Escudo de O Incio (Lugo), son dúas espigas de ouro, postas en aspas e acompañadas da Cruz da orde de San Xoan, ou cruz dos templarios, de plata. Por debaixo o lobo. Arriba leva a coroa real.

 

Sair a web de O Incio

 

O Incio: a súa historia

 

No mapa, sacado de Google Earth vese perfectamente O Incio, xusto onde está o seu escudo.

O Incio é un municipio da provincia de Lugo, en Galicia (España); está situado na comarca de Sarria. Ten unha superficie de 146,09 km2, con 28 parroquias e un total de cento ochenta e nove pueblos.  En total no ano 2022 tiña 1536 habitantes o que da unha densidade de 10,51 hab/km2.

 

A Cruz do Incio é a capital do municipio do Incio

 

A capital do municipio é a Cruz de O Incio, tamén Cruz do Incio,  que no 2017 tiña 211 habitantes.

O Incio dixen que estaba en Galicia, na provincia de Lugo. Está polo tanto en España e onde se ve no mapa.

E

Aquí temos a situación do Concello do Incio, por suposto en Lugo, ver no mapa, en Galicia e España.

O Incio pertence a  comarca de Sarria.

 

 

 
 
 
 
 
 
 
------o------
 
 

Xa sabemos onde está O Incio vexamos a súa historia:

 

Explicacións sobre ó que son as mámoas e os castros. Secundino Lorenzo.

 

  A historia do Incio. Luís López Pombo.

Prehistoria e historia: el megalitísimo. Cultura castrexa.

Presencia romana.  Presencia sueva y musulmana.

La edad Media. Orden templarios. Conde de Lemos

Cabildo de Lugo. Voto de Santiago y el diezmo.

Edad Moderna.

Edad contemporanea y las últimas décadas de los viejos s.

  Demografía

 

Sair a web de O Incio

 

 

 

 

 

 

 

----O----

 

En lo que sigue copio literalmente el trabajo de historia del Incio de Luís López Pombo ver bibliografía en (1):

 

Prehistoria e historia:

 

 

Sair a web de O Incio

Presencia romana.

   La romanización vino a suplantar a las gentes que habitaban los castros, fue ese un proceso largo y difícil, que ha tenido unas cacaraterísticas particula-.

Sair a web de O Incio

La edad Media 

 

 

Sair a web de O Incio

 

Cabildo de Lugo. Voto de Santiago y el diezmo.

 

 

Sair a web de O Incio

Edad Moderna.

 

 

 

Sair a web de O Incio

 

 Edad contemporanea y las últimas décadas de los viejos sistemas.

 

 

 

Sair a web de O Incio

Demografía.

Nota: engado ao traballo os datos ata hoxe.

 

Pódense ampliar datos de demografía nesta misma web volvendo o principio e indo a ficha de Oincio no apartado

 

Censo total 1797 (2014)
Menores de 15 anos 82 (4,56 %)
Entre 15 e 64 anos 896 (49,86 %)
Maiores de 65 anos 819 (45,57 %)

 

Nesta tabla xa temos datos ata o 2021

 

Evolución da poboación de O Incio   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
8137 7010 6253 4155 2358 2.087 1.956 1.875 1.822 1.797 1.777 1.740} 1.667 1.609 1.570 1.533 1.521
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

 

Decir que no ano 2022 teño os datos de 1536

Hai unha baixada de 34 do 2019 o 2022.

 

Tamén un resumo das eleccións ata hoxe:

Administración e política

Resultados das eleccións municipais no Incio
Partido 1979 1983 1987 1991 1995 1999 2003 2007 2011 2015 2019
CD / CP / AP / PPdeG 2 3 5 7 9 8 8 6 5 3 5
PSdeG-PSOE 2 4 3 1 1 1 1 2 3 5 4
BN-PG / BNG 1     2 1 2 2 3 2 1  
UCD / CDS / CDL 6   1           1    
CNG       1              
Independientes   4 2                
Total 11 11 11 11 11 11 11 11 11 9 9

Alcaldes

Alcaldes dende as eleccións de 1979
Periodo Nome Partido
1979-1983 Hilario Fernández Cortiñas Union de Centro Democratico (logo).svg UCD
1983-1987 José García Diaz Logo PSdeG.svg PSdeG-PSOE
1987-1991 Ángel Camino Copa Alianza Popular (logo, 1983-89).svg AP
1991-1995 Ángel Camino Copa PP icono 2019.svg PPdeG
1995-1999 Ángel Camino Copa PP icono 2019.svg PPdeG
1999-2003 Ángel Camino Copa PP icono 2019.svg PPdeG
2003-2007 Ángel Camino Copa PP icono 2019.svg PPdeG
2007-2011 Ángel Camino Copa PP icono 2019.svg PPdeG
2011-2015 Laura Celeiro García Logo PSdeG.svg PSdeG-PSOE
2015-2019 Laura Celeiro García Logo PSdeG.svg PSdeG-PSOE
2019- Héctor Manuel Corujo González PP icono 2019.svg PPdeG

 

  Volver ao principio

 

Sair a web de O Incio

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As mamoas e os castros. Explicacións.

