La www de N. Fabian. Fotografía de esa www.  ESCRITO DO VALEDOR DO POBO La www de N. Fabian. Fotografía de esa www.

 

 

VALEDOR DO POBO

 

 

 

                

Ilmo. Sr. Presidente do Organismo Autónomo

“Augas de Galicia”

Consellería de Política Territorial, Obras

Públicas e Vivenda

Edificios Administrativos San Caetano

15700 - SANTIAGO DE COMPOSTELA

SAIDA 07-08-98

 

 

Expediente: N.6.Q1373198

 

Santiago, 31 de xullo de 1998

 

 

 

Ilmo. Sr.:

 

 

Nesta institución iniciouse expediente de queixa como consecuencia do escrito de De Paloma Fernández Nogueira e outros, en representación da “Plataforma Antiencoro” de Caldas de Reis, referente ás deficiencias detectadas no Estudio de Impacto Ambiental do encoro citado e en xeral no procedemento de Avaliación Ambiental realizado, e tamén por supostas irregularidades no procedemento expropiatorio.

 

En relación co proxecto global do proxecto de construcción do encoro e a súa xustificación, xa dende as primeiras comunicacións ós interesados (algunhas verbais) tivemos ocasión de sinalar ós mesmos a imposibilidade de valorar por esta institución a conveniencia ou non da execución dun proxecto desta natureza, 6 tratarse dunha actividade promocional da Administración competente e polo tanto do exercicio da súa función de fomento.

 

Por tal motivo, a nosa investigación e posterior valoración incardinouse dende o primeiro momento a coñece-las posibles irregularidades obxecto de queixa e referidas a dous aspecto concretos: a avaliación ambiental e as expropiacións.

 

En relación co primeiro dos aspectos citados, no seu escrito de queixa os interesados manifestaron que ó acudir á presentación de alegacións ó estudio de impacto ambiental de encoro de Baxe (Caldas), no periodo de información pública do proxecto, encontráronse coa circunstancia de que o referido estudio non era outra cousa que unha copia dun realizado en Andalucía, xa que no mesmo se fai unha referencia detallada da flora e a fauna mediterránea (por exemplo, fálase da existencia de gallipato, meloncillo ou

 

 

Rúa do Hórreo, 65 - 15700 Santiago de Compostela Teléfs. 981 57 18 21 - 981 57 ¡9 00 Fax 981 57 23 35

 

 

VALEDOR DO POBO

 

 

buitres negros), e o estudio ten como referencia en ocasións a localidade de Puebla de Guzmán, e non a de Caldas, e refiese 6 rio Guadiana, e non ó río Umia.

 

Con relación 6 segundo aspecto, as expropiacións, despois de recibi-la información sobre a materia solicitada de “Augas de Galicia”, a mesma foi trasladada ós interesados, xunto coa nosa valoración, non sendo obxecto desta resolucion.

 

Polo que se refire a avaliación ambiental, ante o contido descrito da queixa, solicitamos tamén información 6 Organismo Autónomo “Augas de Galicia>’, que sinalou o seguinte sobre esta materia:

 

 

“En relación co asunto que orixinou a queixa de referencia, este Departamento fai as seguintes observacións:

 

No período de información pública do ant eproxecto do encoro de Caldas de Reis estivo exposto, para xeral coñecemento, o documento completo que incluía concretamente a seguinte documentación:

 

TOMO 1

 

1.- DOCUMENTO N0 1.- MEMORIA E ANEXOS

 

Memoria

 

Anexo n0 1.- Características do Anteproxecto.

Anexo n0 2.- Estudio de Aportacións.

Anexo no 3.- Estudio de Avenidas.

Anexo no 4.- Estudio de Regulacion.

Anexo n0 5.- Estudio Xeolóxico e Xeotécnico.

Anexo n0 6.- Xust~ficación da solución adoptada.

Anexo n0 7.- Cálculos hidráulicos.

