522 por D. Francisco Méndez Montoto no antiguo Campo do Desafio. Tamén figura en primeiro plano a fábrica eléctrica de Conde Valvíos, que entre 1915-1920 deu luz eléctrica a Ourense por primeira vez, cunha turbina sencilla que podedes ver na Alameda de Ourense.... A Chimenea que se ve foi feita por Buenaventura Reverter; a famosa saga Reverter que logo faría, un dos irmáns, o outro foise para Vigo, moitos edificios en Ourense. Hoxe neste lugar está o Pabellón dos Deportes.

 A ponte tamén se coñece cos nomes de Ponte Vella e moita xente fala, mal falado,  de Ponte Romana. O correcto sería decir que é Romana-Medieval.

Ó máis correcto é chamala Ponte Maior. Na miña xuventude, anos 1955-1968, onde o galego estaba mal visto, por non decir perseguido,  falábamos de "Puente Viejo", que é o nome en castelán. Tamén Ponte do Miño, Ponte de Ourense, e Ponte do Terrón (o Terrón é ese peñascal que se ve na fotografía anterior xunto a ponte).

Foi declarada, xunto coa Igrexa dos Remedios,  monumento histórico por  Decreto da Xefatura do Estado de 6 de abril de 1961 (BOE de 18 de abril de 1961, decreto 647). Neste decreto aparece o nome de "Puente Viejo" ou "Puente romano". Ver este link có decreto completo.

Pola ponte Maior pasou durante moito tempo a estrada de Villacastín a Vigo,  a N-525, inaugurada 1860-63. Por certo que en 1880-84 houbo traballos na ponte con motivo da estrada.  Posteriormente este tráfico foi desviado por outra ponte, pero seguían pasando coches ata o ano 1989. A ponte conserva o clásico marco ou moxón  indicador de km.  neste caso 555, de sección triangular, a escasos metros do final do petril dereito.

O moxón está no seu lugar, pero borraron a información, neste caso N-625   e    km. 555.

Preto deste moxón está a cota base de 114,271 msnm. (Fotografía de S. Lorenzo).

Hoxe en día e dende  1989 está peonalizada  e entra dentro das tres cousas que hai que ver,  según o dito,  en Ourense cidade:

"Tres cousas hai en Ourense que non hai  en España:  o Santo Cristo, a Ponte e as Burgas fervendo  a  auga".

Nesta fotografía aérea vese completo a Ponte Maior cos sete arcos. Tamén a situación da Ponte nos anos 1960. Na fotografía vese tamén a dereita a Igrexa dos Remedios, entre árbores,  que foi declarada, no mismo decreto, como monumento histórico-artístico. ..."Complemento de este excepcional puente y formando un solo conjunto...". Resulta curiosa a asociación...

 

 

O documento dice o seguinte:

DECRETO 547/1961, de 6 de abril, por el que se declara monumento histórico artístico el conjunto formado por el Puente Viejo y la capilla de Nuestra Señora de los Remedios, en Orense. 

   El llamado Puente Viejo o Romano de Orense es uno de los más monumentales, antiguos y bellos deEuropa.

   Su origen romano, todavía de manifiesto en las pilas del basamento con sus característicos despieces y resalto de paramentos en los sillares, y su monumentalidad, que ha motivado su elección pra blasón de la capital y provincia de Orense, ofrecen una de las más bellas perpectivas dentro del conjunto de la ciudad al que da acceso.

   Complemento de este excepcional puente y formando un solo conjunto, tanto histórico como artístico y monumental y situado en las inmediaciones es el santuario de Nuestra Señora de los Remedios, fundado en 1522 por don Francisco Méndez Montoto, bajo la advocación de la Virgen del Puente, al que se retiró su fundador hasta su muerte. Su heredero don Álvaro Méndez el Viejo, restauró y amplió la capilla colocando una imagen de piedra de la Virgen de los Remedios, que desde entonces recibe allí su culto. En su interior se conserva el sepulcro de su fundador, sobre el cual se halla la estatua grande, ejecutada en mármol, muestra valiosa de la escultura funeraria en Galicia.

