Escudo de O Incio (Lugo), son dúas
espigas de ouro, postas en aspas e acompañadas da Cruz da orde de San
Xoan, ou cruz dos templarios, de plata. Por debaixo o lobo. Arriba leva
a coroa real.
No mapa, sacado de Google Earth
vese perfectamente O Incio, xusto onde está o seu escudo. No
apartado de mapas quedará perfectamente situado. Para os inquietos
esta é a referencia en coordenadas da Cruz do Incio:
lat 42.656365º long.
-7.363912º
740 m.s.n.m. (metros sobre nivel do mar)
O Incio é un municipio da provincia de
Lugo, en Galicia (España); está situado na comarca de Sarria. Ten unha
superficie de 146,09 km2, con 28 parroquias e un total de cento ochenta e nove pueblos. En total no ano 2022 tiña
1536 habitantes o que da unha densidade de 10,51 hab/km2.
A Cruz do Incio é a capital do municipio do Incio
A capital do municipio é a
Cruz de O Incio, tamén Cruz do Incio, que no 2017 tiña 211
habitantes. Os mismos habitantes no 2020.
Neste mapa están todas as feligrexías de O Incio. Nada menos que vinteoito..
Este mapa e o anterioir
está sacado do Dicionario Xeografico que poño na bibliografía como
(3), unha pasada que publicou fai uns anos a Voz de Galicia.
O Incio ten cento ochenta e nove pueblos.
Estas son as parroquias ou freguesías:
Moito millor neste dibuxo, sacado da Revista LVCUS, é o
suplemento da nº 42
O dibuxo está feito por M.R. Pombo.
Mapa sacado da revista LVCUS, do suplemento nº 42.
Desa revista LVCUS, o nº 42 tamén
poño este mapa que ten cousas curiosas. Está firmado M.R.Pombo.
Soio me permitín cambiar na
parroquia de Vilasouto un doble nome que puña Vilasouto, nun lugar
que debera poñer Calvos. Coido que ben mo poderá permitir. Polo
demais darlle as gracias polo seu traballo marabilloso.
A Cruz do Incio é onde está o Concello do Incio, o
pueblo máis importante.
Por certo a 741 m.s.n.m. Fotografía do google Earth de
11/08/2018
Placa de Stas Cruz do Incio. Cos metros sobre o nivel do
mar e as coordenadas
Tamén o sistema de referencia
Comprobación da placa e de onde tomaron os datos: foi no
edificio do concello
Neste mapa podedes movervos por
todo O Incio, en moitos lugares por exemplo en A Cruz do Incio si
cambiades de capa, podedes ver mellor o pueblo e moverse polas súas
rúas.
Por exemplo podedes ver o Concello de Sta Cruz do Incio
(por fora de momento).
Fotografía sacada de Google Maps. Febreiro de 2023.
ou
Igrexa de Santa Cruz do Incio.
Fotografía sacada de Google Maps. Febreiro de 2023.
Para rematar vou poñer, polo curioso, un mapa do
municipio do Incio do ano 1947, que me suministra o centro de Mapas de A
Coruña, un traballo do Instituto Geográfico e Catastral. Ocupa 7.657 kb:
Soio poño un trociño coa Cruz do Incio e ata a
Herrería do Incio. O mapa é 0 158 escala 1/50000 e abarca ata Monforte
de Lemos. É da Dirección Xeral do Instituto Xeográfico e Catastral. 1ª
edicción de 1947.
Sobre a toponimia do nome O
Incio remito a un artigo que aparece en
internet firmado por Francisco Albo e que moi resumido ben a decir
que non se sabe de onde ven, houbo tamén dúbidas en como escribilo
si Oincio ou separado, usando a O como artigo, o final ponse separado, O
Incio, xa que se colleu ó que usaba a xente, que é ó máis lóxico.
Antiguamente usóuse Oincio. Seica en algúns documentos antigos aparece Onitio, pero
en principio non se sabe nada. A esperar que se fagan estudios máis
profundos.
Engado, posteriormente, que o padre Sarmiento
atopou en documentos xurídicos do mosteiro de Samos, do ano 1082, o
topónimo Onicio, referidos as terras que hoxe se coñecen como O
Incio. Outros investigadores cren que deriva de onix, onicis,
pedras marmóreas que son abundantes na comarca. Este último punto
saco do libro (4) que aparece na bibliografía. Realmente ten bastante
sentido o que aparece en (4).