 

TOMO II

 

Anexo n0 8.- Estudio de efectos ambientais.

 

TOMO III

 

Anexo no 9.- Parcelario da zona de afección

 

2.- DOCUMENTO N0 2.- PLANOS

 

Plano n0 1.- Plano de situación.

 

 

2

Rúa do Hórreo, 65 - 15700 Santiago de Compostela Teldfs. 981 57 18 21 -981 57 1900 Fax 981 5723 35

VALEDOR DO POBO

 

 

Plano n0 2.- Planta do encoro.

Plano n0 3.- Planta da presa.

Plano n0 4.- Alzado da presa.

Plano n0 5.- Seccións tipo.

Plano n0 6.- Perfil lonxitudinal po/a superficie de referencia.

Plano n0 7.- Perfiles fransversais.

Plano no 8.- Desaugues de fondo. Cámara de comportas.

Plano n0 9.- Cuenco amortiguador.

 

3.- DOCUMENTO N0 3.- PRESUPOSTO

 

MEDICIONS

CADRO DE PRECIOS

PRESUPOSTO

 

Da lectura da comunicación do Excmo. Valedor do Pobo, que concretamente din “O estudio ten sempre como referencia a localídade de Puebla de Guzmán, en vez de Ca/das, e do río Guadina, en vez do río Umia” despréndese a afirmación de que o documento é literalmente unhafotocopia doutro correspondente á provincia de Huelva. Nada máis lonxe da realidade aínda que si é certo que o trabal/o efectuouse utilizando como referencia formal outro estudio ambiental, producíndose erros ~ia transcripción que se subsanaron mediante unha “Fe de erros” remitida ós Conce 1/os durante o periodo de información pública.

 

Como Anexo n0 1 do presente informe acompáñase unha fotocopia comp/eta do Tomo II. - Anexo de estudio de efectos ambientais. Da aná/ise do documento despréndese que non se axusta á realidade a afirmación de que o estudio de impacto “non sefixo de mane ira axeitada”.

O     documento aludido, como non podía ser doutra maneira, redactouse para o caso do Encoro de Ca/das de Reis. Nesta liña, basta indicar, de forma non exhaustiva, os apartados e parágrafos que se refiren ó entorno e zona de emprazamento da obra:

 

-            páxina 2, apartados un, dous e tercezro.

 

-            páxina 4, terceiro parágrafo do apartado segundo e primeiro do apartado terceiro.

 

-            páxina 5, terceiro parágrafo.

 

-            páxina 6, último parágrafo.

 

 

 

 

3

Rúa do Hórreo, 65 - 15700 Santiago de Compostela Teléfs. 981 57 18 21 -981 57 19 00 Fax 981 5723 35

VALEDOR DO POBO

 

 

-                páxinas 10 e 11: Nelas describense concretamente o entorno do encoro de Caldas de Reis. A referencia á aportación, emprazamento, superficies, etc. corresponden coa obra proxectada.

 

-páxinas 13 a 16: Describe concretamente a obra proxectada.

 

-                páxinas 17 e 18: Fai unha referencia ás fincas afectadas corresponden/es ó anexo de expropiacións do anteproxecto.

 

-                páxina 20: As referencias ás estacións meteorolóxicas correspóndense coas da zona (A Estrada, Caldas, etc.)

 

-                páxina 29: 0 estudio xeolóxico correspóndese co emprazamento da obra. No devandito estudio fálase de “jabres”, “depósitos aluviais do río Umia”...

 

-                páxina 35: No último parágrafo fálase das ‘frecuentes inundacións que o Concello de Caldas de Reis sopor/a”.

 

-                páxina 38: Descríbense as características da conca corresponden/es órío Umía.

 

-                páxina 42 e seguintes: Nelas realizase o estudio de aportacións empregando os datos da conca do río Unua.

 

- Planos: O documento ten se/e planos coa zona, cartografía e propostas ambientais correspondentes á obra do encoro, etc...