   Por lo expuesto, vistos los informes de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando y de la Comisaria General del Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico Nacioal; a propuesta...

 

Igrexa dos Remedios fundada en 1522 por D. Francisco Méndez Montoto no antiguo Campo do Desafio. Esta igrexa xunto coa Ponte Maior son conxuntamente monumento histórico artístico. A fotografía é de Secundino Lorenzo. 1998. Fai pouco esta igrexa ardeu e hoxe, 2016,  está xa rehabilitada.

Estas son para min tres das mellores fotografías das miles que hai da nosa ponte:

Ponte Maior de Ourense. Seguramente contemporanea da seguinte, ou sexa 1960. Gústame xa que vense seis arcos dos sete que ten, falta o arco da dereita. Ademais permite ver o espacio de lecer que tiñamos os ourensáns da miña época, marabilloso. Xa estaban facendo,  no fondo detrás da ponte,  a explanada onde foi o Pabellón de Deportes. Hoxe esto non é así e pola contra hai unha estrada nacional, á N-120,  que pasa polo segundo arco da esquerda. Un auténtico feismo, aparte unha estrada que non ten razón de ser...A fotografía non me estrañaría que fora de Pacheco. Descoñezo o autor...

 

A ponte maior polos anos 1960-65. Marabillosa fotografía da que descoñezo o autor.

Fotografía sacada dende o viaducto, polos anos sesenta, para mín é a imaxen que teño da miña xuventude; observar, a fotografía está feita no estiaxe do río  e preto da ponte,  onde o coiñal se mete a dereita no río, chamábase O Vao, e  podía pasarse o río a pe, esta zona era a praia de Ourense; logo quedou desfeita por unha estrada a N-120 a esquerda e por un muro na parte dereita, que sigo sin entender...

Outra fotografía da Ponte Maior de Ourense. Ademais,  moi curiosa  xa que aparece ó fondo un pilar da  Ponte Nova, inaugurada en 1919. Descoñezo o autor da fotografía.

Estas rochas e un coiñal que había en tempos chamábase "O terrón". Hoxe nesa zona está o Pabellón de Deportes; antigo "campo da feira".

O "Terrón" a esquerda do río, río abaixo da Ponte. Os famosos barcos de dúas dornas e a Ponte no ano 1920.

Monumento a Curros Enriquez na misma Ponte, frente a capela dos Remedios;  a fotografía é de 1913, concretamente o 24 de maio dese ano. En 1935 este monumento desaparece. A historia destos feitos pódese ler neste link.

---------

Algúns detalles da súa construcción

 e traballos de reparación:

 

A Ponte Maior é unha das maiores mostras de inxenaría que se conserva da dominación romana e que xunto coa de Portomarín e Lugo eran os pasos obligados para o río Miño.

A Ponte aparece citada no testamento de Doña Urraca no ano 1119 e foi reconstruida polo obispo D. Lorenzo I, señor da cidade nos ano 1222-1275. Nesta ocasión casi totalmente. A dimensión da bóveda central e a deficiente cimentación da pila 4, á dereita, no sentido do río (ver a fotografía seguinte), motivou que posteriormente houbera que estar traballando nestas deficiencias. Efectivamente ó non estar suficientemente asentada na roca, as enchentas do río  foron socabando a pila.

Aquí están marcadas as pilas de esquerda a dereita.

A pila 4, última marcada, está mal asentada dende o principio, á esquerda o río Miño ten 10 metros de profundidade.

Corte xeolóxico do terreno polo eixe maior da Ponte Vella según Macau Vilar. Tamén se ven os que se fixeron para saber o tipo de terreno que hai debaixo. A pila 4 está sobre bolos ou cantos rolados e granito descompuesto sin compactar como primeiras capas.