Gustaríame señalar que na zona hai
moito marmol, o mármol do Incio, que como sabemos é unha rocha
metamórfica composta de rochas de caliza, famoso é o seu uso no igrexa
de San Pedro Félix de Hospital, todo é boa sillería de pedra caliza e
mármol da zona, famoso o dito: "que dende o Incio ata Roma outra
igrexa de mármol non se atopará":
Mármol do Incio na igrexa de Hospital. Fotografía S. Lorenzo.
Hai tamén moita pizarra, de feito así
son os tellados da zona.
Neste caso poño o pé da letra o que
escribe Luis López no seu libro referenciado o final có número (1).
Simplemente me limito a facer unha
copia exacta, do traballo de Luís López:
Axuda moito este dibuxo sacado
do suplemento da revista LVCUS, nº 42.
Trátase dun mapa topográfico
onde podemos ver as concas dos ríos principais de O Incio.
O final o río principal é o
Cabe. O río Noceda é afluente do Mao e o Mao é afluente do Cabe.
No mapa relieve, onde engadín
varios datos básicos, está no centro o
río Mao que forma o encoro de Vilasouto e recibe pola dereita o río
Noceda, entre outros.
A dereita o río Cabe que recibe
pola esquerda o río Antiga.
O río Noceda desemboca no Mao, o
Mao no Cabe e así os tres amigos van o río Sil onde desembocan a
poucos kms. dos Peares, no pai Miño. Sabendo esto pode entenderse
que nunha das lendas, todas as troitas de Galicia abermellaran. Ver
no apartado das lendas.
Como punto bermellos de referencia
puxen Calvos, Vilasouto, A Cruz do Incio, O Hospital, e en blanco a
Ferrería xa no río Antigua.
O río Antigua é un afluente do río Cabe. Foto
Secundino Lorenzo.
O incio nos seus 146,09 km2 ten un
relieve hetereoxéneo en canto a disposición e estructura, a altitude
media é de 800 m.sn.m, e ten tres partes que veñen marcadas claramente
polos tres ríos que son os máis importantes do territorio: o Noceda, O
Mao e o Cabe. Ver no mapa-relieve.
O norte supera os mil metros, a parte
central o val do Mao van entre 400 m. os 1000 m.
O río Mao está encorado en
Vilasouto. Na foto a presa. Hai unha ruta de árbores de ribeira o redor
do encoro que merece a pena vela, todos co seu nome en castelán, en
galego e o seu nome científico. A dereita un loureiro. Unha
gran idea. Na fotografía a esquerda un serbal dos cazadores ou capudre
marabilloso. Foto Secundino Lorenzo.
Río Cabe. Fotografía de Arco da Vella.
Describo o río Cabe o principal
no municipio do Incio:
Nace no Incio, nace a 960 m. de
altitude no monte de Loureira, na parroquia de Foilebar(Sta. María),
concello do Incio. Pasa por a Pobra de Brollón e Monforte de Lemos. No
curso alto, no Incio, vai encaixado, logo recorre, a depresión de Lemos,
uns lugares sinuosos pero máis suaves, e vólvese encaixar nun canón
rochoso antes de chegar O Sil. O lugar da desembocadura e a Barca entre
os concellos de Sober e Pantón. É polo tanto un afluente pola esquerda
do río Sil.
Río Cabe nos
primeiros andares, basta con seguir os choupos. A fotografía
está sacada do suplemento LVCUS da revista nº 42.
Os afluentes pola dereita son o
Tornea, o Mao (co Noceda), o Cinsa (co Barbantes e Xunqueira), e o
Ferreira.
Pola esquerda o Antigua, Acebedo
e Saa.
O caudal medio anual é duns 9,5
m3 por segundo, cun máximo en febreiro e un mínimo se setembro, o que
fai que sexa un dos ríos máis pequenos da cunca do Miño-Sil.
O río Mao por Bóveda.
Describo o río Mao que nace no
Concello do Incio, é o río por antononomasia:
Nace a 1000 m. de altitude na
Serra de Oribio, na Parroquia de San Salvador do Mao, concello de O
Incio, provincia de Lugo.
