O ENTROIDO NA CAPITAL DE OURENSE 2004
 

   Na capital Ourense non hai apenas tradición propia nos carnavais (Entroido), pero sí,  moitos espontaneos que merece a pena citar.

   Este ano 2004 non foi moi distinto os anteriores, si ben é certo que o desfile tuvo moitas carrozas e a pesar do tempo frío, moitos, moitísimos miróns. Pero non hai tradición.

  Estou totalmente de acordo co artigo de Ricardo Rodríguez no número extraordinario que publicou o Sil no mes de febreiro do 2004 co título de "Saír á rúa de xoldra"

Javier Huete aposta por "un Entroido espontaneo lonxe do actual que organiza o Concello".

O Trangallán, o primeiro rei do Entroido en Ourense, dice que "Cando se organiza, como fai o Concello, o disfrace que máis abunda en Ourense é o de mirón."

Ver unha foto do trangallán.

     Efectivamente neste artigo danse cita Manuel Losada (1941) o "Trangallán" e Javier Huete, dous incondicionais do entroido Ourensán. Dice  Manuel Losada, que en Ourense hai moito mirón... Algunha xente habitual como Javier Huete (1953), Casiano, Carrabouxo, e algúns máis. "...durante as festas buscábamonos os uns os outros para ver de que nos disfrazábamos, era unha especie de secretismo cachondo..." dice Javier Huete, "...era o tempo no que o entroido se vivía coa paixón que dá a espontaneidade. As rúas estaban cheas de xente disfrazada...." comenta Javier Huete.

   Logo, xa se sabe, trátase de facer oficial, organizalo e o resultado é o que se ve.

   Tanto Manuel Losada como Javier Huete coinciden en destacar que o Concello, máis que organizar debera facilitar o entroido, xa que deste xeito convírtese en protagonista da festa "Aquí, en Ourense nunca houbo máscaras nin tradición....". "Agora pretenden recuperar a pita, pero eso é un invento do Concello...".

 

"Agora a xente está máis polo fashion" sinala Huete "o Entroido e todo fashion. A xente colle o coche e vaise a Xinzo".

   Engadir, de tódolos xeitos (comentario persoal), que este ano 2004 non faltaron os incondicionais  dos últimos dez anos, como Casiano, Carrabouxo, o Tragallán e moitos outros que siguen na brecha, entre eles o grupo de amigas do que escribe que dende estas liñas lles deseo que sigan co mismo humor moitos anos... Tamén, como non o grupo reivindicativo, do entroido de sempre, como debe ser, neste caso os Cocolocos, outro ano  có Prestige glu glu, ou a famosa  Mamolewisky e así...Estuveron alí, como sempre.

Grupo, este ano 2004, dos Cocolocos, un ano máis cun entroido reivindicativo e burlón, pondo a cair dun burro a Aznar e a Bush e Blair pola desfeita e desastre da Guerra...O Ave Galego e a boda do Principe tamén tuveron cabida nesta charanga básica no entroido ourensán...A miña enhoraboa.

      A eles e a todos os que en grupos ou individualmente se disfrazan, a miña enhoraboa, e a seguir...eles son o auténtico Entroido de Ourense...o que hai...

Ano 2004. Disfraz "Cariocas", un dos grupos fixos no Entroido de Ourense.

¡Enhoraboa! e a seguir...

Outro incondicional "O Casiano", a quen dende estas liñas felicito por animar tódolos anos o Carnaval de Ourense.

 
 

Por certo o da Pita foi moi criticada por Enrique Bande (todo un entendido do Entroido Ourensán)  nun artigo recente.

Ver o artigo de Enrique Bande.

Ver tamén a contestación de Lois Pardo.

 

 
Volver.