CALVOS:  UN PUEBLO ESPECIAL

Calvos ten lugares sorprendentes, como o souto da fotografía ou como outras moitas cousas que sorprenderán os que visiten esta web;  lugares de moito valor, hai moitas sorpresas nesta relación:

 

Soutos marabillosos: tanto en Calvos como en Vilasouto.

 

Bon lugar para coller cogumelos. Qué podes atopar?

 

O alto da Santa: sitio  especial (570 m.s.n.m.) para ver a vía láctea e outros.

 

Chegar e ver o Petroglifo:   Pena da Ferradura, moi preto de Calvos.

 

Bonita ruta circular: Calvos-Escontrela-Castro Belesar- Vilasouto-Calvos.

 

Rutas de Vilasouto: a ruta das árbores e arbustos de ribeira do río Mao.

 

Un  ben patrimonial:  a igrexa de San Mamede,  unha xoia que hai que coidar.

 

  Visita ao petroglifo do Agro do Pepe, en Vilasouto. Unha xoia mal tratada.

 

  Sorpresa: As mámoas da Cereixiña, están a 400 m. de Calvos.

 

Pesca fluvial: ríos Mao e Cabe; especial río Lor. Posibilidades e axudas.

 

    Contemplar a vía Láctea, o triángulo de Verán, a estrela polar, algún cúmulos como o M13, estrelas dobles, etc. pode ser unha experiencia fora de serie. Tamén a lúa ou o anelo de saturno en ocasións, pero esto último xa require instrumentos ópticos.

Non esquezamos as Perseidas ou restos do cometa Swift-Tuttle, que entre o 10 de agosto e o 15 son unha festa. Por certo saen a dereita de Casiopeda.

salir.jpg (1925 bytes) Saír a  Calvos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Buscando a vía Láctea en Calvos.

Vilasouto-O Incio.

Mapa de Calvos e lugar do Alto da Santa (570 m.s.n.m) , 1,6 km de Calvos,  trátase dun lugar único para ver as estrelas e por suposto a via láctea.

Una vez alí hai que orientarse, suponse que a noite  está estrelada e  moi doado basta ver o mapa de arriba e o da baixo. onde está o Norte e onde esta O Incio, que é o Este.

 

Descoñezo ao autor da fotografía, sacada na Veiga, o mellor lugar de Galicia para ver a Via Láctea.

 

   Contemplar a vía Láctea, o triángulo de Verán, a estrella polar, cúmulos como a M13 de Hércules, estrelas dobles, etc. pode ser unha experiencia fora de serie. Tamén a lúa ou saturno en ocasións pero esto último xa require instrumentos ópticos.

A partires de maio poden facerse estas observacións da vía láctea perfectamente. Os meses de verán son especiais.

Non esquezamos as Perseidas ou restos do cometa Swift-Tuttle, que entre o 10 de agosto e o 15 son unha festa.

A fotografía non é miña, pero podía sela. En Calvos temos un lugar para ver a Via láctea e outras cousas marabillosas como algunhas constelacións famosas, algún cúmulo de estrelas, estrelas dobles  e outras cousas. Explicarei onde e darei algunhas normas.

Este lugar de Calvos é tamén único, realmente o ceo de Calvos e de Vilasouto é especial e da moito xogo. Si non,  ver este video que fixo José Camilo López Pérez, con dron e a técnica do TimeLapse en Vilasouto, onde a luminosidade que hai non é a do alto da Santa.

 

   

Ramón María Aller Ulloa (1878-1966)  ten un cráter na Lúa co seu nome.

 

Son simplemente afeccionado inda que a miña especialidade son os estudios de Ciencia Matemáticas, que fixen entre  1963-68 na USC,  onde tiven a matería de  Astronomía nun dos cursos, precisamente  cando inda vivía Ramón María Aller,   gran astrónomo galego. De esos tempos ven esa afección. Lembro de facer prácticas en Santiago e buscar estrelas dobles así como calcular a hora tendo en conta o paso polo meriadiano dunha estrela.

