Balneario de Cortegada.

Nas primeiras fotografías poño o Balneario novo, inaugurado no ano 2015

Novo Balneario de Cortegada, hoxe.  Inaugurado no 2015

Descoñezo o autor da fotografía.

Balneario de Cortegada, inaugurado no 2015. Fotografía S. Lorenzo.

A fotografía é de outubro de 2016.

Balneario de Cortegada novo. Descoñezo o autor da fotografía.

 

As fotografías que siguen son do Balneario de Cortegada rematado no ano 1937.

Balneario de Cortegada, Baños de Cortegada 1937,  co río Miño a pe de Balneario. A zona esta encorada polo encoro de Frieira. Descoñezo o autor da fotografía, seguramente de 1995 cando se reabriu o balneario que logo pechou.

Outra vista do Balneario de Cortegada antiguo, 1937. Descoñezo o autor da fotografía e a data. Hoxe non é así.

Balneario de Cortegada antiguo. Fotografía de Secundino Lorenzo. Outubro 2016

Balneario de Cortegada primitivo. Fotografía de Secundino Lorenzo outubro 2016

Hoxe este Balneario está adicado a celebracións e festas,  o parecer previa petición do alquiler.

 

 

Como chegar:

Dende Ourense: Colleremos a autovía A-52 ata Ribadavia (saída 252) seguiremos pola N-120 dirección Francelos e alí pola OU801 dirección Filgueira. Bastará cruzar o río Miño e unha vez en Cortegada estar atentos os indicadores, primeiro aparecera o antiguo,Balneario de 1937 e logo máis arriba o novo.
Dende Vigo: Colleremos a autovía A-52 ata A Cañiza logo colleremos dirección Filgueira pola estrada PO-406. Bastará cruzar o río Miño e unha vez en Cortegada estar atentos os indicadores, primeiro aparecera o antiguo,Balneario de 1937 e logo máis arriba o novo.
Dende Santiago: Colleremos a autovía AG-53 (saída 87) logo collenos a A-52 (saída 252) Ribadavia, seguiremos pola N-120 dirección e pola OU801 dirección Francelos-Filgueira. Bastará cruzar o río Miño e unha vez en Cortegada estar atentos os indicadores, primeiro aparecera o antiguo,Balneario de 1937 e logo máis arriba o novo.
Dende Melgaço (Portugal).: Colleremos a estrada OU-801 dirección Pontebarxas. Logo achegarse ata Cortegada e seguir os indicadores. Primeiro aparecerá o Balneario Novo e logo o Balneario de 1937.

 

As coordenadas do Balneario de 1937  son:

       42,200913    -8,174577

 

Mapa Google Maps, Balneario 1937.

 

-o-

 

As coordenadas do Balneario novo 2015  son:

      

42,201407    -8,172916

 

Mapa Google Maps, Balneario 1937.

 

 

 

Historia:

Imaxen das termas.Século XIX.

Outra imaxen co río Miño na zona. Primer balneario de Cortegada. Século XIX.

 

Balneario de Cortegada moito antes de facer o encoro de Frieira. 1937.

Balneario Cortegada. 1937

 

Ó parecer xa se falaba destos baños no ano 1497 en que o Monasterio de Celanova afora un monte e os baños de Cortegada.

Xa o dicionario de Madoz, en 1850,  falaba das augas mineromedicinais de Cortegada, como algo único. Nas primeiras fotografías falamos  dunha cabaña e catro bañeiras que entre xullo e outubro  non daban abasto para recibir visitantes. O resto do ano o río Miño daba cabo das instalacións coas súas enchentes anuais. A historia fala de que Cortegada non reunía condicións para a moita xente que viña as augas, simples alugueres e pouco máis. A plaza non moi abastecida e cara inda que si había artigos de primeira necesidade, como tendas de comestibles, abacería, panos e unha botica. Os camiños eran moi malos, en 1840 inda non existía a estrada da Cañiza a Cortegada e as formas de chegar eran penosas, algunhos cruzando o río en barquiñas. Os camiños eran todos de ferradura e as formas de chegar era a cabalo, os que podían.

No século XIX a clientela era de Ourense, Pontevedra e Portugal preferentemente. As veces pasaron de mil.

Xa no 1880 mellora a comunicación coa construción do ferrocarril Vigo-Ourense. A estación máis próxima distaba dous kms. pero había que cruzar o río en barca.