    Logo tuvo varios arranxos, xa que seica en 1432 volveu a fallar o arco maior e encargase da obra  o maestro Alfonso García.  Nestes anos hai outros maestros de obras que tratan de apuntalar o arco pero o caso é que outra enchenta en 1449 volve a tirar o arco. As obras rematan en  1484, despois de intentalo varios maestros,  pero os cinco anos vense todo abaixo...

A partires destes anos o deterioro da ponte vai a máis... Esta documentación está recollida por moitos autores, os interesados podedes ver esta historia, con moito detalle,  no PDF  de Aser Ángel Fernández Rey , "El puente mayor de Ourense siglos XVI-XVIII". Un traballo documentado sobre a historia da ponte e que tendes en internet, publicado por Dialnet.

 Entre todos os arranxos do arco central é importante o do  século XVII a cargo de Melchor Velasco, concretamente no ano 1667, pero os problemas seguiron nos anos posteriores... Máis tarde foron suprimidas as torres defensivas.

Todos estos traballos están documentados perfectamente. Parece que o traballo importante a cargo de Melchor Velasco é o que leva a sona pero posteriormente sábese que nos séculos posteriores foron moitos os arranxos que se fixeron...

Por señalar algúns dos traballos:

Os únicos planos que se conservan de todos estos traballos son do século XVIII, planos de Agustín Cousiño e outros que poño a continuación. Os detalles dos mismos figuran no traballo de Aser Ángel Fdez.  xa citado:

 

Este é o plano xeral, visto dende río abaixo da ponte;  a dereita a igrexa dos Remedios. Os arcos están numerados.

Neste plano está marcada a ruína da pila do arco central.

 

Esta é a parte da igrexa dos Remedios. Aparece a torre e os escalóns para baixar a igrexa.

Detalle da ruína da  ponte, parte da igrexa (visión invertida) e último arco.

Detalle defensa da ponte e arcos de entrada a cidade.

 

Ó final despois de ver os problemas da ponte fixéronse obras e incluso certificouse a bondade das mismas. O resultado sabemos non foi definitivo. A ponte seguíu a dar problemas...

En 1835 é o maestro Santiago Estévez o que fai un arranxo pero tampouco foi difinitivo xa que en 1880 Sebastián Matínez Risco volve a intentar a reparación. A enchenta de 1959 volve dañar este pilar central e volvén aparecer as gretas. A peonización da ponte parece que da unha tregua importante.

Para finalizar queda no misterio, como era a Ponte Romana no seu principio, tendo claro como quedou convertido en Ponte Romana - Medieval. Sábese que existiu, a Ponte Romana,  polos sillares almohadillados que aparecen en algunhas das bases das pilas da Ponte   e tamén polos miliarios romanos que aparecen antes e despois da ponte.

 

Nesta fotografía vese a pila da marxen esquerda (do arco central), augas arriba. Esta pila está perfectamente asentada en roca. Os sillares da parte inferior son romanos.

 Esto proba que houbo ponte romana, pero ¿como era?.

A fotografía esta collida dun traballo marabilloso publicado por Carlos Nardiz Ortiz sobre "Los puentes romanos de Galicia", que cito tamén máis abaixo e suministro o link do traballo.

Nota: en marzo de 2016 aparece nas librerías un libro marabilloso "A Ponte Maior" de Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta, editado pola Diputación de Ourense . Deste libro que aparece cando xa tiña eu artellada esta ficha,  retomo moitas cousas entre elas estas fotografías nas que aparecen as grandes cuñas practicadas polos canteiros romanos na extracción dos sillares da canteira e que logo non eliminaron ó colocalas.

Fotografías de varias piezas da Ponte onde aparecen as marcas das cuñas que utilizaban os romanos. Fálase de que estas pezas viñeron das canteiras de Mugares en Toén.

Esta fotografía está sacada do libro citado "A Ponte Maior" de Juan Carlos Rivas.

