¡
ENCORO DO UMIA : NON !.
Saír.
PROXECTO PARA CONSTRUIR O ENCORO DO UMIA
A finais de 1995 faise público por parte da
Xunta de Galicia o proxecto para a construcción do Encoro do Umia
alegando a súa necesidade e urxencia para abastecer de auga á
Comarca do Salnés e para evita-las enchentes do río Umia ó seu paso
por Caldas.

Encoro do Umia, tamén chamado Encoro de A Baxe.
Pontevedra (Galicia)

Mapa da ocupación actual do encoro. Afecta a
tres concellos Caldas de Reis, Cuntis e Moraña. (Pontevedra-Galicia)

|
- Concellos de Caldas de
Reis, Cuntis e Moraña.
- Capacidade 7 hm3.
- Superficie de 81,7 ha.
- Conca de 182 km2
- Altura sobre cimentos:
36,50 m.
- Lonxitude de coroación:
206 m.
- Ancho na coroación: 7 m.
- Tipo de aliviadeiro: mixto
- Nº vaos: 4 de 13 m.
- Comportas: 2 tipo sector
- Capacidade de desaugue:
425m³/s. en trampolín
- Escada de peixes: non
- Uso da presa:
Electricidade.
- Explota a emp.: Hidroel.
Cortizo S.A.
- Potencia instalada 9000
kw.
Construción dende
Marzo 1998 a febreiro 2000
|

Casi toda zona que ocupou o encoro, unha
zona marabillosa do río Umia que
quedou asolagada e desfeita.
Os dibuxos de Fran Ameixeiras unha obra de
arte.
-
Desde o primeiro momento os veciños denuncian o
fraude, xa que é de coñecemento público que o Salnés non ten esa
necesidade urxente de auga e que esa non é máis que unha excusa para
xustificar un APROVEITAMENTO HIDROELÉCTRICO DO RÍO.

As inundacións en Caldas de Reis non as vai
solucionar o encoro. O tempo...
-
A excusa das enchentes do río tampouco é certa,
xa que é o propio anteproxecto o que descarta esa posiblidade,
afirmando que as enchentes producense pola confluencia nos ríos
Chaín, Follente e Bermaña.

Neste dibuxo vese onde está enclavada a presa,
entre montañas de pouco espesor e problemáticos según varios
científicos...
Os dibuxos, sobre esta desfeita, son de Fran
Ameixeiras; sin dúbida unha obra de arte aparte da pedagoxía implícita
en todos os carteis.
-
A Xunta alegou a necesidade urxente de auga
para o Salnés porque só iso permitía declarar a obra de UTILIDADE
PÚBLICA e URXENTE OCUPACIÓN, xa que o aproveitamento
hidroeléctrico é claramente unha utilidade PRIVADA.

A Coordinadora Anti-encoro de Caldas, Cuntis
e Moraña no anguiero de Frieira.
-
Publicado o anteproxecto a efectos de alegacións
constitúese a Coordinadora Anti-Encoro de Caldas de Reis, Cuntis e
Moraña, integrada por unha Plataforma de cada Concello.

A Coordinadora Antiencoro do Umia, informando a
prensa.
A COORDINADORA DENUNCIA QUE:
-
O proxecto é un fraude. Que é para
aproveitamento hidroeléctrico e se está a utilizar o abastecemento
de auga e as enchentes do río como excusa.

O encoro foi feito para producción eléctrica
única e exclusivamente. Todo o demais é conto chino...
-
Que o encoro, ademáis do dano irreversible no
patrimonio natural e cultural da Comarca, arruinaría o potencial
turístico dos tres Concellos afectados, encamiñado ó turismo
termal e de natureza, para o que contan coa riqueza natural das
augas quentes e da súa paisaxe.

O río Umia, estaba sendo posto en valor
turístico meses antes de facer o encoro. Folletos da Xunta e
fervenza de Segade.

Muíños de Segade, por debaixo da fervenza,
outra marabilla. Peligrosos actualmente, xa deu varios sustos esta
zona por enchentas....

Así quedou a zona do pequeno recorrido cós
muíños, unha zona marabillosa...
-
Que non se fixeron estudios sobre a posible
incidencia do encoro nas augas quentes.

