|
Recuperan unha máscara tradicional do
Entroido.

Foto da Pita no desfile do entroido 2001.
Fotografía do autor da www. Obervar que non ten nada que ver coa pita
actual.
No carnaval do 2004 a Pita está totalmente
recuperada según versión oficial; o problema de tódolos xeitos non
é este. Realmente a pita representa a Ourense?. Eu penso que non,
penso que a pita nunca representou a Ourense. O entroido de Ourense é
outra cousa. De tódolos xeitos resulta interesante coñecer A Pita:

ANO 2001
O barrio de As
Eiroás en Ourense presentou a máscara propia e
tradicional deste barrio, a Pita. Recupérase así, unha anterga tradición do Entroido na cidade
ourensá. A Asociación de Veciños do barrio traballou nos últimos anos
para dar pulo á vella tradición.
A Pita é a primeira máscara do concello de Ourense, así como xa existen as pantallas, os
cigarróns e os peliqueiros no resto da provincia. O seu nacemento prodúcese no barrio de As Eiroás
por iniciativa da súa asociación de veciños que quere recuperar a tradicional Festa da Pita, o
entroido singular deste núcleo de poboación.
A presentación oficial tivo lugar no local da asociacion veciñal de As Eiroás. Lois Pardo;
presidente da asociación estivo acompañado polo concelleiro de Cultura e a directora do
obradoiro no que se elaboran estas máscaras.
Trátase dunha peza estructurada en dúas partes. Por un lado está o casco, feito a medida e adaptado
á cabeza. É a máscara en sí, a careta individual e persoal. De feito, cada veciño diseña a súa propia
tendo en conta que por diante será arlequinada en blanco e negro, e por detrás levará un debuxo
representativo da natureza ou ben de algo que teña que ver co matrimonio. Cabe
lembrar que a Festa da Pita xurdiu como consecuencia da unión de Gumersinda Benavides, alias a Pita, e Antonio
Guimarey, que a finais dos anos 50 resolveron casar. Existía daquela
a tradición nas Eiroás de "facer cinzarrada" ao viudo ou viúva que se
casaba, pero ao non teren os contraentes o mesmo estado civil, a xente
reclamoulles unha contía económica para facer a festa. Perante a
negativa de ambos os dous noivos, a xente deu en facerlles mofa e
comenzaron a tocarlle cornos e toda caste de instrumentos caseiros
para
advertir co rebumbio aos veciños dos arredores. O que non aclara a
tradición é se o señor Antonio e dona Gumersinda chegaron a pagar a
contía da festa, máis daquela quedou institucionalizada unha
celebración que chegou ata os 70. En 1999 a Asociación de veciños
recuperou unha tradición que, segundo Lois Pardo, cada ano vai a
máis. (Trozo collido de O Sil, especial entroido 2004).
Lois Pardo recalca que a máscara da Pita é individual: "está feita a medida do portador e por iso
cada unha ten un único dono, ademáis, é o propietario o que elixe ou deseña o debuxo que a
careta leva pola parte de atrás".
Sobre o casco érguese o pescozo que terá unha medida estándar e as cores das plumas as elixe o
dono da máscara. No remate perfílase a cabeza da Pita, a cresta da ave, que será de cor bermello.
A máscara enteira, apunta Pardo, "require entre 30 e 40 horas de traballo e máis cartos dos que
pensabamos".
A primeira aparición pública das Pitas terá lugar este domingo no barrio con motivo da celebración
do Oleiro. Nesta ocasión sairán so tres ou catro exemplares, si ben no desfile de Ourense, o
domingo 25, pasearán polas rúas da capital as 14 máscaras que se elaborarán este ano.
O día grande da Festa da Pita é o martes do Entroido. En As Eiroás se representa a Voda da
Pita, a unión de Gumersinda Benavides e Antonio Guimarey que deu lugar ó nacemento desta
tradición, na década dos cincuenta.
Será pois o martes do Entroido cando as Pitas percorran as rúas de As Eiroás. Nembargantes, e
dado que esta é unha figura de nova creación, a máscara aínda non ten un traxe propio como
soporte.
ANO 2004

No ano 2004 o
traxe recupera cintas de cores longas que saen do ombreiro e indican a
antiguedade do traxe.
Definitivamente
queda con unha chaqueta e un calzón corto negro sobre unha camisa e
unhas medias de encaixe blancas, cunhas polaninas negras. Dos brazos
da chaqueta colgan sendas capas cheas de plumas de vivos cores.
Tamén
leva un cinturón, unha bolsa de coiro, cinco pequenas campaniñas, 18
pequenas esferas metálicas con boliñas no seu interior que emiten
sonidos o axitalas.

