A freguexía de San Mamede de Vilasouto
está enclavada no Incio e ten unha extensión de 7.5 km/2 . Está formado
como xa está dito por tres pueblos: Vilasouto, Calvos e Belesar.
O topónimo Vilasouto está
bastante claro, pero aportamos o dato de que nun documento do ano 982
recopilado no libro Becerro de Samos se denomina "villa sauto",
derivado da voz latina villa e dos "saoutos" , soutos, ou
castañais. O final o que queda é que Vilasouto equivale a villa de
soutos ou villa de castañais. Unha gozada da natureza...
Efectivamente en Vilasouto hai uns
soutos marabillosos, un pouco máis abaixo tendes unha fotografía e na
páxina porei uns cantos. Os soutos de Vilasouto, aparte de dar unhas
castañas incribles de boas, son unha despensa tamén fora de serie
de cogumelos, pero desto tratarei noutro apartado da páxina. A micoloxía
é unha das miñas afecións dende fai moitos anos.
Volver a menú
Demografía:
Habitantes na parroquia. Datos da wikipedia.
Gráfica de evolución demográfica de Vilasouto (parroquia)
entre 2000 y 2020 |
|
Datos según el nomenclátor publicado
por el INE. |
Nota
importante:
No
diccionario de Sebastián Miñano, ano 1820, a Parroquia
de Vilasouto tiña 100 veciños.
Según o
Diccionario de Pascual Madoz, ano 1850, a Parroquia tiña 78
veciños.
Según o
Catastro de Ensenada do ano 1750 deduzco que os veciños da
Parroquia de Vilasouto pasaban de 100 toda vez que está
recollido o dato "Casas: hay en
esta feligresía 74 casas habitables y 14 deshabitadas", ver os
datos da entrevista feitos no catastro de Ensenada.
Habitantes do pueblo de Vilasouto
Aldea
Gráfica de evolución demográfica de Vilasouto (aldea) entre
2000 y 2020 |
|
Volver a menú
Xeografía e hidrografía:
En 1996 tiña 94 habitantes que pasaron
a ser 79 no 2006 (por certo 33 homes e 46 mulleres). Os últimos datos
que coñezo son do ano 2017 e son 48 habitantes.
Os seus límites figura no mapa
anterior.
A súa formación xeolóxica resúmese en
catro tipos diferenciados de formacións rocosas:
a/ Unha maior parte de esquistos con
alternancias de pizarras, ou filitas e cuarcitas. Corresponden o
silúrico.
b/ Outras aparecen cuarcitas e
pizarras alternándose. Propias doutro período. Cámbrico medio.
c/ O mesmo pero doutro período neste
caso o Cuaternario. Ordovícico inferior.
d/A menor de todas que son aluvióna e
coluvións que son propias do Cuaternario.

Os montes son de escasa importancia e
destacan A Serra de Trasmonte (583 m.), A Medorra, Agro de Sta.
Cruz, As Veigas (543 m), o monte Agudo (539 m) Pereiro e O Alto pero xa
son cotas inferiores.
O río principal é o Mao que en
Vilasouto figura embalsado e logo hai pequenos regatos. Co encoro
quedaron asolagados os muíños da zona do encoro.

