A culpa
tena a merda que se bota
os ríos: augas fecais, limpeza de granxas, purines de todo tipo,
pozos negros, etc. As augas cheiran
mal, poden producir cáncer, non se poden beber e engañan
a xente.
Valdomiño (As Forcadas), Caldas e o Salnés (
Encoro de Baxe), A Limia (encoro da Conchas), Vilasouto
(últimos anos, o 2023 está mellor), Cachamuiña (en
Ourense) e outros moitos
que están a punto da eutrofización como pasa todos os
anos...
Resolveron temas únicos como a
eutrofización. Outros demostraron claramente que o
cambio climático é unha realidade; por exemplo a curva de Keeling;
onde mostra claramente o problema do calentamento
global, que leva as "danas" e o que está a
pasar no Mediterraneo...
Os incendios hoxe son outra cousa...evidentemente.
abellas, abellóns,
formigas voladoras, golondrinas, etc.
Esta
web sobre metereoloxía forma parte de varias das miñas páxinas
web. Para sair ao lugar correspondente da web que estades a usar
pulsa o lugar adecuado:
Neste apartado da web de
Calvos tendes distintos sistemas para ver o tempo cunha
precisión practicamente do 95% para catro días. As
ferramentas que aporto son producto das miñas investigacións
nas webs de internet dende fai uns cantos anos.
É bastante simple.
1.- En forma rápida
podedes ver a web de AEMET ou ben a Meteogalicia.
Simplemente debedes configurar para ver O Incio. É
bastante doado.
Aparece esta información , o exemplo
é para O Incio e da dende o mércoles dia 01 de febreiro
ata o luns 06 de febreiro de 2023 aporta moitos datos
interesantes: chuvia, temperaturas, de onde ven o aire e
a intesidade, o índice ultravioletaalertas, etc. Está moi ben e para o
público en xeral é sensacional. O mismo podo decir de
meteogalicia.
Os cálculos para chegar a estos
resultados están basados no satélite europeo meteosat e
nos satélites de San Diego co GFS entre outros?
2.- Especial e distinto.
Aquí ben o meu aporte especial a esta web e os meus veciños
que queredes investigar.
Tendes unha web que é a
de San Diego, Universidad de San Diego, que aporta o
sistema GFS de onde copian practicamente todo o mundo,
sin lugar a dúbidas teñen os mellores medios, satélites a
esgalla e moitos cientificos traballando. Cada seis horas corrixen a web. Utilizan os chamados ríos atmosféricos (tendes
un artigo meu explicando o que son, en forma simple: nubes
que veñen do atlántico cargadas de vapor de auga).
Aparece esta pantalla.
En GFS IVT tendes as horas, que podedes mover tamén co
ratón, e no cuadro o día, este exemplo é do 02/01/2023 que sería o día 01 do mes 02 ou
sexa febreiro e do ano 2023.
Xa vedes que ese día o
río atmosférico vai a Inglaterra e nos temos un
anticiclón.
Co dedo de dereita a
esquerda pasades as horas e podedes ver ata oito días o
que pasa. Como se moven os ríos atmosféricos e como
veñen de cargados de vapor. Tamén movendo as horas que
vedes que van dende 0 a 180, ou sexa unha semán.
Repito en catro días
son datos son casi totalmente correctos, ou sexa
probabilidade altísima.
Nesa web ao entrar mostra
os ríos atmosféricos e como se moven según as horas. Si
estades cunha tablet co dedo de dereita a esquerda vades
pasando según os días, tamén co espaciador ou o ratón. Si
estades co móvil co dedo, movendo de dereita a esquerda.
podedes ir mirando a hora e o día. En catro días acertan o
95%, ademais como cambia cada 6 horas é moi exacto. É
cuestion de que fagades probas. Ten as horas en dúas partes
a de arriba é vapor de auga que logo o chegar a terra pode
ser chuvia. A de abaixo é presión atmosférica a nivel do
mar, que xa é máis
cumplicado, pero son datos básicos por exemplo para os
pescadores.
Ollo a data que á da en
forma americana mes/día/ano.
Este sistema GFS utilizao
tamén meteored e teno explicitado si o escolledes na parte
esquerda. Utilizano todos realmente son os cálculos
(algoritmos numéricos) que utiliza todo o mundo para
predecir o tempo.
Probai, é doado, tan
pronto collades practica veredes que teredes unha
información do tempo incrible.
En Galicia os ríos
atmosféricos sempre foron básicos e polo tanto os que marcan
o tempo, sobre todo cando ven do Atlántico ; por suposto que as correntes frías que veñen do
norte marcan tamén. As danas e desfeitas do mediterraneo son
outra cousa, as veces tamén lles chegan estos ríos, por
suposto.
Nada máis espero que estos
datos sexan de utilidade.