Pasa entre outros moitos lugares
polo Viso, Rendar, Goó, Vilasouto, Eirexalba, Laiosa, tuimil, Rubián,
Bóveda, Ver e Ribas Pequenas.
Sabemos que represa en Vilasouto,
encoro que se fixo para regar o val de Lemos e que estropeu moito o río.
Os seus principais
afluentes son o río Noceda pola dereita e o río Penalva pola
esquerda. Logo ten moitísimos regatos como afluentes. Moitos deles secán
no verán.
O seu principal afluente é o río
Noceda.
---o---
Que decir do
clima do Incio:
Fai uns anos,
polo 2000:
O longo de todo o municipio
temos variantes climáticas, dice Luis López, mentras na feligrexía
de Noceda, Cubela, os agricultores teñen avanzada a sembra, nas
feligrexías de Trascastro, Vilarxoán, ou Foilebar inda non comenzaron.
Tamén nas primeiras hai frutais e viñas, e nas segundas o frutais
son escasos e estos están nos vales e as parras non producen.
A constante altitude que a
superficie de O Incio experimenta en dirección oeste cara o este fai que
disminuan as temperaturas e aumenten as choivas. As primeiras oscilan
entre 8 a 13º de media anual, mentras que as segundas varian entre os
800 e os 1400 mm. de choiva o ano, e polo tanto traen en
consecuencia que o número de meses nos que o chan ten carencia de choiva
é maior en sentido inverso, dende 3 ou 4 nas zonas montañosas, chegando
a 6 no límite occidental do concello, colindando có de Bóveda, onde o
clima se encadra máis dentro do tipo Mediterraneo.
Nesta década
2013-2023:
De tódolos xeitos as
temperaturas nesta última década cambiou bastante e oscilan entree 2 a
26º polo tanto a media subiu un pouco. Nestos anos non baixa de -3º e
salvo moi raras excepcións no suben de 32º.
En canto as
choivas: baixaron a media, o cual é bastante lóxico.
As troitas galegas teñen
pintas vermellas. Fotografía sacada no río Cenza en Vilariño de
Conso..
Houbo nunha
ocasión unha grande batalla entre homes da comarca e mouros. Os
mouros vivían no Castro do Viso, no Incio. Por debaixo queda o
río Mao. Tanto sangue se verteu, que foi dar o río, e deste ó
Cabe, e do Cabe o Sil, e do Sil o Miño, e tódolos ríos
avermellaron. As troitas teñen desde entón pintas vermellas e no
Mao non hai máis peixes ca elas.
Nota: o
texto anterior está sacado do libro "Cando os animais falaban"
de Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Aparece contado como un conto.
Por certo un libro sensacional publicado por Xerais no 2002.
Tamén cunhas ilustracións de Andrés Meixede moi fermosas.
2.- O burro fariñeiro nas lendas galegas.
Unha do Incio.
Entre as oito
lendas máis coñecidas do municipio de O Incio, que figuran no
libro "O Incio paisaje historia y patrimonio" de Luís
López Pombo. Diputación provincial de Lugo 2003; figura
unha que é unha lenda popular que resulta moi curiosa. Farei
unha copia íntegra da misma. (páxina
229 e seguinte.)
"...Nos cuenta la
leyenda recibida de nuestros abuelos que el Santo Varón Mamed
saltó a lomos de su pollino desde la famosa Pena de San Mamede,
hasta la Pena de Coruxo, en el lado opuesto del monte, salvando
la notable distancia que separan las montañas que forman el
cauce de los ríos Antigua y Cabe.
Acuciados por
nuestra infantil curiosidad quisimos saber el motivo que tuvo el
santo para "pegar esa espantada" en burro y por qué el venerado
Mamed huía a "uña de burro" con tanta prisa.
Los abuelos
nos decían que escapaba de las insidiosas tentaciones de
Satanás, pero no era de la misma opinión el abuelo Florencio que
sabía muchas cosas de leyendas y milagros de los santos.
Contaba el
Abuelo que el santo era el guardián de todas las llaves de los
cinturones de castidad depositadas a su custodia por aquellos
condes y señores principales que marchaban a Tierra Santa a
combatir a los infieles, mientras sus bellas damas esperaban el
regreso de tan esforzados caballeros tan castas y tan puras..."
