San Pedro Fiz de Hospital.
Poño primeiro a súa situación, logo
a súa historia e a continuación
describo o que era a igrexa e poño unhas fotografías comentadas.
Remato
esta xoia de O Incio escribindo ao final sobre as casa dos Quiroga.
Comenzamos coa igrexa de San Pedro Fiz de
Hospital:
Situación da Igrexa:

Entorno da Igrexia de San Pedro Félix de Hospital ao
caer a tarde..
Si non digo o autor da fotografía quere decir que é miña. Ou sexa Secundino Lorenzo.
Fotografías do ano 2018.
O lugar é marabilloso.

No mapa aparece a esquerda Sta Cruz do Incio e a soio
2 km. está O Hospital, onde está a Igrexa de San Pedro Fiz. A
estrada Lu-642 leva a Ferrería do Incio (a 7 kms. de O Incio) e o
Balneario e si queremos seguir pa diante, acabaremos en Seceda (20
kms. de O Incio) e logo Seoane do Courel (32 kms. de O Incio).

A igrexa de San Pedro Félix de Hospital atópase
a 2 km da Sta. Cruz do Incio.
Coordenadas xeográficas: Lat. 42.654965 Long.
-7.339987
665 m.s.n.m
Hospital- O Incio- Lugo
Coordenadas UTM 29T 636066.91
4723839.78
Esta igrexa foi declarada Monumento Nacional con
data 19/06/1981
Ver
en Google Maps.
Nota: todas as fotografías
salvo catro delas son do autor da web Secundino Lorenzo.
Por suposto nas que non son
miñas porei o nome do autor.

San Pedro Fiz de Hospital,
fotografía sacada de Google Earth do 9/2012, nela vese perfectamente
o conxunto.
Na fotografía vese o cabildo, ou
atrio cuberto coa entrada sur a igrexa. A entrada que se ve está
orientada o poniente loxicamente. A casa que se ve a dereita era o
hospital de peregrinos e monxes-militares.
Trátase polo tanto dunha igrexa
fortaleza, que servirá o mismo tempo de lugar sagrado e oración,
pero a súa vez poidera ser utilizado como fortaleza en caso de algún
ataque.
Empezando pola esquerda había dúas
torres defensivas para tropa e logo para peregrinos, nesas torres
estaban os monxes-militares da orden de Malta, unha delas caiu.
Pensai que a orden de Malta eran monxes militares. A torre da parte
de adiante era un torreón defensivo. Nesta torre está hoxe
convertida en panteón da familia Quiroga.

Lápida situada na torre que caeu, nela
está a lápida dos Quiroga. Por certo a casa dos Quiroga está ao
cruzar a estrada. Esta fotografía está sacada da web de minitour
que aconsello visitar, tendes o link ao final. Descoñezo ao
autor da fotografía.

Imaxen da fachada da Igresa de San Pedro Fiz no
pueblo de Hospital. O Incio. Presenta unha imaxen espectacular,
cinco arquivoltas, con tímpano decorado, a entrada todo en mármol da
zona, por riba o tornaaugas e fai de rosetón unha ventá moi
interesante, . Presenta tamén dous contrafortes.
Historia da Iglesia:
É moi probable que foxe edificada
no últmo cuarto do século XII e primeira década do XIII.

A cruz de Malta está clara no típano da igrexa.
As catro archivoltas son impresionantes así como a separación que
hai entre elas, cunhas pequenas rosetas. Seica as archivoltas son
tóricas, ou sexa en forma de toro (figura geométrica xenerada por un
aro por exemplo).
A cruz de Xerusalén feita sobre
campo de blasón no tímpano, ven a confirmar a pertencia do templo á
orden de caracter relixioso e a súa vez militar dos cabaleiros
Xanxoanistas ou de Malta.
Dada a construcción e os elementos
que ten foi igrexa, fortaleza, hospedería e hospital. Pensar que a orden
de Malta tiña como unha das súas premisas recoller ao peregrino e ao
enfermo.
Os restos que quedan neste lugar,
son unha igresa con potentes contrafortes e dús torres con trozo de
muralla, que demostran que era unha fortaleza e unha hospedería.
O máis importante, e que chama
inmediatamente a atención, é que o conxunto foi feita a base de pedra
caliza e mármol da zona, por eso o famoso dito: "que dende O Incio
ata Roma outra igrexa de mármol non se atopará".
Un mármol agrisado que se extrae da
zona de O Incio que lle da a igrexa un tono elegante, sobrio e
impresionante. O mármol utilízase en moitas igrexas pero sempre en
columnas, en capiteis e elementos decorativos. Aquí nesta igrexa é
distinto o mármol está en toda a sillería. Vámolo ver a continuación.