Coordinadora Ati-encoro de Caldas, Cuntis e
Moraña, informando a prensa.
-
Que o anteproxecto presenta gravísimas
deficiencias nos aspectos xeolóxico e xeotécnico (existen
informes acreditativos destes extremos), o que representa unha
ameaza para a vida dos veciños, debido ás fallas do terreo,
inadecuado para unha obra destas características (alta
permeabilidade).
-
Que o ESTUDIO DE IMPACTO AMBIENTAL é unha copia dun
realizado para outro encoro. A fauna e flora que se describen, pertence ó Sur Peninsular, e incluso figuran topónimos da provincia
de Huelva (Puebla de Guzmán, río Guadiana, etc.)

A ponte do Areal, que quedou asolagada. A
esquerda antes da limpieza do monte, a dereita xa co comenzo da
limpeza.
-
Que no anteproxecto afirmase que a Ponte do Areal,
que quedaría anegada polo encoro, é de "principios de século, cando
en realidade data de 1834.
En base a todo o anterior e outras consideracións de
tipo socio-económico e ecolóxico, presentanse 27.136 alegacións
contra o antreproxecto. A Xunta non contestou a ningunha.

Cuíñas e Palmou estaban puntualmente na
inauguración das obras. Parecía que a Xunta iballe a vida no
proxecto...
As obras inauguraronse o 17 de abril de 1998
ás 8 da mañán -aínda era de noite- e con Cuiña e Palmou rodeados de
antidisturbios chegados expresamente desde León.
O 7 de abril de 1999 o Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia declarou ilegal a ocupación de terreos por falta
de xustificación da urxencia na exposición de motivos do Decreto da
Xunta. Aínda que esta Sentencia é recurrible perante o Supremo, o
que xa foi formalizado pola Xunta, o importante desta resolución
xudicial é que a declaración de ilegalidade no procedemento anulou
en parte o Decreto, así como as Resolucións de Augas de Galicia
sobre levantamento de actas, aclarando o Tribunal que a Xunta tiña
que devolve-las terras ós propietarios e que, en todo caso, tiña que
comenzar de novo todo o procedemento pola vía de expropiación
ordinaria, á espera de que se pronuncia o Supremo.
INFORMES PRESENTADOS POLA COORDINADORA
SOBRE AS IRREGULARIDADES DO PROXECTO

Co tempo se verá, pero o encoro perxudica
gravemente a desembocadura do río Umia e o seu mexilón...
-
Do Dr. En Bioloxía da Universidade de Santiago,
D. Marcos González González, sobre as irregularidades do
estudio de impacto ambiental presentado pola Xunta e o perigo
que supón o encoro para as especies que habitan no río e no seu
entorno.

Os dibuxos sobre esta desfeita, de Fran
Ameixeiras, son toda unha obra de arte.
-
Da Delegación en Pontevedra da Consellería de
Agricultura da Xunta de Galicia sobre o estudio de impacto
ambiental no que se descalifica de maneira rotunda o
citado Estudio.

Os dibuxos sobre esta desfeita, de Fran
Ameixeiras, son toda unha obra de arte.
-
Do catedrático de Edafoloxía, D. Francisco Díaz
Fierros e o Enxeñeiro Hidrólogo D. Manuel Álvarez Enjo, no que
se afirma:
- A situación de pleno abastecemento de auga na
Comarca do Salnés.
- Que o encoro non solucionará os problemas das
enchentes do río.
- Que o deseño do encoro é para xeneración de
enerxía eléctrica.

Os dibuxos e a súa pedagoxía, son obra de Fran Ameixeiras.
Unha marabilla.
-
Resolución do VALEDOR DO POBO, co asesoramento da
Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, na que se
ratifican as denuncias da Coordinadora sobre as deficiencias do
Estudio de Impacto Ambiental.

O méxilón de río, a Margaritifera
margaritifera era abondoso na zona do río Umia
onde se fixo o encoro. Desaparecerá...
-
Informes dos Dres. D. Rafael Araujo Armero do
CSIC; Mark Young, da Universidade Escocesa de Aberdeen e Gerard-Bahuer,
da Universidade alemana de Friburgo, alertando sobre o perigo que
representa o encoro para a especie en perigo de extinción, coñecida
vulgarmente como "madreperla" de auga doce, ou mexilón de río (margaritifera),
existente no río Umia e protexida pola Directiva Hábitats,
incorporada ó Dereito español mediante R.D. en 1995. Esta especie
nin siquera figura no Estudio presentado pola Xunta. Presentouse
denuncia no SEPRONA para que abrira unha investigación sobre os
previsibles danos, contestándonos que non tiñan técnicos para
realizar a investigación e que trasladaban a denuncia á Consellería
de Medio Ambiente.

