Outras Pontes no río Miño

Dende  o Pedregal de Irimia a Lugo cidade

Conto que xa teño completo o traballo, pode faltar algunha ponte entre o Pedregal de Irimia e Lugo, pero eso téndelo que decir os lectores. A continuación poño o meu email.

Pido dente esta páxina axuda a xente que ten a posibilidade de enviar unhas fotografías e unhas notas sobre estas pontes. Este é o meu correo para envios slorenf@gmail.com. Prometo incorporar os datos e poñer o nome da axuda. Gracias.

 

Pontes entre o Pedregal de Irimia e Lugo.

 

Pontes na cidade de Lugo.

 

 

 Volver a Pontes do río Miño.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pontes na cidade de Lugo

Lugo cidade ten actualmente seis pontes que aparecen, cinco delas,  no mapa anterior,  e outra río abaixo pola zona de Albarés, a 1.68 km. da nova depuradora de Lugo río abaixo,  e que chamo Ponte 5 , ponte da autovía Lugo Santiago A-54. A continuación irei pondo datos destas pontes. Sigo ao canle do río ou sexa de arriba abaixo, según a corrente do río.

Ponte 1: Ponte da Depuradora

Ponte 2: Ponte As Saamasas

Ponte 3: Pasarela de San Lázaro

Ponte 4: Ponte Vella de Lugo

Ponte 5: Ponte Nova (Blanco)

Ponte 6: Ponte da autovia A-54

 

 Volver a Pontes do río Miño.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ponte 1

Ponte da depuradora.

A fotografía é de Suso Lence.

Coordenadas  43.024645   -7.588140

Mapa de situación da ponte da Depuradora no río Miño.

Google Earth

Fotografía sacada do Google Earth onde se ve a ponte e

a antigua ETAP de Lugo.

A Ponte 1 deste grupo de pontes da cidade de Lugo chámase Ponte da depuradora, penso que o nome está claro.

Vexo que a man esquerda (sempre seguindo a dirección do río Miño) observo un lugar de depuradoras, son as antiguas depuradores ou ETAP (estación de tratamiento de auga potable)  de Lugo,  e que pasa a estrada LU-P-2902,  e  que a 600 m. pasa a estrada N-VI. A man dereita do río está o pueblo de Porto Meilán, e o pueblo de Adai.

A ponte ten de largo sobre 100 m. que é o que mide o río Miño nese lugar. Non sei que altura terá exactamente pero non é moi alta polo que veso nas fotografías, un pouco máis de 6 m a ollo...

Por certo hai unha ruta circular ao redor do río Miño entre a Ponte romana-medieval e esta ponte da Depuradora, esa ruta atravesa esta ponte e logo volve a baixar polo lado dereito do río ata o punto de saída, ou sexa a Ponte romana-medieval. Este é o link da ruta, merece a pena vela, xa que o río Miño é unha marabilla por esa zona.

 

Seguimos ríos abaixo e chegamos a:

 

Ponte 2

Ponte As Saamasas (Puente nuevo)

Coordeandas 43.006920   -7.580762

Imaxen tomada de Google Earth. A imaxen non moi boa pero  da unha idea da maxestuosidade da ponte.

 

Fotografía da ponte dende a marxen esquerda do río. Autor Martín Carballo.

Esta ponte foi inaugurada o 1 de xulio de 1975 e seica foi todo un avance de inxenería.

 A ponte  ten 468 m. e unha  gran altura, exactamente 43 m.   O inxeneiro que fixo os estudios da ponte chámase Tomás Notario, home moi coñecido en Lugo xa que foi fai anos alcalde de Lugo por dúas ocasións...

É curioso como me enterei da altura da ponte, logo conto como.

O nome da ponte sempre foi o de  "Puente Nuevo" de Lugo, polo menos así se chamou fai anos, hoxe leva o nome dun parque que hai xunto á ponte o "Parque as Saamasas", que está no barrio de ese mismo nome.

A ponte foi reparada non foi moito nas súas barandas e  presentou problemas na xunta de dilatación non fai moito..

Por ela pasa a N-540 que une Lugo con Ourense e Santiago. Antes da ponte, o saír de Lugo en dirección a Santiago,  incorporase a N-VI.

Conto como me enterei da altura da ponte: simplemente preguntando a Google por ela. Non sae nada, pero si sae un suceso dunha muller que caeu dende a ponte e por certo foi socorrida,  ao cair ao río Miño,  por dous homes. Este suceso pasou  o día 23 de xuño de 2018. A muller salvouse xa que o "anorak"  que levaba fixo de paracaidas y ademais tuvo a sorte da decisión  que tomou unha persoa que estaba no lugar, abaixo no río,  e viu como se afogaba a pobre... Merece a pena felicitar a este home e por eso poño a noticia e un  video onde conta a súa axuda. Nela curiosamente dí que caeu nada menos que de 43 m. Ou sexa caeu dende o piso 16ª dun edificio convencional, incrible... Así me enterei da altura da ponte. Por suposto a miña enhoraboa ao salvador da muller, Vicente Berdey..."...é un orgullo ser humano..." eso é o que dixo...