 

Non é obxecto deste informe numera-los apartados e capítulos do documento nos que se indica, numeran ou utilizan datos corresponden/es óentorno fisico e xeográfico da conca do río Umia, pos/o que no anexo n0] pódese comprobar cada un dos extremos xa comentados.

 

Este Departamento entende que o proceso de declaración de impacto ambiental (D.LA.), a que se someteu o anteproxecto de referencia e que se atopa regulado polo Decreto 442/1990, do 13 de setembro, remata coa Declaración de Impacto Ambiental, tal e como sinala o artigo 5 do devandito Decreto. O estudio de impacto ambiental resulta polo tanto un documento técnico que é sometido a información pública. Froito des/e proceso pódense mellorar diferentes aspectos ambientais, que fagan o proxecto máis respetuoso co medio ambiente.

 

No anexo n0 2 acompáñase unha copia da Declaración de Impacto

publicada no D. O. G. na que se pode comprobar que se analizaron e

 

 

 

4

Rúa do Hórreo, 65 - 15700 Santiago de Compostela Teléfs. 981 57 18 21 - 981 57 19 00 Fax 981 57 23 35

VALEDOR DO POBO

 

 

comentaron a totalidade das ale gacións, así como que se recolle a observación dos erros observados no documento técnico.

 

O documento ambiental de referencia, para a execución da obra, é a D.LA. que se está a respetar na totalidade das súasprescripcions.

 

Por último este Departamento entende que a aparición de erratas no documento técnico do estudio ambiental do encoro de Caldas de Reis está sendo utilizado como único argumento para opoñerse á execución dun proxecto que, de acordo cos estudios da Plan~ficación Hidro/óxica éimprescindible para garanti-lo subministro na conca baixa do río Umia.

 

FE DE ERRATAS DEL ANTEPROYECTO DE LA PRESA DE

CALDAS DE REIS EN EL RIO UMIA

 

- Tomo II, página 37, línea 4”:

Donde DICE Presa de Sanlúcar DEBE DECIR Presa de Caldas.

 

- Tomo II, página 119, líneas 10 e 11

Donde DICE Puebla de Guzmán DEBE DECIR Caldas de Reis

 

- Tomo II, página 168, línea 3”:

Donde DICE Ribera de Guadiana DEBE DECIR Unidad paisaj istica

de la presa de Caldas de Reis.

 

- Tomo II, página 168, línea 5”:

Donde DICE Unidad paisajística de la presa de Caldas de Reis

DEBE DECIR Riberas del río Umia.”

 

 

 

Efectivamente, no Estudio A.mbiental foron detectados algúns erros que “Augas de Galicia” solventou cunha “fe de erratas”. Nembargantes, 6 marxe do especificamente correxido a través deste medio existen contidos concretos do Estudio que ó parecer poden ser mostra do incorrecto proceder á hora de realiza-lo mesmo. Así, o inventario faunistico non sufríu variación ou corrección, e sen embargo o seu contido inclúe especies que en principio non parecían propias da zona do proxecto. E por iso, co obxecto de contar cunha aportación especializada sobre a materia, solicitouse a colaboración da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, que remitíu a seguinte comunicación por medio do seu Decano:

 

“En respuesta a su escrito dei 26 de junio de 1998 se adjunta

información sobre los graves errores que se detectan en el Inventario faunistico.

 

 

5

Rúa do Hórreo, 65 - 15700 Santiago de Compostela Teléfs. 981 57 18 21 -981 57 1900 Fax 981 57 23 35

VALEDOR DO POBO

 

 

Igualmente, se recuerda que el Dr. Marco A. González González (profesor de la Facultad de Biología de la Universidad de Santiago) emitió un informe en el que pone de manifiesto que el anteproyecto “Presa de Caldas de Reis en el Río Umia” no cumple con la finalidad de identificar, describir y valorar de forma apropiada el entorno del provecto, informe que suscribimos plenamente.

