En marcha o Parque transfronteirizo da
Eurorrexión


Esta foi a posta en marcha desta gran idea.
O parque da Amizade terá de todo en nada menos
que 25,6 Ha ( casi o equivalente 26 campos de fútbol) onde habera
un Parque Botánico, unha zona de glamping (camping
de luxo moi relacionados coa natureza), Piscinas,
Campos de xogos, un novo museo e máis cousas...
vamos de todo...
A
gran idea está na máxima do Parque:
"Dous paises, un territorio"
Ese parque
levará implícito unha ponte:

Lugar onde se fará
esta ponte entre a Fortaleza de Goián e o Parque de
lecer do Castelinho, xusto por riba da ínsua Boega e
preto de Vila Nova de Cerveira.

Puente,
peonil e ciclista, proxectado para unir o Parque do Castelinho que pertence a
Vila Nova de Cerveira coa fortaleza de Goián que está no
Concello de Tomiño. Terá 330 m. de lonxitude e
9,20 m de altura, e só permitirá pasar as
bicicletas e a xente.
Recollo este texto:
Irmandade entre Tomiño e Cerveira
A alcaldesa
de Tomiño e o alcalde
de Cerveira tamén subliñaron o traballo
histórico conxunto e as fondas relacións sociais
entre ambas as beiras. "Hoxe colocamos un fito
importantísimo para afondar na irmandade dos
nosos pobos, contribuíndo a desfronteirizar a
vella Europa para xerar un espazo común , un
parque único e continuo enclavado nunha vella
fronteira. Queremos consolidar unha gran 'zona
franca social'", asegurou Sandra
González, quen fixo un chamamento ás
maquinarias dos gobernos de Madrid e Lisboa para
que o proxecto do Parque da Amizade sexa unha
realidade canto antes.
A nova ponte peonil e ciclista que unirá ambas
beira, e que segundo Benítez a pesar de ser
espectacular é "só o medio para conseguir o
obxectivo: o espazo conxunto", será, en palabras
dos autores do proxecto gañador, "unha liña sobre
o Miño" que respectará "as delicadas ecoloxías
do río e a súa xeometría de doble curvatura fará
da súa travesía unha experiencia intensa,
profunda e memorable na que a paisaxe sempre
variable que se abre cara o Atlántico, ao sur, e
ao valioso patrimonio histórico, ao norte, é o
máis importante".A nova ponte peonil e ciclista
que unirá ambas beira, e que segundo Benítez a
pesar de ser espectacular é "só o medio para
conseguir o obxectivo: o espazo conxunto", será,
en palabras dos autores do proxecto gañador, "unha
liña sobre o Miño" que respectará "as delicadas
ecoloxías do río e a súa xeometría de doble
curvatura fará da súa travesía unha experiencia
intensa, profunda e memorable na que a paisaxe
sempre variable que se abre cara o Atlántico, ao
sur, e ao valioso patrimonio histórico, ao
norte, é o máis importante".