Balneario de Melgaço. As termas do Peso.

Termas do Peso en Melgaço. A "Buvete" obra monumental feita polo inxeniero Luis Couto dos Santos.  Terminada en 1915. Descoñezo o autor da fotografía.

 

Interior marabilloso das Termas do Peso en Melgaço (Buvete. Fonte das augas termais). Descoñezo o autor da fotografía.

Outra vista do interior das fontes de augas termais. Fotografía Secundino Lorenzo

 

Pabellón de Bebidas. Planta de embotellado.Fotografía de F. J. Gil.

Esta é a auga que embotellan.

 

Balneario de Melgaço. Foto Jose Olgon. Hoxe está ampliado.

Balneario actualmente ampliado con este edificio de Spa, construido posteriormente. Spa termal do Peso. 2013.

Termas de Melgaço no Balneario. Vista do spa.

Outra vista. As fontes dan lugar a este regato. Foto Secundino Lorenzo

O Parque onde está é marabilloso e moi ben cuidado. Regato que leva as auga das fontes das que se nutre o Balneario. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

Como chegar:

Dende a A-52, dende a Cañiza,  bastaría chegarse a Arbo e cruzar a Ponte do río Miño. Xa estamos en Melgaço. Xusto ó pasar a ponte de Melgaço a esquerda está a Fonte do Peso. Termas do Peso.

 

 

As coordenadas son  42,106081     -8,282082

 

Mapa Google Maps.

 

 

 

 

Historia:

Copiada do texto do video que aparece nos links, traducido o galego simplemente..

As propiedades termais das Augas do Peso son recoñecidas  e valoradas dende fai moitos anos , mais propiamente dende 1884, cando pasou ao caso da curación da esposa dun médico de Vila Nova Cerveira, que sufría dunha doenza de estómago. Dende aqueles anos estas termas pasaron por varios momentos, algúns mellores que outros. Paseando polo Parque Termal, rodeado dunha vexetación moi frondosa onde pasa  a ribeira da Bouça Nova, descubrimos as duas nacentes -- a Fonte Principal e a Fonte Nova ou Galería Nova --, a Buvete -- um imponente edifício da arquitectura do ferro, diseñado polo inxeneiro Luís Couto dos Santos --, o Balneário -- un exemplar da arquitectura do ferro de dimensións e monumentalidade menores --, a Oficina de Embotellamento -- unha discreta construción  industrial --, e o antigo Hotel do Peso -- en ruínas, recordando os tempos en que por estos lugares non faltaban os bañistas.
Nos últimos anos, a Cámara Municipal ten feito esforzos no sentido de viabilizar a recalificación  do Parque Termal do Peso, estando actualmente nun proxecto de recalificación. Sera un motivo para volver a esta vella vila!.

O 24 de Setembro de 2009, a Cámara Municipal de Melgaço e a Unicer, a través da empresa VMPS – Águas e Turismo, S.A., tuveron un  Protocolo de Colaboración y firmaron la rehabilitación e a reapertura da Estância Termal do Melgaço.

No acordo, o Município de Melgaço é o responsable da xestión do parque termal ata 2035 con posibilidade de prórroga ata  2045.

No verán de 2010 os espaços exteriores xá estaban en proceso de melloría e cun funcionamente dunha cafetería.

En xaneiro de 2011 foi constituída a empresa "Cura Aquae - Termas de Melgaço E. M.", com 51 % do capital do município de Melgaço e o grupo de construción Casais, para a recuperación das termas.

A fonte número 2 deberá ser transformada en museo termal. O balneário foi recuperado, mantendo as formas que o caracterizan, e a construción dunha  piscina, alimentada polas águas minerais.

En xaneiro  de 2013 entrou en funcionamento o SPA termal do Peso.

A Unicer, por o seu lado, mantén a exploración da unidade fabril, a concesión de exploración, captación e embotellamento das augas minerais naturais gasocarbónicas de Melgaço, así como a propiedade de todos os bens inmóvis alí existentes.

