Entre os anos 1940 ata 1960 lévanse
a cabo en España os primeiros voos completos con fotografía aérea orientada
á producción de cartografía topográfica en Galicia, e por suposto en toda
España. O voo de 1956 foi un traballo de
cooperación entre o Exército do Aire de España e a
Forza Aérea de EEUU. Coloquialmente é coñecido como “voo
americano".
No que sigue son trozos da
fotografía que este voo americano sacou no cuadrante que corresponde a
Vilasouto no ano 1956. Curiosamente inda non estaba feito o embalse de
Vilasouto e o río Mao discurría marabilloso non moi lonxe de Vilasouto,
dando unha curba e vindo ata onde hoxe está a presa.
Por suposto que o voo americanos
sacou fotografías de toda a comarca de O Incio.
A Xunta de Galicia seguindo o
exemplo de outras comunidades como Andalucia, Cataluña, etc. está poñendo a
disposición de todos as fotografías completas de este voo americano.
Ver en despegue un destos avións
Beechcraft C-45 que foron usados no "voó americano" en España; este
modelo é moi parecido ao que sacou as fotografías
Entre marzo de 1956 e setembro de 1957, o Servizo de Mapas do Exército dos
Estados Unidos, a través da USAF, realizou un voo fotogramétrico que cubriu
todo o territorio nacional.
Foi un proxecto completamente militar, tanto nos medios empregados como na
súa finalidade.
O “Proxecto Español”, como se chamaba, comezou xusto despois de que a USAF
realizase o mesmo traballo en Italia. Daquela, Estados Unidos estaba en
plena estratexia de loita contra o comunismo, e España era un punto clave
nesa estratexia, tanto a nivel xeográfico como político. Neste marco hai que
entender o acordo entre o goberno franquista e o exército estadounidense
para levar a cabo un proxecto de enorme envergadura.
O plan establecido era utilizar seis avións Beechcraft RC-45 con base no
aeródromo de Xetafe (Madrid) e cos de León, Zaragoza, Sevilla, Albacete,
Palma de Mallorca, Barcelona, Valencia e o norte de Marrocos como apoio.
As cámaras montadas eran Fairchild T-11 de gran formato para fotografía
aérea e lentes Metrogon de 6 polgadas con f/6.3. O negativo utilizado foi de
70 mm, o que ofrecía unha definición notable.
Ata hai moi pouco tempo, a existencia destas imaxes aéreas era descoñecida
por case todo o mundo. En 2011, as autoridades militares, a través do Centro
Xeográfico do Exército (CEGET), levaron a cabo o proxecto de dixitalización
dos 60.000 cadros almacenados en 600 bobinas que conforman o "voo
americano". Hoxe, todo este material foi cedido ás comunidades autónomas e
confederacións hidrográficas que, en xeral, o puxeron a disposición do
público gratuitamente en Internet en imaxes en formato TIFF de gran calidade.
Fonte O Instituto do Estudos do Territorio (Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas - Xunta de Galicia) a través do seu
portal de Descarga de Información Xeográfica, recompilou os alambiques das
terras galegas para a súa consulta e descarga gratuíta (en pdf - 14mb).
Foron moitos os momentos de "emoción" ao comparar o pasado e o presente dos
pobos e terreos limítrofes, por exemplo na miña páxina web de Alberguería,
no concello de A Veiga en Ourense, houbo ata choros da xente, e mesmo eu,
que son o que fago esa web albergueria.es comprendín cando vín as
fotografías como foi realmente o pueblo de Alberguería antes de quedar
asolagado.
Repito podedes ver a web escribindo
en google albergueria.es. Un pueblo do que son fillo adoptivo dende o ano
2008.
O mismo pode pasar vendo as
fotografías coa xente maior de Vilasouto e outros lugares do río Mao que
quedaron debaixo do encoro de Vilasouto. Para mín é unha novedade ver como
eran as cousas realmente, imaxino como será para a xente que naceu nese
lugar.
