O ENTROIDO NA CAPITAL DE OURENSE 2004
OS COCOLOCOS.
 

Entroido reivindicativo,  entroido de sempre, como debe ser, neste caso os Cocolocos, outro ano foi o Prestige Glu Glu  ou a MamoLewisky e así, xa van uns cantos...). Estuveron alí, como sempre.

Grupo, este ano 2004, chamados "Os Cocolocos", un ano máis cun entroido reivindicativo e burlón, pondo a cair dun burro a Aznar e a Bush e Blair pola desfeita e desastre da Guerra...O Ave Galego e a boda do Principe tamén tuveron cabida nesta charanga básica no entroido ourensán...A miña enhoraboa.

A charanga sempre montada con elementos moi significativos e alusivos os momentos actuais, foi feita con mimo...As cancións foron auténticas creacións artísticas, a música, como sempre moi, moi escollida...É a que sona, sensacional...

Dende estas liñas, ¡ánimo!, o entroido é eso precisamente, inda que non guste oficialmente...

Ver detalle da charanga:

Na fotografía pode verse un pequeno trozo da charanga:

Na parte alta, parece o pelegrín, pero observar que ten a boca pechada cun esparadrapo. Cada un que pense o que quere, o malo é que pode non poder expresarse,  ou ter algunha dificultade...

Por baixo figura unha frase clara:" AZNAR lameculos de BUSK", penso que non fai falta explicar o seu significado...é trivial como dicen os matemáticos...

A dereita vense unhas caretas, parecen Aznar e Rajoy.

Figuran tamén elementos decorativos, parece verse unha gran lingua que sae da boca de Aznar e chega a unha figura que parece Bush, perdón, o cú de Bush...Todo elementos figurativos...

As cancións que cantan son incribles:

Esta é unha das letras:

REUNIÓN DAS AZORES.

(A música é a da mangueira o chamado "Le incendie de Río" do gran Sacha Distel:.A mangueira onde está....onde está a escaleira...a mangueira onde está...non perdamos o control...para-rari-rari-ra...)

Letra: ( Intente coller o ritmo, merece a pena; ademaís é a única forma de apreciar a letra , faga a proba, probe, disfrutará...é, o que nos queda ante a barbarie, insensata,  deste trio...)

E nas Ozores se reunen / O Bush con Blair e máis Aznar/ e entre os tres alí deciden/ que con D. Sadán hai que acabar/ e soio teñen un problema/ a todo o pobo hai que engañar/E día a día nos repiten que en IraK/hai escondido un arsenal/

Malo malo é Sadán/que ten armas nucleares/malo malo é Sadán/que nos quere envelenar/

Malo malo é Sadán/e amigo de Bin Landen/Malo Malo é Sadán/temolo que machacar.

E cando a guerra remata/a Cía as armas vai buscar/e cando pasan cinco meses/as armas non pode atopar/e soio teñen un problema/o pobo empeza a protestar/e Bush e Blair terán unha investigación/pero aquí non quere Aznar.

Malo malo é Sadán/que escondeu as nucleares/malo malo é Sadán/que non quere confesar

Malo Malo é Sadán/non coñecía a Bib Landen/malo malo é Sadán/pero moito máis Aznar.

-----------------------------------------

O album grabado no entroido ourensán, contiña outras grandes e monumentais cancións:

A letra sobre A boda do principe (Na Zarzuela se reunen/todos moi preocupados/Felipe si non te casas/ volven os republicanos...)

A letra do Ave galego (Chu cu chu, chu cu chu,  chu cu chu,  o Ave galego, máis veloz ca luz....)

Esto foi unha pequena mostra desta gran charanga...

----------------------------------------

 En breve sacaran o disco grabado. Pedidos o email:  BushBlairAznar@mentireiros.com

(Esperan a subvención da Xunta...)

  Volver.