Sensacional lugar de castañas e outros árbores.
O terreno é moi productivo, e hai
abondosos árbores frutais e bons soutos de castiñeiros e carballeiras
con carballos de gran tamaño. Ver o Catastro do Marqués da Ensenada onde
se demostra esta riqueza.
Volver a menú
Prehistoria e Historia:
Vilasouto xa se menciona no ano 982,
no "Corpus medieval" de Samos. Durante a edade Media pertenceu ó
Mosteiro de Samos.
Copio literalmente o traballo
sencional de Luís López Pombo que cito na bibliografía:
"...Son estas terra sumamente ricas en
yacimientos arqueológicos, algunos con más de cinco mil años de
antiguedad, pues los primeros habitantes dejaron aquí su impronta
cultural como es la estación de petroglifos de "Agro do Pepe", la cual
por circunstancias de un mejor regadío en la comarca monfortina fue
necesario hacer la presa de Vilasouto, y sus aguas mantienen anegadosd
la mayor parte del año estas importantes muestras de Cultura Rupestre,
no obstante no es la única manifestación cultural de aquellas lejanas
centurias, sino que han llegado a nosostros otras muestras de la misma,
en este caso en el lugar denominado "trasmonte en O Penedo da
Ferradura", quedan un nutrido grupo de grabados y cazoletas que obedecen
al mismo período histórico.
Los habitantes de los castros no
estuvieron ausentes en esta zona y de los mismos restan un buen número
de yacimientos castrexos, algunos relativamente bien conservados, otros
en peor estado y la mayoría de los mismos fueron romanizados, es este el
caso de Belesar, cuya acrópolis mide 70x42 cm.
Con la caída del imperio romano en el
año 476 surge aquí un largo período de más de quinientos años en que
apenas sabemos nada de quienes habitaron la actual feligresía, quienes
eran, de donde procedían, hasta que en el 982 aparece la primera
referencia documental recogida en el libro Becerro de Samos y en el 1075
era dueño del lugar de Vilasouto, Dª Ermesenda que había heredado de sus
padres los Condes Nuño Nuñezy Onega Peláez estas posesiones, dejadas en
donación a los monjes de Samos, si bien treinta y dos años despues
vuelven a ser tierras objeto de otra nueva donación a dicho cenobio, por
parte de Ermesenda Rodríguez, cuyas posesiones llegaron a recaer en los
condes de Lemos de quienes dependieron sus habitantes hasta bien entrado
el siglo XIX, en que pasaron a formar parte del incipiente municipio de
Rendar..."
Hasta aquí el resumen de la historia.
Historia que es también la de Calvos y la de Belesar.
Volver a menú
---o---
Búsqueda de datos: Outras fontes.
Ata aquí o resume da historia, contada por Luís López
Pombo . Historia que é tamén é a de Calvos e a de Belesar, así como os
pueblos que quedaron debaixo do encoro de Vilasouto.
Si queredes profundizar tanto na historia de Calvos, como
na de Belear ou Vilasouto, tendes unha historia moito máis completa na
ficha de O Incio desta web, onde Luis López Pombo ten un estudio resumido pero moi
ben feito e que escribín completo.
Para investigar máis tendes dúas xoias: en primeiro lugar
o Catastro do Marqués de Ensenada, feito entre 1750 e 1754, moi
interesante xa que fala de onde se vivía, cómo, qué se cultivaba e moitas máis cousas.
Sabedes que o catastro físoxe con entrevistas baixo xuramento a membros
dos pueblos principais.
En segundo lugar tendes outra xoia, probablemente en Lugo
na Diócesis de Lugo onde se gardarán os Libros Parroquiais. Son básicos e
digo esto xa que eu os teño utilizado, doutro pueblo, e non é dificil a
partir deles facer árbores xenealóxicos e un longo etc. Basta partit dun
acta de bautizo para tirar para atrás o que se queira. Neste caso ata o
século XVIII.
Poño unha referencia dos libros parroquiais de San Mamede
de Vilasouto, unha auténtica xoia:

Nova igrexa de Vilasouto

Libros Parroquiais de San Mamede de Vilasouto
Estos son os libros parroquiais
que existen actualmente. Nótese que hai libros dende 1714, polo tanto é
moi doado facer investigacións, aparte hai libros de todo:
nacementos, bautizos, matrimonios, defuncións e outros.
Así
que xa sabedes: si queredes investigar de
onde se ven, pedir certificados de bautismo e tirar para atrás que é moi
fácil. No bautismo xa veñen os pais e os testigos. Logo pedir as dos
pais e así sucesivamente. En Calvos pode resultar moi curioso dende
logo…
O
problema é onde están esos libros e como se ten acceso.
Investigarei: O lóxico é que estén en Lugo na Archidiócesis.
Non creo que estén na igrexa en Vilasouto.
Ollo poño estos
datos de onde chamar ou dirixirse, Diócesis de Lugo:
Tfno para enterarse: 982 231143
Email para llamar e ver que pasa:
diocesisdelugo@diocesisdelugo.org
Sei
que hai xente en Calvos que lle gustaría facer esa investigación, que
sepa este camiño que ademais da resultado, eu fíxeno cun pobo
Alberguería (A Veiga- Ourense), que quedou debaixo dun encoro en 1958 e
conseguín cousas incribles. De feito teño unha web
https://www.albergueria.es coa
historia dese pueblo. Lembro por exemplo que gracias o derradeiro
bautismo conseguín a madriña de un amigo e fíxolle este amigo unha
visita en Arxentina, incrible dato. Alí conocéronse e hoxe disfrutan
deso. ¡Marabilloso entre outras cousas!.
Xa sei onde están os archivos de
Vilasouto:

Aquí tendes o comenzo
da investigación.
Pulsando no link de
archivo da parroquia de San Mamede de Vilasouto:
Aqui teneis digitalizados los de Lugo.
Aquí teneis unha web dedicada a este tema. Aquí explican como
debemos hacer.
En calquera caso
podedes ir directamente e preguntar no teléfono 982231143 ou
982231143.
Volver a menú
O encoro de Vilasouto:

Encoro de Vilasouto. Presa.

