Ata aquí a historia contada por Luís López Pombo.
Ver a bibliografía. Ver nota (1).
---o---
Ver alguns detalles da igrexa con fotografías.
Nota: salvo que poña o autor das fotografías o
resto son do que escribe Secundino Lorenzo.

A igrexa ten hoxe, no 2023, esta
aspecto despois de ser reparada cuns traballos que comenzaron en
xuño de 2015 e que consistiron en reparar totalmente o tellado tanto
da igrexa como do cabildo que hai á entrada; tamén se actuo nos
muros. A igrexa estaba totalmente en ruína técnica como se pode ver
nas fotografías que saquei no ano 2013.

Fotografía dende un dron; a foto está sacada dun
video de José Camilo López Pérez.
Permite ver a Igrexa, o cementerio e a casa
parroquial por certo totalmente desfeita. Nesta fotografía xa está
arranxado o tellado e o campanario.

Pila bautismal de San Mamede de Vilasouto. Roubada
no 2008.
Fotografía de Luís López.
No ano 1970 pechouse, cando se fixo
a actual que está no pueblo de Vilasouto. A igrexa xa estaba en mal
estado e dende aquela cada ano peor. Lembrar que o 09/06/1936 ardeu,
e que o día seguinte trataron de recuperala. No ano 2008 roubaron a pila
bautismal, que era de granito, e datada do século XVII. Nesos anos o
deterioro foi moi grande
No 2011 a igrexa ingresara na
Lista bermella do Patrimonio de Hispania Nostra como un
edificio en risco de virse abaixo. Posteriormente tras a campaña
feita pola la asociación Lugo Patrimonio, a Deputación e o
Obispado iniciaron unha serie de traballos de protección.
O resultado é a primeira
fotografía e esta que poño a continuación.

Nesta fotografía do ano 2017 vese
o cabildo reparado, neste caso o tellado que estaba lamentable. A
fotografía está sacada doutra de Xoan Arco da Vella.
Está previsto seguir cunha segunda
fase de rehabilitación, acondicionando o interior, que está desfeito
para convertilo nun centro de interpretación histórico que contribúe
á dinamizar turísticamente a zona e polo tanto a economía do
municipio do Incio.
Seguirei de cerca esta segunda
fase. De momento en febreiro de 2023 a cousa segue parada.
---o---
Paso a ver como era a igresa de
San Mamede de Vilasouto en base o que contan dela e as fotografías
que eu mismo saquei no ano 2013:
O deterioro da igrexa era evidente
pero permite facernos unha idea do marabillosa que era e por suposto
do pouco que se fixo neses anos.
Aproveito un texto do libro que
indico na bibliografia de "Cuaderno del Románico de la Ribeira
Sacra" de Francisco José Ruíz Aldereguía. Ver en bibliografía o
apartado (2). Poño o texto en galego e fotografías. A igrexa vella, atópase a
1 km. da aldea do seu nome, sobre un outeiro a carón do encoro de
Vilasouto, con unha área natural e recreativa mesmo na orela.
É unha igrexa de planta do século
XII, de nave e ábside rectangulares, moi alterada polas reformas;
unha ampliación do templo no lateral sur abriu un muro para
comunicar o novo espacio con arcos que se apoian en columnas
áticas sobre dispares basamentos.

Pila de auga bendita da igrexa de San Mamede de
Vilasouto.
Fotografía de Luís López.
(Unha columna ática fai referencia a que as bases
son cadradas. O de dispares basementos fai referencia a que as bases
son varias, por exemplo unha delas e a pila de auga bendita)

Na fotografía vese perfectamente a
ampliación con esa porta que hai a dereita do cabildo, vese ademais
na pedra a linea de separación e como é un engadido. A igrexa pasou
de ser románica a ter unha mezcla de románica e barroca.

Fotografía da parte engadida. O estilo é barroco.

