ARTÍCULOS DE PRENSA    

(Artigos de prensa) 

Resúmenes de artículos de prensa que clasifico con tres estrellas ya que en mi opinión son sensacionales.( En este apartado haré una recopilación de artículos que sintonicen con la idea general del WWW y que pueden ser de interés. El orden no tiene más significado que la fecha de lectura o aparición en los distintos diarios o revistas.)

(Resuméns de artigos de prensa que na miña opinión son de tres estrelas, é decir sensacionais. O orden non ten máis significado que a data de lectura ou aparición nos distintos diarios e revistas)

PRENSA-AUTOR IDIOMA TÍTULO DEL ARTÍCULO
Voz de Galicia. El diario gallego de más tirada.

Juan J. Moralejo.

Artículo escrito en español. Caudales y capitales.
Voz de Galicia. El diario gallego de más tirada.

Fernando Onega.

Artículo escrito en gallego. Hai outros Doñanas.
Voz de Galicia. El diario gallego de más tirada.

Luis Mariñas.

Artículo escrito en gallego. Natureza morta.
Nosmesmos ka revista del I. de Monforte ( Galicia)

I.B. Monforte.

Artículo escrito en gallego. O compromiso co medio ambiente.
Voz de Galicia. El diario gallego de más tirada.

Carlos Casares

Artículo escrito en gallego. Civilización.
Diario El mundo. España

Cristina Narbona

Artículo escrito en español. ¿Despues de Doñana que?
La Voz de Galicia. El diaro gallego de mayor tirada.

Manuel Rivas

Artículo escrito en gallego. Dez millóns de carballos máis para Galicia.
Diario El mundo.

Luis Solana.

Artículo escrito en español. Contaminación.
elpais.gif (541 bytes)

Manuel Cuellar.

Artículo escrito en español. Nutrias: la salud de los ríos.
Voz de Galicia. El diario gallego de más tirada.

Ramón Ares

Artículo escrito en español. Es bueno que la naturaleza nos recuerde quien manda aquí.
Voz de Galicia. El diario gallego de más tirada.

Juan J. Moralejo.

Artículo escrito en español. Río Ulla, R.I.P.
Voz de Galicia. El diario gallego de más tirada.

Juan J. Moralejo.

Artículo escrito en español. Los ríos son sagrados.
Voz de Galicia. El diario gallego de más tirada.

Manuel Rivas.

Artículo escrito en gallego. O Que Diga Don Manuel.
Voz de Galicia. El diario gallego de más tirada.

Manuel Rivas.

Artículo escrito en gallego. ¿ Por que non nacen galegos?
F.E.G

Xosé Beiras.

Artículo escrito en gallego. O Plan eólico ameaza os espacios naturais galegos.
P. Bergantiños e H. Vixanda.

A NOSA TERRA

Artículo escrito en gallego. A proliferación de minicentrais afoga os ríos galegos.
MANUEL RIVAS. Artículo escrito en español. Galicia.
ROBERTO L. BLANCO VALDÉS.

Voz de Galicia. El diario gallego de más tirada.

Artículo escrito en español. ¡ Qué error! ¡ Qué  horror!.
Eloy Romaris.

WWW sobre a minicentral do Tines.

Artículo escrito en gallego. A mafia do kilowatio.
Voz de Galicia. El diario gallego de más tirada.

Juan J. Moralejo.

Artículo escrito en español. Minicentral reno-vesicular.
Paloma Fernández.

WPortavoz Coordenadora anti-encoro do río Umia.

Artículo escrito en gallego.  O muro do encoro do Umia, un monumento a PREPOTENCIA.
Xosé Martinez Couselo.

Correo Gallego.

Artículo escrito en gallego.  O perdido paraíso do pescador de troitas.
Carlos Casanova.

Voz de Galicia. El diario gallego de más tirada.

El Progreso

Artículo escrito en español. Fluvial.
Javier Martínez Gil

Voz de Galicia. El diario gallego de más tirada.

 

Artículo escrito en español. Los ríos gallegos los más limpios de España.

         

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CAUDALES Y CAPITALES

( Art. aparecido en la Voz de Galicia el 22 de abril de 1998, de Juan José Moralejo Álvarez. Lo incluyo dentro de la prensa especializada, dado que el es realmente un especialista en el tema de los ríos.)

