Buscando ao raio verde da posta de sol.
Escribe: Secundino Lorenzo.
Levo anos buscando o raio verde nas postas e saídas de sol e poder sacarlle unha fotografía, en calquera lugar, pero en especial en Galicia e na desembocadura do río Miño en particular.
Pero non hai maneira de atopalo, sin dúbida é moi esquivo. A fotografía está feita na desembocadura do río Miño. Para mín, un lugar onde vín as mellores postas de sol.
Fot. Secundino Lorenzo.
Non hai forma, non sae na fotografía… Camposancos. Desembocadura do río Miño
Fot. Secundino Lorenzo.
Ese día tampouco… Desembocadura do río Minho en Caminha, dende Santo Antào.
Fot. Secundino Lorenzo.
As Illas Cies e unha posta de sol, dende Vigo. 1980.
Neste lugar está a verse o raio verde.
Fot. Secundino Lorenzo.
As Illas Cies dende a Praia de Samil. Unha fotografía que me gusta persoalmente, feita cun teleobxetivo olympus. Espectacular pero...de raio verde nada. 1981.
Fot. Secundino Lorenzo.
Sirva como mostra estas fotografías das moitas que teño sacado de postas de sol e amenceres, moitas tamén en Canarias, na Illa da Palma onde estuven dous anos traballando (1978-79) e onde naceu a miña afección a fotografía; claro que daquelas non sabía nada do raio verde...
Esta para mín, sensacional fotografía, e un amencer na illa da Palma, concretamente en Sta. Cruz da Palma, no ano 1978. O que se ao ve lonxe e o Teide (Tenerife), hai 120 km. máis ou menos dende a Palma. Moitos dias dende a azotea da casa onde vivíamos saquei estas marabillas, pero nunca vin o raio verde. A luz que teñen as Canarias é única...Cantas lembranzas como esta...
Fot. Secundino Lorenzo.
![]()
Posta de sol na illa da Palma. Nin rastro de raio verde. 1978.
Fot. Secundino Lorenzo.
Posta de sol na illa da Palma. Nin rastro de raio verde. 1978.
Fot. Secundino Lorenzo.
Pero, ¿qué é o raio verde dunha posta de sol ou dun amencer?
O fenómeno coñecido como raio verde empezou a popularizarse tras o éxito dunha das novelas do escritor francés Julio Verne, chamada "La reyon vert" ou en galego "O Raio Verde", de 1882. Nela nárranse as aventuras de Sam e Sib Melvilla, que buscan unha posta de Sol onde se poida ver o famoso raio verde, ese esquivo fenómeno óptico atmosférico. Sam e Sib sabían e coñecían a famosa lenda escocesa "...si unha parella logran ver o raio verde xuntos, quedarán automáticamente namorados e descubrirán o amor verdadeiro..." .
Este curioso fenómeno existe, pero non é moi correcto llamalo raio verde. Non é un raio nin ten por que ser verde, xa que pode ser tamén dunha cor azulada, amárela ou cor violeta. Vou manter o nome de raio xa que non sei como chamalo e pensó que así nos entendemos…
O raio verde é un fenómeno natural que se produce pola refracción e a dispersión da luz solar cando o sol se atopa preto do horizonte, sexa pola mañán o amencer ou pola tarde no anoitecer. Ao achegarse o Sol ao horizonte, a refracción atmosférica separa as distintas cores do noso astro solar, debido as lonxitudes de onda distintas de cada cor. No bordo superior do sol veremos, por esta orde, o violeta, o azul e o verde. Os tons violeta e azul son dispersados pola atmosfera, co cal hai un breve instante no que no bordo superior do disco apréciase un raio verde.
Tanto si queremos velo como si queremos sacar unha fotografía hai que estar moi atentos xa que seica dura sobre dous segundos. O que se chama visto e non visto…O consello é sacar video xusto cando está a punto de desaparecer o sol no horizonte e que dure un ratiño máis, xa que cando desaparece e cando pode ocurrir que se vexa...eu non tiña idea daquela...
Raio verde. Descoñezo ao autor da fotografía.
