Balneario de Arnoia

 

Balneario de Arnoia. Concello de Arnoia (Ourense). Descoñezo o autor da foto.

Balneario de Arnoia. Entrada. Foto Secundino Lorenzo

Un dos moitos servicios que ten este Balneario.

Descoñezo o autor da foto.

 

Como chegar:

 

Na A-52 pódese coller a saída 252 a Ribadavia e logo preguntar e coller a OU-402 que leva a Anoia onde está perfectamente indicado o Balneario.

 

 

 

Coordenadas    42,258388   -8,153771

Ver Google Maps

 

 

 

Historia:

 

Preto do río Miño existía  un manantial de augas termais chamado A Reza, que cando se fixo o encoro de Frieira perdeuse.

O Balneario de Arnoia recuperou estas augas termais. Este Balneario marcou o arranque  do aproveitamento hidrotermal da provincia de Ourense; en 1990 a Fundación San Rosendo decidiu recuperar o manantial e aproveitar a súa calidade terapéutica.

 

 

As augas:

 

Hipotermais de mineralización débil, sulfuradas-bicarbonatadas, fluoradas, Ph cerca da normalidade. A temperatura de surxencia é 22º C.

Augas especiais para combatir os reumatismos, as afeccións dermatolóxicas, respiratorias, o estrés, tratamento de beleza, e procesos postquirúrgicos e postraumáticos.

 

Nota sobre as augas termais

 

 

Servicios actuais:

 

Los servicios son os típicos de Caldaria ou sexa por un lado as técnicas de hidroterapia con baños de hidromasaxe, de burbullas, Niagara e ducha circular; por outro lado a masoterapia con masaxes parciais e completos, deportivos ou con pindas e drenaxe venoso, ademais da rehabilitación con electroterapia e fangoterapia.

Tamén teñen un completo servicio de estética facial e corporal e os tradicionais circuitos termais con piscinas. O Balneario de Arnoia dispón de interior e exterior ou sexa termarium e cronoterapia. Sempre convén mirar as ofertas de cada un dos Balnearios.

O lugar é unha auténtica marabilla, por un lado e de frente ten o río Miño que nesta zona é o encoro de Frieira, logo ao saír a esquerda comenza unha ruta, a ruta do Caneirón, polo río Arnoia, xa que desemboca xusto a poucos metros. A ruta é marabillosa e permite realizar uns paseos que tamén son terapia.

Neste link da miña propiedade tendes fotografías desta ruta que fixen nunha das miñas estancias neste Balneario único.

 

Fotografía do río Miño dende a ruta. Foto Secundino Lorenzo.

Fotografía do río Arnoia dende a ruta. Foto Secundino Lorenzo.

 

Link para ampliar:

 

Servicios do Balneario de Arnoia.

Youtube Arnoia Balneario.

Balneario: precios y ofertas.

 

 

Bibliografía

Balnearios. Vive Galicia. La Voz de Galicia. 2015

 

 

 

Volver a augas termais Miño en xeral.

 

Volver a disfruta do Ribeiro.