Mapa dibuxo do encoro de Vilasouto
O encoro de Vilasouto está situado no concello de
O Incio, e afecta as parroquias de Vilasouto, Eirexalva, Goó e
Rendar, todos do concello de O Incio, comarca de Sarria, provincia de
Lugo. O encoro está construido sobre o leito do río Mao.
O encoro ten unha capacidade de 20,45 Hm3 e ocupa 113 Ha. Acada unha disposición de rego de 6000 m3/Ha.
As súas dimensións cheo é de 2,7 km. de longo por 1,7 km.
de ancho máximo.
Ten unha lonxitude de coronación de 335,50 m. e
unha altura de 59 m. A presa está a poucos metros das casas do lugar de
Outeiro en Vilasouto, 448 m.. Tamén queda a 615 m. da igrexa nova
de San Mamede de Vilasouto, e 589 m. da vella igrexa. Son datos
curiosos.
As augas do encoro de Vilasouto están entre as parroquias
de Vilasouto, Goó e Eirexalva. Forma parte da conca do río Mao.
Foi construído en 1969 e o seu labor era abastecer de
auga de regadío ao Val de Lemos e abastecer de auga as poboacións. Os
canais que foron construidos para regar Bóveda, Monforte e Sober tiñan
78500 m. así como 147000 m. de pequenos canais de rego.

Encoro de Vilasouto entrada na parroquia de Eirexalva.
O encoro anegou partes dos lugares de Vilasouto, como
algo do Barrial e Outeiro, lugares como Vilanova e Herrería, tamén
as ruínas do Batán e anegou a escola
do pueblo.

Mapa da presa do encoro de Vilasouto. Google Earth.
As súas coordenadas: 42.661171 ,
-7.423959
O encoro está a 464 m.s.n.m.
O redor do encoro pola parte de Vilasouto hai todo un
recorrido de plantación de árbores e arbustos de ribeira, feito con
moito gusto, entre a presa e a antiga igrexa de San Mamede. Nese lugar
hai mesas, asentos e elementos para facer a brasa un bon churrasco, por
exemplo.
Deixa, cando está cheo, anegado o Petroglifo do Agro do
Pepe.

Nesta mapa de 1943 pode verse ou intuir ó que anegou.
É curioso que no lugar de A Lama, en Calvos, pón Villasoto.
A presa fixéronna por riba da ponte do camiño que sae de
Vilasouto, pasando por Outeiro e que cruza máis abaixo o río
Mao, antes de chegar a central eléctrica (ver mapa).

Vista dende o cemiterio da igrexa antiga de San Mamede de
Vilasouto.
Nota: as fotografías nas que non figura o autor son do
que escribe a web.
Tamén foi o motivo, cousa que non entendo, para facer
unha igrexa nova en Vilasouto e non usar a de San Mamede de Vilasouto,
que actualmente estase a repoñer xa que estaba media destruida.
Detrás da igrexa está actualmente o cimeterio da
parroquia.

Atardecer no encoro do Mao.
Actualmente toman a auga deste encoro,
entre outros, os pueblos de Bóveda
e Laiosa .

Así estaba o encoro de Vilasouto o
19/05/2023.

Vista xeral ese mismo día
19/05/2023. Estaba ao 80% Un pouco verde xa ao pé da presa, como podedes
ver nestas fotografías.

Ver como
está o encoro de Vilasouto neste momento pulsar este link.