 

 

INVENTARIO FA UNÍS TICO

 

Pleurodeles walti (Gallipato).• Se encuentra exclusivamente en la mitad

sur de la Península Ibérica, alcanzando el Sistema Central y la Serranía de Cuenca como límites septentrionales de su distribución.

 

Acanthodactylus ereythrurus (lagartija colirroja,.): Presente en todo la

Península, excepto en Galicia, Norte de Portugal, Asturias, Santander, País Vasco, Aragón y Cataluña.

 

Coluber hippocrepis (Culebra de herradura,): especie meridional,

encuentra su límite de distribución por el Norte en el Sistema Central y la región valenciana.

 

Macroprotodon cucullatus (Culebra de cogulla,): Los límites

septentrionales de su distribución se encuentra entre el río Tajo y el Sistema Central.

 

Herpestes ichneumon (Meloncillo): En la Península Ibérica

actualmente sólo es conocida del sur peninsular, predominantemente en los bosques de Andalucía.

 

Aegypius monachus (Buitre negro,): ausente de todo el tercio Norte

peninsular.

 

Aquila heliaca (Águila imperial): ausente de todo el tercio Norte

peninsular.

 

Asimismo otras muchas especies que se incluyen en el inventario faunístico, no figuran tampoco en la lista patrón de los vertebrados de Galicia, o si lo están, tienen la consideración de raras o muy raras, por haber sido citadas por lo general únicamente de comarcas de influencia mediterránea de las provincias de Ourense y Lugo, por lo que su presencia en la Cuenca del Umia es inverosímil. Entre otras cabe mencionar a las siguientes:

 

 

Rúa do Hórreo, 65 - 15700 Santiago de Compostela Teléfs. 981 57 18 21 -981 57 1900 Fax 981 57 23 35 6

VALEDOR DO POBO

 

 

Pelobates punctatus (sapillo moteado), Tarento/a mauritanica (Salamanquesa común), Vipera latastei (Víbora hocicuda), Blanus cinereus (Culebrilla ciega), Suncus etruscus (Musarañita), Myothis Blythii (Murciélago ratero), Plecotus austriacus (Murciélago orejudo), Mus spre tus (Ratón moruno), Elanus caerulens (Elanio Azul), Falco naumanni (Cernícalo primilla), Merops apiaster (Abejaruco común) y Galerida theklae (Cogujada montesina).”

 

Lóxicamente, o inventario faunístico non é un elemento do Estudio Ambiental que poida ser obxecto dun tratamento xeneralista, é dicir, o se fai sobre o terreno e para as condicións especfficas do terreo ou non existe, sen que adnuita unha posible corrección de erros. Por iso 6 especialmente significativo que se presente a deficiencia comentada, non solventada, despois de terse detectado os demais erros do Estudio, co que a confianza no rigor do mesmo se ten que ver necesariamente mermada.

 

A propia Declaración de Impacto Ambiental (que se fai pública por Resolución de 11 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes; D.O.G. de 21 de xuño de 1996), sinala no referente ó estudio da fauna, que “realizase un inventario de especies que nalgúns casos non corresponden coa zona de afección do proxecto”.

 

Neste senso é de sinalar que a avaliación do impacto ambiental de determinados proxectos é unha esixencia do dereito comunitario regulada na Directiva 85/377, que foi trasposta á nosa normativa interna polo Real Decreto Lexislativo 1302/86, desenrrolado no Real Decreto 1131/88, e no ámbito autonómico pola lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia e o Decreto autonómico 442/90, de avalización de impacto ambiental (vixente ata tanto non se desenrole o disposto na Lei 1/1995 sobre esta especifica materia).

 

Con esta técnica preténdese realizar unha actuación preventiva en materia ambiental e ó tempo integra-la politica do medio nas diversas politicas sectoriais. En resume, trátase de garantir unha utilización prudente e racional dos recursos naturais.

