Ruta circular:
 
Calvos-Escontrela-Castro de Belesar- Vilasouto-Calvos
 
Mapa da ruta circular con saída e chegada en Calvos, na Fonte da Bica.
 

Características da ruta:

A ruta ten 5,5 km.

A primeira parte é baixando ata o rego de Cortiñas, alí hai unha ponte, debemos seguir de frente  e seguir llaneando ata o Castro de Belesar;  logo daremos a volta volvendo a ponte e collendo a dereita para  Vilasouto e rematar a ruta,  dende o pueblo de Vilasouto ata a Calvos cunha lixeira subida.

Sae de Calvos a 520 m.s,n.m. a Belesar que hai 440 m , en Vilasouto 479 e remata coa subida a Calvos e recuperando os 520 m.s.n.m.

Dificultad da ruta: baixa. Ándase moi ben, todo por camiños

Algúns detalles :

Saída dende a fonte da bica en  Calvos, alí podedes aparcar o coche perfectamente e sin problemas hai sitio dabondo.

 

Mapa de Google Earth coa saída de Calvos dende a Fonte da Bica. Coller logo a primeira a esquerda.

Puxen o trazado da ruta en bermello a mao alzada,  pero enténdese perfectamente.

 

Fauna que podedes ver na andaina:  sobre todo aves, como este petirroxo que nos despide na Fonte da Bica. Dependendo do tempo podedes ver o ouriolo, sobre todo si é tempo de figos, tamén o gaio común nas cereixas sobre todo e unha chea de aves, escoitar o cuco e as veces o miñato revolotear en busca de ratóns ou ó que vexa. Polo camiño podedes levantar pombos que hai moitos. Por certo hai  pegas e corvos que a mín son os que menos me gustan. A zona é fora de serie para ver avifauna. Hai en algún prado ata cigoñas, en tempo delas, fan o niño, dende fai moito tempo ao entrar en Vilasouto.

Niños de cegoña na ruta, o pasar a Escontrela e moi preto de Vilasouto. Este ano o 2023 fixeron os niños nos postes de electricidade.

Aquí vense mellor os niños de cegoña. Maio 2023.

Claro que para ver estas cousas, non hai que correr moito, recomendo,  polo menos as rutas que se describan nesta web,  que as fagades sacándolle partido. É evidente que se pode andar por andar, o cal é moi bon e saudable, pero hai unha segunda forma e que está de moda (ultimamente en wikiloc falan moito dela), que é andar e ver e aprender cousas, sempre hai cousas novas que ver.

Seguimos a ruta:

 

Nada máis saír atopamos este lugar que se chama "A Cruz de Calvos". A cruz ata non fai moito era de paos redondos, logo dado o mal estado, estaba belliña,  pasouse a esta que hai hoxe. Estuvo dende fai moitos anos, máis de cen, nese lugar sempre. Formaba parte dunha das paradas nos enterros xunto a outro que había no Barreal, camiño da igrexa de San Mamede de Vilasouto.

 Ao fondo da fotografía, no alto da montaña que se ve, as casas son  A Cruz do Incio precisamente.

Pasando as casas do Codesal de Calvos.

Fotografía sacada dende a horta do meu amigo Toño Capón e Magda, por certo nunha horta que ten de todo dende patacas, pementos, cebolas, leitugas, tomates, berzas, perexil, fresas, fréxeles, xudías,  pepinos,  fabas, etc. Todo moi ordenadiño que chama atención.

Na fotografías vense,  no centro, algunhas casas do Codesal (lugar de Calvos).

Na fotografía vense unha cesta de tomates e pepinos da horta dos meus amigos. O tomate da esquerda casi pesaba un kg. Que marabilla! Fotografía do día 06/08/2023. Cós nosos saúdos a Magda, Cristian e Toño Capón.

 

O camiño leva hacia abaixo entre prados,  carballeiras e soutos. A dereita da fotografía A Lama.  Dende o camiño estará a esquerda. Dende esta parte hai unha boa vista de Vilasouto e O Incio.

 

Na andaina pode verse de todo, neste caso é un corzo. A fotografía está sacada nos Castelos, unha finca que está a carón da Fonte da Bica. Pero podedes ver corzos con relativa facilidade.

 

Entradas en soutos e algunha carballeira. No outono estes lugares son unha pasada. No verán teñen outro tipo de encanto.