A fotografía do 27/06/2017 , da noite vendo as estrelas, da que descoñezo ao autor,  é de A Veiga en Ourense onde hai o lugar apropiado e mellor de Galicia, a 1500 m. de altitude, e que  ten o certificado "Starlight" e está a ser unha pasada, xa que na zona hai lugares onde se pode  pernoctar e pola  noite  facer unhas activades e  polo día  outras relacionadas coa natureza. O mismo pode facerse no Incio onde hai esas posibilidades, inda que non se teña o certificado.

Pódovos asegurar que nunha noite estrelada, nese lugar que falo, o alto da Santa, a 1,5 km. de Calvos, e que ben coñecemos os veciños de Calvos,  pode verse a vía láctea e todo o demais. A luminosidade é moi baixa e normalmente está sin nubes, sobre todo no verán. Un bon lugar. 

Na bibliografía tendes unhas fotografías fantásticas sacadas na zona por José Camilo López Pérez, fotos que farán que collades afección a estas observacións nocturnas.

Esta é unha mostra:

Vía Láctea no Incio. Fotografía de José Camilo López Pérez.

Fotografía sacada deste link.

Deste mismo autor é este video sacado dende "O alto do Coto" en Bóveda" e que mediante unha exposición especial permite ver como se moven as estrelas nunha noite, secmsacional os traballos de José Camilo López:

 

Fotografía tomada da "circumpolar feita por José Camilo López"

Video da circunpolar.  feita o 03/09/2022

Por certo dende o noso mirador de Calvos, "O alto da santa" vese o mirador de Bóveda "O alto do Coto", o noso mirador "gardando as disatancias e o decoro", non é nion ese pero para nós vale.

No mapa tendes o "Mirador do Coto" e por suposto "O alto da Santa" o noso mirador, entre os dous soio hai 14 kms. O mirador do coto esta a 677 m.s.n.m. O alto da Santa a 566 m.s.n.m.

Por certo, tamén  na bibliografía utilizada neste traballo hai un libro curioso que fala sobre cousas de Calvos e nese libro,  no número 12,  fala do "alto da Santa"; como é unha curiosidade,  e ven a conto,  copio o texto:

"...12. A sta. Cruz.

       Hai moitos anos apareceu a imaxe da Santa Cruz na Serra Dabaixo, no que agora é o Alto da Santa. Houbo unha grande discordia porque a querían os de Noceda e tamén os de Vilasouto, pero os de eiquí poidemos máis e a Santa veo para Vilasouto..."

Carme Aira , "Primavera de Outono". Ver Bibliografía.

Este é o ceo que hai en agosto:

Ceo de agosto: espectacular

Observar tamén a via láctea.

Pero que é a via láctea:

Ë esa cinta luminosa que hai por exemplo no dibuxo anterior que se extende dende o nordeste ata o sudoeste. No dibuxo vese perfectamente as constelacións que atravesa de norte a sur, tamén a división que fai en Cisne e finalmente xuntase no sur outra vez.

Si a podéramos ver de lado sería como unglobo hinchado no medio; vista de lado sería como unha roda de fogos artificiais con tres brazos.

A vía láctea vista de frente. Parece un globo hinchado no medio.

Vista de lado parecen fogos artificiais ou espirais. O Sol estaría onde aparece a flecha.

A su edade estímase en 16 mil millóns de anos. O noso sol é unha estrela da via Láctea ver a figura.

O mellor mes para vela son os de verán e dende logo en Calvos no alto da Santa é espectacular.

A via Láctea é a galaxia onde está o sistema solar, e polo tanto a terra.

Mira este video para poder entender o que é a vía Láctea.

 

Pequena broma miña co enderezo.

 

 

---o---

Aquí porei a busqueda da Osa maior que é moi doado e logo buscar a estrela polar.

 

Axuda para ver a estrela polar;

Localizades o norte  e dependendo da hora buscades o carro, tendelo no mapa,  é a OSA MAYOR.

Métodos para atopar a polar, e algunhas consideracións.

Método 1: o mellor.

