| No anteproxecto da presa no río Umia,
asinado polo actual Director de Obras Públicas da Xunta de Galicia,
o inxenieiro Agustín Hernandez Fernández. de Rojas, dice
explicitamente, que a presa no río Umia non contribuirá a paliar
as habituais inundacións en Caldas de Reis porque estas débense a
torrentes estacionais, como o Bermaña e o Follente, que verten as
augas máis abaixo da presa ( TOMO I , antecedentes). Esta
afirmación ( que o río Umia non figure como causa das inundacións
senón uns pequenos regatos) pudiera parecer disparatada ao lego na
materia, pero, logo dunha análise rigurosa, resulta dunha lóxica
indiscutíbel, que , ademáis, serve para poñer en evidencia que o
encoro no Umia non so non servirá para atenuar as inundacións,
senón que agravaría seriamente o problema.
(Bosque de galería do Umia).
VEXETACIÓN RETENTIVA.
O Umia, como a maioría dos ríos do norte
que aínda manteñen un estado aceitabel, presenta nas súas marxes
un saudabel bosque de ribeira, que algúns lugares exténdese por
toda a ladeira. Esta vexetación ripícola, á que en xeral non se
dá importancia polo seu caracter "improductivo" , fai que
as ladeiras do río actuen como unha verdadeira esponxa que
amortece, esluíndoos no tempo, os efectos das
choivas torrenciais. Todo aquel ao que nalgunha ocasión lle caeu un
chaparrón paseando polo monte e se refuxiou algunha vez por baixo
dun carballo entenderá perfectamente o mecanismo; sen o acougo da
árbore, a pesar da intensidade da chuiva, recébese apenas un
goteo, como baixo un tellado con pingueiras. En contrapartida, este
pingar prolongarase durante horas despois xa de que a chuiva cese.
Isto non é así debido á forma das follas do carballo ( e igual no
caso dos alisos e abeleiras, etc). que se extenden nun plano
aproximadamente horizontal e ademáis apresentan
múltiplesirregularidades na sua superficie ( bultos e depresións)
que actuan como microreservórios de auga. As pingas, para chegar ao
chan, teñen que pasar por decenas ou centos destos reservorios, e
en cada un deles experimentan un retardo aprecibel con respeito á
caída libre. Este fenómeno de acumulación, retardo e liberación
progresiva repítese logo no sotobosque ( vexetación arbustiva),
tan mesto nun bosque de ribeira, a continuación na capa grosa de
materia orgánica que cobre o chan ( as especies son no seu maior
parte caducifolias) e posteriormente no chan e sochan, de estructura
esponxosa mercede á cantidade de vida que nel se desenrola tanto
vexetal como animal.
Río Umia.
Todo esto tradúcese en
que, por exemplo, se unha nube libera unha precipitación de 60 l/ m2
nunha hora sobre a cunca do río acabará chegando toda esa auga pero
non no corto lapso dunha hora, senón o longo de varias horas ou mesmo
días ( para comprobarlo abonda con achegarse ao bosque de ribeira un
ou dos días despois dunha precipitación importante e observar a
escorrentía), de maneira que se evita unha elevación do nivel de auga
no cauce. Sen embargo, se toda esa precipitación alcanzara o río
nunha hora, ao longo dese tempo o nivel subiría, provocando
desbordamentos ao superarse a capacidade de desague do cauce. Pois a
canle do río, ao igual que nun lavabo por exemplo, ten unha
capacidade máxima de desague. Superada esta, o nivel sube.
EUCALIPTOS.
Que ocurre porén nos torrentes mencionados antes?.
Estos regatos descorren por ladeiras desprovistas de vexetación ripícola, que foi constituida polo eucaliptal. As follas do
eucalipto dispóñense nun plano vertical e son perfectamente lisas:
teñen tanta capacidade de retención de auga como un coitelo posto de
canto. Baixo o eucaliptal non se desenrola o sotobosque debido as
especiais características destas árbores. A falla de sotobosque e de
amortiguación do marteleo de pingas de chuiva sobre o chan espido
provocan unha erosión importante, que fai que a capa orgánica desapareza en gran medida, ficando no seu lugar areas, gravas, e
xabres con nula ou escasa capacidade de retención e liberación
progresiva da precipitación, de forma que actuan como verdadeiros
canalóns para todas as ladeiras da súa influencia. Iso implica un
aporte repentino de caudal ao cauce baixo do Umia, ás portas do casco
urbano, cos consabidos efectos xa contrastados no propio informe da
Xunta de Galicia.
É por esta razón que nos paises desenrolados a
idea de que a canalización dos ríos ( a sustitución do, en
xeral, pouco bosque de ribeira que queda nos estreitos marxes, por
valados de pedra e formigón) sirven para evitar as inundacións
abandonouse hai anos, e mesmo xa non son poucos os ríos canalizados
hai décadas nos que se destruiron os diques para substituilos
outravolta por amplas marxens repovoadas con bosque en galeria. A
tendencia actual nas zonas susceptibleis de inundación suxire exitar
muros, construcións e urbanización "dura" do entorno dos
cauces e a potenciación de amplas extensións de vexetación de
ribeira.