O principio había catro fontes,  dúas a Pedra e a Monte, e a Fonte do Campo, a outra a carón do río Miño, fonte que posteriormente dasapareceu co encoro de Frieira, por certo era a máis potente 10.000 l/h. Os problemas do Balneario, poco adecuado, no se poñan de acordo os donos, que eran algúns veciños de Cortegada,  e moita miseria seguiron ata comenzos do século XX. Sobre trescentos enfermos acudían a tomar as augas en 1902.

As fontes eran propiedades de varios  veciños. Esto tuvo problemas ó longo de moitos anos.

Os enfermos foron incrementandose ata a I guerra mundial, cando descendeu de maneira radical.

En 1920 arreglouse un pouco, pero apenas repercutiu sobre a demanda.

En 1937 levantouse un novo edificio. Estos arreglos foron feitos por José Álvarez Puga que arrendou os veciños a explotación do novo edificio.

En 1970 a fonte máis importante quedou baixo o encoro de Frieira, como xa está dito.

O balneario reabriuse en 1995 máis as disputas veciñais impediron a súa explotación dado que as propiedades das fontes seguian recaendo nos veciños.

Hoxe en día, a Fundación do Balneario de Cortegada que agrupa os intereses dos propietarios. A fundación chegou a un acordo coa empresa Egatur ( Empresarios Galaico-Portugueses de Turismo S.A.), grupo composto por empresarios galegos e portugueses para xestionar o balneario dende o ano 2000.

No 2015 inaugúrase o novo Balneario, e o cuarto edificio,  que está hoxe funcionado seica moi ben e que pretenden  ter feito en 2017 o Hotel Balneario para 90 plazas, así como unhas termas o aire libre e públicas. De momento a xente hoxe está en casas rurais que hai na zona e acude o balneario para aproveitar as súas ofertas e características.

Actualmente, 2016,  o Balneario de Cortegada está administrado por Tesal Explotación S.L., que é unha empresa especializada no turismo de saúde e ocio e especialista na xestión e explotación de Balnearios. O antiguo Balneario está adicado a eventos e celebracións, e para elo utiliza o alquiler do local.

 

As augas:

As augas son sulfurosas e bicarbonatadas sódicas  e manan a unha temperatura entre 38ºC. e os 42 Cº.

Tradicionalmente foron indicadas para patoloxías reumáticas crónicas como a artrosis, trastornos musculares e lumbalxias; tamén para problemas dermatolóxicos, enfermedades respiratorias, genitourinarias e gastrointestinais.

Actualmente tamén se utilizan para resolver problemas do estilo de vida actual como os trastornos depresivos, a obesidade e o estrés.

 

Nota sobre as augas termais
Balneario de Cortegada | Termas Ourense turismo de Ourense

 

 

Servicios actuais

do novo balneario:

O Balneario de Cortegada dispón de tres piscinas termolúdicas: unha dinámica, unha Jacuzzi e outra piscina de camas.

Na dinámica, onde ó importante é relaxarse,  tanto o corpo como a mente , dispón de todo ó necesario dende circuito de chorros para as cervicais, os hombreiros e as costas. Tamén unha zona de río contracorriente para relaxar as pernas e chorros por debaixo da auga para tobillos, xeonllos e cadeiras. Chorros tamén reductores para o abdomen, glúuteos e a rexión lumbar. Para terminar tonificantes  e relaxantes geiseres combinados de auga e burbullas.

Na piscina Jacuzzi o típico asiento de burbullas e chorros de auga. E na piscina de camas de burbullas xa finalmente,  para obter unha relaxación total.

Ademáis dispón dunha área de contrastes e vapor co exótico baño turco e a  terma romana, a tradicional sauna finlandesa e a novedosa sala de frio para os afeccionados as sensacións máis fortes ademáis de duchas pulverizadas de aromas e bitérmicas.

Completan a oferta as áreas de relax,  camas termicas e hamacas e unha  impresionante terraza con vistas a natureza que lle da un  toque único de distinción e exclusividade. 

Ver este link

Balneario actual de Cortegada. Terraza con vistas ó río Miño

 

Link para ampliar:

Balneario de Cortegada. Grupo Tesal.

Tarifas e precios.

Alojamientos de momento.

Balneario de Cortegada en Youtube ( tiempo en minutos/segundos 7:47)

Tesal Explotación S.L. Balnearios.

Turismo do Concello de Cortegada.

 

Bibliografía:

Historia dos Balnearios de Galicia 1700-1936, "O lecer das augas". Luís Alonso Álvarez, Elvira Lindoso Tato e Margarita Vilar Rguez.  Galaxia. 2011

 

Volver a augas termais Miño en xeral

 

Volver a disfruta do Ribeiro.