 

Carballeira da zona no verán.

 

Entrada a Escontrela. Nela plantaron eucaliptos.

 

Esta fotografía de castiñeiros está sacada xusto despois da Escontrela, ao dar a curva. Ver o mapa seguinte. Vou aclarar que a Escontrela non é máis cunha finca que hai na zona, cando remata esa baixada e o dar a curva. Ten que ver có que escribe xa que esa finca en tempos era da casa da miña dona.

 

Ese rego que cruza o prado é o Rego das Cortiñas. Está un pouco máis abaixo da Escontrela na misma curva.

 

A carón da Escontrela hai moitos castiñeiros e outros árbores.

No cruce tirar de frente, xa que vamos ata o Castro de Belesar que está a poucos metros e logo volveremos para atrás hacia Vilasouto.

 

No lugar hai algunhas carballeiras que merece a pena ver.

 

Una vez pasado o cruce onde está a ponte de Rego das Cortiñas seguimos de frente, a 230 m. atopamos un camiño, poño no mapa ata onde vai  a  A Serra  a dereita, non collelo seguir de frente.

Polo camiño pasades por algunhas carballeiras ben bonitas.

 

A 500 m. atopades dúas curvas unha curva a esquerda e outra a dereita, ao saír da última parar e buscar a mao esquerda o Castro de Belesar, en total dende o camiño 650 m.

 

Este é o lugar. A verdade e que na zona que está situada nun altiño pola parte SE, non atopei moitos rastros do Castro. Tomei algunha fotografía que poño a continuación.

A referencias que teño deste Castro son o mapa anterior onde o situa sin ningunha duda nese lugar do camiño, e outra referencia que comento máis  adiante.

Restos de pedras, seguramente do Castro.

 

 

Construción de pedra na zona e que penso podería pertencer ao castro. A planta é rectangular cousa que me move a dudar; o normal é o circular pero teño vista estas construcións en outros castros como o de Arxeriz por exemplo no Saviñao (Lugo)  ou o de Santomé , na Lonia en Ourense.

Nesta misma zona fálase do "...Castro da Casa Grande de Belesar, dice a bibliografía posta en (1) que hai referencias á existencia dunha necrópoli. No ano 1968 preto da casa grande de Belesar, onde se atopou unha escultura dun guerreiro galaico, posiblemente procedente do castro...". Deixo constancia deste texto e comprobarei no futuro estas cousas.

Entende que este castro é o que se fala de Castro da Casa Grande de Belesar, onde seica apareceu a escultura.

Una vez que visitades o castro volver para atrás e no desvio onde está a ponte coller para Vilasouto, ou sexa o camiño da dereita.

Si seguides de frente vaixe a Toimil.

 

Insisto no dibuxo, ao pasar a ponte do rego de Cortiñas chegades a un cruce, coller a esquerda;  logo despois de andar un poco máis de 500 m hai unha curva a esquerda e outra a dereita, o sair desa curva a 10 m. pararse e buscar os restos do Castro de Belesar.

As coordeanadas do castro son: lat. 42.656242   long -7.431123

O único mapa que atopei co Castro é este, entendo que este é o castro da Casa Grande de Belesar:

 

Para volver, ir polo mismo camiño ata o cruce do Rego de Cortinas, por onde pasamos denantes, pero coller a dereita para Vilasouto que está a 500 m. exactamente.

 

 

En Vilasouto podedes repostar, hai unha fonte con unha auga espectacular.

 

Fotografía da fonte de Vilasouto. A foto é de Andoni Carrera.

Moitas cousas que ver no pueblo, o pueblo é moi bonito e está a crecer, e máis que debera, xa que ten unha área recreativa, un paseo digno de facelo, de feito poño outro apartado con esa ruta,  moi bonita e dúas igrexas.

Ollo que inda queda subir a Calvos, pero son apenas 1,3 km. á  Fonte de Bica, onde comenzamos a andaina ou paseo.

Por suposto que se inda quedan forzas, facer un recorrido a carón do encoro de Vilasouto e a poucos metros da fonte tendes a Igresa de San Mamede de Vilasouto a antiga, soio 520 m. e a 200 m. máis podedes ver o Petroglifo do Agro do Pepe, unha marabilla especial, ten o problema que si o encoro de Vilasouto está cheo non se ve.