Curioso video de aqueles anos históricos (4 minutos). "As augas de Melgaço nos anos do ouro"

Nos anos sesenta había un hotel Balneario na zona, hoxe está en ruínas. Hai casas de turismo real e Bungalows.

 

As augas:

 

A água é mineralizada, gasocarbónica, bicarbonatada, cálcica/magnesiana e ferruginosa, com unha temperatura de 15°C e pH de 6.

Dispepsias, litiáse biliar e renal, anemias, diabetes. (Correia,1922) 
Tratamento de diabetes e das suas complicacións, inclusive da retinopatia diabética. Tratamento de estados hipercolesterolémicos. Tratamento de disquinésias biliares e da pequena insuficiência hepática (Anuário,1963).
Diabetes, dispepsias por insuficiência hepática, discinesias biliar, litiáse biliar , obesos pletóricos, Insuficiência hepática infantil, anemias,  gota e hipertensão arterial  (Almeida, 1988)   
“A presencia do cálcio e do Magnésio, minerais importantísimos en várias funcións do corpo humano, explica, en parte, os seu efeitos benéficos na diabetes, na hiperuricemia (gota) e nas alteracións das gorduras do sangue. Os bicarbonatos e o teor moderado do gás carbónico da água de Melgaço son as causas das mellorías sentidas nas perturbacións do aparato dixestivo,  tamén do sistema osteoarticular (inflamación , rigidez con ou sen dor das articulacións e coluna vertebral) e do aparelho respiratório (rinite, sinusite, faringite, Bronquite crónica), conforme foi comprobado recentemente en Estudo Médico realizado nestas Termas”  (Folleto, Unicer, s.d.)

Actualmente a explotación e embotellamento de agua é propiedade da Unicer que en 2007 embotelló  116 mil litros de agua, dos cales un terzo foi para exportación.

 

Nota sobre as augas termais, en xeral.

 

 

 

Servicios actuais:

 

Circuitos termais

O cicuito comenza con:
- Unha ducha peeling, con ela límpanse as células mortas  da capa mais superficial da pel.
Duración aconsellada: 2-3 minutos.

Despois pásase a  piscina activa:
- Marquesas de relaxamento: con saídas de ar para o relaxamento da musculatura de pernas, costas e pescozo, moitas veces contraturadas debido à presión
- Asentos de hidromasaxe e bolas: para traballar a musculatura das costas e pernas, a todos os níveis mediante unha proxesión de ar a presión.
- Hidromasaxe vertical: con saídas de água a presión  a distintas alturas, para traballar articulacións  e grupos musculares en diferentes níveis.
- Percurso celta: zona de pedras no chan para andar sobre elas, activando as terminacións sensitivas da planta do pé.
- Contracorrente: zona de relaxamento para deixarse levar pela corrente de água, obtendo unha agradable sensación relax na auga en movimento.
Duración aconsellada: 20-30 minutos.

Despois do  circuito, o corpo atópase  preparado para pasar a unha  das saunas:
- Sauna seca: a unha  temperatura entre 60-80º e un ambiente seco.
- Sauna húmida/ Baño turco: a unhs temperatura entre 40- 45º e un ambiente húmido.
Duración: 10- 20 minutos

Nas saunas provocarase unha  estimulación da sudoración, importante para eliminar toxinas, e unha  vasodilatación, que vai a contrastar posteriormente con unha ducha fria.

Duración aconsellada: 1-2 minutos.

Ó  final  é esencial o  repouso e reposición de líquidos.
Duración aconsellada: 5- 10 minutos.
 

Links para ampliar:

 

Termas de Melgaço. (en reconstrución)

Curioso video de aqueles anos históricos (4 minutos).

Termas do Peso. Youtube.

Termas de Melgaço.Youtube.

Renovado Parque Termal do Peso.Melgaço.

Melgaço e as termas o corazón máis norteño de Portugal.

O Peso. Natureza termal.

Bungalows Termas de Melgaço.

Campismo de Melgaço. Termas do peso.

 

Bibliografía

 

Internet simplemente. Estas termas do Paso, famosas en Portugal,  non figuran na bibliografía que usei para as outras termas do río Miño.

Volver