As comunas son impresionantes. Os pés das
columnas son auténticas xoias de escultura. E segue o mármol

Columnas da fachada. Catro columnas cuns capiteis con
todos os estilos decorados con temas vexetais e bolas con entrelazados
diversos.
Coa luz da tardiña estos mármoes
dicen azuis e son unha auténtica pasada.
A igrexa ten, como xa dixen dúas
entradas, unha orienta ao poniente e outra ó sur.
Esta é a fachada sur:

Detalle da entrada a igrexa, chama a atención o uso do
mármol. Esta é unha porta lateral, porta sur, que ten tamén moitísima
calidade. A entrada é por unha especie de pórtico, onde si chove non te
mollas.

Outra imaxen da entrada sur. Con dúas archivoltas, cos
mismos motivos que no frente.

Os ferraxes con máis detalles.
Seica os ferraxes da porta
teñen moito valor, en ferro forxado de gran valor pola súa
antiguedade.
Esta entrada forma parte dun
cabildo ou atrio con tellado, ver a fotografía:

Esta é a entrada sur a igrexa,
enfrente a esquerda o hospital. A techumbre deste lateral que eu
chamo cabildo está a unha soia auga e máis baixa que o tellado,
vense potentes vigas que sin dúbida puxéronse na importante
restauración que tuvo non fai moito.
A planta é rectangular de 18x7,7
m. Pola estructura que ten e os contrafortes exteriores da a
sensación de que nunca foi rematada, xa que dentro non se
corresponde, normalmente póñense os contrafuertes e por dentro
as columnas con arcos correspondentes.
Neste mismo lugar a dereita hai
unha porta que é a da sancristía.

Quero antes de entrar nesta
igrexa marabillosa saludar a este home que no ano 2013 nos abriu
amablemente a igrexa e nos explicou moitas cousas interesantes.
Este home vive en Hospital e está atento as chamadas, en horas
prudentes, para enseñar a igrexa. Chámase Manuel
¡Un abrazo con todo o cariño,
amigo, gracias por dedicarnos ó teu tempo!
Ver este video de "Vivir aquí" que trae cousas moi
interesantes e fala con Manuel. Alégrome que este inda
explicando cousas desta igrexa.
Atención as visitas a igrexa:
Visitas guiadas:
Primeira opción: Chamar ao
teléfono 982427014 que é do Concello de O
Incio e pedir cita.
Esto pode facerse en toda Galicia
ou sexa con outras igrexas ou monumentos: chamar ao
Concello e pedir cita. Darán o día de visita e a
hora que estarán abrindo o lugar.
Días da semán de Luns a
Venres de 8 A.M. a 3 P.M.
Si non avisastes no Concello, e xa
estades en Hospital, tendes unha segunda
opción:
Buscar no pueblo de Hospital,
simplemente cruzando a estrada, e preguntar por
Manuel, un veciño que conta moitas cousas e moi
ben. |

Parte de adiante da igrexa
co altar principal. O ábside que se ve enfrente co altar
principal e o cristo crucificado é impresionante. Ten a
misma forma no interior que no exterior. É semihexagonal con
ventanais que se corresponde cós de fora. Ten moitísima luza.
O ábside da ao este, ou sexa a salida do sol. O arco
triunfal ou toral é de medio punto, soportado por
semicolumnas que rematan en motivos decorativos distintos,
un ten follas e outros figuras xeométricas; ten dentro
outro arco que Luis López chama "fajón", non sei como se
chamará en galego, e que se cubre cunha bóveda en canón.