-
Informe do Dr. en Enxeñería D. Enrique Orche
García, da Universidade de Vigo, alertando sobre as
gravísimas deficiencias técnicas que presenta o anteproxecto e que
poden poñer en perigo á poboación.
-
Informe do Arquitecto D. Pedro De Llano, no
que se afirma que como mínimo a Ponte do Areal, que no
anteproxecto datase como de "principios de siglo", é de 1834.
Faise a denuncia perante a Delegación da Consellería de Cultura. Non
hai máis noticias.
-
Informe con data 5/1/00, do Enxeneiro D. Julio
Martín Herrero, especialista en Enxenería do Medioambente, de
Universidade de Vigo, onde aclara e advierte dos efectos negativos
do encoro sobre as inundacións na vila. Neste informe non só se
advirte que non paliaría os efectos das inundación, senon que
agravaría seriamente o problema, debido as características da
vexetación dos márxenes (bosque de ribera), que sempre actuará coma
unha esponxa, amortiguando e diluindo no tempo os efectos das
chuvias torrenciais. Según o autor, a tendencia actual nas zoas
susceptibles de inundacións suxire evitar muros, construcción e
urbanizacións "duras" do entorno dos cauces, e recomenda a
potenciación de amplas extensión de vexetación de ribeira.
A LOITA NOS TRIBUNAIS
-
Presentamos recursos contenciosos contra o Decreto
da Xunta de urxente ocupación para a construcción do encoro, nos que xa hai Sentencias -7 de abril- que declararon ilegal a
ocupación de terreos por falta de motivación ó non xustificar a
Xunta a necesidade urxente de auga e anulando as Resolucións de
Augas de Galicia sobre a expropiación de terreos.
-
Tamén presentamos outro recursos contra o segundo
Decreto da Xunta de 23 de abril de 1999, polo que declaraban a
utilidade pública e a urxente ocupación dos terreos para a
instalación das centrais hidroeléctricas, adxudicadas a Cortizo,
S.L. Coa interposición deste recurso solicitamos a suspensión
cautelar da expropiación de terreos por entender que se a presa non
era urxente tampouco podía ser urxente o aproveitamento
hidroeléctrico, que é unha obra accesoria da presa.
-
O 9 de xuño solicitouse ó Tribunal a
execución provisional das Sentencias do 7 de abril pedindo que se
devolveran os terreos ós propietarios en tanto non se pronuncie o
Tribunal Supremo, para evita-lo anegamento das terras. A Xunta e
Cortizo presentaron recurso de súplica contra esta petición de execución provisional.
-
O 14 de xullo seguinte o Tribunal acorduou
suspender cautelarmente o Decreto sobre aproveitamento
hidroeléctrico, sen impoñer ningunha fianza á Coordinadora.
-
O 25 de outubro o Tribunal dicta un Auto
accedendo á execución provisional solicitada polo noso avogado e
desestimando tódalas alegacións da Xunta e de Cortizo, calificando
os motivos da impugnación como "impertinentes" e "gratuitos" e
rexeitando de novo a imposición de fianza ós veciños. Con esta
decisión do Tribunal, a Xunta non pode anega-las terras. Só podería
rematar o encoro se o Supremo modificase a decisión do Tribunal
galego, pero en calquera caso teñen que esperar a ese último
pronunciamento.
A LOITA NA RÚA E NAS INSTITUCIÓNS

Foron moitas as manifestacións pedindo un
Umia vivo e o non o encoro.
-
Foi admitida a trámite unha queixa no Parlamento
Europeo, pendente de resolver desde xuño de 1998

-
Ademáis das medidas xudiciais, ó longo destes máis
de catro anos foron convocadas diversas manifestacións en Caldas, Santiago
e Pontevedra, xuntando a máis de 10.000 persoas, e dirixíndonos a
tódalas institucións e colectivos para dar a coñecer o problema, así
como todo tipo de accións e propestas para evitar a ocupación ilegal
das terras, o que motivou multitude de denuncias e unha gravísima
carga policial en Caldas de Reis en 1997, con varios veciños feridos
e con retencións e detencións como as de Grixó (Moraña) con motivo
do intento de ocupación de fincas en xullo de 1999.