O carro ou cazo sempre está o norte. Si contades cinco veces a distancia entre Dubhe e Merak xa tendes a ESTRELA POLAR, QUE SEMPRE ESTÁ NO MISMO LUGAR, É MARCA O NORTE. A polar sempre se atopa nese lugar, o que xira é o carro en sentido contrario as agullas do reloxo. (Proba evidente de que a terra é unha esfera, e nós soio vemos a Osa Maior, no Sur da terra non teñen ese previlexio).

Neste mapa tendes a Osa Mayor, A Menor que é onde está a estrela polar, tamén está dibuxada a Via Láctea e as constelacións Casiopeda e parte de Perseo. Borrei o resto para centrarme na Polar. Non falo da Osa Menor xa que as súas estreles teñen moi pouco brilo, o brilo mídese o revés. Exemplo: das sete estrelas do carro a que máis brila é Alkaid e ten un brilo de 1,85,  Dubhe 1,79, a polar varia pero por ai anda con 1,97, Alcor casi non se ve, magnitude 4. Na Osa Maior seis delas  de 2ª magnitud en brilo. Ou sexa rondan o brilo 2.

Brilo das estrelas:

A medida é similar as temperaturas. O Brilo é a cantidad de luz que recibimos o observala en certas condicións. A súa medida  débese  a súa medida a unha muller Henriettra Swan. Por certo que pouco están consideradas as mulleres científicas e canto fixeron en investigación. Hai moito ignorante solto...

A estrela máis brilante é sirio brilo -1,47. Está na constelación Canis Menor no sur.O rei Arturo é das máis brilantes no ceo de verán con -0.05 de brilo, magnitude 0. logo enseñarei a atopala. Vega vese no verán,  forma parte do triángulo de verán e ten magnitude 0. Tamén enseñarei a atopala.

O brilo vai logo de -1,47 ata 6. A escala é logarítmica. Eso quere decir que de brilo 1 a brilo 2  non e o doble, depende da base.

Por certo Mizar é unha estrela doble, a outra chámase Alcor.

Método 2: non tan bon.

Si localizades Casiopeda, ver no dibuxo, é una W, e unides coa cola da osa Mayor, no medio tendes máis ou menos a polar. Non está mal pero tendes que localizar as dúas constelacións.

Sa sabedes onde está o norte.

---0---

Atopando o triangulo de verán ou "as tres belezas do verán":

Aquí tendes o dibuxo do ceo en verán onde borrei todas as constelacións para centrarnos no triangulo de verán e logo un pouco en Hércules. Dúas constelacións doadas de atopar.

Tamén poño este fantástico dibuxo deste triángulo, sacado de internet.

Realmente bello este triangulo, merece a pena disfrutalo dende Calvos, en Vilasouto. O Incio. No alto da Santa.

O triángulo de verán está formado por tres constelacións: Cisne,  Lira e Águila

Método 1 para localizar o triangulo ou tres belezas do verán:

Bastará mirar o centro celeste e atopar calquera as grandes estrelas que tendes arriba. Por exemplo Vega na constalación de Lira é a estrela máis brilante do ceo no centro,  ten un brilo de magnitude 0 espectacular. Lira é un rectángulo regular de catro estrelas pouco brilantes o seu carón está Lira. Semella unha lira e vega sería a manixa da lira.

As outras constelación Águila, semella eso un águila coas ás abertas e na cabeza Altair.Altair ten un brilo de 0.77 ou sexa moitísimo brilo, magnitude 0.

A outra constalación é a Cisne, realmente parece un cisne, o unha cruz, e nesta constelación esta outra estrela deneb, o seu brilo é 1,25 é polo tanto moi brilante. Sería a cabeza da cruz .

Eu penso no hai problema lembrar: as tres estrelas formando triangulo, pero tres estrelas de magnitude alta, brilan moito, moitísimo no ceo.

Método 2 para localizar o triangulo:

Este método consiste en prolongar una recta formada por dúas estrelas do carro ou cazo, concretamente as dús paralelas as que teñen nome Merab e Dubhe. Ir observando e chegar ao triángulo polo medio crúzase o dragon pero esta é unha constalación para mín dificil, queda a esquerda a osa menor que tamén é dificil xa que son pouco brilantes.

