Fotografía da
ponte Internacional que une España e Portugal,
neste caso Arbo e Melgaço. Esta ponte dos anos
1998-99 veu a resolver problemas graves de
comunicación entre España e Portugal.

Fotografía aérea da
ponte Internacional que une España e Portugal, neste caso Arbo e Melgaço.
O río vai para a esquerda. Descoñezo o autor da fot.
Ver a
sorpresa histórica do final deste texto. As
fotografías son do autor da web.

Paseo
fluvial de Arbo. Na fotografía xusto debaixo da
Ponte Internacional.

Ponte
Internacional que comunica Arbo e Melgaço.

Fotografía do
río Miño dende un pequeno mirador do paseo
fluvial de Arbo. As fotografías están sacadas o
sábado día 17 de febreiro de 2018.
O río Miño iba
con moita auga, demasíada auga para ó que
choveu.
Gas Natural
Fenosa, fai o que quere cós caudais...

Pesqueira
xunto a ponte Internacional e na parte
portuguesa. Todas as pesqueiras están marcadas.

Outra
fotografía da Ponte Internacional.

Fotografía
dende a Ponte Internacional. Vense catro
pesqueiras. O fondo da curva desemboca o río
Deva que baixa da Cañiza.

Pesqueiras.

Parte de
abaixo do río Miño dende a Ponte Internacional.
Aquí tamén hai
varias pesqueiras.

Sorpresa no
paseo fluvial: os trébol a beira do río MIño.

Outra vista
das árbores. O final do camiño mismo subindo a
un pequeno mirador hai unha sorpresa no chan...

Sorpresa:
Finalmente nunha parte do camiño atopo esta
pedra moi feitiña cunha parte da historia de
Arbo dende 1950 ata o 2001.
Merece a pena transcribir o texto dada a súa
importancia para o presente e o futuro do
río Miño. Evidentemente hai que coñecer a
historia e tratar de correxir erros e dende
logo non volver a cometelos:
1951 1952
1953
1954
|
Forte
contrabando de café, azúcar, xabón,
cobre. Traense a nado con cordas ou en
barcas. |
1955 |
Establécese un acordo de paso franco de
fronteiras durante a celebración
das festas de Arbo. |
1956 1957
1958
1959
1960 |
Intenso contrabando. Chéganse a trater
camións por pezas. |
1961 |
Celébrase a primeira festa da lamprea,
de carácter popular. |
1962 1963
1964 |
Intenso tráfico clandestino de
emigrantes portugueses cara á
Francia. |
1965 1966
1967
1968
1969
1970
1971
1972
1973
1974
1975 |
O
salto de Frieira fai disminuir moito a
pesca. |
1976 1977
1978
1979
1980 |
Arbo
deixa de ser posto fronteirizo. Decae
inda máis Arbo Estación. |
1981 1982
1983
1984 |
A
festa da lamprea pasa a ser por
invitación |
1985 1986
1987
1988 |
Deixar
de funcionar a balsa de Carradas ,
dificultando a acceso a Portugal. |
1989 |
Extráese area do río para a construcción
empeorando a pesca no río. |
1990 |
As
fortes subidas e baixadas do nivel do
río pola Presa de Frieira perxudican a
pesca. |
1991 |
O
Concello de Arbo compra unha barca para
restablecer a comunicación con Portugal |
1992 |
Fenosa
compra terreos e pescos para construir ó
salto de Selas. Protestas ecoloxistas. |
1993
1994
1995
1996
1997 |
O rafting practicado
no río vai collendo importancia. |
1998 1999 |
Constrúese a Ponte que comunica con
Portugal. |
2000 |
Desde
a Ponte Internacional os portugueses
organizan puenting. |
2001 |
Ano
moi chuvioso. Moita pesca máis as
crecidas dañan algúns pescos. |
Sinceramente gustoume moito a idea, sobre todo
cós tempos que corren que moi pouca xente se
preocupa de coidar ó pouco que temos, e que cada
día ten máis peligros. O río Miño é unha desas
cousas e de feito esta páxina web sobre o noso
gran río naceu para reivindicar este tesouro que
temos.
Estamos
en peligro...
Os donos
do río. que non somos os galegos, poden facer
calquera falcatruada, como o encoro de Sela e
outras...
Hai que
estar atentos.
O
lembrar estas cousas é bo.