 

A técnica da avaliación ambiental concíbese como unlia forma de autocontrol da Administración na execución dós seus propios proxectos é tamén como un instrumento de intervención administrativa nas actividades particulares, o que significa que resulta indiferente á natureza pública ou privada da actividade no que atinxe á necesidade de aplicar con rigor o obxectivo preventino ou proteccionista da regulación citada. E desta maneira os proxecto públicos, como é o caso do examinado, deben axustarse óprocedemento de avaliación.

 

Nembargantes, se a actuación concreta da Administración responsable do proxecto non 6 suficientemente dilixente á hora de realiza-los diferentes elementos da avaliación, entón esta encontrarase desvirtuada pola súa dificultade ou polas carencias coas

 

 

Rija do Hórreo, 65 - 15700 Santiago de Compostela Te1~fs. 981 57 18 21 -981 57 1900 Fax 981 5723 35 7

VALEDOR DO POBO

 

 

que teña que levarse a efecto. Un dos elementos de partida para unha axeitada avaliación éo Estudio correspondente, que loxicamente debe ser feito co rigor preciso. Se este rigor non se da, a avaliación perde gran parte do seu fundamento. En definitiva, pódese estar perxudicando o ben que trata de protexerse coa avaliación, que é o medio concreto obxecto da mesma. E tal comportamento é especialmente grave cando a responsabilidade dos diferentes elementos da avalización (Estudio e posterior Declaración) recaen sobre unha mesma Administración

 

 

Certo é que, como indica a información remitida polo organismo autónomo “Augas de Galicia”, o elemento último e determinante da avalización é o seu resultado, a Declaración de Impacto, pero iso non é obice para que sexa necesario resaltar nesta resolución a obriga de respetar estrictamente as características que deben presidir a redacción dun dos pasos previos a Declaración, como é o caso do Estudio. Neste senso, o Estudio debe ser exhaustivo e fiable, coas características e o contido que se describe no artigo 2 do Real Decreto Lexislativo 13 02/86 e tamén nos artigos 7 e seguintes do Decreto 113 1/8 8, que, entre outros moitos aspectos, preceptúa a necesidade de concretar un inventario ambiental que comprenda un estudio do estado do lugar e das súas condicións ambientais, e a identificación, censo, inventario, cuantificación de tódolos aspectos ambientais definidos no artigo 6 (entre outros, a fauna).

 

 

No suposto que nos ocupa, da información transcrita pode concluirse que se deron deficiencias no procedemento de avaliación ambiental, en concreto no seu estudio previo, que poden levar a dudar razonablemente do cumprimento último do seu fin. Por tal motivo, esta institución, en aplicación do disposto no artigo 32.1 da Lei 6/1984, de 5 de xuño, do Valedor do Pobo, considera necesario formular a ese organismo autónomo a seguinte SUXERENCLA:

 

 

“Que nos procedementos de avaliación ambiental de proxectos promovidos no sucesivo polo organismo autónomo “Augas de Galicia”, o estudio correspondente reúna a calidade e exhaustividade que a normativa da materia establece con claridade para o correcto cumplimento do seu fin, características que óparecer non foron en todo propias do estudio realizado en relación co proxecto de encoro de Caldas de Reis”.

 

   

 

Rtia do Hórreo, 65 - 15700 Santiago de Compostela Te1~fs. 981 57 18 21 - 981 57 ¡9 00 Fax 981 57 23 35 8

VALEDOR DO POBO

 

Agradecéndolle a Vi. de antemán a acollida é manifestado nesta resolución do Valedor do Pobo, recordámoslLe a necesidade de que no prazo dun mes se de conta a esta institución da aceptación ou rexeitamento desta suxerencia, en cumprimento do artigo 32.2 da mencionada Lei 6/1984, do Valedor do Pobo, expresando os motivos en caso de rexeitamento.

 

Saúdao atentamente,

 

Aparece la firma de :  O VALEDOR DO POBO

JOSÉ CORA RODRIGUEZ.

  Sair