 

Te estaba yo el otro día intentando seducir a los salmónidos y se me apareció entre las silveiras Santa Minicentral de la Maxidesgracia, santa antipática y abusica donde las haya, hermana menor y espabilada de San Murallón del Kilowatio.

Y Santa Minicentral de la Maxidesgracia me dio su mensaje, no tan secreto como el de Fátima, pero no menos temible y no sé si me atreva a publicarlo porque a más de uno puede ponerle los pelos de gallina y la carne de punta.

El mensaje de marras es que la santa de las narices ha descubierto que caudal y capital son la misma palabra en origen, el latino capitalem, y se ha decidido a que vuelvan a serlo, es decir, tiene especial empeño en hacer capital de todo cuanto caudal se tope y le dejen capitalizar.

La cosa está en marcha. Sin hacer ascos a toda cuanta maxicentral se deje caer en el papo, Santa Minicentral de la Maxidesgracia tiene un audaz proyecto de retirar a los gallegos a vivir en outeiros y curutos, pues todo cuanto valle y terreno bajo admitan hormigón que pare la corriente del agua serán inundados para que el caudal se reconvierta en capital. y para que sus devotos no consideren demasiado aburrida la liturgia, Santa Minicentral les tiene preparada una broma graciosísima, que se llama caudal ecológico, una coña marinera que, alternada debidamente, con las enchentes para darle gusto a la turbina que transforma el caudal en capital, está acabando con la vida de los ríos, empezando por el barrido de los desoves y continuando por todo tipo de alteraciones y quebrantos del bien natural y común que están degradando a ciencia y paciencia de quienes no deberían consentirlo.

A Santa Minicentral de la Maxidesgracia le propongo que se ponga al habla con San Purín de Mandanarices para concertar con Medio Ambiente y con Turismo Rural un ambicioso programa de promoción de nuestros recursos: invitar a los del contaminado secano del asfalto a este verde paraíso y regalarles un caudal ecológico en el que no rascarán bola, mientras la pureza del aire se les sublima en purín ¡ y que no les pille el espurreado!.

No es un plan difícil, es lo que hay y debe intentarse porque Ordenación del Territorio y Medio Ambiente se enterarán de lo que consienten y darán una imagen cabal de lo que hay en este paraiso de verdor. A estas alturas el decirle a Santa Minicentral de la Maxidesgracia que nos está estorbando derechos y tasas a los que pagamos licencias y cotos sería todavía más ridículo que llamarle ecológico al caudal/capital que la santa orina.

(Nota : pido perdón al autor por los subrayados, que no aparecen en el texto original.)

flecha.jpg (1049 bytes) Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


HAI OUTROS DOÑANAS

( Art. aparecido na Región el día 28-04-98, de Fernando Onega. Lo incluyo dentro de la prensa especializada, dado que   es un gran artículo que sintoniza con el WWW Ourense Natural.)

 

Doñana queda moi lonxe de Galicia. A catástrofe que estuvo a piques de sufrir e polo tanto un asunto distante. Sen embargo, non o é a sensibilidade que provoca. Nada que afecte á destrucción da natureza é alleo ó home, por moi lonxe que estea: Nin a recente drama do lume na Amazonia, nin a contaminación dos ríos e mares, nin ese absurdo histórico de non saber que facer cos residuos nucleares.

A discusión política é saber quen foi o responsable en Doñana: a Xunta de Andalucía ou o Goberno Aznar, representado por Isabel Tocino. Como en Andalucía goberna o PSOE e na nación o PP, a "guerra" está servida. E eu dígolles : Impórtame un pemento que é o responsable político. O único que me importa é que unha multinacional tiña unha bomba almacenada e rematou por estoupar. Non podía ser doutro xeito. Sempre estoupa o que ten que estoupar.

O que evidencia Doñana non é só a reponsabilidade política, senón o clima de risco en que vivimos. O criterio de responsabilidade imponse ó de respecto polo medio ambiente. A ecoloxía semella cousas de ecoloxistas, a quen algúns menosprezan porque cren que se opoñen o desenvolvemento. Os políticos apelan ó medioambiente nos seus descursos sen ganas, obrigados pola súa necesidade de compracer a tódolos auditorios, pero conscentes da súa propia impotencia. E só cando estoupa o desastre, é decir, cando o dano é irreversible, apresúranse a anunciar medidas contundentes. Se hai alguén a quen botarlle as culpas, tranquilizan as súas conciencias para uns meses. Asi vai acontecer agora.

