Balneario
Villa Termal de Laias

Balneario de Laias. Caldaria. A fotografía é de Ribeirao.

Entrada a Vila Termal de Laias.

Foto sacada do libro "Polos
Vieiros do vello Miño" de Estro
Montaña. Persoalmente gústame moito, as
piscinas termais, o río Miño detrás...Unha marabilla.

O Balneario está a carón do río
Miño, no encoro de Castrelo. Ten uns paseos na beira
do río que merecen a pena.
Como chegar:

Este Balneario está no Concello de Cenlle na provincia de
Ourense. Pola estrada Rías Baixas ou sexa A52 basta
desviarse o pasar o desvio de Ribadavia, vindo de Vigo,
ou o reves collendo o desvio que leva o Carballiño e
Barbantes estación si vamos dende Ourense. É a salida 241.
Coordenadas del Balneario Caldaria Laias:
42,326684 -8,025394
Ver Mapa en Google Maps
Historia:
Seica na
zona de Laias había unha explotación aurífera romana
aparte das augas que foron aproveitadas polo rei Bermudo
II, que por certo tiña gota.
O primeiro
balneario que houbo na zona que databa de principio do
século XX quedou asolagado polo encoro de Castrelo no
ano 1968.
Actualmente
no 2001 Caldaria, do Grupo San Rosendo de Ourense,
abriu as súas portas e a súa actividade vai en
alza. O Hotel é de catro estrelas.
As augas:
Son bicarbonatadas-sódicas, alcalinas e
hipertermales, saen a 52º.
Están indicadas para as afeccións
dermatolóxicas, respiratorias e reumatismos.
Dicen que son boas para a rehabilitación
muscular e para o estrés.
Nota sobre as augas
termais
Servicios actuais:
Ten programas con bañeiras de hidromasaxe, duchas
circulares, baños carbogaseosos, chorros, termas de calor seco e
húmido, sauna filandesa, piscinas de contraste, duchas aromáticas
baños de esencias, jacuzzi e sillóns térmicos. Ten ademais cabinas
para masaxes e piscinas termais enfocadas a relaxión e un ximnasio
moi completo.
Si o tratamento é terapéutico dispón dun equipo
médico que se encarga de todos os tratamentos para supervisalos
e axustalos durante o tempo que se esté no balneario.
Laias ten de todo dende restaurante, con salóns de
banquetes e convencións, sala de xogos e por suposto un amplio
aparcamento.