Notas e ideas.

Vou poñer unhas ideas que saco dun traballo que fixen para a web de Albergueria en A Veiga Ourense, escribindo sobre a prehistoria daquela zona.

Simplemente é para ter unhas ideas sobre este tema e poder comprender algúns datos.

Unha das mámoas de Pedra Má que aparecía naquel traballo.

 

Mamoas de sta Mariña.

 

Mámoa do  Rei. Cotorredondo (Vilaboa). Fotografía de Alexei Belikov.

Esta fotografía está sacada do libro "As mámoas de Rañalonga", dentro dun Proxecto Interdisciplinar no I.E.S. Castelao de Vigo. Libro que recomendo. editado pola Deputación da Coruña.

Un libro que curiosamente utiliza algunha das miñas fotografías, previo permiso,do cal estou moi orgulloso.

No libro entre outras moitas cousas escribe con detalle o valor arquitectónico das mámos. O lector non ten máis que pensar como pudo facerse esta mámoa, mover esas pedras e organizar o espacio. Incrible cós medios que tiñan.

 

 

Dibuxo dunha mámoa ou medoña.

Como se fai unha mámoa?

 

Aclaración :  Esquema dunha mámoa ou medoña.

Nos dibuxos de arriba hai unha mámoa (túmulo) que ten unha anta (cámara mortuoria) no interior. Trátase dunha maqueta para facernos unha idea. Tamén se chaman medorras. A maioría é un casquete esférico e dentro ten o lugar de enterramento ou anta. Era sin lugar a dúbidas lugares de enterramentos ou monumentos funerarios. Por supostos hai varios tipos. A medida oscila entre os 15 a 30 metros de media, observar o home que hai a dereita.

O dibuxo é de E. Ramil Rego.

No segundo dibuxo vese como se fai a construción dunha mámoa, unha vez que se achegan as pedras e se poñen os andamios para logo cubrilo todo. Lóxicamente debido a falta de medios interviña moita xente. Primeiro facíase unha gabia na cal vai espetada a lousa principal ou rocha nai, logo póñense as outras lousas. A misma terra que se extraía para facer a anta logo usase para cubrilo todo. Finalmente cubríase todo de terra e pedras e finalmente púñase a pedra protectora, ou tellado,  da anta.

Nas mámoas enterraban os mortos, pero non se atopou nunca restos humáns: xa se sabe, terreos ácidos que rematan con todo, entre outras cousas.

 

A cultura Castrexa:

 

       Para investigar un pouco que pasou na zona antes de que viñeran os romanos, qué xente había nestas bisbarras?,  temos que acudir precisamente a eles, Estrabón, Tolomeo  e sobre todo Plinio, eles son os que escriben sobre o que se atoparon cando chegaron a estas terras. Estamos falando do ano 73-74 d.C.

       Plinio fala de tres grandes comarcas, que chama conventos xurídicos (ver no mapa) e que son o Asturicense, o Lucense e o Bracarense, cada un coa súa capital Asturica augusta(Astorga), Lucus Augusti (Lugo) e Bracara Augusta (Braga).

 

Este é o mapa dos conventos xurídicos

 

Este é o mapa de algúns dos pobos que habitaban estos conventos en total 61 pobos distintos dos que soio se conservan 48 nomes.

Fontes do mapa e das ideas: "A Gran historia de Galicia". A Cultura Castrexa. Tomos 3 e 4,  escrito por Jose Manuel Caamaño Gesto. La Voz de Galicia.

 

¿Quenes poboaban O Incio e a comarca ?

        Os primeiros poboadores de O Incio é probable que foran, según ese mapa  os Seurros.

Pero ¿qué sabemos dos antepasados ?.

No dibuxo vese unha reconstrución hipotética do sector norte do Castro de Santa Tegra feita por J. Luaces e Dideas.

Castros parecidos seguro que había na zona do Incio. onde aproveitarían de forma marabillosa a calidade da pedra que hai na bisbarra...

O castro non sería moi distinto do que aparece na fotografía de abaixo.