Hai moitos Doñanas no noso país. Hai o Doñana dos ríos ós que verquen os residuos das cidades e pobos. Hai o Doñana dos bosques, talados e queimados. E no das zonas de Lugo que aseguran que sofren a choiva ácida. E das minas a ceo aberto que rachan o equilibrio da paixase. E o dos vertidos de petróleo ó mar. E o das centrais térmicas, con fumes que invaden os ceos. E o dos montes vírxenes usados como vertedeiros sen control. E o do beneficio rápido que deixa os bosques sen árbores autóctonos. Dicía Shakespeare que " se o home fose constante, sería perfecto". A única cousa na que o home está a ser constante é na pequena, pero tenaza, destrucción do seu entorno. Ningún deses pequenos Doñanas é noticia, porque ningún é tan espectacular como a rotura da presa de Azzalcóllar. Non sáen na primeira páxina. Pero está aí, como pequenos desafios e agresións diarias, nun labor lento e tenaz de destrucción. O resultado será tamén perfecto. Cando rematemos de discutir se foi responsabilidade de gobernos autónomos ou centrais, os nosos fillos atoparán o deserto.

flecha.jpg (1049 bytes) Volver


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NATUREZA MORTA

( Art. aparecido na Región o día 06-05-98, de Luis Mariñas. Lo incluyo dentro de la prensa especializada, dado que   es un gran artículo que sintoniza con el WWW Ourense Natural.)

 

"Só despois de que a derradeira árbore sexa cortada.

Só despois de que o derradeiro río sexa envelenado

Só despois de que o derradeiro peixe sexa apreixado

Só entón saberás que o diñeiro non se pode comer."

Isto di unha profecía india "Cre", que advirte dos perigos de sacrifica-la natureza a prol do desenvolvemento. Agora é o coto de Doñana. Onte, hoxe e mañá serán os bosques de Indonesia ou brasil, os pulmóns do mundo. Así se presenta o futuro, con plantas desaparecidas para sempre, árbores que xa non dan froito ou peixes que non son comestibles polo veneno que acumulan.

E a nova peste que avanza inexorable perante a indiferencia de gobernos e cidadáns. Parece como se non tiveramos conciencia de que o proceso destructor xa comenzou. Refírome ó novo, claro está, porque nin siquera sabemos se a terra morreu outras veces e voltou a nacer.

Por iso, cansos de clamar en desertos cada vez máis inmensos, podemos chegar á conclusión positiva de que a vida en si é moito máis interesante que a mentalidade da xente. Somos tan miserables que ó máis probable é que a vida continúe cando o home como especie desapareza. E dicir, que haberá un maldito futuro despois de que nos teñamos suicidado en lamas, fume e lume.

Un claro exemplo dese afán de autodestrucción vivímolo estos días no río Guadiana, logo da rotura da balsa de lamas tóxicas de Aznalcóllar. Unha mortífera língua de sangue extermina, dende hai dúas semanas, todo o que atopa ó seu paso. A consecuencia é que grandes plantacións se convertiron en terreos ermos e que o Parque Nacional de Doñana está ameazado.

Polo demais, alí pasa, como na película "Tabeirón I, II, e III" que os touroperadores se movilizaron para impidir fuxan das praias almonteñas. Sen embargo, o peor é que o "Aznalcólla-I" pode ter sucesivas versións como nas películas norteamericanas, xa que aquí, como noutros lugares do mundo, só se toman precaucións cando xa ocurriu a catástrofe.

Das minas viven centos de persoas. Dos terreos, ríos e praias, miles de labregos e mariñeiors. Din que as súas economías son o primeiro, logo xa se verá o de salva-la fauna do Parque. Tódolos intereses son respetables, pero entre eles hai que inclui-lo interese xeral. Alguén terá que evitar que algún día máis metais pesados arrastren outras lamas tóxicas. Pero volverá ocurrir. Só entón saberemos que os cartos non se poden comer.

 

flecha.jpg (1049 bytes)


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O COMPROMISO CO MEDIO AMBIENTE.

( Editorial aparecido na revista NÓS MESMOS do Instituto de Bachillerato Mixto de Monforte de Lemos-Lugo, revista de centro. O artígo non trae firma, pero non ten desperdicio ningún.