Esta ábsida ten según
José Ruíz Alderguía, ver libro sensacional en
(2), libro fundamental para entender o románico da Ribeira
Sacra, que por certo temos a tiro de pedra no Incio e polo
tanto en Calvos-Vilasouto, sigo coa ábsida xa que dice que
unha peculiaridade é telo semihexagonal no exterior e
circular no interior, cunha bóveda reforzada con "arcos
fajones" dende as esquinas do hexágono que se apoyan no
toral, ou sexa no arco triunfal: unha solución constructiva
extraña que se ve en outras dúas iglesias da zona. Torbeo e
Ferreira de Pantón.
A ábsida (en
castalán ábside) sabedes que é unha parte sobresainte,
normalmente semicircular, da fachada posterior dunha igrexa
que forma a súa cabeceira e na que antiguamente estaban o
prebiterio e o altar. O novedoso de esta igrexa é que a
ábsida é semihexagonal, ten polo tanto ao exterior tres
ventás. Por dentro é semicircular.
Miro o que é en castelán o
"arco fajón" e dice que é un arco de reforzo
dunha bóveda". Efectivamente na fotografía vese ese trozo de
bóveda de canón, e o que supón de reforzo ese arco. En
galego sería faxón pero miro o dicionario e non existe.

Ventá, chámanse ventás
saeteras, da ábsida da igrexa que é semiexagonal e
presenta dúas
archivoltas e esas columnas con capiteis especiais, hai outras
dúass, permiten entre as tres que entre a luz pola mañán no
altar.

Detalles dos arcos da igrexa, neste caso
con motivos vexetais.

Outro exemplo.

Peregrino, penso que será posterior ou
máis recente,

Peregrino a Santiago en pedra.
.
Esta é a parte datrás da
igrexa, a ventás saetera, que fai o efecto de rosetón por onde entra a luz do poniente, observar tamén o teito que seguramente foi reparado e que faltan os arcos
das columnas que se corresponden cos contrafortes, o que antes
comentei. A construcción seguro que iba máis lonxe e quedou así.
Vexamos detalles do interior:

Fotografía do monumento funerario. Sinto cortalo desa forma.
Volverei un día para poñelo completo xa que é unha pasada.
No muro norte, no interior,
está o monumento funerario ou arcosolio, de marcado estilo
gótico, feito con mármol do Incio polo que destaca pola súa
calidade e riqueza coa sepultura do comendador da Orden
Hospitalaria, Frey Alonso de Quiroga,
Abaixo enmarcado por molduras
pétreas e tres escudos, no central a Cruz de Malta, con catro
florecillas, a esquerda o blasón de catro cuarteis, no primeiro
e no cuarto cinco estacas, e no segundo e no terceiro rama de
dobre frutada de bellotas; o escudo dereito flor de lis no medio
de seis tacos de daos, que posiblemente dice Luis López
sexa as armas da casa de Branza.
Sobre os blasóns a inscripción
en letra gótica que dice: "FREY ALONSO DE QVROGA COMENDADOR DEL
PRIORATO DE PORTOMARIN".
Sobre esto está o leito no que
aparece representada a figura do Comendador, que viste traxe
telar de amplios plegues, cubre a cabeza cun "gorro" e descansa
sobre almohadóns decorados de borlas. As dúas mans xúntanse para
suxetar o pomo da espada que se extende sobre a parte central da
escultura. A altura do peito sobre a garrancha (espada
especial) atópase esculpida a Cruz de Malta e nos
pés descansan encima dun lomo de un lebrel (can para caza
de lebres, can lebreiro).
Estos tres puntos está copiado exactamente,
páxina 134, traducido ao galego, do libro de Luis López,
outra marabilla de libro ver (1).
A tumba dende logo é unha
auténtica marabilla e o escultor un mestre, todo combinado e
marabilloso.

Esta foto si está completa, inda que
non se vexa nada ben os blasóns. É de Luís López Pombo.

Igrexa de Hospital, o ábside
ou capilla maior e no aire e o Cristo Crucificado morto con
catro clavos en vez de tres; o Cristo colga do arco triunfal da
igrexa, é de estilo de transición ao gótico. O saial ou perizonium cúbrelle ata
as rodillas. Mide 1,70 m e posiblemente sexa do século XIII ou
primeiro tercio do XIV. Impresiona.
O cristo fátalle a man esquerda,
unha mágoa, pero sigue a ser impresionante.

Mellor imaxen do Cristo Crucificado. A verdade
é que impresiona, así no medio...

Entrada sur da igrexa.

Esto é do pouco que quedou,
como moitas igrexas que foron expoliadas e outras fóronse
estropeando xa que os teitos non respondían e podrecían
todo.
Este é un relieve románico
bastante estrano no que aparece unha crucifixión con
dúas cabezas que sobresaen dos brazos e outras dúas figuras
ao pé da cruz, un traballo moi primitivo que algúns datan do
sévulo VI.