Oito fotografías das loitas dos veciños por
defender o seu... A Garda Civil estuvo moito pola zona e en determinados
momentos fixo cargas...
-
A loita na rúa foi constante, día e noite, uns
defendendo as terras, outros impedindo que entrara a maquinaria ou
que traballaran os obreiros. A Guardia Civil recibindo órdenes
continuamente da Xunta de Galicia..

O encerro no Concello foi unha data que non se
esquecerá...
-
O día 26-01-2000 a coordinadora Anti-encoro
de Caldas, Cuntis e Moraña pechouse no Concello de caldas para
pedir que se paralizase o túnel do encoro, mentras a xustiza
non se pronunciara. O final conseguírono en principio. Medio
Ambiente paralizou as obras o día 27-01-2000.

Cuíñas, que morreu fai pouco, foi o que deu
a cara dunha Xunta, que inda hoxe non se explica a súa actuación en
contra do pobo....
-
O día 27 de marzo de 2000, Xosé Cuiña Crespo
compareceu diante do Parlamento de Galicia para dicir cousas tales
coma:
- O encoro é para abastecemento de auga e para
evitar as inundacións en Caldas
- O impacto ambiental das obras é nulo
- A sentencia que ordena a devolución dos terreos só afecta a 23
fincas
- A Xunta sa abonou 1.060 fincas das 2.275 que resultan afectadas
polo encoro
Para calquera de estas "afirmacións" existen probas suficientes para
desmentilas e comprobar novamente que este Sr. minte reiteradamente.

Comunicación da coordinadora a Prensa, na
fotografía está o sensacional abogado D. José Luis Aranda que xa nos
deixou...
-
A Coordinadora contou sempre coa axuda indispensable
do avogado D. José Luis Aranda, ó que merece unha mención especial
de agradecemento polo seu apoio máis alá do profesional. Tamén coas axudas de outras persoas e colectivos que de maneira
determinante participaron na loita:
- D. Marcos González, da Universidade de Santiago.
- D. Julio Martín e D. Enrique Orche, da
Universidade de Vigo.
- Ós integrantes de ADEGA e outros grupos
ecoloxistas.
- Asociacións e Coordinadoras, que se solidarizaron
totalmente, Anti-Empacadora de Vilaboa, Asociación para a defensa
da Ría de Pontevedra, Irmandade Moncho Valcarce e COAGRET.
- Tamén moitos deputados e deputadas do BNG e do PSOE que se
identificaron co problema.
- Secundino Lorenzo que nun momento determinado se
incorporou a loita facendo a páxina web.
- E moitos cidadáns que participaron nas
mobilizacións e actos de protesta para que cesara este abuso de
autoridade e o río Umia e o seu entorno non fosen destruídos por un
interés empresarial privado. 


A desfeita foi incrible, todo o que se diga
é pouco. A tala fíxose dunha forma impositiva propia da edade media,
no ano 2001. O titular é o que aparece abaixo...
-
O día 05-02-2001 e anteriores foron uns días
de medo para Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, as máquinas
arrasaban sin permiso de ningún tipo as orelas do río e as fincas.
A xente tiña que vixiar as súas fincas e moitas veces non se
conseguía que non talasen as árbores de todo tipo e demais. Estos
días máis de 70 membros da Garda civil axudaron a Xunta a perpetuar esta desfeita.
Soio hai un titular "Caldas de Reis, Cuntis e Moraña arrasados por
Hidroeléctricas Cortizo, A Xunta, A Guardia Civil e a Inxustiza"


A tala de árbores foi unha auténtica desfeita
impresentable. O xesto dos veciños en querer plantar algúns árbores
foi para chorar...
-
Plantación simbólica de árbores no río Umía,
despois dunha tala salvaxe e mal feita realizada nos días
anteriores. Foi o 9 de febreiro do 2001. A Coordinadora denunciou esta tala. Esta tala
mal feita vai a
manifestarse os seis anos coa eutrofización galopante do encoro de
Umia, facendo velenosa a súa auga ...