 

Esta paisaxe é do pintor  Antonio Cendón, vese a Ponte Maior de Ourense en 1850. Observar moitas curiosidades, entre elas a inclinación da ponte que é correcta, naqueles tempos era así...,  logo foi cambiada xa que había accidentes pola inclinación e o final a esquerda... Observar a parte de atrás a esquerda onde chegaba, a carón da Ponte Maior, un ramal do río Barbaña, onde había a chamada Ponte Pequena;    a liña descendente de Santa Ladaiña, o socalco de Reza, o coiñal e as rocas, etc. Hoxe cambiou moito esta paisaxe, na miña opinión a peor...

Este dibuxo tomado do libro "A Ponte Maior" de Juan Carlos Rivas mostra o ramal de desvio do Río Barbaña (na curba a esquerda a 50 m. de Ponte Lebrona) e a súa desembocadura na misma ponte Maior. Nese lugar observar casi un ángulo recto que facía a ponte e no que houbo moitos accidentes (século XVIII e anteriores, logo suprimiuse). Este ramal do río Barbaña (hai varias teorías), foi feito para desviar nas enchentas o río Barbaña e que non pasaran as augas río arriba como pasa hoxe. Casi todo ano estaba con charcas, que por certo cheiraban bastante.

Nesta fotografía vese onde desembocaba ese ramal do río Barbaña;  ver tamén ó estreita que era a Ponte Maior e tamén "O Terrón"  a dereita enfrente onde estaba a fábrica eléctrica de Conde Valvíos.

Aquí estaba tamén un dos pasos do río Miño en Ourense, o de Porto Auriense, un paso de barca. Mais arriba o Vao, un paso a pe, onde hoxe está a pasarela do centro comercial,  por onde se pasaba no verán o río perfectamente. O outro paso, o Porto Vello,  estaba situado a altura da actual capela, tamén era de barca.

 

Neste dibuxo,  que aparece no libro de Manuel Durán Fuentes , "La Construcción de puentes romanos en Hispania", Santiago 2004, aparece o alzado actual da Ponte, o máis alto, e a hipotética Ponte romana, máis baixa e en negro.

 

Sobre o ano 1571 foi demolida unha torre que tiña, torre defensiva,  e faise outra na entrada. En 1837 faise unha segunda do lado de Canedo (hoxe barrio da Ponte de Ourense),  pero rematada a guerra Carlista en 1839 faise a demolición das dúas. Parece ser que había problemas co tránsito dos carros de todo tipo que pasaban pola ponte. 

A torre figura no escudo de Ourense.

 

Resumindo, ¿que queda hoxe, en abril de 2014 da Ponte Romana de Ourense?, pois pouco,    un arco e a base dos arcos principais da ponte, as pilas da ponte, que sí son romanas e que  durante vinte séculos foron  o gran problema da Ponte.

Posteriormente vexo no libro "A Ponte Maior"  de  Juan Carlos Rivas, que esta ponte ten moitos máis elementos romanos dos que parece. Juan Carlos Rivas demostra, facendo ver perfectamente,  en varios capítulos do seu libro,  que hai moita sillería romana conservada e fala de que a ponte ten polo menos dúas de cinco partes romanas. Son moitas as hiladas  de pedra perfectamente labrada e,  por certo de moita calidade, conservadas nesta ponte, hiladas  que son, sin lugar a dúbidas, romanas. Juan Carlos Rivas fala de Ponte romano-medieval...

Pilas da Ponte no sentido da corrente. A da esquerda é a Pila 1.

     Juan Carlos Rivas escribe que na pila 1 (primeira a esquerda según o sentido da corrente) hai hiladas soterradas na cara sur e outras na norte. Na pila 2 hai 14 nunha cara e 15 noutra. Na pila 3 ata 20 hiladas, e na cara oeste 18. Na pila 4,  a conflictiva,  conserva as tres primeiras. Na pila 5 hai ata 18 na cara este e outras nas outras caras. Na pila 6 conserva sobre 7  hiladas. Na pila 7 catro hiladas e seguro que hai algunhas baixo terra.

Todos estos datos demóstrao con fotografías e texto.

Resaltadas as hiladas romanas. Neste caso é a cara este da pila 5, con 18  hiladas romanas. (Por hilada enténdese una fila de pedras labradas e colocadas).