Máscara
da pita, entregada co diario La Región.
A
máscara ten dúas partes: o casco, feito de vendas de estuque e o
pescozo, realizado en papél-maché. A parte traseira está decorada
polo que a leva. Eso sí no remate ten a cabeza da Pita, a cresta da
ave, e ten que ser de cor bermello.

A
mascara da Pita foi adaptada polo Concello de Ourense. 
|
Nota aclaratoria
suministrada por Lois Pardo de
Amigos@da pita.
Penso que ven a conto...
Con relación á pita e á festa
da pita, que conforman un mesmo bloco, mais non
son exactamente o mesmo. há 3 anos, puiden ver a
túa páxina (de arrakis) con información sobre o
entroido ourensán e máis concretamente sobre as
pitas que se estreaban naquel ano; tentei
localizar ao autor daquela web (a ti) sen éxito
entre distintos meios de difusión para aclarar
algúns dados que non se axustaban á realidade;
dados que, tambén temos que dizer, foron
repetidos en distintos meios (aos cuales se lles
informou do erro que cometían). recentemente, un
compañeiro dunha asociación da que son membro
-foula cultural- comentou-me o estado da páxina,
a información introducida neste ano e
posteriormente o teu correio-e; por isto che
estou escrebindo.
Ben, indo ao grao, e sen
entrar demasiado na matéria (que poderiamos
fazé-lo en cualquer momento se estiveses
interesado), dizer que O QUE SE RECUPEROU FOI A
FESTA da pita, que nascera nos anos 50 e deixara
de celebrar-se coa chegada da democracia,
pasando a celebrar-se a 1ª edición desa
RECUPERACIÓN no ano 1999. nos anos seguintes, e
pretendendo introducir elementos que asentasen
esta FESTA, decidimos CREAR UNHA MÁSCADA, que
foi apresentada no ano 2001 (primeiro ano do
século) de deseño e creación próprios. no ano
2002 ENGADIMOS-LLE O TRAXE Á MÁSCADA. de feito,
como se pode apreciar na foto tomada no pavillón
e que aparecia nesta web o "traxe" empregado
para o primeiro ano ( o da creación) era unha
casca de ovo rota, que simbolizaba o nacimento
da máscada e o nacimento do século.
Haberia muitas mais cousas que
matizar, mais só con empregar os verbos
adecuados en cada situación (pasando de
sensacionalismos), mudarían bastantes cousas.
Outra cousa: doe-nos ouvir que
a máscada foi promovida polo concello, xá que
esta festa foi durante vários anos A MENOS
APOIADA E SUBVENCIONADA DE TODA A CIDADE, e
aínda hoxe é unha das peor tratadas. e en cuanto
á oficialidade... Ourense non ten máscada
oficial. iso non o deciden nen os políticos, nen
os xornalistas, senón a cidadanía. en cualquer
caso, a pita, nascendo no ano 2001, e que se
saiba, é a primeira máscada que tenta
representar algo (a festa da pita) que se crea
na cidade de ourense.
Se mo permites, achego-che
também a resposta que se publicou no diario "La
Región" en resposta ao artigo de E. Bande.
Agradecendo-che a atención e
pedindo-che desculpas por este "atraco" do teu
tempo, fico ao teu dispor para o que gostes.
Un saúdo
Lois Pardo
|
|
Nota
importante: Según Enrique Bande, esto da Pita, é un roubo o Entroido
Ourensán. Según
Enrique Bande un auténtico robo
Pongo esta carta aparecida en La
Región el 14/03/2004:
El
entroido en nuestra ciudad, tal como hoy lo tenemos, es una fiesta
de reciente creación, dado que fue en el año 1901 cuando la Sociedad
Recreo Ourensana hace la primera carroza para participar en la
fiesta del entroido por lo cual no tíene máscara propia, ni
personaje que identifique esta fiesta. Varíos han sido los intentos
hechos en este sentido pero no cuajaron. Cuando Balbino Álvarez