Aquí está a recta dibuxada e como se chega o triángulo.

 

Nota: deixei Hercules a propósito:

En Hércules está a M13, que son nada menos que 100.000 estrelas xuntas, o que se chama cúmulo globular, seica a simple vista é como unha estrela de magnitude 5 nun ceo perfecto. Habera xente que a vexa, eu nunca o logrei salvo cun anteollo ecuatorial que teño dende fai moito.

O cúmulo M13 pode verse con prismáticos o problema é a vibración. É espectacular. O normal é pasear os prismáticos entre as dúas estrelas eta e dseta pouco a pouco.

Hai unha búsqueda da M13 unindo Vega e Arturo. Arturo é unha estrela de moi brillo que  que se atopa prolongando o rabo do carro como podedes ver no dibuxo. É unha estrela moi doada de buscar.

É das primeiras que se localiza despois do carro e a polar.

Vega tamén.

Pois ben si unides ao pasar por Hércules tendes a M13 que no dibuxo esta con un símbolo de moitas estrelas.

Dende logo a M13 é espectacular. Hai libros que contan que son máis dun millón de estrelas xuntas.

Esto pode verse dende Calvos-Vilasouto O Incio.

¡Que disfrutedes que este pequeno traballo.

---o---

 

Bibliografía deste apartado da web:

 

Libro "El cielo a simple vista y con prismáticos" Pierre Bourge-Jean Lacroux

 

Libro "Guía de las estrellas" W. Widmanin-K. Schüte

 

Os meus coñecementos.

Tendes en internet, concretamente en Facebook fotografías de José Camilo López Pérez marabillosas e feitas dende moi preto de Calvos, concretamente dende O Oural e tamén lle gusta moito o alto que hai por riba de Teilán. As fotos son extraordinarias.

José Camilo López Pérez ten traballos na rede marabillosos.

   Ver o seu Facebook.

 

Exposición de fotos nocturnas en Monforte. A Voz.

Exposición en Monforte o 02/02/2018.

 

 

Libro de consulta Calvos utilizado neste apartado .

 

Libro "Primavera de outono" No país de chove, non chove, chove. Carme Aira.

 

Volver ao principio..

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Calvos especial:  os ríos preto de Calvos

O río Mao

ano 2022

A carón de Calvos, en Vilasouto temos o primeiro río para pescar. O río Mao

En tempos un dos mellores ríos troiteiros de Galicia. E digo ben.

Hoxe o encoro de Vilasouto é un lugar onde van moitos pescadores.

Especies pescables:

A carpa é a que máis se pesca. Cyprinus carpio

Hainas xa moi grandes.

 

E tamén o bass ou Black-Bass. Micropterus salmoides.

 

Estos dous peixes poden pescarse todo o ano.

 

No río fora do encoro pola zona de Goó e augas arriba hai tamén troita e ciprínidos.

 

Troita común,  Salmo trutta trutta,

Inda quedan algunhas no río Mao na parte alta. E moi poucas nos outros tramos

 

Os peixes son os que máis abundan, sobre todo por Goó.

 

O río Mao por Bóveda pódese pescar sin morte por suposto

 si está aberta a pesca,  e sen ten permiso de pesca.

 

Si vas depesca a estos lugares ten en conta as leis:

Entérate do período de pesca: 19 de  marzo o 31 de xullo. (podes visitar a lei do ano)

Ter licencia en activo (pode sacarse por internet)

 

Tramos vedados:

Río Mao Presa do encoro de Vilasouto (O Incio; 629.204, 4.724.346) 200 m augas abaixo da presa do encoro de Vilasouto (O Incio; 629.090, 4.724.185) 0,2 Km.

 

Río Mao A Ponte da Ribeira, na parroquia de Goó (O Incio; 631.791, 4.726.272) Xunta do rego de Boqueiro (O Incio; 631.236, 4.725.664) 1,2 Km

 

Tramos sen morte

Mao Presa de Vilasouto (O Incio; 629.188, 4.724.341) Ponte do Campo da Festa de Ver (Bóveda; 624.442, 4.718.972) 10 km.