Quedan moitas figuras, esculturas de moito
valor artístico que a consecuencia da restauración da que
foi obxeto a igrexa quedaron sin retablo, estando
actualmente desmontado na sacristía e polo tanto expostyo a
un deterioro total. Habería que facer algo con esta xoia do
ómánico.
Esta fotografía de Luís López (1) é unha
fermosa talla medieval da Virxen María co Neno, sentado no
xeonllo esquerdo. Todo o grupo é de madeira e mide 65 cms. A
mai está e aptitude de dar o peito ao Divino Redentor; ten
un amplio manto que lle cubre os ombreiros ata os
xeonllos e debaixo unha amplia túnica que lle chega aos pés.
obedece esta talla as denominadas ou chamadas Virxens
sentadas.

Lauda sepulcral que apareceu enterrada no
cimenterio. Fotografía Luís López.
Esta peza apareceu no cimenterio, pola súa
forma parece unha tapa de sepulcro a catro aguas, dice Luís
López. E sobre ela, mediante dúas franxas, parece unha cruz
latina; tratándose en todo caso dun resto prerrománico, que
resulta de incerta cronoloxía.

Remato con este dibuxo do libro que recomendo
de Fco. José Ruíz Alderguía. U/n libro que soio ten dibuxos,
pero moi pedagóxicos e que veñen a conto. Un libro dedicado
a Ribeira Sacra e dentro desta ao románico. Para mín unha
xoia que recomendo. Por certo merqueino en Monforte de
Lemos.
O dibuxo deixa ver cousas importantes,
cambiando un pouco os camiños e a árbore: Vese moi ben o
edificio hospital da dereita, o comenzo da antigua muralla e
por suposto a igrexa e a torre co campanario.
Para rematar e completar esta ficha da igrexa
dúas cousas importantes:

Estatua dedicada o
cura párroco Anxo González que estuvo 40 anos na
parroquia. A fotografía está sacada da web de
MiniOnTour, que recomendo o final, poñendo o link da
misma.
1.- No lugar hai unha estatua dedicada o cura
Anxo González que estuvo 40 anos de párroco e
fixo moito por reconstruir a igrexa. A xente de Hospital
premia desta forma a este home.
2.- Decir que entre as lendas que hai o redor
desta igrexa, quédome con dúas: a primeira que dicen que
o demo fixo esta igrexa nunha noite.
A outra fala dunha cadea, "cadena do asilo
de perdón" , seica iba sobre o dereito medieval de
asilo; pois ven dende a porta do sepulcro que hai nunha
torre, vese a cadea e dícese que cando se estaba apresado, si
o preso era capaz de colgarse nela, soteando os
soldados que a custodiaban,
quedaría libre, xa que se lle perdonaba o delito que
cometera.
Ata aquí a ficha desta igrexa que hai
no Incio, moi preto de Calvos e Vilasouto e que merece a
pena ver.
Creo que queda demostrada a súa
importancia.
Por eso á poño como un xoia a ver dende
Calvos.
Por suposto dende Calvos ou calquera
lugar. Merece a pena vir a pé feito ver esta marabilla.
Links que axudan
Los
secretos de la i. San Pedro Fiz.
Web de MiniOnTour. Boa información e moi boas fotografías
Fotografías marabillosas da Igrexa e algúns detalles.
Video de "Vivir aquí" dedicado O Incio.
Para rematar poño unha
nota sobre a casa dos Quiroga
Esta casa está ao outro lado da estrada, ver mapa:

A casa dos Quiroga está casi enfrente a Igrexa de San
Pedro Fiz.

Esta é actualmente a casa dos Quiroga, que por certo
está en venta hoxe. Fotografía sacada de (1).