(Outra imaxen do río Umia)
CHUVIAS TORRENCIAIS.
Por esta misma causa a construción dun encoro
no Umia augas arriba de Caldas de Reis conleva un grave risco de
empeiramento por chuivas torrenciais. Un encoro
supón a sustitución da superficie actual, na que máis dun 95% é
vexetación, da cal cando menos a metade ten caracter de
"esponxa", por unha superficie equivalente na que todo vai
ser auga e chan espido. A superficie sobre a que se vai distribuir a
precipitación disminue ( a superficie inclinada de ladeiras pasa a
ser superficie de tránsitoinmediato ( sempre choverá sobre molado).
Así, toda a acción de retardo e liberación progresiva fica a cargo
da capacidade do encoro. Se o encoro está baixo de nivel no momento
da precipitación, esta será retida polo muro da presa e logo
liberada progresivamente ao cauce. Pero se nalgunha ocasión a
precipitación se produce co encoro chegado é súa máxima capacidade,
ou a persistencia é tal que esta alcanzase, a partir de ese momento a
capacidade de amortigüación é absolutamente nula. Unha vez superada
a capacidade do encoro, toda superficie do mesmo estará actuando como
unha xigantesca fervenza, e nela toda a auga que descarga a nube
incorporarase de forma inmediata ao cauce.

(Todo este bosque pode quedar entre as auguas
do encoro)
O risco de que isto aconteza vese agravado pola
falla de amortiguación mas propias ladeiras do encoro, pois estas
estarán espidas ate máis alá da cota de capacidade máxima, co que
os cambios de nivel no propio encoro serán relativamente moito máis
bruscos que no cauce do río no seu anterior estado, rodeado de
vexetación.
Esta situación de grave risco, xa de si importante
en inverno, acada a súa máxima probabilidade no final de primavera e
principio do verán ( finais de xuño e principios de xullo). Por unha
banda, o uso do encoro como reservorio de auga potabel para o estio
implica que se atope cheo o final da estación chuviosa; por outra
banda, de todos é sabido que nesas datas prodúcese habitualmente
chuivas torrenciais de orixen tormentosa. Unha destas sombras de auga
( de caracter imprevisibel ao non estar asociada a frontes borrascosas
de evolución progresiva) co encoro na sua capacidade máxima ou perto
dela, teria un efecto moitas veces superior ao tantas veces
experimentados dramaticamente polo veciños de Caldas debido ao
torrentes do seu entorno.

XULIO MARTÍN HERRERO.
é inxeñeiro, especialista en Inxeñería de
Medio Ambiente na Universidade de Vigo.
|