Mao Ponte de Ribas Pequenas (Bóveda; 625.334, 4.717.565) Desembocadura no Cabe (Monforte 625.463, 4.713.618) 5 km,

 

Ollo nos ríos Mao, Cabe e Louzara   soio se pode pescar den o 1 de maio nestes lugares, que son as cabeceiras:

 

Río Mao practicamente dende a cola para arriba, non se pode pescar troita ata o 1 de maio.

No Río Cabe é dende a ponte de Santalla de Trascastro.

As coordenadas podedelas meter con este formato 29 T   637172    47222574    ou sexa sin puntos escollendo por exemplo no Google Earth as UTM

--o--

 

Río Cabe

ano 2022

 

Especies pescables:

 

Troita común,  Salmo trutta trutta,

 

Río Cabe preto de O Incio. Un río que inda ten troita. Cada vez menos.

 

 

Si vas depesca a estos lugares ten en conta as leis:

Entérate do período de pesca: 20 de  marzo o 31 de xullo. (podes visitar a lei do ano 2023)

Ter licencia en activo (pode sacarse por internet)

Tramos vedados:

Río Antigua Nacemento (O Incio) Desembocadura no Cabe (O Incio; 637.218, 4.722.592) 5,3 Afluente

Río Cabe Ponte Piñeira (Monforte de Lemos; 620.345, 4.707.157) Ponte da CG-2.1, augas abaixo da desembocadura do Cinsa (Monforte de Lemos; 618.011, 4.706.676) 2,6 km.

 

Sin morte:

O río Cabe dende Ponte do Agro (A Pobra do Brollón; 629.886, 4.716.368) ata o Límite superior do couto de Monforte 3 km., é de pesca sen morte.

Con ou sin morte

 

Monforte Cabe Ponte da estrada LU-652 (A Pobra do Brollón; 628.056, 4.714.355) Presa do muíño do Club Fluvial (Monforte de Lemos; 622.459, 4.709.612) 11,0  Km 4 troitas

 

 

Río Mao practicamente dende a cola para arriba, non se pode pescar troita ata o 1 de maio.

No Río Cabe é dende a ponte de Santalla de trascastro.

As coordenadas podedelas meter con este formato 29 T   637172    47222574    ou sexa sin puntos escollendo por exemplo no Google Earth as UTM para saber onde comenzan.

 

 

 

 

 

--o--

 

Río Lor

O mellor río de Galicia

ano 2022

"Dende o Cebreiro,  o río Lor baixa namorando os ceos da montaña"...dí Eduardo Moreiras no seu libro  "Primaveira no Lor".

Nestas fotografías, o río Lor,  aparte de namorar os ceos da montaña,   namoran os ceos dos meus ollos e dos meus amigos Julio Taboada Páxaro e Raúl Jácome Docampo, meus compañeiros de pesca... (Secundino Lorenzo, autor da www).

Decir que o río Lor é o meu río de pesca dende fai anos. Un río que recomendo inda que non se vaia pescar...

 

Presa no río Lor na Labrada. Aquí podedes ir de pesca ou ben camiñar río arriba, cunha ruta moi interesante e bonita.

 

 

O río Lor é un dos ríos mellores de Galicia en canto a: paisaxe, limpeza do río, bosque de Ribeira, limpeza natural do chan, sin vertidos, e fauna autóctona.

Así o couto da Labrada é único e eso que baixou moito nos últimos anos: incendios, sobre todo no Courel e na zona do Louzara e outras causas.

O couto da Labrada de 9,5 km é unha marabilla para pescar a troita ou para intentalo.

En calquera caso a ruta que hai a beira do río na misma Labrada, río arriba é espectacular.

Tamén a zona do refuxio de pescadores, que está río arriba e onde comenza o couto é incrible, pero xa peor de andar e con accesos máis difíciles.

Río Lor na Labrada.

 

 

Especies pescables:

Troita común,  Salmo trutta trutta.