Fotografía do cabildo,
a catro augas, que o sosteñen catro columnas que rematan en
capiteis; repito que son fotografías miñas do ano
2013. Estaba sin reparar o tellado do cabildo como se ve.
Sigue a decir, o libro citado (2):
Como outros templos da zona a igrexa de San Mamede de Vilasouto
mantén diante un cabildo onde a porta principal, tamén con
columnas e capiteis que proceden dun aproveitamento de materiais
doutro edificio.

Ese día do 2013 sacaran fora na menos que o púlpito e un
confesonario que aparecen na fotografía.

Porta principal románica.
Precisamente esta porta oeste conserva unha portada
románica moi sinxela con dous capiteis.

A fotografía está sacada doutra de Xoan Arco da Vella.
E xa foi posta antes.
A entrada como dice Luís López é
rústica pero moi interesante: ten tres arquivoltas e o típano
que na fotografía anterior vese medio roto na parte esquerda. A
primeira e a segunda arquivolta son lisas e a última leva unha
pequena decoración, ademais remata en capiteis con elementos
decorativos, son follas. A decoración a ultima arquivolta son
pequenos botóns sobre unha liña corrida.
Pero entremos na igrexa para ver como
era, si é posible, dende ó pouco que queda:
¡A sorpresa que vades levar!.
Realmente podedes pensar como
estaría de bonita con todo no seu lugar.
Era unha xoia.
Sin dúbida.

Entrada da igrexa dende o altar. Ver a parte
engadida a esquerda. Unha columna ática e na outra a pila de auga
bendita. Arriba o coro e o tellado medio desfeito. Foi o ano 2013 e
inda non empezaran as obras.
A parte esquerda lémbrame a igrexa
de Eirexalva.

O escudo dos condes por riba dun altar que había
entrando a esquerda.

Aqui tendes o altar. Non sei a quen estaba
dedicado
Na igrexa había varias imaxes entre elas as
seguintes:
A Santa Cruz. San Mamede. A
Virxen do Rosario, do século XVII. San Isidro Labrador. A
Inmaculada e a Virxen de Fátima. Entre outras seguramente.
Tamén había unha Pedra
Medieval.
Algunhas pasaron a igrexa
nova.

Filigrana nas paredes.

Vista do arco, columnas e capiteis que hai antes do
altar.

Detalle dunha das columnas da fotografía anterior..

Detalle dunha das columnas.

Non sei como estará hoxe este altar.

O altar que inda se conserva bastante ben,
seguramente pola súa orientación oeste. Faltan as imaxes.

Outra fotografía- Esta é de xuño de 2023
Vexamos un detalle deste
altar:

Parte esquerda do altar.

Decir que o chan, toalmente
desfeito polas choivas e a entrada da auga, era de tablóns de
castiñeiro; por debaixo deses tablóns hai sepulturas. Moitas
delas cós blasóns dos nobles que habitaron a zona. Están un
pouco desfigurados pola auga e parecen follas. O da esquerda a
parte de abaixo parece da casa dos Préstamo.
Hai un artigo de Francisco
Albo na Voz de Galicia que se titula "Sepulcros olvidados en la
iglesia de San Mamede de Vilasouto" onde escribe sobre estas
lápidas.
Ver este link.

Nesta fotografía de Xoan Arco
da Vella vemos unha parte do cemiterio, a parte dde atrás daq
igrexa, o que é a parte ESte, xa retocado o muro e vendes dous
muros un casi no centro e outro a dereita.

Esta imaxen é de xuño de 2023.
Estos muros, hai teorías,
poderían ser ou corresponder a un mosteiro primitivo.
Queda tamén escribir algo sobre a
rectoral. Decir que está totalmente en ruína e ademais peligroso
meterse a facer fotografías. Era a casa do cura. Tiña
moito espacio e o parecer un salóns grandes.

Esta é a entrada da casa, xa vedes como estaba
no 2013.

Unha auténtica selva.. Ventá que daba ao norte da igrexa.