Aulas C.E.I.P. Ricardo Gasset de O Incio
Sensacional idea cos nomes.

Os datos que siguen están sacados da fonte posta na bibliografía  número (2),  ou sexa de internet.

A noticia foi a seguinte:

"O CEIP Ricardo Gasset de O Incio levou a cabo unha iniciativa singular con motivo da celebración do Día Internacional da Muller: bautizar os espazos do centro cos nomes de mulleres de referencia da zona.
Alumnado e profesorado elixiron a varias mulleres, todas nacidas no Incio ou con algunha estreita relación co municipio, para dedicarlles diferentes espazos do colexio, como as aulas, o salón de actos, o pavillón ou a biblioteca.
As mulleres elixidas, e que agora dan nome aos locais do colexio, foron a cantante Lucía Pérez, a directora de teatro Tareixa Campo, a vicerreitora do Campus de Lugo, Montse Valcárcel -as tres nacidas no municipio-, a investigadora. Susana Rodríguez, a xornalista Julia Otero, a escritora Olga Novo e a deportista Saleta Fernández, que deron nome ao pavillón polideportivo do centro.
Ademais de colocar carteles de nome en cada lugar, os estudosos do Incio recibiron información sobre as súas vidas e logros.
Dende a dirección do CEIP Ricardo Gasset xa están a contactar cos novos protagonistas do centro “por se queren dirixirse aos nenos e nenas e trasladarlles unha mensaxe”..

Eso foi o que fuxeron no CEIP Ricardo Gasset de O Incio. no día Internanacional da Muller" unha idea moi bonita.

Está páxina web dedicada a Calvos, a Vilasouto e polo tanto O Incio quere felicitar os profesores do centro e darlle a máis cordial noraboa pola iniciativa.

Esto pasou en marzo do 2021.

Aproveito para indicar as mulleres elexidas para nomear esas aulas do CEIP:

 

Lucía Pérez, cantante.

Tareixa Campo, directora de teatro.

Montse Valcárcel, vicerreitora do Campus de Lugo.

Susana Rodriguez, investigadora.

Julia Otero xornalista

Olga novo, escritora.

e

Saleta Fernández, deportista

Creo que é lóxico que pasemos revista e poña un resumen de quén son estas mulleres, e qué teñen que ver con O Incio?

---o---

Lucia Pérez.

 

Lucia Pérez Vízcaino naceu en Goó, O Incio (Lugo) o 05/06/1985, estudiou Maxisterio Musical na Universidade de Oviedo. Cantante galega que representou a España no Festival da canción de Eurovisión no ano 2011. A súa carreira está chea de éxitos e actualmente ten publicados máis de sete albúms.

Ver o seu historial neste link.

 

---o---
 
 
Tereixa Campo.
 
 

María Teresa Campo Dominguez, máis coñecida como Tareixa Campo, nado o 24/08/1946 no Incio, en Val do Campo, é unha actriz e directora de teatro galega. É diplomada en maxisterio e exerceu a docencia na cidade de Lugo. Entre outras cousas foi a cofundadora da asociación de Profesores de teatro "Barriga verde" e é membro fundador do grupo teatral Achádego.

Ver o seu historial neste link.

 
---o---
 
 
Montse Valcárcel
 

Montserrat Valcárcel Armesto,  nado no Incio, en 1971, doutora en Enxeñería Agrónoma  é profesora titular de Universidade no Departamento de Inxenería Agroforestal. Actualmente é a Vicerrectora de Coordinación do Campos de Lugo e Coordinadora do Campus Terra. A súa actividade está centrada na xestión da auga, e investigadora dentro do grupo de Hidráulica e Hidroloxía.

Ver outros datos neste link.

 

---o---

 

Susana Rodriguez, investigadora.

Susana Rodriguez González,  nado en Sober,  25 marzo 1968,  e doutora neuróloga, especialista en Medicina Física e Rehabilitación   e investigadora abarcando campos como a rehabilitación do Ictus e o uso das tecnoloxías e a realidade virtual tras os accidentes cerebrovasculares. Tamén traballa como tutora de profesores e profesora asociada de fisiopatoloxía neurolóxica do grado de fisioterapia da Universidade de Barcelona.

Ver outros datos neste link, que mostra onde traballa.

 

---o---

 

Julia Otero.

Julia María Otero Pérez, máis coñecida como Julia Otero, ,  nado en Penela (Monforte de Lemos), o 6 de maio de 1959, periodista española en onda cero. Presentadora de radio e televisión española. Cando tiña tres anos trasladouse a vivir a Barcelona coa súa familia, donde estudiou Filoloxía Hispánica. Xa dendo o primeiro ano de carreira comenzou a traballar en Radio Sabadell, logo pasou a Radio Miramar, onde dirixiu un informativo matinal. Despois da súa licenciatura acumula un dilatadísimo curriculo cheo de éxitos  e premios de recoñecemento, ata hoxe, onde sigue triunfando en todo ó que fai.

Ver outros datos neste link.

 

---o---

Olga novo, escritora.

Olga novo,  nado en Vilarmao, Puebla de Brollón (Lugo), o 29 de xaneiro de  1975, é unha poeta ensaista e doctora en filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é pintora . Galardonada co Premio da Critica de Poesía Galega  2011, así como  co premio Nacional de Poesía no ano 2020. Ten un dilatado traballo que pasa por poemarios, traballos colectivos en distintas revistas, distintos libros de análisis e ensaios e participacións en congresos.

Ver outros datos neste link.

 

---o---

 

Saleta Fernández

Saleta Fernández López,  nado en Monforte de Lemos, o 15 de xullo 1997, é unha atleta española especializada en salto de altura. Na actualidade ten o record galego de altura en 1,90 m. O 7 de xullo de 2018 ganou a medalla de ouro no Campeonato de España de Atletismo Sub-23 celebrado en Soria. O 31 de agosto de 2019 ganou a medallka de Ouro no Campeonato de España de Atletismo celebrado en La Nucia (Alicante). Hoxe compite con club Valencia Esports. Actualmente esta cursando na Universidade de Cantabria mercadotecnia, publicidade e relacións públicas.

Ver outros datos neste link.

 

---o---

 
 
 
 
 
 
 

Fontes dos datos:

(1)  O sensacional libro O Incio. Paisaje Historia y Patrimonio. Luis López Pombo. Deputación Provincial de Lugo 2002.

 

Por certo esta é a ficha de Luís López  Pombo 11/05/1957

Fotografía de Luís López Pombo.

 

(2) Internet.  Wikipedia e datos conseguidos polo que escribe preguntando a xente do lugar.

 

 

 

(3) Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia, editado por Xeogal baixo a dirección de  Fco. Javier Río Barja. 2009. O dicionario ten 28 tomos.

Deste dicionario tomei moitos datos e mapas.

 

(4)Galicia:  terma bimilenaria. De Maria G. Souto Figueroa

 

 

(5) Estudio Cultural. Bóveda, Pobre de Brollón, Quiroga, Ribas do Sil, Samos, O Incio e Folgoso do Caurel

Leader II

Asociación grupo local de desenvolvemento río Lor.

Autores: Mª Jesús Blanco Glez.

Ramón Vila Anca

Rosa Mª Vázquez Moscoso e

Miguel O ´Shea Buerba.

Ano 2000

salir.jpg (1925 bytes) Volver.