 

Si vas depesca a estos lugares ten en conta as leis:

Entérate do período de pesca: 19 de  marzo o 31 de xullo. (podes visitar a lei do ano 2023)

Ter licencia en activo (pode sacarse por internet)

Sin morte

Lor Límite inferior do couto de Courel A Ponte de Baldomir (Folgoso do Courel; 646.132, 4.715.206) 6,1 km.

Lor Ponte de Froxán a Castro Portela (Folgoso do Courel; 643.343, 4.711.573) Límite superior do couto da Labrada 6,3 km.

 Lor Límite inferior do couto da Labrada Límite superior do réxime especial do encoro de Santo Estevo (Quiroga; 635.453, 4.701.976) 5,5 km

 

Con ou sin morte:

 

Couto 1 : Folgoso.

Courel Lor A Ponte de Esperante (Folgoso do Courel; 652.793, 4.722.815) Desembocadura do regato Ferreiros de Abaixo ou rego da Veiga (Folgoso do Courel; 649.150, 4.719.491) 6,7 km.  19 mínimo,  6 troitas máximo.

Deste couto non poña fotografías xa que non teño ido de pesca.

 

Couto 2: A Labrada.     Recomendado.

A Labrada Lor Desembocadura do regueiro de Loureiro en Paramedela (A Pobra do Brollón e Quiroga; 638.847, 4.710.967) Ponte da estrada MonforteQuiroga (N-120) inmediatamente augas arriba da piscifactoría (Quiroga; 635.893, 4.705.439) 9,5  km. ,máximo 4 troitas,  de 21 cm. mínimo por xornada.

 

Ver fotografías do río Lor concretamente o couto da Labrada no refuxio

 

Ver fotografías do río Lor concretamente o couto da Labrada no refuxio

 

Río Lor no Refuxio de pescadores. Ver máis abaixo como chegar

Refuxio de pescadores, o couto vai dende aquí río abaixo 9,5 kms.

Chegar a este lugar non é nada doado, hai que coñecer a montaña e

 levar un coche adecuado

 

Ver fotografías do río Lor na Labrada.

 

Mapa do río Lor na Labrada, aquí pódese pescar río arriba 6 km ou río abaixo casi 3 km.

Tamén se pode facer unha ruta, un paseo moi bonito río arriba, subindo o río a dereita ata unha pasarela e dar a volta. Bonitos paisaxes, flora espectacular ...Polo río restos de Ferrerías, muiños, etc.

Como chegar dende Calvos-Vilasouto:

O río Lor ao coto da Labrada é moi doado, son 30 km

Por certo recomendo baixar a onde pon Pensión Pacita, un bar onde podedes tomar algo e tamén dan de comer, aparte de poder pasar uns días. Aquí teñen cotos de pesca.

Onde pon N-120 vese hai un empalme coa antigua estrada Monforte Quiroga, baixades, colledes a esquerda e xa estades na Pacita. Para peswcar o para camiñar ou simplmente para comer.

 

Aquí tendes desde Calvos como se pode chegar o refuxio do couto da Labrada. Non chega os 30 km.

Pásase por puebla de Brollón -Salcedo e logo ahi que coller unha pista de terra.

Salcedo é unha marabilla de pueblo e a pista espectacular salvo os últimos 500 m. que é unha baixada moi mala. Para un 4x4. Pódese deixar o coche enriba.

 

Para rematar, sabes que para pescar neste río, no couto da Labrada tes que pagar ata 4 € por xornada, si calculas que vas a pescar  moitas veces saeche mellor facerte socio do Club de Pesca Monforte. Funcionan moi ben, aparte de ter o couto moi ben coidado.

O club de Pesca Monforte está

Calle Condesa Pardo Bazán, 27 Baixo

27400 -Monforte.

O seu tfno: 660559492

O email  clubpescamonforte@yahoo.es

A alta cóstache 30 € o ano. Nesa alta quedas federado, tes un seguro e podes ir de pesca. Previo tes que pedir a ese tfno o couto de pesca. Eles xa che dicen si o hai e onde cho deixan, ou mandan.

Volver ao principio..