"Queridiños
nos decía el abuelo, lo que no puede el diablo, lo puede el
dinero", y así llegó el Santo varón al delito de corrupción y de
facilitar a sus amigos información privilegiada haciendo un
pingüe negocio con el alquiler de llaves para cinturones de
castidad en connivencia con un cerrajero que hacía magníficas
copias. Regresaron los nobles al tener noticias de sus "testas
coronadas" porque tenían más cuernos que un saco de caracoles,
montaron en cólera, crucificaron al cerrajero y al "Santo
Mamede" lo salvó su pollino con ese salto tan fenomenal de
montaña a montaña.
Como estas
tierras de O Incio era de Encomienda y del Abad de Samos,
quedaron excluídas de la horca y el cuchillo y en aquellos
remotos tiempos no existía aún el derecho de extraditar a los
pícaros.
También fué
lástima que san Mamed desconociera la técnica del "parapente",
así le hubiera ahorrado a su pollino tan extraordinario
esfuerzo"...
Ata aquí
o texto escrito por Luis López Pombo no libro citado.
Está
claro dos datos anteriores e do dibuxo do libro que non
se trata dun "pollino", é claramente un burro
fariñeiro, con todas as da lei, noutro caso sería
imposible que saltase entre as dúas montañas; por outra
banda, na zona non podía haber outros, xa que abondan os
muíños; así eran famosos os muíños dos ríos Antigua e
Cabe que algúns inda se conservan hoxe. Está claro que o
santo non iba coller para fuxir un burro que non
existira na zona,
e que non fora de todas garantías...estaba a xogarse a
vida...
Sin
dúbida o burro fariñeiro salvou a San Mamede
dunha morte segura. Outro burro, doutra raza, non sería
capaz.
Na
próxima edicción do libro citado, gustaríame que Luís
López Pombo, a quen felicito polo libro xa que ten
unha cantidade de datos marabillosos sobre o Incio e a
súa bisbarra, fixera as correccións pertinentes.
Gracias anticipadas.
Por certo
San Mamede deu nome o pobo de San Mamede de Vilasouto; a
esta parroquia perteñece un pobo que se chama Calvos,
moi querido polo que escribe e no que teño parte da miña
familia.
Por certo do máis importante de Galicia. É un
conxunto de 40 mamoas, situado no monte de Santa Mariña entre as
parroquias do Viso (O Incio), Formigueiros (Samos) e Loureiro
(Sarria).
Podedes ver un pequeno traballo meu sobre estas
máamoas, onde están, o BOE correspondente, mapas e outras cousas
sobre as mámoas e os castros, que tamén hai varios naquel
lugar.
Este é o link desta páxina: as mámoas de Sta Mariña.
Tomo nota destas
festas, pero estou seguro que hai moitas máis:
San
Eufrasio, romaría que se celebra na parroquia de Santa
María do Mao o 15
de maio, na honra de santo Eufrasio que foi un bispo de Xaén que
se adicou a evanxelizar Hispania e
que morreu como mártir. Segundo a tradición os seus restos foron
trasladados a Mao por mor da invasión musulmá no ano 716.
Hoxe en día son moitos os devotos que acoden o 15
de maio a pedirlle favores ao santo.
Non teño
máis iformación desta festa.
Pedra que hai na igrexa de
Santalla de Boveda, na que dicen está dibuxado un danzante de
Cervela. A fotografía é de José Antonio Gil.
Santa Lucía, na Cervela.
Celébrase o día 13 de decembro e moi ben con moito rebundio, ver
este link
onde se fala dela. Recollo
este dato
"Dise que esta procesión dos arcos ten máis de cincocentos anos e
que facilmente estea relacionada con antigos ritos de agradecemento
na recollida das colleitas. Tamén que é única no interior de
Galicia". Ese día pódense ver os danzantes de Cervela.
San Xoán, celébrase o 24
de xuño en Sirgueiros.
Non teño información desta festa.
Este foi o cartel da festa do ano 2022
Sta Cruz de Vilasouto, grandes festas que se
celebran os días 2, 3 e 4 de agosto.
A feira en Sta Cruz do
Incio faise os días 22 de cada mes.