Si queredes podedes
visitar este encoro tamén gracias a
google
maps.
Volver a menú
Arquitectura popular:
Copio do libro de Luís López:
"...A pesar de los avances en el campo
de la construccion donde las viejas viviendas van siendo sustituidas por
modernas casas tipo chalet, todavía es posible hallar aquí encantadoras
cosas de labranza que conservan en buena medida su primitiva estructura
y forma , donde la pizarra y el barro se conjugan en una perfecta
simbiosis y complementando todo ello con madera: uno puede admirar
esas sencillas pero cómodas moradas donde no falta el "corral" o patio
descubierto, o las "solanas! con salientes aleros, formando por
techumbre de buenas piezas de pizarra, soportadas por las viejas vigas
de castallo. Qué lastima tan grande el que poco a poco se vaya perdiendo
ese patrimonio etnográfico verdadero legado de nuestros antepasados..."

Recén retocada a fachada,
ano 2023, segúindo a patrimonio: fachadas das de antes,
ventás de madeira, pizarra no tellado, un exemplo do que di
Luis López no artigo anterior. Casa Bica en Calvos. Fot.
Secundino Lorenzo.

Outra casa típica de Lugo. Fotografía de Sergio López.
Volver
a menú
Patrimonio de Vilasouto:

Casa Palacio de Calvos.
Vilasouto ten moito que ver
aparte das dúas igrexas, hai edificacións civis como a casa Palacio
de Calvos, ou a casa Grande de Belesar. Foto Luís
López. Esta casa, o Palacio de Calvos, ten unha amplia historia no apartado do pueblo de
Calvos.

Casa grande de Belesar. Fotografía de Luís López
Sobre a casa Grande
tendes un bon traballo de Luís López Pombo publicado en internet,
este é o link. O propietario é Manuel Gasset Dorado. Seica hoxe
é unha residencia ocasional.

Esta fotografía é do
que escribe, é de maio de 2023, non puden nin baixar do
coche, estos dous cans impedíronno, que lle vou a facer.
A casa vese moi ben conservada. A balconada, e un
corredor, as columnas son típicas da zona, dalle o
sol todo o día; as dous balcóns éntralle o sol pola
mañáns...Boa orientación si Sr. Cousas...
No grupo de fotografías,
sacadas do libro publicado por Leader II no ano 2000, ver
bibliografia o punto (4), aparece a Casa Grande de Belesar
ou Pazo de Belesar e sobre todo a entrada en bóveda de canón
realizada en laxes de lousa. Esta entrada non se ve nas
primeiras fotografías. A casa está situada nunha ampla
pradería e rodeada a pouca distancia polo río Mao...Marabilloso
lugar.
Tamén moi preto, a carón da
antigua igrexa está o petroglifo del Agro do Pepe. Foto Luís López.
Ten tamén dous petroglifos moi
importantes, tanto que teñen unha ficha aparte nesta web:
Son os
petroglifos de Agro do Pepe, situado a 1 km. de
Vilasouto e preto da igrexa antigua, a decir dos entendidos unha
auténtica xoia, pero que está a ser maltratado doblemente, unha polo
encoro cando sube que ó tapa e anega e outra os vándalos incívicos
que se permiten burradas como escribir o nome e a data de visita.
Hai xente analfabeta funcional solta, sin dúbida...
Tamén o petroglifo da
Pena de Ferradura, situado en Calvos xa preto de Viloira,
outra marabilla que non está nin indicado, nin protexido.
Hai tamén unhas mámoas que se
chaman Mámoas da Seara de Arriba,
que están situadas na Serra de Trasmonte. A Necrópole ten cinco
enterramentos e ao parecer, haberá que comprobalo, está moi
afectada polos labores forestais, e seica se perdeu toda a masa
tumular.
Información sacada deste link.
Engado algúns datos aportados
por Toni Corujo, José Antonio Corujo Rguez., un veciño e amigo de Vilasouto, que me
consta que coñece ben todo ó que rodea a feligresía de San Mamede de
Vilasouto. Abro polo tanto unha ficha aparte, poñendo os datos que me
suministrou Toni, que aportou a maiores os datos oficiais destas
mámoas que o final llamarei da Cereixiña. Esta é a ficha destas
mámoas.

No lugar de Belesar (parroquia
Vilasouto), hai tamén dous castros, un é o Castro da
Casa Grande de Belesar,
do que hai referencias, bibliografía punto (4), onde dice "...no
ano 1968 preto da casa grande de Belesar, onde se atopou unha
escultura dun guerreiro galaico, posiblemente procedente deste
castro...". Este castro visiteino en maio de 2023,
ver esta ficha desta páxina web.
O outro é o
Castro de Belesar que está na
estrada que vai de Vilasouto a Laiosa, xusto o pasar a ponte, ir
atentos xa que a poucos metros a esquerda nace un camiño. Pois ben,
nese camiño a pocos metros está este castro.