Marcha de máis de 500 persoas que saíndo de
Caldas foi ata o encoro como protesta pola súa construcción.

Decía eu como webmaster,
aquel día, que "o
Encoro de Caldas sen dúbida levará por sempre o nome "Monumento
a prepotencia da Xunta de Galicia",
e que ademais eu por baixo poríalle "Aberración histórica
demostrable co tempo"
-
24-03-2001. Ese día o TSXG deixou, para moita
xente da coordinadora-Antiencoro, de ser eso, Tribunal
Superior de Xustiza e menos galego xa que autorizou o peche do
encoro alegando razóns incribles e contradictorias con respecto
a outras das súas decisións. Alegou que pechando o encoro podía
paliarse as enchentas. "las
adversas condiciones metereológicas aconsejan levantar la
suspensión para que el embalse pueda contribuir a paliar las
inundaciones de la zona. "
A Coordinadora dixo naquel intre algún
trivial: "E
respecto da decisión de alzar a suspensión cautelar
provisionalísima coa excusa de que o encoro serve para
aliviar as enchentes, a Coordinadora manifesta que o
Tribunal estase tamén a contradicir xa que eles mesmos
nas referidas sentencias de 7 de abril do 99 anularon a
urxencia do Decreto en base a dúas razóns:
a inexistencia da famosa sequía e que a regulación
do río estaba desbotada no propio anteproxecto polo que esa
finalidade non se podía aceptar para a construcción do
encoro.
" Eu creo que está clarísimo...Unha auténtica
inxustiza, contraria o seu nome...

Aquí están Cuiñas e o Alcalde Tobio pulsando o
botón da posta en marcha do encoro, sin máis comentarios...

-
Un mal día para moitos, cando desaparece a
Ponte do Areal baixo as augas. Para algúns esa foi unha
derrota, pero seguimos na loita e xa veremos o que pasa, hoxe
octubro do 2010 inda segue a loita e inda se pide a demolición deste
encoro...

Os poucos días dragando o Umia, choveu e volveu
a inundar Caldas...
-
29-03-2001. Poucos días pasaron dende o peche, no
que houbo outra vez riadas, e toman a decisión de dragar o Umia. A
draga do Umia por suposto se fixo inpunemente, sin proxecto, sin
informes e sin nada...tira para adiante. Demostrase que o encoro non
sirve para evitar as riadas...

Cuíñas, Tobio e os demais alcaldes da zona dando
o visto bon o Encoro. Sin máis comentarios.
-
25-04-2001. Cuíñas o rei do Umia. O Crak. Paseo
apotéosico polo Umia cós alcaldes da zona, invitados persoalmente
por Cuíñas e Tobio o alcalde de Caldas de Reis. O inimigo
natural no é o Umia é o bloque, diría Cuíñas daquela. Dice Cuiñas
que a no ser que teñamos o diluvio universal Caldas non volverá ter
inundacións. Ou o que dixo Tobío o problema secular das
inundacións pasou a historia... (O tempo quitará estas razóns...)

No TSXG pedindo xustiza.

Paloma Fernández presidenta da Coordinadora. Antiencoro de
Caldas, Cuntis e Moraña.
-
23-03-2002 A UE abre un expediente de infracción
contra o goberno de España pola construcción do encoro do Umia. A UE
dase conta de que tanto a Xunta como o goberno español vulneraron
varios tratados que están en vigor. Esta petición fixoa a
Coordinadora Anti-encoro de Caldas, cuntis e Moraña. En abril do
2000 xa se presentara outra petición.

Obras na base da presa, dous anos despois de
inaugurala. Incrible.
-
Verán do 2003 a Xunta por medio da empresa
Empresa Mixturas, obras y proyectos, adxudica por
443.000 euros as obras de reforma do muro da presa de Caldas,
por fallos graves no muro. Xusto despois de inaugurala dous anos
antes. Incrible.

