AS MINICENTRAIS: A MAFIA DO KW.


( Art. aparecido na www sobre a minicentral do río Tines e que firma  Eloy Romarís Costa.  O que sigue é unha reprodución o pé da letra .)

 

 

 

Presa de Cambás en Aranga. Fotografía de Paula Bergantiños.

( Na foto, a minicentral de Cambás en Aranga- Galicia. Unha máis entre as 300 previstas. As minicentrais son o ouro galego do fin de milenio.( o autor da www))

 

Dende algúns sectores, xeralmente económicos, téntase vende-lo artigo de que ecoloxía e progreso son incompatibles, e as teses ecolóxicas rebátense coa frase: "o primeiro animal que hai que protexer é o home".
Nós pensamos que a destrucción sistemática da natureza para acadar uns beneficios ou dotar á sociedade duns bens superfluos, non contribúen á civilización nin ó progreso, non sendo ó duns poucos, evidentemente.
As minicentrais constitúen precisamente un claro exemplo de ata onde se pode chegar para realizar un negocio rendible destruíndo a vida natural dun río co fin de obter un beneficio.
Constan esencialmente as minicentrais dunha parede ou azude de contención que encora a auga dirixíndoa despois a través dunha canle de conducción deica unha cámara de carga e desta, por unha tubería forzada, vai ó elemento principal que é a turbina. Entre o punto de captación e o de devolución, queda un tramo de río en seco denominado tramo cortocircuitado, que pode medir varios Kms (no noso caso 1.500 metros).
Estas minicentrais adoitan a ir encadeadas, (como tamén é o noso caso, dado que no noso río están proxectadas tamén outras catro minicentrais) aproveitando unhas a auga restituída polas outras, e provocando que o río prácticamente desapareza (por pór un exemplo, no río Ter, nos seus primeiros 19 Kms, só quedan 3.275 m de río natural, sendo o resto leito seco).
De seguido quixéramos comentar un informe recentemente publicado pola A.E.M.S.. Xurden en Francia e posteriormente en Cataluña unha serie de sociedades anónimas que, mediante unha campaña plubicitaria se adican a captar capitais para a súa inversión en minicentrais. Prometen (mesmo a través de anuncios nos xornais) acadar unha rendabilidade en pouco tempo superior o 200%. Estas sociedades teñen acceso a proveitosas subvencións e exencións nas fases de expropiación dos terrens e obra do establecemento hidroeléctrico, e aínda nalgúns casos son usados terreos de propiedade común e municipal. Por outra parte teñen convenios preestablecidos coas grandes compañías hidroeléctricas,   (que pudorosamente se manteñen á marxe ou, iso é o que din) para a venda dos Kw. producidos nestas minicentrais e que son incorporadas ás redes desas macrocompañías. Ó deixaren de ser rendibles por avellentamento da súa obra e maquinaria ou polo amoreamento de fango abandónanas e constrúenas noutra parte,    deixando unha bomba de reloxeiría e un río tremendamente deteriorado (seguramente esta estratexia é a que sigan co río Tines).
Na actualidade este tipo de investimento está en alza en Galicia e témese que as que se van construír próximamente superen o cento.
Polo de agora no río Mandeo estase a reciclar unha despois de moitos anos de abandono, e con unha enorme cantidade de lodo amoreado (¿cómo foi que se libraron del?).
A xustificación oficial para permitir a súa construcción é a de que van producir enerxía eléctrica, considerada como un ben preferente na mesma memoria de 1989, editada por U.N.E.S.A. (unión de empresas eléctricas), recoñécese que a aportación destas minicentrais é practicamente insignificante, e recomenda ás súas empresas asociadas que para se enfrentaren ó previsible aumento na demanda de electricidade para os vindeiros anos, o camiño e a mellora modernización e uso máis racional das súas redes de conducción e distribución co que se acadaría un aforro moi superior e suficiente. Cremos que esta solución é, de certo, progresista e civilizada. Daquela non é preciso destruí-la vida natural dos nosos ríos para producir, ó fin e ó cabo, unha forma de enerxía na que o País Galego é escedente. Todo o demáis non é máis que un negocio especulativo que se fai coa auga e que a administración consinte a pesar dos graves danos que van causar ó noso patrimonio natural.
Xa está ben de degrada-los nosos ríos polo Kw., os nosos bosques pola pasta de papel e as nosas rías por tanta industria contaminante como ven parar á Nosa Terra. A solidariede non dá para tanto.


Eloy Romarís Costa.

 


Nota : artigo aparecido na www sobre a Minicentral do Tines en Outes ( A Coruña).

Non ten desperdicio ningún...

 

         salir.jpg (922 bytes) Salir.