Neste caso son 2 hiladas da cara norte da pila 4.

---

Noutro traballo marabilloso publicado por Carlos Nardiz Ortiz sobre "Los puentes romanos de Galicia", ponse de manifesto os problemas da Ponte Maior de Ourense.  Sobre todo o asentamente da pila principal a parte dereita que aparece no dibuxo e que quedou asentada sobre cantos rodados, arenas e granitos descompostos. Nese lugar o río ten sobre 10 m. de profundidade e baixar a pila ata a roca situada a esa distancia eran palabras maiores para a inxeniería romana, apesares de que eran unhos auténticos mestres no arte da cantería...

Na fotografía puxen estos detalles que explican gráficamente os problemas da ponte.

 

Nesta fotografía, feita na estiaxe do río, vense os asentamentos en roca .

Resumindo moito, o traballo completo podedes velo neste link en formato pdf, revista de Obras Públicas setembro de 1991, "Los puentes romanos de Galicia", os romanos lóxicamente buscaban terreos rocosos para poñer as pilas das pontes, tamén usaron pontes de madeira... O caso de Ourense non foi así, xa que unha parte non está sobre roca, o que motivou os problemas que tuvo ó longo dos séculos. É curioso como resolvían os problemas de asentamento en terrenos con auga. Repito que o traballo citado é sensacional e explica estos pormenores. Tamén decir que resulta complexo, xa que é moi técnico,  entendelo. O final houbo problemas coas pilas da ponte xa que o arco era moi grande, a profundidade entre 10-14 metros na estiaxe,  outro problema,  e non funcionou ben, a proba son todos os retoques que tuvo o longo dos séculos...

 

 

Observar no centro o asentamento da ponte na marxe esquerda en roca e na dereita en cantos rodados, areas  e granito sin compactar.

 

Ó final,  sobre a Ponte romana antiga soio vexo unha hipótesis que está neste dibuxo, seguro que houbo ou hai moitas:

 

A Ponte romana sería a máis baixa,  en negro. Traballo de Durán Fuentes. "La construcción de puentes romanas en Hispania". Santiago 2004.

--------------------------------------------------

 

Na Ponte Maior de Ourense no 2015  parece que se vai facer unha actuación a fondo.

Ver uns detalles do cambio que vai a ter nos próximos anos:

Decir que no estudio previo das obras parece ser que a ponte non ten problemas estructurais, ou sexa están todos os problemas anteriormente enumerados resoltos: a cepa do arco central perfectamente asentada, etc. Dubido destes datos...

Polo tanto non necesita, nesta ocasión,  actuacións sobre a súa estructura.

O seu estado vese nas fotografías e parece vai ter uns arreglos a fondo.

 

As obras costarán sobre 1 millón de euros que pagará a Consellería de Medio Ambiente e Cultura, actuarase en dúas fases unha na estructura básica e outra no entorno. En total 15 fases.

O inxeneiro Manuel Durán Fuentes e o  arquitecto Manuel Durán Arriero firman o  proxecto que chaman de limpeza, reparación, recuperación,  adaptación...

Deixan  claro que non haberá que reforzar a base da ponte como no século  XIX nin moito menos  levantar o arco central que se fundiu no século XV.

 

Algunhas das cousas que se van rectificar. Tamén as barandillas actuais vanse cambiar. Por suposto a retirada da tubería de abastecemento e a nova conexión de redes do Barrio da Ponte.

Veremos como queda esta Ponte emblema de Ourense.

Sorte ó inxeneiro e ó arquitecto, o Pai Miño merece esa obra e moitas máis.

Esperemos que no futuro ó contemplar o río dende a Ponte non se vexan, río arriba, a saída de augas fecais día si e día tamén a 50 m. da Ponte, na marxe esquerda do río e a altura dos Salesianos, sobre todo cando o río vai baixo...Este tema é unha constante xa que o mismo pasa coa Ponte do Milenio e a saída do río Barbaña.