Textos
básicos que me gusta compartir e divulgar sempre
buscando solucións lóxicas os problemas que ten
hoxe a nosa natureza.
Fai tempo que en España
temos tres problemas graves, gravísimos coa
nosa natureza: a sequía galopante, os
incendios. e as choivas torrenciais. Tres problemas
que veñen de lonxe, polo menos os dous primeiros, e
que todo o mundo ve, non sabemos actuar,non
sabemos facer nada, soio nos acordamos do problema cando
pasa, logo a tirar para adiante; actuamos como si o futuro
non importara e os que veñas de atrás xa se arranxarán....
¡Lamentable actuación!.
Estamos en marzo de
2023 e xa está media España ardendo, non se actua
cando non arde e así nos vai, as veces penso que
non estamos gobernados por ninguén ou que a incompetencia é
total, e non estou a falar deste goberno de hoxe, esto está
a pasar dende fai 30 anos en toda España e con todos os
gobernos e comunidades, a maioría dispoñen elas as formas de
actuación, e así nos vai... Hai provincias como Ourense que casi están todas
queimadas...
Cando chove non se
aproveita a auga, toda os ríos e toda ao mar e ningunha a terra. É evidente que unha gran parte do que chove debera
quedar na terra ó cal sería bon en contra da sequía, e bon xunto con desbroces e outras preparacións dos montes contra
os incendios. Pero non se fai nada ou non se actua con
lóxica e científicamente.
Por si o anterior foxe
pouco o cambio climático, o terceiro problema grave,
cada día nos sorprende máis e máis, con choivas torrenciais,
que non soio non se aproveitan si non que inda por riba
traen a desgracias a moitos lugares.
É remato: simplemente
poño un video que é unha xoia e que demostra claramente que
se poden e se deben facer cousas, pero dende un punto de
vista científico, xente que leva anos estudiando estos
temas; eu non entendo como non se actua neste
sentido e desa forma. Na miña opinión faixe moi pouca ou
mala prevención e repito así pasa o que pasa que todo se
desborda...no soio os ríos, regatos e regatiños si non tamén
os incendios e a sequía galopante...
O estudio científico e
a toma de medidas acordes a ese estudio, coste ó que
coste, é unha prioridade, para evitar no futuro estos
tres grandes problemas: a sequía, os incendios e as
catástrofes que vai supoñer e supón o cambio climático
que o temos encima e actuando a tope...
Corenta minutos
para aprender cousas. Un video imprescindible para
todos, en especial os que xa, e digo xa...deberan estar
a traballar en prevención dende fai moitos anos...
Este apartado é un
pouco especial. Gústame moito Portugal, o norte, as terras
do Miño e Trás Os Montes, realmente gústame todo
Caminha, Viana, Oporto, Braga, Coimbra, Lisboa, Busaco,
Montsanto e o Algarve por poñer uns exemplos.
Todos os anos visito
Portugal, e pesco nos seus ríos, sobre todo en Trás Os
Montes (ríos Mente, Rabaçal e outros). Gústame como os coidan e limpan;
Que temos neste tema
moito que imitar.
O servicio de
Metereoloxía é similar ao de España. Utilizan os mesmos
satélites.
Que quede claro ó
anterior, xa que vou
poñer ou falar de dous sistemas para saber o tempo que se
utilizan no norte de portugal, métodos que tamén temos en
Galicia e que son similares, sistemas que non son
científicos, sobre todo o segundo método, e polo tanto
podíase pensar, o que faga esta lectura, que me estou a meter
cunha xente que respecto e admiro.
Resumindo moito: este
sistema ten parte científica xa que o galo púñase en días
húmidos de cor rosa e en días quentes de cor azul.
Realmente o galo faixe cunha composición química con
cloruro de cobalto hexahidratado, e así mollado púñase rosa
e deshidratado, coa calor, ponse azul. Evidentemente funciona,
dando o tempo atmosférico nese momento.
Este é o galo do tempo.
Típico de Portugal. A cor azul e tempo seco e a rosa tempo
húmido.
2.-
Método da pedra. A Pedra Metereolóxica
de previsâo do tempo.
Método portugués, pero
tamén ó teño visto en Galicia e noutros lugares.
Este método é moito
máis preciso e da moitas solucións, a súa base científica
non vou explicala, penso que os seus algoritmos, vivimos nun
mundo cheo deles, vanse entender perfectamente. Confio
que así sexa.
Mirar con atención.
Evidentemente o método
é puntual, e sirve no momento...vamos... que eu sepa non fai
suposicións ou previsións nin tan siquera para o día
seguinte...
Responde
perfectamente ata oito condicións distintos do
tempo, facendo a súa previsión de forma axeitada.
Só discrepo da
última previsión, se a pedra non está será por un
tornado, eu engadiría que tamén podemos estar
nalgúns lugares de Galicia onde non se respecta
nada.