 

Na fotografía o Castro de A Guarda.

 

Onde vivían?:

        Pois a maioría vivían en castros, que normalmente eran recintos fortificados, con tendencia circular e asentados en lugares elevados. Os castros son comúns en toda Galicia, pero hai menos conforme se gaña en altitude.

Os puntos negros son castros recoñecidos na fotografía aérea en Galicia, observar que na zona de O Incio, hai moitos.

A cultura castrexa pódese situar na primeira mitade do século IV a.C. e iría ata o século I d.C. Os interesados nesta cultura poden consultar a bibliografía citada (A Gran historia de Galicia nos voluméns 3 e 4, Ocupación do territorio e cultura material e Economía, Sociedade, Relixión e Arte. que tratan de forma moi extensa os temas dos castros e todo o que o rodea).

       Os castros anteriores cumplen dúas condicións típicas: unha a visibilidade do entorno cara a defensa do territorio e dúas o estar situadas preto de lugares con posibilidades de cultivos, pastoreo e caza. En Alberguería, había que sumar as posibilidades anteriores outra máis,  xa que a zona tiña unha pesca importante no río...troitas e anguías non faltaban dende logo, hai constancia posterior delas...

Esta era unha casa típica dunha casa dun castro.

      Os castros eran en realidade pequenas cidades e neste senso non faltaba de nada. Chámame a atención os servicios colectivos como as fontes, as canalizacións, as rúas e as prazas. Tamén os elementos defensivos,  os fornos e as saunas; de feito algúns lugares eran auténticos balnearios.

¿Como se organizaban e que cultivaban?.

          Decir que non hai constancia escrita,  polo tanto o que sigue son suposicións do que deixaron escrito os que viñeron despois, ou sexa os romanos. Do dito o feito hai un gran treito...por eso o que sigue en moitos casos son suposicións ou deducións máis ou menos fundamentadas...

         Decir que na cultura castrexa prácticamente son  descoñecidas moitas cousas básicas como os modos de producción, si as terras eran colectivas ou non,  e o status social das profesións;  pero si se pode decir moito das materias primas que usaban,  da súa minería e das actividades artesanais e de comercio. Neste senso, e sempre a maneira de resume,  decir que nos xacementos atopáronse grandes cantidades de cereais como o trigo, leguminosas como as fabas e os chícharos. Entre outros.  Tamén nos cultivos vese unha gran avance en canto o uso de especies según as estacións.

Na fotografía vense landras carbonizadas que foron atopadas no Castro de Vixil en Vilalba Lugo. Actualmente no Museo de Vilalba. A landra ocupaba un lugar destacado na alimentación. Da landra facían, entre outras cousas, fariña e un tipo de pan.

Gracias os estudos de restos vexetais pódense,  hoxe en día,  saber moitas cousas sobre a cultura castrexa.

           Decir que ocupaba un lugar moi destacado da alimentación as landras, do xénero Quercus, ou sexa o froito do carballo, pero non faltan as avelás, arandos e seguramente castañas.

Qué útiles usaban?

Nos útiles xa se vía un pouco de todo: muíños de pedra, machados, podadeiras, picos, sachos, etc.

Nesta escultura atopada no pobo de Bembibre preto de Viana do Bolo vese un porco ou un xabaríl feito en pedra.

 Preto deste pobo hai o castro do Eirexario.

A escultura recibe o nome de Berraco.

 

A súa gandería?

          Na gandería vese, polos restos atopados,  que xa tiñan un pouco de todo: dende vacas, porcos, pasando por cabalos e ovellas entre outros.

          Descoñezo totalmente si se facía intercambio de comercio ou non...

 

Organización sociopolítica?

        A organización sociopolítica tamén é a gran descoñecida inda que hai algúns datos sobre aspectos da vida cotiá: por exemplo dedúcese polo tipo de construcións a importancia que xa tiña o grupo familiar, ou sexa a sociedade básica xa era a familia, que por certo a xulgar polos distintos tipos de casas as economías destas familias era xa diferenciada según os traballos a que se dedicaba, agrícola, metalúrxica, etc.  Trataríase según a maioría dos autores que estudiaron o tema de familias autosuficientes e pechadas, que contan coa súa propia forza de traballo para xerar os seus propios recursos.

No dibuxo sacado do libro A Gran Historia de Galicia editado pola Voz de Galicia, no tomo dedicado a Cultura Castrexa aparece este dibuxo que representa un castro, en vermello, e a área potencial dos seus traballos.

O dibuxo está referido o Castro de Torroso en Mos (Pontevedra).

