Balneario de Monçao

 

Hotel Benestar Termas de Monção

Hotel Benestar Termas de Monção, parte traseira.

Piscinas do Hotel B. Termas de Moncao.

Como chegar:

 

Dende a A-52 bastaría chegarse a Salvaterra do Miño, cruzar o río e xa en Monçao, coller a Avda. das Caldas ó final do pobo. Pódese ir tamén por Arbo.

 

As coordenadas son  42,078438   -8,475042

Mapa Google Maps.

 

 

Antiguas termas de Monçao

 

Historia:

 

Texto copiado do libro "Polos vieiros do vello Miño" de Astro Montana.

..."As Termas de Monção xa aparecen citadas en 1706 polo padre Carvalho da Costa na súa Corografía portuguesa. Tamén o doutor Francisco de Fonseca Henriques, no primeiro inventario hidrolóxico do país veciño, considera as súas augas dunha gran calidade.

Seica en 1801 un enfermo de Trás-os-Montes, agradecido polos efectos benéficos que provocaron nel os mananciais de Monção, deu unha importante suma para construir a primeira estación.

O Faro de Vigo en 1927, e un ano despois O Pobo Galego eloxiaron o poder místico desta auga para calmar as irritacións, lubricar as articulacións e volver fermosa a pel.

En 1995, o Concello de Monção iniciou a construción de novas instalacións, cun concepto moderno e funcional. O viaxeiro atopará aqui saúdade e lecer, recunchos proustianos, actividades como a pesca e o remo e a posibilidade de realizar numerosos tratamentos apoiados na fisioterapia, a kinesiterapia, recuperación en piscinas, duchas, inmersións, inhalacións e pulverización."...

Actualmente, 2016,  o Balneario de Monção está administrado por Tesal Explotación S.L., que é unha empresa especializada no turismo de saúde e ocio e especialista na xestión e explotación de Balnearios.

 

 

As augas:

Saen a 49,5 Cº. Son  hipertermais, bicarbonatadas, sódica, hiposalinas, nitroxenadas e fluoradas.

O PH é de 7,4.


Indicacións Terapéuticas: Patoloxías dermatolóxicas, afeccións do aparello locomotor, enfermedades do fígado  e afeccións de vías respiratorias entre outras.

 

Nota sobre as augas termais

 

 

 

Servicios actuais:

O hotel ofrece vistas o río Minho e tratamentos de Spa. Ten unha piscina o aire libre e dispón de bicicletas para explorar as zonas verdes que o rodean. Por suposto que tamén se pode ir andando.

A variedade de tratamentos dende subir un río a contracorrente ata a cama de burbullas. Tamén dispón de duchas con esencias holísticas, unha fonte de xelo e salas de relaxación. Os baños termais e os tratamentos atópanse a 50 metros do Hotel.

O circuito termal ten piscina dinámica de adultos,Jacuzzi, cuello de Cisne, cascadas, chorros subacuáticos, burbullas baixo a auga, río contra corrente.

Tamén dispón de piscina infantil con zona de ocio, piscina con cama de burbullas, camas térmicas, sauna filandesa, baño turco, terma romana, fonde xelo,duchas bitérmicas, sala de relaxación e unha degustación de tés.

Si se quere aumentar o nivel de benestar pódese disfrutar dos tratamentos hidrotermais recetados por un médico especialista. Esa categoría inclue: baños de burbullas, hidromasaxe, ducha escocesa, inhalacións, irrigacións nasais e nebulización.

O hotel está moi ben situado, moi preto do Parque Natural Peneda-Gerés, onde poden versos unhas paisaxes das áis bonitas de Portugal, o zona da Peneda e Castroleboreiro son únicas.

 

DATOS E HORARIOS DE  APERTURA

Pecha soio os domingos pola tarde. O  horario normal é de 09.00 hrs a 21.00 hrs (Portuguesas)

INFORMACIÓN PRÁCTICA

Non esquecer traer: Bañador, zapatillas de piscina, gorro de baño Poden acudir: Homes, mulleres e nenos Edade mínima requerida: 16 anos No Hotel ofrecen albornoz na área de tratamentos.

 

 

Link para ampliar:

 

Termas de MonÇao

 

Hotel Bienestar Termas de MonÇao

 

Spanatura

 

Plan B.

 

Tesal Explotación S.L.. Balnearios e talasos.

 

 

Bibliografía

Polos vieiros do vello Miño. O autor é Estro Montaña  Editado por Nigratrea no 2005.

Tamén ten unha boas fotografías, neste caso de Tono Arias.

Volver