As visitas tanto a igrexa como o petroglifo téndelas explicadas nesta páxina web.

O remate da excursión é volver a Calvos:

De Vilasouto a Calvos son escasamente 1,3 km. ten unha lixeira subida 41 metros máis xa que se pasa de 479 m.s.n.m a 520 m.s.n.m. pero tamén é un tramo bonito.

Espero que a estrada esté arranxada, está presupuestada e pagada e o Concello do Incio debera ordenar a súa execución,  pero non se fixo nada polo menos s principios do ano 2023.

Hoxe, agosto de 2023 a estrada que estaba presupuesta fai dous anos e pagada pola Diputación de Lugo fíxose pero soio ata a Fonte da Bica (1,2 km.), de onde saimos nesta andaina,  deixando sin facer o outro tramo que era o que realmente estaba de pena dende a Fonte da Bica ata Noceda (total 2.5 km.). Hai cousas,  como esta,  difíciles de entender.

Son as eleccións este ano e o mellor temos sorte todos  e cumplen (esto escribían antes, agora despois repasando o tema  vese que fixeron a terceira parte, por algo sería...).

Por certo os que entren a gobernar pídolles que potencien máis a zona, temos uns lugares increiblemente bonitos e con moito que ver, pero hai que arranxar ó básico.

Por exemplo en Calvos, no futuro podíase poñer algunha casa Rural, ou simplemente casas para pasar unha noite con todos os servicios, como hai noutros moitos lugares, peores que este: por exemplo  no alto de Cerdeira (San Xoán de Río-Ourense) teño un amigo meu, Andrés, que alquila  pequenas casas con habitacións con todo, ou sexa habitación e baño, e unha cociña abaixo para tomar o almorzo. Non da feito.

Esta é a súa web. Noraboa Andrés pola gran idea.

Xa leva moitos anos con ese negocio, eu estuven un fin de semán vendo todo e pareceume unha idea estupenda. A zona de por si ten moitas posibilidades e está preto da Ribeira Sacra do Sil e de Manzaneda sobre todo.

 Si miran no mapa non ten moito que ver coas posibilidades que temos nós. A un paso O Courel. A outro paso a Ribeira Sacra do Miño, a outro un pouco  A Ribeira Sacra do Sil e logo un Concello do Incio de "sete estralos" en todo.

!Espabilen señores!

!Pois ben, como se pode pensar nesto si non temos alcantarillado!

Como se pode pensar con estas estradas e falo da que vai de Vilasouto a coller en Bóveda na rotonda a via rápida. Non chega a 5 km. que deberan estar fora de serie.

Non estamos falando de tantos cartos, miren o presupuesto que presentamos os veciños de Calvos, para poñer o alcantarillado, dímoslle o Concello todo o plano, e un presupuesto axeitado que non era caro... ¡Móvanse!  un día destos a Ribeira Sacra será patrimonio da Humanidade e nós estamos sin telo en conta.

O incio, na miña opinión debera entrar nos mapas da Ribeira Sacra, en algúns aparece Bóveda e Poboa de Brollón...O Incio é a Porta de todo, en particular do Courel.

Repito: !Espabilen señores!

 

IMPORTANTE

Nota: observo a día 06/08/2023 que a estrada está arranxada dende Vilasouto ata xusto a Fonte da Bica en Calvos. Falta ó que peor está. O presupuesto era de Vilasouto a Noceda, Hai cousas difíciles de entender pero bueno...Confiemos que se vai a facer este ano ó que quedou.

Non esquecerse de poñer señais de baixa velocidade ao principio e o final do pueblo de Calvos. Os coches e motos pasan como raios e calquera día teremos un un grave accidente. Vale dous duros fácelo ...

Escoito que en Vilasouto vanse facer este tipo de casas, para poder alquilar a turistas, xente de paso ou veraneantes. Unha boa noticia que porá en valor esta zona tan necesitada.

Repito

Repito: !Espabilen señores!

 

 

Bibliografía:

(1) Estudio Cultural. Bóveda, Pobre de Brollón, Quiroga, Ribas do Sil, Samos, O Incio e Folgoso do Caurel.

Leader II

Asociación grupo local de desenvolvemento río Lor.

Autores: Mª Jesús Blanco Glez.

Ramón Vila Anca

Rosa Mª Vázquez Moscoso e

Miguel O ´Shea Buerba.

Ano 2000

 

salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.