A ponte nova de Castrelo de Miño

Un traballo de Secundino Lorenzo.

 

Neste mapa a situación de Castrelo de Miño (Ourense), e as dúas pontes que hai por debaixo da presa. A 200 m. aproximadamente está a Ponte Nova de Castrelo de Miño, e 100 m. máis abaixo a Ponte de Ferro de Castrelo .

Coordenadas da Ponte Nova de Castrelo: 42.289621,  -8.119398

 

Ponte nova de Castrelo de Miño.

Aquí vese perfectamente onde está situada. A distancia da Ponte Nova de Castrelo a presa é de 410 m. A distancia entre as pontes é de 140 m

Fotografía da empresa Eurofinsa que fixo o arranxo da Ponte de Castrelo

Na fotografía vense as dúas pontes. A primeira é a Ponte Nova de Castrelo.

A ponte de atrás, a de ferro, chámase simplemente a Ponte de Castrelo

A ficha da Ponte de Castrelo e a súa historia está noutra ficha.

 

Ponte nova de Castrelo dende a Ponte de Ferro.

Fotografía de Secundino Lorenzo.

 

Esta fotografía da Ponte Nova de Castrelo é de Secundino Lorenzo

Datos técnicos:

A ponte foi feita por Cesma Ingenieros España.

Ten unha lonxitude de 170 metros, con luces nos extremos de 45 m os dous e no medio, o que se ve na fotografía,  80m. Os piares son de formigón armado.

 

Estructura de aceiro na parte de abaixo e formigón armado  para as calzadas e a parte de arriba.

A estructura é de aceiro, no link que aparece a continuación tendes todos os datos técnicos da construcción.

Para profundizar tendes a páxina web da empresa constructora.

A ponte foi feita no 2010 e foi inaugurada o 29 de decembro do 2010. Esta ponte era totalmente necesaria e básica toda vez que comunica a zona de Ribadavia con Castrelo de Miño e Arnoia, que antiguamente estaba conectada pola ponte de Ferro que por certo daquela estaba pechada por inseguridade. Hoxe no 2021 están as dúas perfectamente pero evidentemente a Ponte de Ferro non cumple as normas mínimas para vehículos pesados e esta por suposto que sí.

 

Mapa de situación das Pontes de Castrelo na comarca. Observar que esta Ponte Nova permite unha continuidade entre as estrada OU-403 que leva dende San Paio a presa e a ponte  e a OU-402 que ven dende Ourense, pola marxen esquerda do río Miño ata  Castrelo, logo Arnoia e finalmente Cortegada.

Moi preto esta a autovia rías Baixas a A-52.

 

Volver a Pontes do río Miño.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Onde está a Ponte de Castrelo.

 

Neste mapa vese que a Ponte de Castrelo está en Galicia, na provincia de Ourense; concretamente en Castrelo de Miño, xusto por baixo do encoro; onde marca a flecha blanca do mapa. Non chega o km. (560 m.) por debaixo da presa.

Aquí vese perfectamente onde está situada.

Fotografía da empresa Eurofinsa que fixo o arranxo da Ponte de Castrelo

A Ponte de Castrelo vista dende a Ponte Nova que fixeron.

A Ponte de Castrelo vista dende o camiño a Presa. Non se ven os dous arcos da parte dereita.

Estas dúas fotografías son do autor da web.

Nota: en Castrelo de Miño, o pe do monte había unha ponte do século XII obra de San Pedro Telmo. Era de cinco arcos.

No século XVI esta ponte foi destruida polo río e no seu lugar quedou unha barca que pasaba a xente dun lado a outro.

En 1907 fíxose esta ponte metálica, que hoxe está impresentable...cousa que non entendo.

Fai pouco que esta ponte foi cerrada e construida unha nova un pouco máis arriba. Vese na fotografía un dos pilares.

A Ponte está con estas señais, sin barandillas e con algunhas pedras caídas. A estructura de ferro vese ben, eu penso que se debera arranxar e facela peatonal. Esta ponte ten moita historia como para deixala morrer desta forma...

Esto era no 2015,  hoxe marzo de 2020 ten outro aspecto:

Ponte de Castrelo en marzo de 2020. Marabillosa. Enhoraboa. Fot. Secundino Lorenzo.

  Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

El puente de Castrelo recobrará esplendor tras 20 años cerrado

Parece ser que as obras comenzarán xa,  e que en seis meses estará listo.

Estarei atento para cando rematan e porei as fotografías correspondentes, esta Ponte merece eso e moito máis.

Ver a reseña do diario La Región do 26 de setembro de 2018.

 

Este é o cartel que hai a pe de obra. Foto Secundino L. 09/04/2019

Fotografía do 09/04/2019, xa ten outro aspecto inda que non remataron as obras.

Fotografía Secundino Lorenzo.

  Volver.