Petroglifo: Agro do Pepe
en Vilasouto-O Incio.
Este é a situación do Petroglifo
Agro do Pepe. Está en Vilasouto a 50 m. da igrexa vella de San
Mamede de Vilaouto. As coordenadas son:
Latitude: 42.666295
Lonxitude: -7.417600
Na seguinte imaxen do Google Earth vedes onde sae perfectamente
Decir que estos Petroglifos están xa
indicados na Historia do Incio no libro de Luís López Pombo, ver
bibliografía (1). Pón exactamente:
"...Agro do Pepe (na
feligrexía de Vilasouto), muy cerca de la iglesia vieja de esta
parroquia, en sendas rocas pizarrosas, aparecen numerosos grabados y
cazoletas; esta estación corre el riesgo de perderse definitivamente
dado que permanece la mayor parte del año sumergida por las aguas del
embalse..."
Petroglifo do Agro do Pepe. Descoñezo o nome do autor da
fotografía.
Esta rocha presenta cazoletas
mellor en galego "coviñas" , 11 ferraduras, 14 cruces e outros
elementos como unha "divinidade feminina", ó que Xabier Moure
chama
unha figura antropomorfa. Buscareina...
Xa teño aclarado o tema, efectivamente
nesa fotografía está esa figura antropomorfa. Ver nota miña (2) coa
explicación. Soio poño a fotografía:

Figura antropomorfa que pode
ser unha divindade feminina. A fotografía é de Xabier Moure, un
experto nestas cuestións.
No sentido anterior quero poñer neste
lugar un texto que demostra a importancia que ten este petroglifo:
"...Los petroglifos de Agro do Pepe "presentan un dos
motivos máis
singulares de Galicia", tal y como indica el investigador Xabier
Moure. "Sobre a pena foron gravadas coviñas, once
ferraduras, catorce cruciformes e, presidindo o conxunto, unha
excepcional figura antropomorfa que podería representar unha
divindade feminina", apunta el experto.
Xabier Moure aboga por un estudio
en profundidad sobre la figura de Agro do Pepe, "tal como
se fixo coa Moura da Pena Furada do concello de Coirós", al entender
que "podería achegarnos un pouco máis ao sistema simbólico relixioso
dos pobos galaicos...".
Sacado dun texto do diario El Progreso. Poño o link
ao final.
Por certo, onde escribe de coviñas está a falar das
cazoletas. Ver este
texto de Nós importante sobre esta e outras palabras.

Deberan poñer anuncios explicativos
deste monumento e avisar de que calquera acción vandálica en contra
poderá ter unha unha multa ou penalización considerada moi grave.

Ver no centro a esquerda o nome de Judit e o ano. Uns
vándalos incívicos... Unha mágoa

Está claro Judit 2001
Este monumento tivo algunhos actos
vandálicos por parte dos visitantes. De feito hai algúns nomes escritos
na pedra, como pode verse. É dificil de entender esta forma de actuar coa nosa historia
que é de todos. Hai moito analfabeto funcional visitando estos lugares e
son un peligro, non respetan nada...
Comentario que recollo de Internet e
outros traballos:
Hai un artigo en internet na web
Historia de Galicia moi interesante, que firma Xabier Moure, e que
investiga por exemplo o dibuxo das ferraduras que aparecen nos
petroglifos tanto de Vilasoto, no Agro do Pepe, como no petroglifo da Pena da Ferradura e outros. Según este artigo
opinan
que as persoas maiores non asocian as ferraduras a límites de terreos,
máis ben fanno asociando a manantiais. Parece que hai estudios onde é
correcta esta asociación.
O artigo que leva o título "O Misterio
das gravaduras de ferraduras descubertas no Incio e a lenda do cabalo de
Santiago" podedes
leelo completo neste link.
En canto o cabalo de Santiago, do que
fala o artigo, do que logo quedou a ferradura na rocha, o saltar
Santiago Apostol e destrozar a medio exercito mouro, decir
que ven sendo parecida a Lenda de San Mamede saltanto o río o escapar
dos nobles, xa que San Mamede non cumplirá como debera, no protexera
debidamente as súas donas, o encargo de
coidar das súas mulleres...lenda que podedes ver nesta misma páxina web,
no apartado dedicado a O Incio e no apartado de lendas. Son eso... lendas...
O das coviñas tamén se chaman
cazoletas, ten moitos
significados:
As hipótesis existentes sobre a funcionalidade
das coviñas son múltiples, entre elas
-
colectores
para ofrendas,
-
receptáculos de libacións ou
de sacrificios,
-
símbolos de carácter sexual feminina,
-
cartografías,
de constelacións e terrestres,
-
marcadores de espacios sagrados, de camiños
migratorios, de locais con alto valor máxico epropiciatorio,
-
ligadas a cultos litolátricos, acuáticos,
destinados a promover ou a incrementar a fertilidade,
particularmente a feminina,
-
tableiros para xogos,
-
marcadores de operacións pre-numéricas.
En xeral nos petroglifos en Galicia aparecen
estas figuras que vou a poñer a continuación, é certo que por Calvos
e Vilasouto os que máis aparecen son as ferraduras e as coviñas ou
cazolas, pero resulta interesante poñer estas referencias:

Fonte bibliografía (3).
A última fila foi un engadido meu con tres
figuras que aparecen nos xeroglifos de Calvos e Vilasouto, a 16 unha
especie de paleta ou parecido, vese na Pena da Ferradura, por riba
de Calvos; a ferradura, a 17, está tamén en Vilasouto no Agro do
Pepe e por último a figura antropomorfa, que pode ser unha
divinidade feminina, ao parecer, e que figura no xeroglifico
de Vilasouto.
Estou, por suposto aberto a moficacións e
ampliacións deste catálogo de figuras.
Resumo moito o texto que dedica José Manuel
Caamaño Gesto no libro que indico na bibliografía como (3):
En canto o significado de moitas destas figuras
hai opinións e moitas pero en xeral, están moi relacionados coa caza
e tamén co enfrentamentos entre tribus, moitos puñais, espadas de
todos os tamaños, escudos e todo tipo de armas que indican que non
eran persoas vulgares, senón perxonases de alto prestixio social. A
caza non é un acto cotián e os cazadores e xinetes que aparecen
tamén están magnificados e sacralizados. Por suposto é unha
hipótesis bastante extendida xa que tanta espada, algunhas enormes,
puñais, alabardas e outras cousas non son do pueblo chan.
Outra cousa son o significados dos dibuxos
xeométricos, laberintos, espirais, combinacións xeométricas, etc.
seguramente sexan reflexo de rituais simbólicos e relixiosos de
algunhas minorías.
Para este historiador José Manuel Caamaño "...os
gravados rupestres galaicos non son unha simple representación
estética, senón que neles latexa un forte compoñente ideolóxico..."
Moitas investigacións consideran que estos
gravados rupestres eran marcadores territoriais para as comunidades
da idade do Bronce.
Outros links que poden axudar:
Importante noticia sobre este petroglifo:
O Incio señalizará os petroglifos de Vilasouto. Esa era a noticia.
Ver este link. pero ollo que se dixo no 2020. Comprobarei si xa está
feito.
Fontes dos datos:
(1) O sensacional libro O Incio.
Paisaje Historia y Patrimonio. Luis López Pombo. Deputación
Provincial de Lugo 2002.

Por certo esta é a
ficha de Luís
López Pombo 11/05/1957

Fotografía de Luís López Pombo.
(2) Nota explicativa sobre as figuras antromomorfas, que aparecen por exemplo
nos petroglifos:

Esto é unha figura antropomorfa.
Fáltalle un trozo do brazo dereito. O brazo esquerdo é así
"...Figurilla moldeada que representa un personaje que está en
posición erguida con un brazo alzado mostrando la palma de la mano. El tocado
que porta es trapezoidal, en cada extremo tiene motivos entrelaces y en el
centro un panel con un mechón estilizado. Porta un collar de cuentas y usa una
falda acampanada..." copio literalmente.
Efectivamente esa figura está
no petroglifo:

Esta fotografía é de Xabier Moure e efectivamente ten esa figura.
O parecer está no petroglifo
Por certo Xabier Moure é un
historiador, especialista en arqueoloxía, con moitísimos
traballos as costas. Non atopei en internet unha ficha completa
deste home pero si cantidade de cousas, investigacións, traballos,
etc.

Topei esta bonita fotografía en internet. Seguro que tamén
é un amante dos nosos ríos...
O río é probable que sexa o Antigua, sónabe
este cachón ou presa.

Pulsando tendes a súa páxina.
Por certo un gran descubrimento para mín...
(3) A Gran historia de Galicia. Tomos
I a IV.
José Manuel Caamaño Gesto.
La Voz de Galicia.

Salir a Calvos.
|