Faltan algúns máis,
pero estos foron os que levaron a batuta da desfeita, dun
encoro cheo de corruptelas... Una desfeita feita en plena
democracia 1995-2004. Algún como Agustín Hernández é hoxe
Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta actual no 2010, dende
logo resulta esperpéntico...
-
O 24-10-2003 o supremo ratifica por terceira
vez que a ocupación das fincas foi ilegal. Unha sentencia
que obliga a satisfacer os pagos das fincas. A coordinadora sabe que
esta é unha victoria agridoce xa que consideran que tanto Fraga,
como Cuíñas, como o Presidente de Aguas de Galicia como o delegado
de goberno de Pontevedra deberan pedir perdón os veciños, que case
trataron de terroristas por decir a verdade. O alcalde de Caldas
Jose Mª Tobío dice ante a noticia "Para mín é un tema pasado de
moda..."

Hai que ter rostro...Todo esto debera estar
realizado e rematado.
-
A empresa Hidroeléctricas Cortizo e os seus
amigos, para
mín a única beneficiaria do encoro coa produción de electricidade
saca un video coas excelencias da presa e do que fará na zona
posteriormente, a cambio da desfeita. Por certo o que prometeu...¿víchelo?
.

O encoro de Caldas foi eso: un atentado
ecolóxico e un roubo auténtico a nosa Galicia e os que amamos a
natureza.
Pecho, de momento, aquí esta historia, e fago un seguimento do encoro ata a súa
demolición, e digo esto xa que estou convencido de que non hai máis
remedio que demolelo, foi unha chapuza total, realizada nun río ceibe de
encoros dende o seu nacemento ata a súa desembocadura. Hoxe xa
se fixeron minicentrais no seu recorrido e o río está totalmente
defenestrado...
Neste momento, ano 2006, todos os que tíñan que cobrar as súas
terras xa o fixeron, algúns dende logo morreron antes de cobrar.
-------------------------------------------------------------

Riada en Caldas de Reis. Ano 2006.
Esto veu a demostrar que o encoro de
Caldas no soio é inutil para controlar as riadas de Caldas de
Reis si non que é peligroso. Aquelas afirmacións de Cuiñas, de
Fraga, do socialista Tobio alcalde de Caldas por aquelas, do
mismo Agustín Hernández no foron máis que mentiras para engañar
o pobo galego e meter un encoro que o único que pretendía era
producir electricidade para encher os bolsillos de Cortizo S.A.
a sabendas de que axudaban a un amigo... Unha auténtica vergoña
que dende o punto de vista ético a min inda me sigue a producir
noxo por non decir outra cousa...
------------------------------------------------------------

O Umia eutrofizado. A agua de Caldas de Reis.
-
Octubro do 2006 o encoro está eutrofizado,
comenza a aparecer por primeira vez a Microcystina aeroginosa, comenzan os problemas
graves de auga en Calda de Reis. Xa se comenza a
falar de que a única solución é tirar o encoro.

O Umia eutrofizado. Hoxe a mycrocistis contamina
gravemente a agua de Caldas de Reis. ¿Que foi o culpable?. Para mín está
claro...
-
Setembro do 2010 a microcistina cubre o encoro de
Caldas e a auga está envelenada. Graves problemas sin solucionar da auga en Caldas. Aguas de Galicia non sabe por onde anda, fálase de
facer estudios, largas o asunto. Sigue a pedirse por parte de Adega
e da Coordinadora Antiencoro a demolición como única alternativa, xa
que as outras non existen ou non son viables.

Puro veleno
CIANOBACTERIA MICROCYSTIS é veleno auténtico e
descoñecido ata fai pouco.
-
En novembro do 2010 a Consellería de Medio
Ambiente, con Agustín Hernández o frente, sí, aquel que lle deu
para adiante o encoro de Puebla de Guzmán, que debera decir Caldas
de Reis, o mismo, agora propón solucións para atallar este
problema da Mycrocistina, solucións que nos van saír do peto
a tódolos galegos para seguir igual ou peor... Un cúmulo de despropósitos que veremos como
remata.

A Cyanobacteria Microcystis está a invadir
incluso os terreos que limpa a Xunta de Galicia cós nosos cartos...
"A
construcción do encoro foi un fraude e agora segue sendo un
fraude o que proxectan. Para a Coordinadora falta o estudio
principal e o que remataría para sempre co problema da
toxina: o proxecto de desmantelamento do encoro"

Saír.
|