Do trazo amarelo suponse que non se pasa nas labores xa que pasan dunha hora de camiño dende o castro o que suporía dúas horas camiñando dende o castro, o  que é moito. 

O trazo negro sería a media hora de camiño.

As cores indican os pastos válidos e non válidos así como o terreno válido para cultivos.

O dibuxo é de A. de la Peña Santos.

 

Cómo era a propiedade?

          A propiedade da terra en principio é colectiva ou sexa o castro onde se asenta colle as terras que están o redor do mesmo, seica ata distancias de media a unha hora de camiño. Logo dentro destas cada familia collía os terrenos según a súa capacidade de traballo, manteñendo o ano seguinte.

 

Eran belicosos, como dice Estrabón?

         Cuidaban moito a súa defensa, polo tanto os romanos decían que eran moi belicosos, fálase dunha belicosidade castrexa pero os únicos fundamentos parecen ser, as construccións tipo defensivas, as prácticas termais que seica tiñan caracter sacro e as estatuas guerreiras. O feito é que se defendían e que de algún xeito mostraban, en plan disuasorio a súa forza; de eso o bandolerismo endémico do que fala Estrabón, vai un largo camiño, penso eu...

Ara adicada o deus da guerra Reve, actualmente conservase no museo Arqueolóxico de Ourense.

 Este é unha das moitas aras atopadas e que se conservan.

 Hai outras dedicadas as Ninfas, a deusa Nabia, a Verore, a BerobreoOcaelaego e outros deuses.

 

Eran ateos como decía Estrabón?

                Os romanos decían que eran ateos, pero realmente tiñan deuses e de feito rendían culto nas noites de plenilunio bailando en círculos . Tiñan varios deuses, seguindo unhas funcións determinadas: primeiro os encargados de velar polo mundo, logo os da guerra e o vigor físico e por último os relacionados coa reprodución e a abundancia. Así no primeiro grupo estaban os deuses  da montaña como Ladico, Larouco, Tilenus, tamén Nabia entre outros; deuses da guerra como o deus Coso e Reve. Tamén os deuses da auga  como a deusa Nabia, que tamén era protectora da comunidade, e quizais Veroca e Bandua. Tamén os deuses dos camiños os Lares Viales.

 

Cómo enterraban os mortos?

         Non enterraban os mortos, pero fálase dunha incineración dos corpos. O certo é que da cultura castrexa non se coñecen necrópoles nin enterramentos, nin tampoco siñalización das tumbas. Suponse que o ritual era a incineración.

 

Triscel. Museo do Castro de Sta. Tegra. Roseta  de idem. Guerreiro atopado en Rubiás (Ourense). Torque, Burela (Lugo)

 

Eran artesanos só ou tamén artistas?

        A arte castrexa é moi rica: apareceron restos de vasixas, doas, ánforas. vasos, todo tipo de decoracións, figuras masculinas, femininas, guerreiros, aras, figuras sedentes, triscels, rosetas, esvásticas e moitas xoias (tanto en ouro como en prata) como diademas, arracadas, torques, e un longo etc. que demostran que a cultura castrexa estaba xa a moita altura. Tamén fan ver que dentro da sociedade castrexa, dalgunha forma xa había determinadas clases sociais, seguramente como hoxe según o seu poder adquisitivo.

 

------o------

Bibliografía deste traballo:

A Gran historia de Galicia. Tomos I a IV. José Manuel Caamaño Gesto. La Voz de Galicia.

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. 

Museo Prehistorico de Vilalba.

Historia de Galicia. Link de Julio Anta  

Traballos de Juan Manuel González Carballo. (O Castro de Cabeceiros).

 

 

  Volver ao principio

Sair a web de O Incio

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Fontes dos datos:

(1)  O sensacional libro O Incio. Paisaje Historia y Patrimonio. Luis López Pombo. Deputación Provincial de Lugo 2002.

 

Por certo esta é a ficha de Luís López  Pombo 11/05/1957

Fotografía de Luís López Pombo.

 

(2) Internet.  Wikipedia e datos conseguidos polo que escribe preguntando a xente do lugar.

 

(3) Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia, editado por Xeogal baixo a dirección de  Fco. Javier Río Barja. 2009. O dicionario ten 28 tomos.

Deste dicionario tomei moitos datos e mapas.

 

(4) "As mámoas de Rañalonga", dentro dun Proxecto Interdisciplinar no I.E.S. Castelao de Vigo. Libro que recomendo. editado pola Deputación da Coruña.

 

(5) A Gran historia de Galicia. Tomos I a IV. José Manuel Caamaño Gesto. La Voz de Galicia.

 

  Volver ao principio