Nota: tratarei de ver o que escribe Juan Carlos Rivas sobre as deficiencias estructurais desta ponte e cotexar co anterior.

No capítulo X do citado libro "A Ponte Maior" o autor fai unha crítica durísima e para mín xustificada do realizado o redor da Ponte, dende a estrada N-120, o Centro Comercial,  a pasarela entre dúas xoias, eu diría impresentable pasarela, parte do Edificio dos Salesianos, etc.

Na Conclusión e  consideracións finais insiste ..."solo aparente robustez del puente y en la extrema ligereza estructural del mismo..". Critica a última actuación por parte da empresa Galiver de Trabajos verticales, ..."consistió en una muy liviana y chapuzera extración de vegetación...".

Remata de forma moi dura con este texto:

..."En el libro Puentes históricos de Galicia del año 1989, sus autores, los ingenieros Alvarado, Durán y Nárdiz dicen lo siguiente respecto al puente viejo de Ourense:

El río y su puente sufren desde hace veinte o treinta años una continua y progresiva agresión, materializada en la falta de limpieza y saneamiento de las márgenes, total despreocupación por la estética de los edificios próximos, construcción de la carretera del Acceso Centro a Galicia bajo uno de los arcos del puente, "que causó un daño estético notable al monumento, al mismo tiempo que enterró la parte romana de la primera pila", movimiento de tierras y vertidos incontrolados, etc.

 Pues bien, en la actualidad despues de veinte anos la situación continua lamentable y casi similar a la expresada por los autores de esta importante obra.

Hoy, en muchos lugares de España y de Europa, se sigue lamentando la pérdida de puentes famosos, verdaderos monumentos que eran el orgullo de los lugareños y que le daban renombre a las ciudades. Cualquier ourensano que no sea capaz de ver en este su más venerable monumento, tanto mérito, tanta historia, tanta belleza y tanto respeto irradia, no debería ser merecedor del mismo"...

Hasta aquí lo que dice Juan Carlos  Rivas en el libro "A Ponte Maior".

Efectivamente a Ponte Maior merecía outra cousa. Houbo moitas promesas e nada máis.

Deduzco que a "actuación a fondo" da que falan no 2015 é simplemente un lavado da cara que non  acomete para nada os problemas serios que ten a nosa Ponte Maior, un monumento único que representa a Ourense.

Quixera equivocarme...

Xa está posto o cartel da obra,  abril 2016, "Execución da 1ª fase de posta en valor da Ponte Vella. Ourense. Traballos de calzada e iluminación. 304.110,98 €.

Para completar o anterior pode verse unha entrevista do diario La Región feita a Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta onde aparte cousas moi curiosas sobre a Ponte, como a ubicación do río Barbaña que desembocaba xusto na ponte, a parte romana da ponte moito maior do que se cree ata o grado de deterioro que ten hoxe "un urbanismo de pésima calidades, que levou a Ponte Romana a asfixia, entre outras moitas cousas. Así sobre o que se vai facer dice:

..."Lo que van a hacer me parece muy pobre. Se necesita más dinero del presupuestado. Para restaurarlo hay que gastar dinero como hicieron en Andalucía con el puente de Córdoba. Las instituciones no se preocuparon nunca del puente. De hecho, el urbanismo, de pésima calidad, llegó al puente y lo tiene ahogado.. No se preocupan de limpiarlo ni de su conservación, tiene graffitis  e incluso permiten aparcamientos de coches debajo de los arcos del puente cuando debiera estar despejado como monumento que es. Propongo que se haga patrimonio de la Humanidad"...

Este texto e toda a entrevista podedes vela no diario La Región de 10/04/2016.

http://www.laregion.es/articulo/ourense/urbanismo-pesima-calidad-llego-puente-romano-y-asfixia/20160410070216613741.html

 

---0---

Remataron as obras da ponte, comentarios e fotografías do resultado final. (Dic. 2016)

Seica para o 2020 terán rematada a segunda fase, que afectará o entorno da ponte. Ver este link de La Región.

  Volver.

  Outras pontes do Miño