Unha feira moi animada, sobre todo
no verán, ao longo da mañán abren e móntanse pequenas tiendas onde hai
de todo, artesanía, aperos de labranza, árbores, arbustos e
plantas para plantar, libros,
e un longo etc. Por suposto varios lugares de pulpo e carne para comer
moi ben. Do pan xa sabedes O Incio tenno moi bon, así como unhas
empanadas de sete estralos...
Por exemplo unha tenda de artesanía da zona.
En algunhas atopas sorpresas importantes,
ver unha mostra:
Unha sorpresa moi agradable, nada
menos que a miña dona Pilar e a miña neta Madi atoparon esta rapaza guapísima que eu
penso que coñecedes dabondo. Nada menos que unha cantante de Goó,
unha freguesía ben famosa de O Incio. Lucía Pérez, a cantante
marabillosa de O Incio.
Penso que ven a conto poñer unha
canción desta moza que precisamente dedica a O Incio "Terra Brava", unha
marabilla:
Copio da Wikipedia, que a
súa vez copia do INE e do IGE.
Estos datos son do ano 2014,
pero son muy interesantes para ver a evolución dos habitantes do Incio
dende 1900, implícito están as emigracións tanto a América como a
Europa, as guerras e moitas máis cousas.
Demografía
Censo total
1797 (2014)
Menores de 15 anos
82 (4,56 %)
Entre 15 e 64 anos
896 (49,86 %)
Maiores de 65 anos
819 (45,57 %)
Nesta tabla xa temos datos ata o 2021
Evolución da poboación de O Incio Fontes: INE e IGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
8137
7010
6253
4155
2358
2.087
1.956
1.875
1.822
1.797
1.777
1.740}
1.667
1.609
1.570
1.533
1.521
(Os criterios de rexistro
censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e
do IGE poden
non coincidir.)
Decir que no ano 2022 teño os datos de 1536
Hai unha baixada de 34 do 2019 o 2022.
--0--
Estadística de galegos falantes:
soio teño o dato de 2015: 80,85%
Xa me gustaría que non baixase
este dato pero témome o peor despois do pau que lle están dando o galego
actualmente. Escribo esto en febreiro de 2023.
Hai moitas cousas no Incio para ver, para
admirar e para disfrutar. O Incio hai que ir con calma, non vale a típica
excursión rápida, a típica pregunta ¿qué hai que ver aquí?...!vamos xa, que hai
presa!.
¡Ven o Incio con calma!
Busca unha casa rural o un hotel onde poidas
estar un par de días como mínimo. Na zona tés varias opcións para quedarte.
O pulpo a feira é a base dun bon xantar en calqueira das
feiras de Galicia.
En Santa Cruz do Incio si che coincide cun día 22, de calquera mes, sodes
afortunados: teredes unha feira das de agora,
pasear ver o que se vende; si fai bon tempo terás moitas máis cousas. Logo a
comer, non esquezas o pulpo, si xa xei que os galegos dicín polbo pero gústame
máis a outra palabra. Bon pan, no Incio hai unha panadería, polo menos, que fai un
pan exquisito e unhas empanadas de iscos de chupar os dedos.
Pois ben a comer: o pulpo e poñen carne si queres ou un bon trozo
de bacallao, depende do teu estómago. De postre nin se che ocurra pedir queixo,
farán chegar a túa mesa un queixo enteiro e poderás cortar o que queiras; é a
costume. Incrible. O viño ollo que o tés de sete estralos ben sexa da Ribeira
Sacra do Miño (Chantada por exemplo) , do Sil (todo o Amandi por exemplo) , de
Poboa de Brollón ou do Barco (os mencias ou godellos son de primeira),
increible variedade.
Xa porei cousas sobre estos apuntes:
Patrimonio moderno na Cruz do Incio. Unha igrexa especial.
Balneario de augas ferruginosas. A Ferrería.
Foto Secundino Lorenzo
Por
si fora pouco o anterior, tendes no mismo lugar o tema do Balneario e a visita as
augas ferruginosas, o antiguo balneario que está a 1
km. do pueblo. Unha cousa é o Balneario do Incio e outra son estas augas.
As Cal da Ferrería para
traer a auga os prados e demais. Os pasos son estas
construccións incribles usando unicamente os materis da zona:
pizarra e paus. Así cruzan o río ou o que sexa. Fot. Secundino
Lorenzo. Unha auténtica xoia, inda non descuberta por moita
xente.