O chamado Castro
de Belesar é moi interesante: "...formado por un só recinto,
rodeado por un terraplén que chega a acada-los 5 m. de altura. Na
zona SE onde se atopa a entrada, érguese algo de parapeto, aínda que
con pouca potencia...". É de forma elíptica e a súa acrópolis ten 70x42
metros.

O pasar a ponte coller o camiño da esquerda.

O Castro está a pequena distancia.
Penso que o Castro da
Casa Grande de Belesar está indicado neste mapa. Poño o interrogante xa
que non estou seguro.
Posteriormente atopei este
mapa que trae situado un Castro, entendo que é o Castro da Casa
Grande de Belesar. Podía aparecer dibuxado o Castro de Belesar
pero non indica nada.

Xa sabedes: si pensas e sabes que non é
correcto escribe o meu email.
Xa fixen a visita ao primeiro
castro, o Castro da
Casa Grande de Belesar en maio de 2023.
Un día destos visitarei o
Castro de Belesar do que fala tamén o libro da bibliografía (4)
no partado dedicado a O Incio e en concreto a Belesar en
Vilasouto.
Prometo fotografías e unha
ficha aparte.
Non moi lonxe temos tamén as Necrópolis
megalíticas, algunha como a de Santa Mariña (declarada BIC) dicen é
a mellor de Galicia.
O novo templo parroquial e o vello:

O novo templo de San Mamede de Vilasouto:
Copio do libro de Luís López:
"...Amplia y moderna construcción
levantada a consecuencia de haberse hecho la presa que embalsa aguas del
río Mao y de un buen número de arroyos que al mismo confluyen.
...Guardando la forma y el estilo más
tradicional de los templos rurales que hay en la zona; de nave
rectangular con lienzos hechos a base de lajas y marcaciones de puertas,
ventanas, relates de los muros en buenas piezas de granito, todo sellado
con cemento. El porche abierto en la frontal. La techumbre de pizarra...
Del primitivo templo fueron traídas de nuevo algunas tallas realizadas
en 1937 por el escultor Lastres y otras se realizaron en 1975..."

A antiga Igrexa San Mamede de
Vilasouto
Esta igrexa é do século XII, vese unha mezcla de románico e de barroco a parte dereita. Esta igrexa pasouno
mal en 1936 onde quedou case en ruína por un incendio. Hoxe esta
externamente en boas condicións, non así o interior onde faltan
moitísimos elementos e está parte levantada. En 1970 o facer o encoro de
Vilasouto aproveitouse e fíxose a anterior, a chamada nova.
Sobre as súas características
escribirei noutro apartado, xa que considero a esta igrexa unha
auténtica xoia. Na parte de atrás esta o cemiterio de freguesía ou
parroquia de Vilasouto.
Esta igrexa. a antiga igrexa de San
Mamede de Vilasouto, ten unha
ficha aparte, nesta web, como corresponde a súa importancia.
Tuvo un gran arranxo dos seus muros e do cabildo e ó máis
importante arranxar o tellado, e agora está a esperar un arranxo
definitivo no interior. Esperemos que así sexa...
Volver a menú
Festas da Sta Cruz en Vilasouto.

Cartel da festa de agosto de 2022. Unha pasada de
festa.
As festas de Vilasouto, as festas
patronais pasaronse para os días 2, 3, e 4 de agosto e conmemórase a Sta.
Cruz. Ver o apartado das festas xa que sigue a celebrarse na
igrexa a procesión solemne así como una misa que este ano 2022 foi
espectacular, actuou o grupo Sarricanta que nos deleitou cos seus
cantos en moitos momentos da misa. Tendes dous videos nesta misma páxina
web
no apartado de festas. Non deixedes de ver o video da procesión do
03/08/2022, e da misa coa actuación do grupo Sarricanta;
aproveito para felicitar a directora que por certo lle prometín que
tería este video, si non o da baixado de internet pois basta que
me envie un email e mándollo onde queira. O outro video é un anaco da
festa, coa sesión vermouth e pola noita coa actuación da orquesta GRAN
PARADA.
¡A seguir facendo estas festas, noraboa!
Volver a menú
Especial
parada de Taxis. Actualizado a maio de 2023.

Volver a menú