O malo do asunto é que dun total de 40 revistas feitas nos centros de Bachillerato de Galicia, foi o único artígo sobre a preocupación co medio ambiente. Esto é moi grave xa que na miña opinión demostra que a xuventude galega non está preocupada polo tema. Quero ser optimista é pensar que foi casualidade- Ourense maio de 1998)

 

    Unha frase de Epicuro dame pé para comezar este artigo que vos quero facer chegar : " Descoñece-la Natureza é a causa da desgracia humana".  Comprenderedes, pois, o meu empeño en animarvos a profundizar nos vosos estudios e concenciarvos do que lle está a pasar á Natureza.

    O noso Planeta Terra, onde vivimos e o único que temos, está a sufrir unha progresiva degradación que fai perigar a existencia da vida nel. Mais como decía Hölderlin: "do máximo perigro nace a salvación".

Propóñome analizar convosco algúns destes perigros e a necesidade da nosa participación para ve-la posibilidade desta "salvación".

 

        -Comezo por algo que nos está a pasar moi preto: As secas, que cada vez son máis duradeiras e abundantes; o cambio climático é unha realidade provocada por causas como a desertización debida á tala masiva de bosques, ós cambios dos cursos de auga, ós incendios forestais, ás prácticas inadecuadas de cultivos, á transformacións de zonas forestais en agrícolas, etc; que xunto coa queima de combustibles fósiles en vehiculos e fábricas son as principais causas de acumulación de grandes cantidades de CO2 que provocan o "efecto invernadeiro" que produce o cambio climático; e por riba chegánnos agora as INCINERADORAS DE LIXO que amais de grandes cantidades de CO2 botan á atmósfera dioxinas ( principais causantes do aumento do cancro); e non creades que se queima todo, deixan un 30% de residuos altamente tóxicos--------------------------------------

------------------------------------MAIS------------------------------------ pódense plantar máis árbores autóctonas ( en lugar de pinos e eucaliptos), que regulan a humidade atmosférica e baixan a concentración de CO2 amais de enriquece-lo chan e evita-la erosión.

        Pódese tamén axudar a combati-la contaminación atmosférica cambiando os medios de transporte; organiza-los pobos para o transporte comunitario, uso das bicicletas, fabricación de vehículos non contaminantes, e, algo que aínda estamos a tempo : IMPEDI-LA MONTAXE DAS INCINERADORAS.

        -Un perigo que "está de moda " : a Choiva Aceda, que afecta á acidificación da terra co deterioro dos cultivos e dos bosques, á contaminación atmosférica, co aumento de enfermedades respiratorias e á acidificación das augas que mata ós peixes ---------------------------------------

-----------------------------------MAIS ------------------------------------as centrais térmicas habería que pensar en sustituilas por enerxías alternativas.

        -Outro grave problema: a contaminación das augas dóces ( ríos, fontes, pozos, lagoas) saturadas de compostos químicos utilizados no agro, e nas industrias que fan difícil a súa recuperación e cando se consegue a súa potabilidade é a través de procesos moi complexos que non están ó alcance de tódalas comunidades; e non esquezamos que productos coma o mercurio, chumbo e amianto abonda cada vez máis nos nosos ríos.

        Por outra banda o mar; convertido en vertedeiro final de moitos dos desperdicios e contaminantes, amais dos residuos nucleares e petroleos; ás veces, a súa contaminación é tan grande que se ten que prohibir a venda de peixe envelenado ------------------------------------------------------------------------

----------------------------------MAIS ---------------------------------- podemos pensar en exisir que as industrias poñan os medios necesarios para evitar a contaminación e tamén accións moi importantes cara ó futuro: Introducción da agricultura biolóxica, o peche de centrais nucleares, a regulación do transporte do petróleo, implantación de enerxías alternativas ( eólica, solar ....) e control dos vertidos.

        - Xunto cos residuos químicos da industria e agricultura, son os vertedeiros de lixo, os que dunha maneira incontrolada desequilibran a terra, elementos alleos a ela, un aumento progresivo da pérdida de fertilidade e as graves consecuencias da súa contaminación ----------------------------------MAIS --------------------------------- este un dos problemas que ten moi doada e rendible solución se contamos con boa información, e boa disponibilidade, trataríase de REDUCI-LO CONSUMO esaxerado, REUTILIZAR MÁIS PRODUCTOS, E RECICLAR, reciclar e reciclar ........