 

Seguimos ríos abaixo e chegamos a:

 

 

 

Ponte 3

Pasarela de S. Lázaro

Fotografía de Manuel Gl.

Coordenadas  43.001028   -7.572184

Fotografía  de noite de Manuel Gl.

A pasarela é peatonal e une o campo de Futbol Anxel Carro con Orbazabal e a súa igrexa de San Lázaro entre outros lugares. Feita en 2011.

Fotografía de Inxenería Pondio.

A pasarela construiuse con dous cables galvanizados de 97 mm de diámetro, que a traves de péndolas situadas cada 2,2 m. permitían suspender unhas prelosas prefabricadas, conectadas entre sí con barras gewy. Unha vez instaladas todas as prelosas procedeuse a formigonar a lousa superior do tableiro para dar continuidade ao conxunto. (Texto e fotografía sacada da páxina web de Pondio, onde se pode ampliar os datos da pasarela.)

 

 

Seguimos ríos abaixo e chegamos a:

 

 

Ponte 4

A ponte vella de Lugo

Ponte romano medieval

Coordenadas 43.001937   -7.563563

Fotografía de Jesús Rguez Grandío.

Esta ponte ten nesta web un trato especial, por eso remito a unha ficha que fixen fai tempo, xa que é romano-medieval e unha das tres pontes destas caracterísitcas que ten o río Miño. Había outra en Portomarín, da que soio quedan dous arcos e outra en Ourense que inda se conserva ben.

A ponte ten unha lonxitude de 104 m. , un ancho de 4.5 m. e 6 m. de alto.

Dende o ano 2012 é peatonal soamente.

A ponte, pola que en tempos pasaban centos de coches, non pesados, era de moito uso, preto esta o club fluvial, o policlínico, a estrada a Portomarín e o Club de Golf de Lugo.

Fotografía de Jesús Rguez Grandío.

Decir unicamente que hoxe une a estrada da Tolda coa estrada vella de Santiago.

Este é o link que leva a ficha, dentro desta misma páxina web:  Ponte romano - medieval de Lugo

 

Seguimos ríos abaixo e chegamos a:

 

 

 

Ponte 5

A ponte Nova

Tamén lle chaman a Ponte Blanco

Coordenadas 4.996281    -7 561104

Fotografía de Ángelo Rosanio

Fotografía de Colin Hughes

Esta ponte une a N-VI coa carretera de Santiago Vella. Ano de construcción  2016

Copio as características da ponte no seu proxecto inicial:

A lonxitude total da ponte metálica é de 195 metros, distinguíndose dous tramos: un de 95 metros de lonxitude sobre o leito do río Miño, cunha tipoloxía estrutural de arco parabólico con taboleiro inferior, e outro, de 100 metros, que é un viaduto de acceso ao ponte arco, cun esquema estrutural tipo viga-caixón con dous vans de 50 metros de luz e cuxa principal función é a de minimizar a ocupación dos terreos na ladeira dereita do río, permitindo a máxima permeabilidade nesta zona. Esteticamente a imaxe exterior do taboleiro é a mesma nos 195 metros de lonxitude total da ponte. A sección transversal do taboleiro presenta dúas calzadas separadas por unha mediana cun ancho total da sección de 24,10 metros no tramo recto da ponte, na que se aloxan beirarrúas en ambas as marxes de 2,10 metros. No tramo en “arco”, a sección transversal se ampla ata 26,30, a efectos de dotalo de dúas beirarrúas de 3,20 metros, onde se sitúa unha aliñación de bancos.

Seica o estilo da ponte é de arco atirantado, en Francés Pont bow-string, o parecer neste tipo de arcos as forzas horizontais son transmitidas pola tensión da corda inferior ( ben por tirantes ou polo propio tableiro) en lugar de ir o chan ou os cimentos da ponte. Ver o detalle neste link.

Podedes ampliar os datos neste link de TIPSA no que aparece esta fotografía sensacional e que da unha idea da ponte:

Fotografía de TIPSA.

O nome de Ponte Blanco venlle de que foi o ex ministro de Fomento, José Blanco López do goberno do PSOE, precisamente lucense de Palas de Rey, o que inaugurou a ponte o día 24 de xuño do ano 2011.

Esta ponte permitiu mellorar o tráfico do casco urbano de Lugo sustituindo o paso pola ponte Romano-Medieval de Lugo ou Ponte Vella, que soportaba máis de 12000 vehículos por día.

 

Seguimos ríos abaixo e chegamos a:

 

 

Ponte 6

A ponte da autovia A-54

Nadela-Santiago

 

Mapa do lugar onde se fixo a ponte. A autovia A-54 empalma coa A-4 en Nadela a dereita da fotografía.

Coordenadas 42.954636     -7.521642

Esta ponte comunica, por unha autovía nova,  Lugo con Santiago. Ten 341 m. de lonxitude, permite a autovia pasar por riba do río Miño. Notar que os piares están fora do canle e polo tanto en todo momento se respetou o río. Foi inaugurada en 2015. A construción fíxose por voladizos sucesivos, unha forma típica de facer estas pontes.

A ponte está feita por Construpolis, e o proxecto de inxeneria foi de Carlos Fernández Casado.

Supoño que a fotografía é da empresa que fixo a ponte.

 

  Volver.