Estou orgulloso de poñer algunhas
desas fotos e en calquera caso dar noticia de que existen e as podedes
consultar.
Basta entra na web ir o mapa
e selecionar Calvos ou o que sexa. Logo escoller o voo americano
serie B (abaixo, hai outras posibilidades) e no apartado de
capas adicionais (arriba a dereita) o voó 1956-57 e xa saen as
imaxes.
Ver en despegue un destos avións
Beechcraft C-45 que foron usados no "voó americano" en España; este
modelo é moi parecido ao que sacou as fotografías
Mapa do voó amaricano sacada no 1956 de
Calvos. Eu salvo a carretera actual que non está, o camiño sigue por riba, o
resto está moi parecido o de hoxe.
Esta é a imaxen sacada do programa da xunta relativo o
voó americano:
Voó americano 1956
Trociño dun mapa de 1943-1945 da
"Dirección general Instituto Geográfico y Catastral Trabajos
topográficos de la provincia de Lugo". Escala 1:25000 . Zona 3º
firmado en Madrid o 19 de marzo de 1944. O mapa está firmado por
un topógrafo e varios inxeneiros. A superficie está calculada con
planímetro "Reiss".
Aquí xa hai moitas cousas distintas
que chaman a atención: por suposto o río Mao a dereita e con esas casas de
Vilanova e
prados, a igrexa de San Mamede de Vilasouto, a ponte no río camiño de Eirexalva, por
suposto Vilasouto. En fin que disfrutes da fotografía, seguro que atopades
tamén a escola.
É posible entender moito máis cun mapa de 1943-44, que
remato de conseguir no Servicio Regional de Galicia-La Casa del Mapa-A
Coruña.
Unha mágoa que o ser de Monforte de Lemos , Vilasouto
quedou nun extremo, pero vouno poñer xa que nos axuda a entender como era o
lugar onde hoxe está o encoro e poder así comparar co mapa anterior.
Trociño
dun mapa de 1943-1945 da "Dirección general Instituto Geográfico
y Catastral Trabajos topográficos de la provincia de Lugo".
Escala 1:25000 . Zona 3º firmado en Madrid o 19 de marzo de 1944. O
mapa está firmado por un topógrafo e varios inxeneiros. A superficie está
calculada con planímetro "Reiss".
Este mapa confirma moitas cousas das afirmadas
anteriormente. Vexo que ten algúnha diferencia con "Villasoto"
que o sitúa donde hoxe é A Lama e tamén a carón da Illeira e do
Barrial; neste último caso poñendo Villasoto(1). Habería que investigar ó
por qué é así. En principio penso que Villasoto é o que pón (1) e logo
preguntarían en Calvos, no lugar da Lama e dixeron que era Villasoto,
ou algo similar.
Agradecer ao servicio estatal de mapas da
Coruña pola amabilidade e o trato que me deron solicitanto mapas antiguos do
municipio de O Incio.
Déronme varios mapas pero este é o máis
interesante, o que non trae é Santa Cruz do Incio, unha mágoa.
Básicamente confirma o voó americano
O seguinte mapa conseguido é un trozo do de Monforte de
Lemos do ano 1947:
O mapa é de escala 1/50000. e por suposto ten un peso grande
para internet, por eso poño un trociño.
O mapa é de tódolos xeitos unha xoia xa que permite ver como
era o río Mao na zona de Vilasouto, onde estaba Vilanova; detalles como que
en 1947 había un batán moi preto de onde hoxe está a igrexa antiga de San
Mamede de Vilasouto e tamén aparece Belesar.
Por certo aquí tamén aparece a escola de Vilasouto e entender
por que quedou asolagada.
En fin.
para mín unha xoia de mapa. é unha pena xa que o ser de Monforte de Lemos
trae a nosa zona no extremo de arriba. Unha mágoa.
Por último vou poñer unha comparativa entre o voó americano
de 1956 e hoxe, que fai o mismo programa :