        E falando de consumo deberíamos reflexionar sobre o gran despilfarro da nosa sociedade frente as carencias tan primarias de outras.

    En fin, que como vedes o deterioro da calidade da auga, da terra e do aire, elementos fundamentais para a vida do home e para a formación das plantas e dos animais, dificulta o desenvolvemento dunha vida sa e de calidade.

    Aínda que moitos procesos de degradación da natureza non teñen volta atrás ( como son a desaparición de especies animais e vexetais) EXISTE UNHA ESPERANZA BASEADAS NAS FORZAS DE AUTOREXENERACION DO PLANETA E NO COMPROMISO QUE CADA UN DE NÓS ADOPTEMOS CO MEDIO AMBIENTE.

    E volvendo ó que xa dixemos : é fundamental coñece-la nosa natureza, tomar conciencia da gravidade do problema, e comenzar a implicarse e actuar XA. E para que vexades que ten que ser XA, velaí tedes unos poucos datos dunha lista de centos, a modo de reflexión.

- Anualmente en España xenérase 12,5 millóns de toneladas de lixo.

- O 80% da auga superficial de España non é útil para beber, está contaminada.

- Dos 21 millóns de hectáreas de solo perdidas anualmente no mundo 1 millón corresponde a España ( según ICONA).

-Cada ano morren no mundo 36.750.000 persoas debido a contaminación ambiental e ó xeito de vida.

-O 50% das especies terrestres viven nos bosques tropicais, a súa tala provoca a extinción de 50 variedades cada día. Un 25% do total das especies existentes poden desaparecer nos vindeiros 20 anos.

-Segundo o manifesto ecolóxico asinado por 1575 científicos ( 99 premios nobel entre eles) quedan soamente dúas decadas para salva-la terra.

-Consumimos combustibles fósiles a un ritmo de 5000 millóns de Tm. o ano.

-Gasto anual en material bélico 150 billóns de pts.

 

---------------------- Chegan e sobran para decatarnos do imprescindible de que a nosa conducta non contribúa a complicar máis a situación, e tendo en conta que a suma de moitas accións individuais nunha mesma dirección pode facer cambia-lo rumbo das cousas, DEFENDAMOS un planeta saudable, un uso racional dos recursos e a preservación da Biodiversidade, tendo presente a ECOLOXÏA no cotián, na nosa vida diaria, e pensade no compromiso que supón para humanidade este dito indio:

    "Non herdamos a terra dos nosos antepasados, tomámola prestada dos nosos fillos"

 

flecha.jpg (1049 bytes)


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CIVILIZACIÓN.

( Artigo aparecido na Voz de Galicia en mayo de 1998. Autor Carlos Casares.)

Alá polo verán do ano 1980, estando de vacacións en Suecia, lin nun periódico Aftonbladet unha reportaxe na que un grupiño de dez ou doce nenos e nenas de arredor de dez anos expresaban en voz alta as preocupacións que tiñan respecto o futuro. Chámoume a atención que a inquietude maior estaba relacionada co medio ambente. Os rapaces dicían que os adultos, en xeral, lle parecían ou tolos ou irresponsables, pois non eran conscientes de que acabarían por destruír a natureza. Unha nena, especialmente, decíao dunha maneira gráfica e contundente : " Por culpa da xente maior, cando eu sexa grande non haberá bosques para ir a pasear."

Xa teño falado aquí noutras ocasións do interese que os suecos sinten por estas cousas e que, vistas desde aquí, a veces poden parecer extravagantes, incluso algo ridículas. Un ano, cando cheguei alí a pasar o verán, apareceu un movemento de xente de todas as idades que pasaban horas nos parques dándolle apertas ás árbores e dicíndolle palabras cariñosas ó oído, como se foxen xente.

Estes días estou seguindo a través da televisión sueca a información da catástrofe de Doñana. Aparece como primeira noticia, tarde tras tarde, nos telexornais vespertinos, os de maior audiencia. Como se sabe, a empresa responsable da barbarie é unha empresa daquel país. Hai entre a poboación un sentimento de indignación contida e, sobre todo, de vergonza. Dicía o outro día un señor que el tiña a mesma sensación que se o sorprenderan facendo as necesidades en público, no medio da Praza Maior de Madrid. Non é mal exemplo. Vese que hai suecos que son civilizados só porque llo impoñen as leis.

Pouca civilización.

flecha.jpg (1049 bytes) Volver