Pero é
que nese mismo lugar poderedes facer unha ruta corta de dous kims.
aproximadamente para ver os artiluxios en plan de levar auga os
prados que hai montados o subir río arriba polo río que se chama, o río o
Antigua, afluente do Cabe. Os artiluxios que hai e que chámanse as Cal. No
está nin nas guías turísticas. O gran descoñecido e sei do que falo. No meu
dicionario fluvial dos ríos
galegos explico esa palabra.
Finalmente fixen un pequeno traballo
dedicado as Cal da Ferrería, xa que as considero, e non son o único que son
unha xoia eytnográfica de O Incio, pero que non está posta en valor, dem omento.
Pero inda non salín do lugar case e quedan moitas máis
cousas, xa seguirei...
No encoro de Vilasouto poden facerse varias rutas moi atractivas
Inda queda facer unha ruta polo encoro de Vilasouto, visitar e ver ás árbores e
arbustos de
ribeira de ríos que hai o redor perfectamente clasificados. Toda unha lección
vexetal. Para rematar cunha visita a igrexa antiga de San Mamede de Vilasouto e
os xeroglifos que hai a carón do encoro. Dicen os entendidos que son dignos de
ver. O malo son os salvaxes que se atreven a fastidiar, pondo burradas na pedra,
non pensan nos demais. É unha autentica xoia que hai que ver.
Casi nada, e decir que esto é unha
pequena parte do que pode mostrar o Concello de O Incio: ten
moitísimo románico, ten unhas paisaxes únicas, ten unha historia con
mámoas e castros moi importante en Galicia entre outras cousas.
Entrades nela, dende un navegador como Google ou
MSN, poñendo con minúsculas, guión intermedio e pulsando
por riba:
O mellor hai máis videos, pero estos dous que poño a
continuación son dúas xoias auténticas:
O primeiro é unha canción de Lucía Pérez, unha
cantante de O Incio, concretamente de Goó, unha muller que canta moi ben e inda
por riba a canción é un auténtico temazo que pón a O Incio onde está, casi no
ceo:
As seguintes 21 páxinas están nesta categoría, dun total de 21
Vou poñer os que figuran nesta relación en febreiro de 2023.
Viñen a esta páxina por simple
curiosidade; atópome 21 fichas de veciños do Incio; os interesados en saber cousas destos vinteún
veciños do municipio do Incio,
tendes este link
no que aparece unha semblanza de cada un deles.
Na lista hai: diputados,
ex-alcaldes, artistas, políticos e profesionais represaliados no golpe
de estado de 1936, científicas galegas, membros da escuadra negra
de Eiresalva que asesinaron a moitos veciños; na lista hai tamén
un sacerdote e un xuíz.
Chámame moito a atención os
politicos, mestres , e o médico entre outros represaliados no
golpe de estado de 1936. En particular as torturas e logo asesinatos
que sufriron, con mortes horribles, todos os asasinatos son
terribles, por non decir outra palabra, veñan de onde veñan; por poñer un exemplo o médico
Manuel Díaz González, "o médico dos pobres" , un home do
que teño unhas referencias especiais, de bon home, bon profesional, e
fora de serie con toda a xente, pois atárono a un cabalo
que puxeron a trote...
Esta mención miña quere ser un
berro por esta xente que mataron simplemente por ter unhas ideas
distintas, sexan dun ou outro lado. O meu pesar como persoa.
Manuel Díaz González 1886-1936
Dedícolle unha frase de
Albert Camus: " Hai cousas polas que vale a pena vivir,
pero ningunha pola que vale a pena matar"
En 1929 foi nomeado médico municipal do Incio, continuando como
tal ata 1936, e era coñecido como "O médico dos pobres"
por non cobrar aos necesitados.
Na época da II República colaborou no periódico local Siembra,
militou no Partido Republicano Gallego e máis tarde en Izquierda
Republicana. Detido en agosto de 1936, foi asasinado o 11 de
setembro no lugar de Casilla da Sierra, no km 11,1 da estrada
de Laiosa á Cruz do Incio, na parroquia de Eirexalba.
Aproveito para poñer aquí que
Siembra, foi o semanario político, literario e informativo que
saia do Incio en 1931. Unha curiosidade máis deste pobo.