As condicións para velo, escribo resumindo ó que contan, eu de momento levo moitos anos vendo e fotografiando postas de sol, e non tuven a oportunidade de velo, non descarto poder velo algún día xa que me gusta moito fotografíar as postas de sol; as condicións son: buscar zonas da costa onde non exista contaminación e onde o horizonte esté limpo. Eu penso que é básico tamén que o sol se poña, esta condición é a que me leva fallado nos meus intentos...¡sorte! e xa sabedes o meu email. Esta páxina está aberta a esa fotografía...
Tomai nota netos e toma nota Emilio Rial, Javier Prada e outros amigos... quedo á espera do voso video. A foto sácase logo do video, perfectamente.
Neste video que poño a continuación vense como eu intento fotografialo, un ano si e outro tamén. Este ano 2026 pensei que ó conseguía, pero veredes que non:
Buscando o raio verde. Ano 2026.
Por suposto non ten por que ser na costa, vale calquera lugar onde se poña o sol.
Ver este video cunha explicación moi boa:
Neste primer video queda explicado perfectamente como se produce, tamén os exemplos son reais e moi claros. (2 minutos.)
Este video tamén merece á pena.
O segundo video é mais técnico, pero está tamén moi ben feito e enténdese... Juan Taboada é un meteorólogo que expón moi ben. A fotografía de Oscar Blanco tamén moi boa. (3 minutos).
Raio verde. Descoñezo ao autor da fotografía
Decir que para algúns ao ver o raio verde ven como un xenio da lámpara, xenio que concede desexos, e dá unha vida plena. Bueno.., ao mellor é certo…
Eu non creo nestas cousas pero si me gustaría ver algún día ese raio verde…
A partir deste momento mirarei as postas de sol ata o final…seguro que ó consigo. Tamén os amenceres pero estos teñen o problema de que non é doado saber por onde sae o sol...
Gustaríame que foxe na desembocadura do río Miño que ten unha das postas de sol máis bonitas de Galicia...Pero váleme calquera, por exemplo podería ser no Ribeiro en Ourense que tamén ten postas de sol marabillosas. Xa sabedes o meu email, mandai a fotografía e prometo que estaredes nesta web e neste pequeno traballo que tamén forma parte da miña páxina sobre o río Miño, á que podedes entrar escribindo en Google paimiño.es
Manda Juan Pipo esta referencia da Voz de Galicia: ó parecer una fotógrafa, Sandra Sánchez, de Chantada, logrou sacar unha fotografía do raio verde dende as Islas Cíes; a noticia é de 17 de xaneiro de 2020. Este é o link. Moitas gracias os dous. Seguimos...
Esta é a fotografía:
Raio verde. Fotografía nas Illas Cies por Sandra Sánchez.
Sandra Sánchez ten tamén un video, que sacou no porto de A Guarda, pero persoalmente non me gusta, xa que ó vexo como un engadido, sin continuidade. Foi publicado pola Voz de Galicia neste link.
--o--
O día 5 de setembro mándame o meu amigo e veciño de corazón de Alberguería (o seu pai naceu en Alberguería na Veiga Ourense, un pobo asolagado polo encoro de Prada en 1958. Pobo do que son tamén veciño, pero de corazón...ver albergueria.es ) Javier Prada, unha referencia ao raio verde sacada do Faro de Vigo:
Ver este link. O título "El escurridizo rayo verde se deja ver desde Costa da Vela"
O video é de Miguel Andújar.
A Javier Prada darlle as grazas e decirlle que conto no futuro coa fotografía do raio verde, sei que mais que escurridizo e caprichoso, seguramente é teimoso, pero haberá que estudar como son esos caprichos e esas teimas. Javier vive nun lugar marabilloso que se chama Vigo e eu estou seguro que si o raio verde ten teimas, seguro están relacionadas coas illas Cies...
¡Ánimo e xa sabes: tés a miña páxina desexando recibir ese traballo!
Volver a Río Miño.
Volver a Ríos Galegos.
Volver a Exaprin Ribadavia-Vivencias