fue concejal de cultura, época en la que nuestras fiestas tuvieron
su máxima pujanza, se recurrió al Rey dei Entroido encarnado en
diversos personajes como El Trangallán, Casiano, Huete y Carlitos,
el diseñador de trajes y de carrozas, pero aquellas propuestas no
tuvieron el éxito deseado. El segundo intento, mimético, fue cuando
se intentó hacer de un pleno municipal lo característico de nuestro
entroido cosa que tampoco arraigó. Este segundo intento data también
de los años de la concejalía de Balbino Alvarez. 'En los años
siguientes siendo concejal de Cultura Aurelio Villar, se hizo
otro intento
queriendo poner como personaje típico la Pita de las Eiroás. En este
intento hasta la, prensa llega a afirmar que la Pita es la máscara
típica del entroido de nuestra ciudad. • .
La Pita no fue nunca un personaje típico de nuestro entroido. Es
sólo un episodio grotesco que se originó en dicha localidad,
perteneciente en la .actualidad a la parroquia de Santa Teresita del
Veintiuno. En dicha localidad, lo mismo que en todas las parroquias
y pueblos de la geografía ourensana, cuando un viejo se casa con
una joven o cuando uno de otra parroquia se casaba con una chica de
parroquia distinta a otras o cuando un vecino no quería pagar para
la fiesta, se le hacía cencerrada. Por ello, cuando una Joven
apodada la Pita se casa con un viejo de Eiroás, hace ahora unos 50
años, tuvo lugar una cencerrada, aporreándole la puerta, tirándole
piedras a las ventanas y recitándole coplas satíricas y lascivas.
Este y solo éste es el episodio. Pero hace unos años en tiempos de
la concejalía de Balbino Álvarez, vinieron a la ciudad de Ourense
para potenciar nuestra los Gallos y las Gallinas de la parroquia de
San Pedro de la Mezquita en tierras de la Merca Los jóvenes vienen
con disfraces muy vistosos y con un sombrero que simboliza un gallo
y las mujeres con otro que simboliza una gallina poniendo el huevo,
fue en tiempos de la concejalía de Aurelio Villar cuando a algún
iluminado se le ocurrió la peregrina idea de poner la Pita de las
Eiroas como el personaje típico de nuestro entroido y la idea aún
sigue en el ambiente. Yo denuncio públicamente que esto es un
robo, una apropiación indebida y una adulteración de nuestras más
sanas tradiciones dado que la Pita de las Eiroás no es más que un
plagio de las Gallinas y los Gallos de la Mezquita.
Les
pido a los máximos responsables que no permitan que sigamos
adulterando
nuestras tradiciones. Todos los ourensanos saben que el
escudo de nuestra
ciudad es un león sobre el puente con una espada
en la mano y
encima de la espada la corona real. Pero un día el investigador
ourensano don Manuel Blanco Guerra, a quien Dios tenga en
su seno, se le ocurrió la peregrina idea de ponerle
el león encima de la espada en vez de la corona real una llave, que
decía haber encontrado en el Castro de SantoTomé, cosa que yo
también dudo y si fue así dudo que sea de la época romana o
castrexa, y esto de acuerdo con el concejal de Cultura sin consultar
con nadie se plasmó en el escudo diseñado en los setos de los
jardinillos de las fuentes de las Burgas. Podía seguir enumerando
adulteraciones pero prefiero callar por si alguien pudiera decirme:"Medice,
cura te ipsum". Sólo le pido a los responsables de la cultura dé
nuestra ciudad que no permitan que en adelante se adulteren nuestra
historia, nuestras tradiciones y nuestro patrimonio cultural y
científico.
|