Casa dos Quiroga. Fotografía da web Galicia Pueblo a
pueblo.
Da casa tendes unha amplia
información no libro (1) da bibliografía, da man de Luís López Pombo.
Páx. 186 e seguintes.
A casa chega ata hoxe despois de que a
finais do século XIX D. Benigno Quiroga reconstruiu a vella casa dos
seus antecesores para convertirla en finca de recreo. Así foi lugar de
reposo e reunión das máis importantes personalidades da política da
provincia de lugo entre eles o Conde de Pallares, Marqués de Villaverde
de Limia. Don Dositeo Neira Gayoso, Los Quiroga Vázquez Queipo, D.
Pastor Maseda, entre outrosd; destacamos o que fora Presidente do
Goberno Liberal, General Moret que pasou algunha tempoada na casa.
Tamén e esto é o que me interesa
foi lugar de reunión de numerosos intelectuales, dos que a culta Dª
Julia Espín, era unha cuidadosa anfitriona.
Xa a mediados deste século foi morada,
durante algúns anos, do escritor lucense Anxel Fole, que escribiu aquí a
súa famosa "Terra Brava", considerada a súa obra cumbre, a vez que
ilustraba os xovens da casa, entre os que estaban o que fai poucos anos
foi alcalde de Lugo D. Vicente Quiroga Rodríguez y su primo el poeta
cargado de aventuras americanas (como lo presentaba Fole al prologar uno
de sus libros de poemas), don Luís Maquieira Quiroga.
No linaxe e xenealoxía da casa dos
Quiroga interésame o punto número 11.
Soio decir que no punto 1 aparece D.
Álvaro Díaz de Guitián que viviu a mediados do século XVI e estuvo
casado con Dª Catalina Osorio de Goyanes e así ata chegar o punto 11
onde aparece D. Benigno Quiroga que é o que me interesa.

11.-D. Benigno Quiroga y López
Ballesteros, nacido en Solovio (Santiago), no ano 1847, foi repetidas
veces diputado, Director General e Ministro de Fomento e Gobernación,
ademais de Gobernador Xeral de Filipinas e Xefe dos Liberais de Lugo. A
súa xestión débese que se fixera a estrada a Ferrería do Incio. Fomentou
xunto a Campomanes a declaración de Utilidades das augas 1894 e por eso
veo moita xente ao Balneario no seu día.
Casou coa hermosa e culta dama Dª
Julia Espín Y Pérez Collbrandt, que foi musa inspiradora dun bon número
de versos do poeta Gustavo Adolfo Becquer (1836-1870). sobriña da
cantante predilecta e esposa do músico italiano Rossini autor da
zarzuela "El barbero de Sevilla". A ela débese moitas das especies
arbóreras que poblan os xardíns da casa.
Tuveron tres fillos.
Ata aquí os datos.
--o--
O meu interés ven simplemente, por dús
cuestións, unha xa que sabía de D. Benigno Quiroga pola
estrada a Ferrería e por o seu interés no Balneario e na fonte
marabillosa que hai a 1 km. da Ferrería e da que tendes fotografía
noutro traballo desta web, ademais, unha segunda cousa, xa que
entre as miñas fotografías que saquei desta zona hai un cartel que é o
seguinte:


Rima XVI a Julia

Si al mecer las azules campanillas
de tu balcón,
crees que suspirando pasa el viento
murmurador,
sabe que, oculto entre las verdes hojas,
suspiro yo.
Si al resonar confuso a tus espaldas
vago rumor,
crees que por tu nombre te ha llamado
lejana voz,
sabe que, entre las sombras que te cercan,
te llamo yo.
Si se turba medroso en la alta noche
tu corazón,
al sentir en tus labios un aliento
abrasador,
sabe que, aunque invisible, al lado tuyo,
respiro yo.
Ata aquí cousas de San Pedro Fiz de
Hospital e tamén da Casa dos Quiroga.
Ampliación:
Si queredes ampliar esta
información neste link tendes a xenealoxía completa dos donos desta
casa. Tamén comentarios sobre o escudo da casa. Todo elo da mán de Luis
López Pombo. Ver bibliografía (1).
Tamén neste link tendes esta
historia de Julia Espín publicada no Progreso de Lugo.
Julia Espin ten tamén un lugar na wikipedia.
Fotografias do
interior da Casa dos Quiroga.
Saír a Calvos.
Fontes dos datos:
(1) O sensacional libro O Incio.
Paisaje Historia y Patrimonio. Luis López Pombo. Deputación
Provincial de Lugo 2002.

Por certo esta é a
ficha de Luís
López Pombo 11/05/1957

Fotografía de Luís López Pombo.
--o--
(2) Sensacional libro Cuaderno del
románico de la Ribeira Sacra.

Autor Francisco José Ruíz Alderguía.
Ediciones La Rectoral Ver Sacrum 2011.
(3) Datos de Google relativos os temas
tratados neste traballo
Salir a Calvos.
|